Memoria Alumni USC 2020

Page 38

03

I

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR ALUMNI USC

Edición XIV do Premio de Relato Curto

I

0 Premio de Relato Curto da XIV edición, foi gañado polo escritor Marcos Dios Almeida, cunha historia tinxida de elementos futuristas titulada Nautas. O premiado é un debuxante e escritor establecido en Vigo que a día de hoxe traballa como ilustrador e deseñador gráfico. Nautas é unha historia ambientada nun futuro apocalíptico no que a despreocupación do home por coidar o planeta no que vive, da lugar a un drástico cambio climático e a unha guerra nuclear. Así mesmo, a humanidade vese reducida a un grupo de homes e mulleres cuxo obxectivo principal é tentar sobrevivir a diario. O xurado, formado por Inma López Silva ¬–escritora e profesora-, Adelaida Rey de la Barrera – farmacéutica e socia de Alumni USC- e María del Mar Fernández Vázquez –docente e secretaria da Xunta Directiva de Alumni USC-, valorou especialmente que neste orixinal se incluísen características do xénero de ficción científica cun léxico rico en lingua galega. O xurado destacou a orixinalidade e calidade dos relatos finalistas, mais apuntou o descoido pola escrita en galego dalgúns textos. Por mor das especiais circunstancias derivadas da pandemia o acto da entrega do premio non se puido celebrar e está previsto facer un acto conxunto coa próxima edición. Aínda así, a entrega da contía de 500 euros achegados polo hospital HM Rosaleda, fíxose no mes de decembro.

XIV PREMIO

de Relato Curto

Nautas Marcos Dios Almeida

34

< MEMORIA 2020


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.