CPI Manuel Suรกrez Marquier
PARA LERMOS NO NADAL
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Para @s pequen@s da casa
+ 3 anos
Minilibros imperdibles 4 Un estoxo con sete dos libros máis coñecidos de Kalandraka en miniatura: O pirata pata de lata, Os tres osos, Cera, Tomás o bromista, Ser amigos, A escada vermella e Animais de compañía
Kalandraka Rústica
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Tikismikis
Laura Garzón
Tikismikis é un trasgo traveso e divertido que agocha xoguetes, remexe nos caixóns poñendo todo do revés e dorme nas zapatillas usando os calcetíns coma se fosen un colchón. Pero tamén vixía os soños e canta ao oído de nenas e nenos para que durman mellor. Ilustracións de Xan López Domínguez Rodeira
Eu non fun!
Christian Voltz
Divertida e disparatada historia de estrutura encadeada e circular, na que se propón unha reflexión sobre a culpa. A granxeira sofre un contratempo, mais nin a vaca, nin o burro, nin o cadelo, nin tampouco os mosquitos queren asumir a responsabilidade do desastre. O autor utilizou materiais de refugallo para as colaxes e xoga coa tipografía para enfatizar a sonoridade de determinadas palabras. Kalandraka
+ 3 anos
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
De seis anos en diante
+ 6 anos
A Reconquista Antía Yañez
No colexio de Lúa hai nenos e nenas que non gozan do seu tempo de lecer nun patio do recreo tomado por quen xogan ao fútbol. Teimosa, ela vai reconquistar o espazo para quen queren gozar con outras formas de entretemento. A autora sérvese de dúas voces para relacionar comportamentos humanos e de outros animais. As ilustracións son de Ana Pedreira. Baía
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Vermella Sabela Losada Cortizas Obra gañadora ex aequo do I Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade. Aborda o tabú da menstruación. Con ilustracións de Minia Regos Baía
+ 6 anos
Novos amigos Tomi Ungere
Unha familia negra instálase nun novo barrio. Polo seu aniversario o pequeno da casa non ten a quen convidar e decide construír os seus propios amigos con figuras de refugallo. Un día coñece á filla dunha parella asiática que vive a carón súa e ofrécese a coser roupa para vestir os bonecos. Non faltará quen os insulte por seren emigrantes e coller refugallos, nin autoridades que poñan trabas á súa creatividade. Porén, fanse famosos polas súas obras e animan a outros nenos a facer outro tanto. Kalandraka
A meiga chuchona
Jacobo Paz Limia Ilustrador: Xosé Tomás Segunda entrega do proxecto que Baía Edicións desenvolve en colaboración co ilustrador Xosé Tomás para achegar figuras do imaxinario galego e ensinar a superar con humor os primeiros medos. Iniciouse con o Gatipedro e o Apalpador, e achega desta volta a figura da meiga chuchona botando man da historia dunha nena que escoita uns ruídos arrepiantes unha noite na que queda a durmir na casa da avoa
Baía
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
A partir dos oito anos
+ 8 anos
Kusuma
Héctor Carajaville Unha historia de aventuras, de cooperación e de superación, que mereceu este ano o Premio Merlín de Literatura Infantil. É a historia dun faisán femia que debido á acción destrutiva do ser humano se ve obrigada a abandonar a selva onde sempre viviu. Logo de percorrer grandes distancias chega a Galicia e instálase nunha fraga. Pero as cousas non van ser doadas e tropeza coa desconfianza e o medo ao diferente da maior parte dos animais. Kusuma terá que demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis. Con ilustracións de María Sánchez Lires Xerais
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Mortiña Unha historia para esmendrellarse de risa Bárbara Cantini
A protagonista desta historia é unha nena zombi que vive en Vila Decadente coa súa tía Defuntiña e o seu inseparable Tristeiro, un can que non se sabe se está vivo ou morto. Gustaríalle ter amigos da súa idade e un día preséntaselle a oportunidade de asistir a unha festa. É Halloween. E nin sequera tería que disfrazarse. O malo vai ser cando os demais descubran que non leva máscara. Hércules
+ 8 anos
A formiga fóra do carreiro Raquel Castro
Obra divertida protagonizada por unha bichería inesquecible e unha formiga que quere ser libre e feliz e á que un feixe de animais de toda clase non deixan de dicirlle o que debe facer e como comportarse Galaxia
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
O doutor Proctor e os pos botapeidos Jø Nesbo O doutor Proctor é un profesor tolo, ou case. En realidade é un inventor de avanzada idade que espera topar o seu gran descubrimento. Cando se xunta coa súa veciña Lise e o seu peculiar amigo Bulle para crear os pos botapeidos máis poderosos do mundo semella que o seu soño se vai facer realidade. Pero os xemelgos Truls e Trym tentarán facerlles a vida imposible. Unha historia de humor e aventuras, que fala da importancia de ser un mesmo e de como conseguir coraxe a través da imaxinación. A traduión é de Moisés Barcia e as ilustracións, de Per Dybvig. Sushi
+ 8 anos
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suรกrez Marquier
Para @s que estรกn xa medrad@s
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
As voces da auga Ánxela Gracián
Retrata a vida dunha rapaza chinesa de case quince anos chamada Li e a fraxilidade social que a atenaza, pois pertence a esa xeración de mulleres destinadas a «non ser» xa que naceron á marxe dunha lei que esixía aos seus súbditos ter un só fillo. O libro, ambientado na primeira década do século XXI, revisa, así mesmo, a historia política recente do país asiático. Faino centrándose na clase social do campesiñado dos arrozais do Sur do país e a súa sempiterna situación de precariedade. A obra é un canto á amizade, á solidariedade, á valentía e á forza da colectividade como armas para enfrontar a supervivencia. Baía
Contos para nenos peculiares
+ 12 anos
Ransom Riggs
«O libro que tes nas mans está destinado unicamente a ollos peculiares. Se por casualidade non te contas entre as filas dos seres extraordinarios (noutras palabras, se non espertas no medio da noite flotando sobre a cama porque esqueciches atarte ó colchón, se non che brotan chamas das palmas das mans en momentos inoportunos nin mastigas a comida coa túa boca posterior), por favor, devolve este libro de inmediato ó lugar onde o atopaches e esquece que isto sucedeu. Non te preocupes: non vas perder nada. Estou seguro de que os relatos aquí contidos che resultarían estraños, desacougantes e en absoluto do teu gusto. E en calquera caso, non son asunto teu». Sushi
As Crónicas do viaxante
O pasaxeiro 19 Carlos Vila Sexto Un cadáver é o primeiro que ve Miguel cando esperta sen memoria no compartimento dun tren. O seu primeiro impulso é fuxir, pero cando comprende que alguén o incriminou, non lle queda outra que intentar aclarar o misterio. Só ten unhas horas antes de chegar ao destino. Pero pode que non sexan suficientes para asimilar a verdade que está a piques de descubrir Baía
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Os ollos do Tangaleirón Xosé A. Neira Cruz
Narra a historia dunha moza que vai ter que enfrontarse a unha morea de atrancos para completar a súa investigación en criptozooloxía, é dicir, na procura de animais cuxa existencia non foi aínda probada. É o caso do tangaleirón. O texto incide en varias cuestións medioambientais e tamén nas trabas que a sociedade adoita poñer ao desenvolvemento da muller. Galaxia
O que eu creo (de todo) Jordi Sierra i Fabra + 12 anos
Recolle o pensamento dun mozo soñador, lector, que escribe para compartir as súas ideas, preocupacións, ilusións, medos e alegrías. Está formulado a xeito de diario de escritura automática. As súas páxinas falan da familia, estudos, acoso escolar, amor, sexualidade, inadaptación, autoestima, seguridade. Factoría K
Cerráronseme os ollos Patrick Bard
Maëlle é unha moza francesa que quere cambiar o mundo. Aos seus dezaseis años ten un carácter firme, alumna aplicada no instituto, simpática, solidaria cos compañeiros e líder no equipo de balonmán. A súa vida dá un xiro de 180 graos. Cada día pasa máis tempo pendente das redes sociais, deixa o deporte, muda a súa forma de vestir... para achegarse ao Daesh. Factoría K
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
E agora... un pouquiño de poesía
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Aplicación instantánea Carlos Negro
Poesía que unha vez máis conecta co sistema operativo das emocións. No seu ditame, o xurado valorou a orixinalidade, a forza da linguaxe e a súa riqueza, a posta en valor da figura feminina e o seu empoderamento. Non exenta de crítica social, a poesía de Carlos Negro reflicte por veces unha visión descarnada da realidade «e unha procura consciente da complicidade dunha lectora activa na construción dun discurso potente, apelativo e de intervención que non deixa a ninguén indiferente Xerais
O puño e a letra Yolanda Castaño
Primeiro libro da tradición editorial galega que afronta o diálogo da poesía e a banda deseñada que no que se deu en chamar «Cómic Poético». Recolle corenta poemas interpretados en viñetas por outros tantos dos nomes máis salientables da escena galega. Corenta textos seleccionados de entre os 25 anos de aventura literaria de Yolanda Castaño ilustrados, entre outros por: Norberto Fernández, Alberto Taracido, Cristian F. Caruncho, Jano, Fran Jaraba, Xulia Pisón, Paula Esteban ou Fran Bueno Poesía para gozar
Xerais
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Street poems Fran Alonso
Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da street art. Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na rúa, un libro que procura espazos de confluencia entre as artes plásticas e a poesía. Os poemas de Street Poems, volven mostrarnos un autor atrevido, capaz de actualizar e sacudir o lectorado de poesía infantil e xuvenil Xerais
Penúltimas tendencias Carlos Negro
Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy. Xerais
Poesía para gozar
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel SuĂĄrez Marquier
Para aprendermos divertĂndonos
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suรกrez Marquier
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel SuĂĄrez Marquier
Un pouquiĂąo de comida para encher o bandullo
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Receitas pequerrechas Rocío Garrido Caramés
Velaquí receitas saborosas para que as nenas e os nenos fedellen na cociña e experimenten cos alimentos. Propostas sorprendentes e moi doadas de facer para pasar agradables momentos na cociña en familia. Quen sabe se, a partir do que aprendan aquí, terminan facéndose recoñecidos cociñeiros dignos dunha estrela (ou dúas!) Michelin Galaxia
Cociñando con bolboretas no bandullo Diana Fernández Gómez e David Díaz Díaz
Un libro con receitas que gardan moita historia e moito sabor ademais de seren divertidas. A través dos códigos QR que aparecen canda cada unha das receitas pódese seguir o proceso de elaboración na canle de YouTube. Xerais
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suรกrez Marquier
...E rematamos cantando
aquintadoslibros@blogspot
CPI Manuel Suárez Marquier
Desde a Quinta dos libros desexámosvos Moi boas Festas e mellores lecturas con esta Panxoliña de Nadal
Os pitiños, buscaban unha estrela, e cando a atoparon, bailaron con ela. Lai, Larala, Larala, a quen queres ti alumear, ao neno que xa naceu, nunha noite de Nadal. Os gatiños, buscaban unha estrela, e cando a atoparon, bailaron con ela. Lai, Larala, Larala, a quen queres ti alumear, ao neno que xa naceu, nunha noite de Nadal. Os peixiños, buscaban unha estrela, e cando a atoparon, bailaron con ela.
Lai, Larala, Larala, a quen queres ti alumear, ao neno que xa naceu, nunha noite de Nadal.
Feliz 2019!!!!!
aquintadoslibros@blogspot