Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
REMATAMOS O CURSO COA MÁSCARA...
...PERO ESPERAMOS COMEZALO SEN ELA. PARA QUE TEÑADES UN BO VERÁN LECTOR E ENTRETIDO, CONVIDÁMOSVOS A QUE BOTEDES UN OLLO ÁS RECOMENDACIÓNS DE VERÁN DE a quinta dos libros. CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Comezamos coa suxestións para @s máis pequeneir@s...
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Como se di? Lawrence Schimel e Thiago Lopes Conto cheo de imaxes fantásticas nas que expresións como “por favor” ou “grazas”, son a chave para viaxar coa imaxinación. Un xogo de preguntas-resposta no que irán xurdindo esas fórmulas de cortesía.
Soños Pere tobaruela e Víctor Boullón Xoga coas palabras. Voa coas imaxes. Descobre o mundo dos palíndromos. Sabes o que son os palíndromos? Palíndromo vén do grego palin e dromos: volver e ir para atrás. Son, pois, esas palabras que se poden ler igualmente de esquerda a dereita ou ao revés. Este incrible conto está feito todo el de palíndromos.
Na busca de Antón Antón López Quintela Aposta polas novas masculinidades e reflexión, a través da historia de Antón, sobre os “roles de xénero”.
De 3 a 6 anos
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Vaia cabuxiño! El Hematocrítico O Lobo Feroz é un cidadán respectable e responsable que coida do seu sobriño e rexenta unha xastraría. Iso é agora, antes o Lobo non era así. Non era feliz. Só era feroz. Os habitantes do bosque temíano porque era unha besta parda que comía todo canto se lle puxese diante. Ata que un día un cabuxiño se enfrontou a el co seu enxeño.
As formiguiñas filandeiras Victoria García – Laura Cortés As formigas filandeiras tiñan medo de saír do buraco no que vivían, ata que un día se cansaron e decidiron que non podían seguir nesa situación. Así que lle preguntaron á Gran Mestra Filandeira, que lles deu a solución: tiñan que saír en ringleira e silandeiras. Un conto perfecto para falar de cooperación e de traballo en equipo, de como xuntos somos máis fortes.
Quero saír! Quero saír!
De 3 a 6 anos
María Canosa "A nena comprende. Sabe que ten que agardar pola liberdade, que é unha convidada delicada. Prepara as súas ás (lava as mans), prepara as súas plumas (roupa) e prepara o seu peteiro (máscara). E por fin pode saír".
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Grandes receitas Grandes receitas continúa o camiño que comezou o raposo Rufo con Receitas cativas. O principal cometido é achegar, unha vez máis, a nenos e nenas á cociña. Involucralos na elaboración dos pratos que, de seguro, despois comerán con máis gusto.
De 3 a 6 anos
O voo da bubela Miguel Anxo Romero Unha ducia de poemas de Miguel Anxo Romero, escritos e ilustrados por el.
Ernesto o elefante Anthony Brownw Ningún outro habitante da selva o axuda a volver coa súa manda. Nin o máis forte, nin o máis fero, nin o máis veloz dos animais. Pero o máis cativo sorpréndeo...
Sen rastro do gato Juha Virta e Marika Maijala Filippa, o Asno Antero e o gato Durmiñón do libro Piano á fuga embárcanse nunha nova aventura. Van a un parque de atraccións cunha sala de espellos, montañas de tortitas e un espectáculo de maxia.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Continuamos coas recomendacións para a rapazada de entre seis e doce anos... CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
As pombas de Bastián María Canosa Desde a fiestra da súa casa, Minia observa todos os días como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. As aves semellan ser as súas únicas amigas, mais a rapaza intúe que aquel home agocha unha maxia especial tras a soidade en que semella vivir. Por iso a nena toma unha decisión: achegarse a el. A partir do primeiro encontro prenderá neles a ilusión que vai alumear unha fermosa amizade.
De seis a doce anos
Unha estrela para Amina Celia Díaz Núñez É un fermoso conto contado por unha boneca que conta o que nunca se contou. Fala desas guerras invisibles, desas persoas que están refuxiadas e das que ninguén quere saber. É unha historia de tenrura e de valentía. De luz no medio da escuridade. Unha boneca inesquecible nunha historia inesquecible.
Andar aos biosbardos. Contos baixo o Freixo engurrado Charo Pita Se saísedes cazar biosbardos, que cazariades? De seguro que algunha boa historia. Como as que atoparás aquí, e que Lebre, Lagarta, Cangrexo, Abella e o Vento Norberto adoitan contar baixo o Freixo Engurrado. Historias que talvez fagan deste libro o máis marabilloso do mundo. Ou talvez non. Ti decides.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Bárbaras! María Reimóndez Por incrible que pareza, falar da menstruación segue sendo complicado e mesmo controvertido. Un proceso corporal e cultural que afecta nalgún momento da vida a máis da metade da poboación humana non debería ser un tema fundamental de reflexión? Cun enfoque desenfadado e co obxectivo de facernos reflexionar, Bárbaras! utiliza a menstruación como vía de entrada para achegarnos unha gran diversidade de temas: os corpos, o sexismo, a ecoloxía, o racismo, a transfobia. Porque, ao final, falar da regra é falar do mundo enteiro e, en particular, de tantas Bárbaras! que se negan a seguir os ditados e que, coa súa rebeldía, crean un mundo mellor para tantas outras.
De seis a doce anos
A folla azul Andrea Maceiras (autora) Sonia García (ilustradora) A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E esta é a miña historia.
De seis a doce anos
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
A boneca de cristal Majo Villar Esta é a historia dunha bonequiña de cristal…, pero tamén unha historia de amor entre un pai e unha filla. E uns zapatiños vermellos.
De seis a doce anos
A fuga de Guillermo Helena Villar Janeiro Hai personaxes tan vivos, tan vivos, tan vivos...que saen dos libros e comezan a vivir por fóra das páxinas. Iso é o que lle acontece a Guillermo o día en que decide marchar do libro e dar unha volta polo mundo exterior.
Cocotibur Rafael Fernández (autor) Esteban Souto (ilustrador) A misteriosa desaparición de tres raparigas nunha vila costeira galega e a súa intensa e dificultosa busca son o fío condutor desta historia de fantasía que bebe directamente das lendas da tradición oral. A imaxinación, os mitos, a maxia e os costumes populares están presentes no desenvolvemento dos funestos acontecementos que se narran, e que teñen como escenario principal a histórica enseada de San Simón.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Contos de así foi Rudyard Kipling De onde lle vén a chepa ao dromedario? Por que o elefante ten a trompa tan longa? E ó leopardo, como lle saíron esas manchas? A partir das historias que lle contaba á súa filla polas noites, Rudyard Kipling responde con humor e enxeño estas e outras preguntas difíciles que fan os cativos. Coñece a orixe e curiosidades do mundo animal neste libro ilustrado polo autor de Olibro da selva.
Lobo Ramón María Canosa Velaquí a historia dun lobo diferente que, lonxe de morder, quere facerse amigo da xente.
De seis a doce anos Lúa en Ningures Beatriz Maceda (autora) Laura Veleiro (ilustradora) As casas da rúa que Lúa percorría todos os días para ir ao colexio, á pastelería, á tenda de xoguetes ou ao bar onde o seu avó xogaba ao xadrez empezaron a desaparecer, esnaquizadas. Lúa e a súa familia vense na obriga de fuxir do horror da guerra e instálanse en Ningures, un campo de refuxiados onde semella que xa non queda esperanza. Porén, vai ser nese lugar onde Lúa descubra cales son os valores realmente importantes na vida das persoas.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Isadora Moon y el hada de los dientes Harriett Muncaster Isadora Moon é especial porque é diferente. A súa nai é un ha fada, o seu pai é un vampiro e ten un pouco dos dous. Isadora ten un cairo en movemento! Cando o soltas, podes gardalo coma os vampiros ou podes darllo ao ratiño Mignonette, o axudante da fada dos dentes. Pero primeiro... por que no aproveitar para facer unha comida de medianoite?
Ozkar Family. Atrapados en el scape room Cando Laura e Noelia descobren que abriron un novo Escape Room diante da súa casa, teñen claro que deben ser os primeiros en probalo. Están moi seguros de que serán capaces de atopar as pistas e resolver as adiviñas nun tempo récord. O que non saben é que se trata dun escape room especial. Quen estará detrás de todas as probas? E se quedan atrapados, quen os axudará? Atopa as pistas, resolve os crebacabezas e axuda as nenas a saír do labirinto das habitacións. Moita sorte!
Anna Kadabra. Pasteles peligrosos Pedro Mañas Anna está furiosa porque ten que abandonar a súa vella casa, a súa escola e a súa cidade. Múdase cos seus pais a Moonville, unha cidade antiga no medio do bosque. Aínda por riba, o lugar está cheo de lendas e segredos. Quenm por exemplo, é ese misterioso gato que a segue a todas as partes? Podería ser un gato de bruxa? Espera.. e se a bruxa fose ela?
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
555 chistes geniales para risas totales Para niños y niñas Pau Clua – Álex López Canso de escoitar unha e outra vez os mesmos chistes? Esgotaches as bromas na túa cabeza e xa non tes ideas que contarlles aos teus amig@s? Estás aborrecido polas historias infiniiiiiiiiiiitas que non teñen graza? A SOLUCIÓN A TODOS OS TEUS PROBLEMAS ESTÁ NAS TÚAS MANS. DESPÍDETE DO ABURRIMENTO E DESCUBRE 555 CHISTES PARA RISOS TOTAIS
Cuentos para familias felices Begoña Ibarrola Non existen familias perfectas, basicamente porque non hai dúas familias iguais. Pero todos, á súa maneira, poden converterse en familias felices. En Contos para familias felices, Begoña Ibarrola De seis presenta vinte historias protagnizadas por todo tipo a doce anos de animais que nos achegan a diferentes tipos de familias e nos amosan as claves para acadar a harmonía entre todos os seus membros: diálogo, liberdade de expresión, optimismo, confianza, cooperación, comprensión...
Los futbolísimos EL misterio de las brujas futbolistas Roberto Santiago En Sevilla, a rapaza abriu unha nova escola. Chámase Corazón Negro, ten unhas instalacións incribles e só admiten nenas. O director parece unha bruxa de verdade e incluso ten un libro de feitizos. Pero o peor de todo é que ten un equipo de fútbol e a Helena con Hache, Marilyn e Anita ofrecéronlle unha bolsa para ir con eles, será o final dos Futbolísimos? Hai algún feitizo que poida evitalo?
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Las gallinas locas y el amor Cornelia Funke As galiñas tolas xa son adolescentes e están descubrindo que asuntos do corazón non son nada doados. Sardine e Fred están cada día máis preto, aínda que ten bastante preocupación coas dúbidas da súa nai: quere casar co seu mozo ou non? Despois está Melanie, que aínda é a máis avanzada en materia amorosa. Mentres tanto, Trude parece ter de súpeto unha curiosa obsesión polo pelo rizado. Por que será? E non esquezas a Frida, que tenta manter a súa complicada amizade con Maik.
Una muy breve historia de casi todo Bill Bryson O NOSO MUNDO É FASCINANTE. Preguntácheste algunha vez ... Como pasamos da nada a ser algo? Podemos pesar a Terra? Que ocorre nos límites do universo? Descubre os misterios do tempo, o espazo e a vida no noso planeta neste extraordinario libro: unha viaxe dende o principio ata agora, pasando por (case) todo o medio.
De seis a doce anos
Los forasteros del tiempo La aventura de los Balbuena con los superninjas Roberto Santiago Os Balbuena e os seus veciños están a piques de coñecer as sete Superninjas: a aventura non fixo máis que comezar. Os Balbuena e os seus veciños acaban de desembarcar en Xapón en 1570 e están a piques de experimentar en primeira persoa unha aventura que só coñecían polos videoxogos, unha aventura con ninjas de carne e óso: os míticos Super Ninjas.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
100 niños. Lo que nos cuentan los números Christoph Drosser Imaxinemos que no mundo en lugar de 2.000 millóns de nenos só había 100... Neste libro, Christoph Drösser móstranos con figuras como é a vida dos nenos en diferentes partes do planeta: cantos teñen un can ou poden nadar? Cantos van á escola, viven preto do mar ou na rúa? Cantos teñen auga limpa, teñen bicicleta ou son vexetarianos? Un libro incrible que nos achega a realidades moi diversas e que nos axuda a valorar, coñecer e apreciar mellor o noso propio entorno.
No soy igual. Cambio de instituto Martina D’antiochia A pija e a choni: dúas inimigas radicalmente opostas cun problema común: compartir un instituto. A pija é Tatiana de Santamaría Ponce de León, máis coñecida entre os seus amigos como Cuqui. Adicta ás marcas e gran xogadora de polo, cando vai ao baño xoga ao pipirruqui. A choni, Vane, é Vanesa Cortés Heredia, unha temida adolescente do seu barrio coñecida por roubar bocadillos e pasar só unha materia: o recreo. A pija e o choni enfrontadas na nova serie de Martina d'Antiochia NON SON O MESMO. ¿Sobrevivirán?
En Barcelona con un gran chef Tea Stilton As nenas do Tea Club viaxan a Barcelona! Se tomades a cociña dun famoso restaurante español, engadides un caso que hai que resolver e aderezádelo cun chisco de misterio ... a aventura está servida!
De seis a doce anos
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
La diversión de Martina. Sueños por cumplir Martina D’antiochia Non podo estar máis feliz e este ano cumprirei un dos soños máis incribles da miña vida: ir con todos os meus amigos a Florida. É literalmente un dos mellores lugares do mundo: praia, sol, música ... o único que o fai aínda mellor é compartir esta viaxe con Hugo, pero non podo deixar de estar un pouco triste porque non o facemos. Non sei se este podería ser o último ano que estamos xuntos ... Aínda que non agardarei a que o destino decida por nós ... escribirei o meu propio camiño!
Diario de una adolescente Andrea Palazón E se entenderas que ser feliz só depende de ti? Ás veces pensamos que ter máis amigos faranos sentir mellor ou que estar soa é a fin do mundo. Pero eu aprendín que é mellor soa que en mala compañía e que te farás máis forte e valente se confías en que todo sairá ben. Queres descubrir como o sei? Cóntoche todo nun diario sen segredos, sen xuízo e sen medo.
Sherlock Lupin y yo El disfraz de un asesino
De seis a doce anos
Irene Arler Durante unhas vacacións en Torquay, Mila queda fascinada pola suntuosa vida de Harold Grayling e a súa futura esposa, Lady Hagbury-Winch. Pero a aparente paz do lugar cambiacando Mila e Gutsby fan un sombrío descubrimento que parece estar relacionado coa vida mundana da parella. A partir dese momento, a sinistra sombra da morte esténdese sobre Torquay. Mila e o resto do grupo, guiados pola visión de Sherlock, participarán nunha investigación policial que revelará un plan diabólico. CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Presentamos agora as lecturas xuvenís. Xa imos sendo b@s compañeir@s dos libros e grandes visitadores das librarías. Non perdades as seguintes novidades.....
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Como a roda do muíño Suso Lista E se vida se volve toda en desandar o Camiño que nos leve ás terras do solpor e tamén a unha orixe inimaxinable? As compañas de viaxe en nada van axudar pois son pléiade de antagonistas, mais incapaces de afogar o ánimo deste ousado camiñante. O ciclo da vida narrado como roda de muíño que xira e xira para brindarnos con mestría un mundo onde o cotián se converte moitas veces en absurdo.
De 12 anos en diante
Santoamaro Antonio Manuel Fraga Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredos, a amizade e a traizón, os medos e as feridas. Cara ao final do verán, un terrible acontecemento dinamitará o que semellaba un grupo indestrutible e desvelará aspectos dos protagonistas ocultos até entón. santoamaro mestura libremente a narrativa co teatro para crear unha novela híbrida, na que a praia se constitúe no escenario dramático onde emerxe unha historia tan contemporánea como viva. CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Somnámbulos Carlos Vila Sexto Daniel descobre que é somnámbulo o mesmo día que Marcos Portela, un neno con autismo da súa escola, desaparece nos Peares, unha aldea construída aos pés dunha enorme presa. A única esperanza de encontrar a Marcos reside nos estraños episodios de somnambulismo de Daniel, que lle ofrecen pistas para dar co seu paradoiro. Pero a peor tormenta en décadas complica a busca. AXENTE X.99: CONTOS E VERSOS DO ESPAZO Gianni Rodari Axente X.99 é como se coñece o gardián dun asteroide que, xunto coa cabra Renata, viaxa polo espazo desempeñando distintas misións. Cada relato é una porta aberta á reflexión crítica: dende como orientar os simios do planeta Miro para que aprendan a facer lume e desterrar erróneas crenzas sobre as árbores de Parco, ata descubrir a capacidade de aprendizaxe dos nenos que habitan no planeta dos xoguetes ou as abellas intelixentes de Kama.
Contra o reloxo Carlos Labraña
De 12 anos en diante
Que misterio agocha a vella reloxaría? Nesta divertidísima obra de Carlos Labraña ninguén é quen parece. Pon o cronómetro a cero e non te despistes se queres descubrilo, porque o tempo voa cando se pasa ben!
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Contos de obxectos Xabier P. Docampo Oito relatos até agora inéditos que DoCampo gustaba de contar amosando no momento preciso algún obxecto central no desenvolvemento da trama. Obxectos que Daniel Puente Bello recreou nas coidadas fotografías que ilustran o libro.
Antía e Daren O misterio dos torques roubados Valentín Alvite (autor) Miguel Porto (ilustrador) O xefe de policía Rigoberto Raposo leva anos agardando que se cometa un delito na tranquila vila de Uz para demostrar o seu mérito e, por fin, chega a ansiada oportunidade: a bibliotecaria Severiana Pratas denunciou o roubo duns valiosos torques. O xefe de policía xa soña cun ascenso. O que non sabe é que dous rapaces, Antía e Daren, tamén están facendo as súas propias pescudas. Resolverase o enigma dos torques roubados? Unha orixinal novela de misterio chea de retranca e desbordante humor.
Eu son A Steve Tasane De 12 anos en diante
O diario de «A» non fala de festas de aniversario en familia, senón de nenos nun campo de refuxiados que recollen migallas de pan na lama. Sobreviven na miseria, pero non renuncian aos seus soños. Unha novela para rapaces que tamén os adultos deberían ler.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Dormente Raquel Castro Esta princesa está durmida? Será que non quere espertar? Por que queren que esperte? Para casala con quen non quere?
A cámara escura J. L. Baños de Cos
Alicia comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis anos hai moitos motivos que te obrigan a “compartir”. Pode recoller nunha foto toda a historia dunha dor? Pode borrarse unha foto e facelo coa dor tamén? Alicia envía unha foto e a instantánea vólvelle reenviada coma unha labazada. Alicia contra De 12 anos en diante Alicia.
Ben Caré Santos Hai persoas que espertan tanta fascinación como rexeitamento, que te atraen coma un imán e á vez bótante para atrás porque algo che di que é mellor apartarse delas. Esta é a historia dunha desas persoas. Chámase Ben, e se cadra xa oíches falar del. De feito, esta historia comeza nun funeral. O morto non chegaba aos 24 anos e foi asasinado. Uns tipos que o odiaban decidiron matalo a golpes. Á súa despedida só viñeron oito persoas.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
A pantasma de Canterville Oscar Wilde Unha familia americana múdase ó castelo de Canterville, un lugar que, como todo o mundo sabe, está encantado. A pantasma dun nobre inglés deambula polo castelo e trata de facerlles a vida imposible ós seus novos habitantes. Porén, os estadounidenses, lonxe de asustarse, converten o espírito en vítima das súas bromas, nunha historia que mestura o macabro co humor.
De 12 anos en diante
As rapazas non saben pegar Tom Easton Fleur ten dezaseis anos, dous bos amigos (Blossom e Pip) e un mozo maior ca ela, que os seus pais adoran. Un día proba as clases de boxeo só por retar o club, que non permite que as rapazas adestren cos rapaces. Inesperadamente Fleur atopará non só unha nova afección, senón unha nova forma de vida que a transformará e que preocupará a súa sobreprotectora nai.
Ti e mais eu Niccolò Ammaniti Lorenzo, de 14 anos, dilles aos pais que marcha esquiar cos seus compañeiros de instituto, pero en realidade crea un refuxio no rocho para pasar as vacacións ao seu aire, sen ninguén que o moleste. Porén, a súa media irmá Olivia, nove anos maior ca el, irrompe no seu retiro e obrígao a enfrontarse ao mundo exterior e a superar o seu carácter introvertido e neurótico.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
O niño Kenneth Oppel (autor) Jon Klassen (ilustrador) Steve vive preocupado polo seu irmán pequeno, gravemente enfermo, e polo niño de avespas que se instalou no tellado da súa casa. Cando a raíña das avespas aparece nos seus soños e lle ofrece unha cura para o seu irmanciño, Steve ve a solución ós seus problemas. Pero aceptar esta proposta implica certos perigos.
Contos para nenos peculiares Ransom Riggs (autor) Andrew Davidson (ilustrador)
De 12 anos en diante
O libro que tes nas mans está destinado unicamente a ollos peculiares. Se por casualidade non te contas entre as filas dos seres extraordinarios (noutras palabras, se non espertas no medio da noite flotando sobre a cama porque esqueciches atarte ó colchón, se non che brotan chamas das palmas das mans en momentos inoportunos nin mastigas a comida coa túa boca posterior), por favor, devolve este libro de inmediato ó lugar onde o atopaches e esquece que isto sucedeu. Non te preocupes: non vas perder nada.
Un puñado de estrelas Rafik Schami Ó longo de tres anos, un mozo de Damasco escribe o seu diario persoal, no que recolle non só as súas vivencias no paso da infancia ó mundo adulto, senón tamén a vida da súa cidade, na que conviven diferentes culturas e na que se dan situacións moi inxustas. O protagonista ten que abandonar a escola para traballar na panadería do seu pai, e decide fundar cos seus amigos un xornal clandestino no que denunciar as desigualdades que afogaban o pobo sirio nos anos oitenta.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Camiño perigoso Ánxela Loureiro En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura.
De 12 anos en diante
Como lágrimas na chuvia Jordi Sierra i Fabra Grace é unha adolescente que coida da tumba do seu pai, Leo Calvert, unha lenda da música falecido nun estraño accidente uns anos antes, e á que acoden en peregrinación fans de todo tipo. Un deles, Norman, crúzase no camiño da moza e desata nela un remuíño de preguntas sen resposta ao redor da morte do pai e das cancións que deixou gravadas, gardadas no soto da súa casa, e que a súa nai, Rebecca, se nega a publicar.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Non cantan paxaros neste bosque Carlos Negro O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán... Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu sofá preferido. É a hora de experimentar o pracer nada culpable do medo. Porque neste bosque de relatos os paxaros non cantan. E o misterio segue aí, a agardar por nós, como unha pantasma familiar, como un desasosego que nos leva de viaxe ao territorio do alén.
Rugando ou o misterio do cuarto secreto Celia Díaz Núñez Uns poucos días nunha plácida casa rural abondan para descubrir un misterio que Olalla e os seus colegas tratarán de descifrar. Baixo os muros dunha vella ferrería un monxe alquimista busca a eterna quimera procurada desde a orixe dos tempos. Presente e pasado van da man nesta historia. Ou son, se cadra, a mesma cousa? Atopará Olalla a solución ao enigma? E, sobre todo, acadaría o monxe o éxito desexado?
De 12 anos en diante
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
¿Por qué tiene que ser todo tan difícil? Nando López Teñen trece anos, teñen moitos soños e infinitas dúbidas. Neste grupo de amigos, todos gardan un segredo; aínda que, se é certo que ocorren cousas especiais nos eclipses, poden estar a piques de saír á luz. E entón, difícil ou non, terán que decidir que facer con eles.
Consecuencias de decir te quiero Manu Erena Vivimos con cambios constantes, con medo de dicir que te quero máis do que deberiamos polas consecuencias que pode traer. Pero temos que correr riscos, temos que perdernos para atoparnos, aprender dos danos e seguir soñando. El quere, quere moito. Pero non esquezas nunca amarte a ti mesmo. De 12 anos Venimos de un lugar llamado primer amoren diante Daniel Ojeda Mamá: Sei que este é o libro que non queres que lean, pero cando entendín que compartir todo o que me fai vulnerable axudaríame a superar o medo e seguir adiante, comecei a escribir. Deixei aquí a miña torpe aprendizaxe no mundo. Todas as veces chamáronme maricón sen saber o que significaba, a guarida na que se converteron os libros, o amigo que me ensinou o poder da imaxinación, a morte que che chegou á nosa familia e o noso primeiro amor, equivocado ou equivocado, cámbiate para sempre. Este é o noso camiño cara a un amor con apelido.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Al final mueren los dos Adam Silvera Unha historia sobre a vida, a amizade e o amor. Pode un só día manter toda a vida? Nun presente alternativo, no que se pode predicir a morte nun prazo de vinte e catro horas, Mateo Torrez e Rufus Emeterio acaban de recibir a chamada máis temida: a mesma que che avisa de que chegou a túa última hora. En circunstancias normais, é improbable que Mateo e Rufus se atopasen. Pero as súas circunstancias non son nada normais. Porque teñen, como máximo, vinte e catro horas de vida. E decidiron recorrer a Último Amigo, a aplicación de citas que che permite contactar con alguén disposto a compartir a túa carga. Mateo e Rufus teñen un día, quizais menos, para gozar da súa recén nacida amizade. Descubrir o fráxiles e preciosos que son os fíos que nos unen. Para amosar ao mundo o teu verdadeiro eu.
Cuando Hitler robó el conejo rosa Judith Kerr A chegada ao poder de Hitler cambiará radicalmente a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deben abandonar o seu país e deixar atrás moitas cousas queridas, como o seu coello de peluche. A súa infancia tamén quedará con el.
De 12 anos en diante
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Saboreamos agora O Recuncho VIA, que ten espazo nas nosa biblioteca, no noso CPI e tamén, como non, nas nosas lecturas de verán
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Campo de plumas. Poemas LGBT+ para a mocidade dende a Antigüidade ata hoxe Jesús Castro Yáñez Dende Safo a Mary Jean Chan, gran cantidade de poetas compuxeron ó longo do tempo versos que daban conta de diversas identidades e orientacións sexuais. En Campo de plumas, Jesús Castro Yáñez escolle algúns deles e dálles forma en galego, con gran coidado e sensibilidade. Nesta escolma os poemas manteñen unha relación fluída e natural entre si e dialogan coa mocidade de hoxe.
Hshouma Zainab Fasiki No meu país, en Marrocos, é hshouma discutir sobre certos temas, principalmente sobre a sexualidade e o corpo, e aínda máis querer vivilos. Estas prohibicións, afirmadas polo islam e reforzadas polas leis, xeraron moitos males na miña sociedade, como a frustración e a violencia. Por desgraza, e aínda hoxe, moitos marroquís seguen convencidos de que a prohibición permite manter a paz social… Mais, onde está esta paz? Para comprender o que vivimos, propóñovos que observemos xuntos o reinado de hshouma, na súa dimensión educativa, relixiosa e política. Para romper estes tabús, dou fe aquí da miña vida como moza marroquí.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Identidade. A normalidade do non-común Nee Barros Fernández A normalidade do non-común" Unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír. Mais, que pasa se nacemos nun molde “equivocado”? Zé, o noso protagonista, vive unha historia chea de valentía, loitando a contracorrente por construír a súa propia identidade. Coa complicidade dos seus amigos e a súa familia, percorrerá un camiño en que moitas vendas negras, que tapan os ollos e a alma, caerán ao chan. Rompendo todos os moldes, Zé será quen de amosarlle a todas as persoas que dá igual como te vexan os demais.
Cobiza María Reimóndez Apaixonante novela de ciencia ficción feminista. Luz habita o presente nun mundo que se divide entre os Recunchos e as Capitais, estas últimas só accesibles mediante a chamada «lotería da fertilidade». Gañala implica un acceso descoñecido á opulencia. Nun futuro marcado polo cataclismo denominado a Gran Desconexión, tres seres creados de materia vexetal, pero con forma humana, son capturados por un barco negreiro para chegar a un continente descoñecido. Aquí descubrirán como os seus corpos son clasificados como mulleres e comodificados, vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Us Sara Soler Que pasa cando a vida que tiñas asumida dá un xiro de 180 graos? Nada... E tamén todo. "Nós" é a historia de amor de Sara e Diana, e tamén a historia da transición de xénero de Diana. Despois dos primeiros temores de que este repentino xiro na súa relación remate con ela, danse conta de que seguen a gustarse e quererse e que nada cambiou entre elas. Agora terán que saír do armario e enfrontarse á mirada do seu entorno familiar e social. Heathen#03Pagana Natasha Alterici – Ashley A. Woods O final está preto e Aydis -viquinga, guerreira, paria e autoproclamada pagán- chegou a Asgard disposta a cruzar as portas que dan acceso á terra dos deuses para enfrontarse a Odín cara a cara. Mentres loita soa, todas as amizades que forxou ao longo desta longa viaxe vense obrigadas a loitar xuntas para deter ao exército do rei deus, aínda que iso signifique enfrontarse con outras valquirias.
Hearstopper. Más que palabras Alice Oseman Charlie nunca pensou que a Nick lle podería gustar, pero agora son parella. Oficialmente. Pero non só iso, tamén cre que está preparado para dicir esas dúas palabras que o marean: quérote. Nick séntese do mesmo xeito que Charlie, pero tamén ten moitos pensamentos percorrendo a cabeza: ademais de considerar dicirlle ao seu pai que ten un mozo, pensa que Charlie ten un trastorno alimentario. Pasan as semanas e, neste novo curso, Charlie e Nick están a piques de aprender o que significa o amor.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
De seguido, animamos @s b@s lectores con estas achegas...
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
A afogada Rocío Leira Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata dun fatídico accidente, pero pasan os días e o seu corpo non aparece. Manuel Cifuentes, rescatador mariño con ampla experiencia, cre que a súa morte non foi accidental e que os acompañantes da rapaza agochan algo.
Para @s b@s lector@s
A vida secreta de Úrsula Bas Arantza Portabales Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Libres e vivas VVAA Levan dicíndonolo dende que o ser humano está sobre a Terra. Que non queren ser vítimas. Mais tampouco escravas. Compañeiras. Iguais. Mulleres e homes nun mundo xusto en Igualdade. Sobre estes parámetros pedímoslle a dez escritoras de primeiro nivel das nosas letras que abordasen a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade, da Igualdade, para que, dende a literatura, entendamos como é o seu sentir. O resultado é este volume que tes entre as mans. Dez relatos libres coma coiteladas directas á conciencia. Querémolas. Quérense. Todas. Libres e vivas
Sibila Rosa Aneiros É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle vai a vida niso. Durante a estadía na illa irá descubrindo o salvaxe que nela habita: as tensións lacerantes entre quen é e de quen vén sendo; entre un pasado que estoura e un futuro que a aboca ao abismo; entre a ansia da mente e a vontade voraz do corpo. En «Sibila», a nova novela de Rosa Aneiros, nada é o que parece. Ou si. Talvez sexa exactamente o que parece, o que ninguén quere ver
Para @s b@s lector@s
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
A carteira Santiago Lopo Desesperada ante unha situación laboral precaria, a protagonista de «A carteira» acepta un contrato temporal para repartir o correo na periferia dunha cidade que non coñece, nun barrio afastado que ela mesma denomina «Algures». A través dos seus ollos, Santiago Lopo mergúllanos na Galicia urbana e fainos partícipes de todas as dificultades ás que esta traballadora se enfronta no seu día a día.
Para @s b@s lector@s
Coidadora María Marco A través dun relato poliédrico, a personaxe principal conéctanos con intrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunha verdadeira baixada aos infernos de xeito catártico. «Coidadora» é unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, facéndonos partícipes da tensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes.
Cóntamo outra vez, Rick J. A. Xesteira existencias atormentadas e retos de vida. Contos contados ao carón dun piano, cun licor na man, entre fume de cigarros e caras descoñecidas. Unha viaxe pola xeografía planetaria da man de voces incribles de vidas disparatadas pero que, como todas, son idénticas á túa e á miña, se chega o caso.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Sira María Dueñas A Segunda Gran Guerra remata e o mundo comeza unha tortuosa reconstrución. Coas súas funcións como colaboradora do servizo secreto británico, Sira afronta o futuro con ansia de serenidade. Non obstante, non terá éxito. O destino terá preparada para ela unha tráxica desventura que a obrigará a reinventarse, tomar as rendas da súa vida soa e loitar con bravura para dirixir o futuro. Entre os acontecementos históricos que marcarán unha época, Xerusalén, Londres, Madrid e Tánxer serán os escenarios polos que pasa. Nelas afrontará bágoas e reencontros, tarefas arriscadas e a experiencia da maternidade. Sira Bonnard - antes Arish Agoriuq, antes Sira Quiroga - xa non é a modista inocente que nos encandilou con patróns e mensaxes clandestinas, pero o seu atractivo segue intacto.
La desaparición de Adéle Bedeau
Para @s b@s lector@s
Graeme Macrae Burnet Manfred Baumann é un tipo solitario. Socialmente incómodo e sempre fóra de lugar, é a última persoa que viu con vida a Adèle Bedeau, a camareira taciturna dun bistró da pequena cidade francesa de Sant-Louis. A súa coñecida obsesión por ela convérteo no principal sospeitoso da desaparición. O inspector Gorski - que aínda non superou un antigo caso no que foi condenado un inocente - desconfía do misterioso Baumann, que parece rodeado dunha aura de escuridade. Gorski, atrapado nunha cidade provincial e un matrimonio desapaixonado, presiona a Baumann cando volve ás escenas do seu pasado e volve atoparse cos seus antigos demos. A incansable busca da verdade convértese nunha sucesión de desgrazas tanto para o cazador como para aquel que, dalgún xeito, espera ser cazado.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Imos agora coas recomendacións de banda deseñada. Atent@s que aí os van...
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Este ano adicóuselle o Día das letras galegas á poeta Xela Arias. Non queremos deixarvos sen unha mostra da súa obra. Aquí tedes algúns dos seus libros
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Agora imos facer unha pequena homenaxe á nosa biblioteca e á nosa radio. Aquí tedes os persoeiros que neste curso visitaron o noso CPI CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
María Oruña
Jorge Mira
Miguel López, o hematocrítico
Paula Carballeira
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Yolanda Castañoo
Xosé Tomás Tomán 2021s
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
... Xa para rematar, un pouco de música para mover o esqueleto
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021
Quinta dos libros recomenda....
A Quinta dos libros recomenda.... Verán 2021n 2021
Moi bo verán para tod@s @s lectores da Quinta dos Libros. Gozade do tempo de lecer e mantede as distancias entre vós... pero nunca cos libros.
CPI Manuel Suán 2021rez Marquier Rosal. Curso 20120 – 2021 2021