2 minute read

Mesa redonda: O mecenado na investigación universitaria

Next Article
A Xunta Directiva

A Xunta Directiva

01 I A ASOCIACIÓN

da USC e experta en educación emocional e educación para a igualdade de oportunidades, quen impartiu o obradoiro “A capacidade de inspirar ás persoas”. Esta edición de EnMente que tivo que celebrarse online por mor da pandemia COVID-19, tivo moi boa acollida e a satisfacción das persoas asistentes foi alta a xulgar pola importante participación nos coloquios e as felicitacións que expresaron.

Advertisement

Colaboración co programa Sumo Valor. Mesa redonda: O mecenado na investigación universitaria

Co afán e apoiar o programa de micromecenado da USC, “Sumo Valor”, Alumni USC organizou en colaboración coa Asociación Empresarial do Tambre, unha mesa redonda titulada “O mecenado na investigación universitaria” que se celebrou o 1 de xullo. O acto, moderado por Manuel Fraga Carou, vogal de Alumni USC, celebrouse de forma presencial, con aforo limitado, nas instalacións da Asociación de Empresarial do Tambre, pero tamén se puido seguir de forma telemática por streaming. Foi gravado e pódese ver a través da páxina en liña de Alumni USC. http://www.alumniusc.gal/o-mecenado-na-investigacion-universitaria/

A ASOCIACIÓN I 01

O evento comezou coas intervencións de Benita Silva, presidenta de Alumni USC, e José F. Alborés, presidente da Asociación de Empresarial do Tambre. Os participantes na mesa redonda foron: Cecilia Sierra, presidenta do Consello Social da USC; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da UVigo; Gumersindo Feijoo, vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC, responsable de “Sumo Valor”; Luz Ruibal, profesora de Dereito Financeiro e Tributario da USC, e Jesús L. Romalde, catedrático de Microbioloxía da USC e vogal de Alumni USC. O propósito deste acto era difundir o programa “Sumo Valor” e captar fondos para as investigacións destinadas a combater a COVID-19. En liña con isto, Alumni USC organizou unha campaña entre os socios/as para fomentar as doazóns, que acadou un apreciable éxito. Algunhas ideas que se desprenderon das intervención son que urxe unha lei de mecenado clara e que o mecenado é unha cuestión de todos, son importantes as grandes doazóns e tamén as pequenas. A sociedade ten que implicarse no apoio á investigación.

This article is from: