TEATRO DE MONICREQUES Orixe Este tipo de teatro ten a súa orixe na antigüidade, naceu en Grecia. Cando se comezaron a facer monicreques non eran tan modernos coma os de agora, estaban feitos de barro. Na Idade Media empezaron a ser representados nas feiras populares e así foron difundidos por todo o mundo.
O monicreque É unha imaxe plástica coa capacidade de actuar e representar. Hai varios tipos: 1. Monicreques de luva: Para o seu movemento introdúcese o dedo índice na cabeza do boneco e os dedos maior e polgar nas mans, asomando medio corpo polo escenario. É o máis sinxelo. 2. Monicreques de vara : Tamén se lles chama “de pértega”, o seu tamaño obriga a sostelos desde abaixo, cunha vara grosa. As mans e a cabeza son manexadas por varas máis finas e pódense utilizar cordas para movementos secundarios. 3. Monicreques de fíos: Son bonecos de corpo enteiro, completamente articulados. Son manexados a través dunha cruz, cada anaco da cruz, move unha extremidade do boneco.
MONICREQUES DE KUKAS No ano 1979, fúndase en Santiago MONICREQUES DE KUKAS, que é o teatro de monicreques máis antigo de Galiza. O seu traballo céntrase na investigación e creación de novos prototipos de monicreques que lles permiten realizar espectáculos de gran formato dirixidos a todo tipo de público. Actúan en moitas feiras e festivais como a Feira do Teatro de Galicia, Teatro de Guimaraens (Portugal), Festival de Kilkis (Grecia)... Sabela Méndez Paula Fernández Sara Alonso 4º ESO B