Skip to main content

Desde A Quinta dos Libros recomendamos....

Page 1

A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

Neste Nadal desde A Quinta dos libros RECOMENDAMOS... CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

Imos abrindo boca! Para @s mรกrez Marquieris pequeneir@s...

CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

Medra a colección Do berce á Lúa Cada exemplar da colección Do berce á lúa de Kalandraka é un exercicio poético de gran sinxeleza e forza musical. E xa van once, coa incorporación de Animais e Froitas. As imaxes son pictogramas poéticos ou poegramas que buscan un ritmo de lectura do adulto acompañante para «educar o ollo e adozar o oído» dos peques. Animais Reúne unha sucesión de animais da fauna silvestre e salvaxe Froitas Escolma de froitas e as árbores das que proceden.

Márez Marquieris de 2 anos

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

QUEBRACABEZAS Aínda que sexamos tantos e parezamos tan distintos, hai algo no que somos iguais: todos somos diferentes. E aínda que tal vez non haxa un lugar no mundo no que todos caibamos, si hai unha frase na que nos podemos atopar: todos somos parte de algo moito máis grande...

De 3 a 6 anos

NICOLÁS COCIÑA SEN LUME Gorro e mandil, mans limpas e a cociñar! Canapés, macedonia, xeado de plátano, batido de amorodo... Fácil e divertido, "día a día", seguindo os pictogramas.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

MONSTRO DE OLLOS VERMELLOS Conto sobre o medo que anima a quen o sofre a botalo fóra, a falar del. O protagonista é un neno que padece en silencio a visita dun monstro que desapareceu a partir do momento no que falou del cos seus pais.

De 3 a 6 anos

O PEQUENO INDIO Ninguén como o pequeno Brais rastrexa, corre e domina mellor o arco e as frechas. Só a voz atronadora de mamá é capaz de borrar de golpe as aventuras no afastado Oeste. Imaxinación, xogo e humor asegurados.

O CAN DE MILÚ Peluso é o gran compañeiro de xogos e de diversión dunha nena encantada coa súa peculiar mascota. O XII Premio Internacional Compostela é unha historia de amor polos animais, amizade incondicional e liberdade.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

A ARAÑA QUE LLES TIÑA MEDO ÁS ARAÑAS Divertidas peripecias dunha araña que naceu preguiceira pero tivo que espelirse. Atopa un sapo, unha ra, un galo e un lagarto que a queren papar. Por se fora pouco, tamén unha nena que tenta enviala a outro mundo. Ao remate, tan temerosa andaba que cando veu unha araña quedou asustada. Expresións familiares no texto e frases repetidas con rima poñen unha nota lúdica, en harmonía coas bonitas ilustracións de Iván R

De 3 a 6 anos

DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas percorrendo toda Galicia. Ata onde as levará a súa viaxe? Con base na tradición oral e un gran sentido do humor, Eva Mejuto e Víctor Rivas crean unha divertida aventura ao longo da xeografía galega, chea de ritmo e con moito que descubrir en cada páxina.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

SE BUSCA! LILI LA LIEBRE, LADRONA DE LIBROS Lili é unha lebre cunha grande afección que, se non controla levaraa polo mal camiño.. E é que é buscada pola sospeita de mangar novelas, desaparecer con dicionarios, apropiarse de poesías e quitar cómics e libros de cociña. Vírona por última vez na casa de Arturo. Axúdasnos a atopala? Unha historia marabillosamente divertida sobre o amor polos libros.

UN AMOR DE BOTÓN A señorita Enriqueta é unha moza moi coqueta. O señor Gabriel vai sempre coma un pincel... Pero, ai, que desventura! Un botón fuxiu! E vano buscar. Quen sabe a onde os levarán os fíos do destino...

De 3 a 6 anos EL MARAVILLOSO MINI – PELI - COSO A pequena Eddie escoitoulle á súa irmá maior dicir “cumpre mamá mini-peli-coso” e decide que ela tamén debe encontrar un agasallo para a súa nai. No seu percorrido pola cidade, cada comerciante daralle un pequeno obxecto, pero ningún é o agasallo marabilloso que anda a procurar. Atoparao? Un álbum escrito e ilustrado por Beatrices Alemagna sobre a fantasía do mundo infantil que nos amosa que quen procura algo, remata atopándoo.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

Comezamos co primeiro prato... Entre seis e doce anos...

CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

PIPPI MEDIASLONGAS NOS MARES DO SUR Canda os seus inseparables Tommy e Annika, Pippi viaxará co seu pai, Efraim Mediaslongas, ata a illa de Korakora, onde o capitán é un poderoso rei.

De seis a doce anos

O RAPOSO AVIADOR QUE VOA SEN MOTOR Historia de Paquiño, o primeiro raposo que se fixo aviador e que foi, probablemente, o mellor de todos cantos houbo e haberá entre os que saben voar sen avión e sen motor. Despois de moito afociñar, aprendeu a tomar voo e a aterrar como os avións e os helicópteros. E tamén aprendeu a amarar, que é como se di cando se pousa no mar. Un día Paquiño quixo voar ata cruzar a liña do horizonte. E foi. E ben que o pasou!

RAPUNZEL CON PIOLLOS Divertido conto polo que van desfilar unha manchea de personaxes de outros contos. O rei está empeñado en que a súa filla Rapunzel teña unha longa melena acorde coa súa condición de princesa. A ela non lle fai moito chiste, pero de momento déixao estar ata que na súa cabeza se instalan varias familias de piollos. O rei busca unha solución que virá da man do frautista de Hamelin, aínda que polo medio vanse suceder moitas escenas de humor. CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

BICOS E NON BALAS Antoloxía de poemas sobre a paz de Antonio García Teijeiro. O libro está ilustrado por Bea Gregores.

De seis a doce anos

CONEXIÓN MACARRÓN Espe e Rino agardaban un día a que escampase, acubillados debaixo dun tobogán do parque, cando un señor lles preguntou se querían que os acompañase á casa. Algo nel lles chamou a atención, pero ese foi o comezo dunha singular amizade: viñan de coñecer a un extraterrestre! Con ilustracións de Laura Suárez.

O REI CUU Ben Pole está escapando do seu arquiinimigo Monty Grabbe cando descobre un bosque con tirolinas, tobogáns de auga, Herbert o wombat e, o mellor de todo, o REI CUU. Pero coidado! Monty e os seus secuaces teñen un plan ruín, así que Ben e mais Cuu deberán usar todo o seu enxeño para estragalo. CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

OS SECUESTRADORES DE BURROS Ambientada nunha illa grega, esta entretida historia conta como Amanda e David conspiran para burlarse do desagradable alcalde local e axudar ao seu amigo Yani, que está a piques de perder a casa e as terras. Os veciños, e especialmente o alcalde, dependen dos seus burros para o transporte. Se os burros desaparecen, paralizarase toda a aldea... De seis a doce anos

XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extraordinario estaba a piques de acontecer. Unha gran mancha de plásticos, que navegaba errática polos océanos, deu en ameazar a illa de Otlic e puxo en perigo os seus habitantes. Os grandes guieiros da natureza non saben como actuar. Xelís inicia entón unha arriscada viaxe no lombo do mascato Mult ata as inmediacións do círculo polar ártico, onde coñecerá a Ilva, o avó Jónas e a súa extraordinaria fábrica de luz. Xuntos emprenderán a dura tarefa de atrapar a illa de plásticos para evitar a desfeita ecolóxica do planeta.

UNHA CIDADE CHAMADA PERFECTA Quen quere vivir nunha cidade onde todo o mundo ten que levar lentes para evitar quedar cego? E quen quere ser limpo e ordenado e portarse ben todo o tempo? Violet descobre rapidamente que algo estraño pasa nesta vila: oe voces, a súa nai fai cousas raras e o seu pai desaparece.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

De seis a doce anos

OS ECOS DO LUME Noa ten doce anos e parece que o único que lle importa é Internet e o que pensan dela os seus compañeiros do instituto. Pero iso vai cambiar. Durante un terrible incendio perderá o seu irmán pequeno nunha mámoa, que en realidade é o acceso ao incrible mundo Introterrestre. E isto é o principio. Irá na procura do cativo e poñerá en risco a súa vida con tal de axudalo. Descubrirá que existen eirugas coma coches e tartarugas coma montañas. Aprenderá que nese mundo de seres estraños ela é o monstro. Será consciente do dano que lle fan os humanos á Terra, e por que son odiados naquel mundo subterráneo.

ORESTES PERDE O SENTIDO Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúas dunha cidade estrepitosa, onde vai ter que lidar coas normas de circulación viaria se quere chegar vivo á meta.

ANIMALIA «Animalia» constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

LA NOCHE DEL DR. BROT Agus e os seus amigos non o poden negar: son de boa pasta! Tanto, que cando atopan a Nach desconsolado e a berrar auxilio acoden socorrelo. Pero, que aconteceu? Pois que, segundo contan, uns extraterrestres secuestraron o malvado Dr. Brot, que quizais non é tan listo coma el pensa. E agora que? Van axudar a Nap a rescatalo?

De seis a doce anos

LA VERDAD SEGÚN ARTURO La Verdad según Arturo, de Tim Hopgood e David Tazzyman é un álbum ilustrado publicado por Combel absolutamente xenial. Enxeñoso, divertido, abraiante, reflexivo, con sentencia final e unhas ilustracións marabillosas. Como podedes imaxinar, este libro infantil trata sobre a verdade. Ou máis ben, sobre a mentira.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

De segundo prato, para @s que estรกrez Marquiern xa medrad@s... De doce anos en diante CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

COMO SE FAI UNHA RAPAZA A adolescente Johanna Morrigan convértese en Dolly Wilde, e comeza a dedicarse á crítica musical nunha revista londiniense. Entre concerto e concerto, a protagonista relata sen rubor os seus esforzos por converterse en adulta a base de fumar, beber e deixar de masturbar-e con todo tipo de obxectos para pasar ao sexo con todo tipo de homes. Despois do provocador Como ser muller, Moran continúa a súa peculiar indagación sobre a feminidade con esta narración realista, descarnada e chea de humor. O CASO DO PAPAGAIO QUE FALABA DE MÁIS Logo de facerse cargo da axencia de detectives do seu pai, Berta Mir terá que buscar un papagaio roubado nun caso aparentemente sinxelo que se complicará ao enredarse polo medio unha rede mafiosa de tráfico de animais, un asasinato e unha desaparición misteriosa. Tamén sairán á luz as miserias dunha potente familia industrial barcelonesa. Estas e outras circunstancias van empuxar a protagonista a saír da adolescencia e atoparse a si mesma.

VINTE MIL LEGUAS BAIXO DOS MARES O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln. De 12 anos en diante

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

De 12 anos en diante

ATRANCO NO BANCO Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia. Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores e unha secretaria que parece inxenua pero non o é tanto, fían unha trama chea de humor na que o autor tamén convida a reflexionar, entre gargallada e gargallada.

O HOME QUE MERCOU UN LIBRO

23 de xuño e hai menos de media hora que Aníbal Hortensio López da Carricova saíra da casa coa intención de camiñar os tres ou catro quilómetros que, de acordo cos consellos do médico, debía andar cada día para beneficio do seu corpo e mesmo da súa mente. Aníbal non ten máis ca vinte e catro anos pero non poderiamos dicir que estea en moi boa forma física. Sóbranlle oito ou dez quilos de peso en opinión do seu endocrinólogo, e na do monitor do ximnasio ó que ás veces acode cumpriría darlle elasticidade a uns músculos que teñen unha clara tendencia a se atrofiar por escaseza de uso...» OS CORPOS INVISIBLES L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A súa vida dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unha lenda sobre as costas e unha vontade de ferro.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

O GRUPO Sentiches discriminación algunha vez polo teu aspecto, a túa orixe ou a túa orientación sexual? Serías quen de desprazarte a diario pola túa cidade nunha cadeira de rodas? Imaxinas ter un pai maltratador? Antón, Runa, Carla, Amina e Nico son adolescentes que viven en primeira persoa algunha destas situacións. Deciden acudir ao Centro Cívico do seu barrio seguindo o consello dos adultos nos que confían. De 12 anos en diante

ROSALÍA FEMINISTA

SEN PIEDADE Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa. Por riba das cidades, por riba das autoestradas, por riba do mar e das estrelas, eu estaba tolo por ela... Pero agora non parecía disposta a escoitarme. E Gordo comprendeuno. «Neno, o que ti necesitas é unha boa festa», dixera.

A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

EL CHICO DE LAS ESTRELLAS Era un neno que xamais viviu máis de dous anos seguidos na mesma casa, polo que decidiu pintar as paredes de todos os seus cuartos con estrelas. O seu rexeitamento ao colexio e unha familia inusual empuxárano a emprender unha viaxe onde non todo serán constelacións e pedirlle desexos á lúa. É hora de baixar ao lodo, equivocarse cunha princesa e rematar atopando un príncipe... ou non? As súas ansias de liberade, tres antídotos de supervivencia e unhas botas prateadas acompañarano por un mundo morto onde os soños chegan descalzos e despeiteados a Ningunha Parte. DIARIO DE GREG 14. ARRASA CON TODO Unha herdanza inesperada dálle á familia de Greg Heffley a oportunidade de reformar a súa casa. Pero pronto descobren que facer obras non é tan sinxelo como parecía. Unha vez derrubados os tabiques, xorden os problemas: madeiras poderes, mofos tóxicos, bichos desagradábeis e algo aínda máis sinistro fan que Greg e a súa familia se pregunten se tanto lío compensa. Cando rematan por fin as obras, poderán os Heffley quedar na cidade... ou deberán abandonala?

De 12 anos en diante

CUENTOS DE BUENAS NOCHES PARA NIÑAS REBELDES Había unha vez unha princesa... unha princesa? Que??!! Había unha vez unha rapaza que quería chegar ata Marte. Era unha vez unha muller que se converteu nunha das mellores tenistas do mundo e outra que descubriu como se dá a metamorfose das bolboretas. De Frida Kalo a Jane Goodall, de Coco Chanel a Nina Simone, das irmás Bronte a Marie Curie este libro narra as extraordinarias vidas de 100 mulleres valentes e, ademais, conta coas ilustracións de 60 artistas de todo o mundo. Científicas, astronautas, levantadoras de pesas, xuízas, cociñeiras... cen exemplos de determinación e audacia para as que soñan ao grande.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

INTRÉPIDAS. 25 EXPLORADORAS QUE CAMBIARON EL MUNDO Durante anos destacouse a figura masculina como centro e protagonista da historia do mundo. Pero hai moitas mulleres que tamén son protagonistas de lendas, relatos e historias fascinantes en moitos casos descoñecidas. Este libro reúne as viaxes excepcionais de 25 mulleres que cambiaron o mundo.

De 12 anos en diante

Foron pioneiras en alcanzar certas metas e abríronlle o camiño ás seguintes xeracións. Con ilustracións de Rena Ortega e unha rica linguaxe visual, o libro é un percorrido que permite viaxar ao lado de 25 mulleres fascinantes, cuxa determinación, curiosidade e actitude leváronas a vivir historias trepidantes.

Intrépidas amosa 25 historias que ensinan que a liberdade, a curiosidade e a valentía non entenden de xéneros nin de medos. Son as historias dunha vintena de valentes que viaxaron ao espazo e case tocaron as estrelas, mulleres que percorreron o deserto, venceron o medo e voaron entre as nubes transmitindo unha lección de vida e loitando por alcanzar a súa felicidade. MIL NOCHES SIN TI Tras unha paréntese en Rusia, para Sofía chegou o momento de poñer orde na súa vida sentimental. Xa non pode seguir a fuxir do seu pasado, da soidade do seu matrimonio, nin da historia de paixón e rota con Tancredi, e decide regresar a Roma. Nunha viaxe a Sicilia para visitar os seus pais, descubrirá un segredo familiar que a afectará profundamente. Entrementres, Tancredi segue todos os seus pasos; é un home namorado que nunca se rendeu á primeira. Pero Sofía non confía nel... Acabarán volvéndose encontrar?

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

Saboreamos agora O Recuncho VIA, que ten espazo nas nosa biblioteca, no noso CPI e tamĂŠn, como non, nas nosasn, como non, nas nosas lecturas de Nadal CPI Manuel SuĂĄrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

Continuamos a papar, coas novidades para @s b@s lectores...

CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

INFAMIA Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal. Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza. A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, dúas nenas ás que semella que tragou a terra. Emma axiña descubrirá que os habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir. Que foi das irmás Giraud? Están mortas? Se é así, quen as asasinou? Onde están agochados os seus corpos? SENLLEIRAS Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada. BELEZA VERMELLA En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte. Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de vangarda. Todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. Será que matar pode ser unha forma da arte? Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas, porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, paixóns sen control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela negra galega contemporánea.

Para @s b@s lector@s

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

A CARA NORTE DO CORAZÓN En agosto de 2005, cando o furacán Katrina está a piques de devastar a cidade de Nova Orleáns, Amaia Salazar ten vinte e cinco anos e participa nun curso de intercambio para policías da Europol na Academia do FBI, nos Estados Unidos. Inesperadamente, a subinspectora en prácticas pasa a formar parte do equipo de investigación dirixido por Aloisius Dupree, que persegue un asasino en serie cuxa estratexia é actuar sempre en escenarios asolados por grandes catástrofes. Será entón cando Amaia Salazar, que con doce anos estivera perdida nos bosques do Val do Baztán durante dezaseis horas, comprenda os motivos polos que o seu propio pasado a converte na elixida. UN LUME AZUL Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible.

FORMIGAS NOS PÉS

Para @s "Formigas nos pés" é un calidoscopio, a b@s lector@s radiografía dese sentimento tan universal que é a dor producida por unha ruptura. A novela aborda o dó dunha muller que fica soa aos 50 anos e que debe reinventarse desde ese punto de devastación interna, a historia de alguén que inicia un arduo proceso para reconstruírse e para aprender a camiñar sen aqueles brazos que a sostiñan e que ela cría eternos.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

A CASA XUNTO AO VOLCÁN Con dezasete anos, Xeila ve o seu mundo escachar en anacos: a separación dos pais, as dúbidas sobre a súa vocación profesional, as inseguridades físicas… E por riba, o traslado familiar de Ourense a Rianxo, onde terá que comezar de novo, onde terá que rachar coas inercias psicolóxicas do pasado e buscar iso que o seu profesor de Filosofía consideraba a función básica do ensino: unha mirada propia sobre o mundo e sobre as relacións humanas que nel se establecen. Esa é a maior aventura que se pode vivir na adolescencia, e Xeila empréndea, para sorpresa do profesorado, da súa nai e das súas amizades, incapaces de comprendela. CORTE E CONFECCIÓN “Escribir unha historia é coma facer un traxe — pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea—. Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra.

Para @s b@s lector@s

O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea de calidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño…, que iso vai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro; pero tamén que sexa vistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo, de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática,de mil raias…”

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

TERRA ALTA Un terríbel crime sacode a apracible comarca da Terra Alta: os propietarios da súa maior empresa, Gráficas Adell, aparecen asasinados tras seren sido sometidos a atroces torturas. Encárgase do caso Melchor Marín, un policía novo e lector voraz chegado desde Barcelona catro anos antes, cun escuro pasado ás costas que o converteu nunha lenda do corpo e que cre ter soterrado baixo a súa vida feliz como compañeiro da bibliotecaria da vila e pai dunha rapaza chamada Cosette, o mesmo cá filla de Jean Valjean, o protagonista da súa novela favorita, Os Miserables. ALEGRÍA

Para @s b@s lector@s

Desde o corazón da súa memoria, un home que arrastra tantos anos de pasado coma ilusións de futuro, ilumina, a través das súas lembranzas, a súa historia, a da súa xeración e a dun país. Unha historia que ás veces doe, pero que sempre acompaña.

INCONDICIONAL Poemario que une versos, pensamentos e prosa poética, na mesma liña que os publicados anteriormente polo autor. O amor incondicional, a vida en parella, a paixón, o desamor, a amizade, os momentos doces, a tristura, a infancia dos fillos, os territorios do cariño, o soño dun mundo mellor, o convencemento de que o amor pode con todo. A vida de todos e cada un.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

E agora... un pouquiño de bandao de banda deseño de bandaada para adozar o padal CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

CPI Manuel Suรกrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

LUZBELL. O DEMO BOMBILLA Xosé Tomás – Diego Rosales No recuncho máis escuro e tenebroso do inferno atópase Luzbell, o demo bombilla. Xefe dun exército de diaños está disposto a facer o mal e traer a desgraza e a destrución aos humanos... Se lle deixan!!!

A PROBA DE AUGA A proba de auga, de Anémona del Río, resultou gañadora do I Premio de Banda Deseñada, O Garaxe Hermético, que publicará Xerais na próxima primavera. O xurado, composto por Miguel Porto e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, salientou a magnífica adecuación da obra ao rango de idade ao que vai dirixido, o público infantil.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

Aquí tedes unhas suxestións para tedes unhas suxestións parans para aprender divertí tedes unhas suxestións parandovos.. CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

OS TEMPOS E O CLIMA DE GALICIA Que récords climáticos se alcanzaron en Galicia? Cales son os lugares máis calorosos? E os máis fríos? Onde chove máis? Onde se rexistran máis días de precipitación? Que zonas gozan dun maior número de horas de sol? Cales teñen maior nebulosidade? Que lugares son os máis ventosos? Como está a afectar o cambio climático a Galicia? Neste libro atoparás as respostas a estas e a outras preguntas relacionadas co clima de Galicia e os diversos tipos de tempo que o caracterizan. Nas súas páxinas explícase como se producen os fenómenos meteorolóxicos máis habituais no noso territorio: as inversións térmicas, as néboas costeiras e orográficas, as illas de calor urbanas, os tipos de precipitación, o efecto foehn, as brisas mariñas, o arco da vella etc.

TERRA, CIENCIA, AVENTURAS E SORPRESAS DUNHA VIAXE ARREDOR DO MUNDO Este é un libro de viaxes convertido nunha aventura de divulgación científica, o relato dun periplo de once meses arredor do planeta Terra no que se mesturan as anécdotas que van xurdindo ao longo das distintas etapas coas descricións da ciencia que hai detrás dos espectáculos que a natureza lles vai amosando aos viaxeiros: illas volcánicas en plena formación, desertos aos que non se lles albisca a fin, termiteiros xigantes, glaciares de cor azul que roxen coma monstros, raposos voadores e quilómetros, moitos quilómetros de percorrido polo mar, o aire e os revirados camiños dun planeta observado cos ollos atentos e cheos de curiosidade de Xurxo Mariño.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

... E de sobremesa, un pouco de mĂşsicasica para mover o esqueleto

CPI Manuel SuĂĄrez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

INMERSIÓN. GUADI GALEGO Immersión quere ser unha reconstitución da propia Guadi Galego; unha revisión en sete linguas afíns a Guadi, por territorio cultura e emoción. Unha reinterpretación da súa propia música a través de once temas xa editados nos seus tres últimos traballos e outro inédito ata o de agora. O disco foxe dos moldes e ábrese a un mundo plural de posibilidades artísticas e de sentimentos. Para conseguilo. Guadi bota man do seu talento e do de outros colaboradores e colaboradoras: Álex Ínsua, Judit Neddermann, Clara Peya, Vega, Iván Ferreiro, Silvia Quesada, Alidé Sans, Lisandro Aristimuño, Mikel Urdangarín, Andrés Suárez, Ana Bacalhau, Sisters In The House e Xabier Díaz.

DERRETIDOS . HEREDEIROS DA CRUS. Despois de sete anos de silencio discográfico, Heredeiros da Crus volve con Derretidos. Un disco con doce novos himnos para facer vibrar a amantes do rock. A FRAGA DO MEU AVÓ A fraga da que falan as cancións deste libro está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala. Este novo traballo de Mamá Cabra xorde da necesidade de concienciar dos problemas dos bosques autóctonos e dos espazos naturais. É un álbum cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todas as persoas e para que as nenas e os nenos sigan gozando de espazos de vida como A fraga do meu avó, que tan ben coidaron os devanceiros.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

O VELEIRO VERDE. MARÍA FUMAÇA A familia María Fumaça inicia unha nova viaxe nun veleiro verde coas bodegas ateigadas de amizade, cariño e cancións para compartir de xeito inclusivo. O noso capitán Ruí vai medrando, e con el a nosa ollada do mundo e da música: integradora, variada e intercultural.

CONTRAPUNTO. TANXUGUEIRAS O grupo volve aos escenarios cun proxecto moi persoal no que explora os límites da música tradicional a través de dez temas confeccionados a partir de letras tradicionais e renovados con arranxos actuais. Na intención de Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro está amosar que a música tradicional galega pode avanzar, renovarse a cada pasos e acadar novos escenarios. Contrapunto é, polo tanto, un disco sen corsés, feito dende a tradición pero sen amarres no pasado.

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


A Quinta dos libros recomenda.... Nadal 2019

Desde a Quinta dos libros e o Recuncho da Mata desexárez Marquiermosvos Moi boas Festas e mellores lecturas con esta Panxoliño de bandaa de Nadal METIDO NUN OVO Os tres Reises Magos van para Belén, quitaron os zocos para correr ben. Lupe de Caveira failles o café, Esperanza de Macario peneira de pé (bis) Escoiten señores o aguinaldo novo que naceu un neno metido nun ovo Escoiten señores o aguinaldo vello que naceu un neno metido nun cesto

Déanos o aguinaldo anque sexa pouco, un bo bacallao e a metade doutro. De postre castañas boas e ben grandes, un molete enteiro e un queixo de Flandes Escoiten señores o aguinaldo novo que naceu un neno metido nun ovo Escoiten señores o aguinaldo vello que naceu un neno metido nun cesto

CPI Manuel Suárez Marquierrez Marquier Rosal. Curso 2019-2020


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Desde A Quinta dos Libros recomendamos.... by Ana Chamosa - Issuu