1 minute read

Contemplación do ceo nocturno na Illa de Sálvora

Next Article
Aniversarios

Aniversarios

ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR ALUMNI USC I 03

Observación do ceo nocturno na Illa de Sálvora I

Advertisement

O curso 2020-2021 comezou cunha visita dun nutrido grupo de socias e socios á Illa de Sálvora para contemplar o ceo nocturno; isto foi o sábado 12 de setembro. A aventura comezou no porto de O Grove desde o que navegaron ata a illa. Unha vez alí, a visita comezou cunha andaina ata o faro cunha guía que ía contando a historia do lugar e compartindo anécdotas coma o valente proceder das mulleres de Sálvora durante un famoso naufraxio. No faro os visitantes tiveron a oportunidade de contemplar o solpor antes de volver a camiñar, esta vez cara a aldea, actualmente despoboada, onde ollaron o firmamento acompañados por outra guía que lles ofreceu unha clase práctica de iniciación á astronomía, narrando numerosas lendas ao tempo que explicaba como orientarse grazas aos astros. Foi unha magnifica actividade nunha cálida noite repleta de estrelas, planetas e constelacións.

This article is from: