
1 minute read
Portal de emprego
NOVAS INICIATIVAS I 02
Portal de emprego I
Advertisement
Alumni USC comezou no ano 2020 un proxecto que espera ter rematado no 2021. Esta nova iniciativa consiste na creación dun portal de emprego que recolla ofertas de traballo de empresas galegas ou con implantación en Galicia e que está dirixido tanto exalumnos/as da USC coma de outras universidades. O obxectivo deste proxecto é facilitar a busca de traballo en Galicia ás persoas que o desexen, contribuíndo deste xeito a minorar a saída de xente moza da nosa comunidade e, así, captar e reter o talento na nosa terra. Tamén se pretende que esta iniciativa axude á captación de socios e socias entre a xuventude. A idea da creación dun portal de emprego non é nova ara Alumni USC pero non foi posible levala a cabo en anos anteriores por falta de recursos. Grazas á axuda do Consello social ligada ao convenio pronto será unha realidade.