
1 minute read
Aniversarios
01 I A ASOCIACIÓN
Aniversarios I
Advertisement
Cada ano Alumni USC colabora na organización de aniversarios das diferentes promocións, especialmente nas vodas de ouro e de prata. Estas reunións son importantes para manter as relacións de amizade e compañeirismo xurdidas nos anos universitarios e para manter o vínculo coa universidade. No 2020 estaba previsto celebrar as Vodas de ouro de Químicas e de Dereito e as Vodas de prata de Medicina, pero debido á pandemia fóronse adiando e finalmente foron suspendidas.
Pero xa avanzado o ano, o 21 de novembro, coa colaboración de Alumni USC celebráronse ás Vodas de Ouro da primeira promoción de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas formada en Galicia (1967-1970). O acto celebrouse ao aire libre no Recanto da Saudade do Campus de Lugo, onde foi colocada unha placa conmemorativa. Este foi un momento histórico, xa que, sendo esta promoción pioneira, tratábase das primeiras Vodas de Ouro celebradas no Campus de Lugo. Das vinte e dúas persoas tituladas, catro foron mulleres, e todas no seu conxunto representan un valor de enorme importancia para Lugo en particular e para toda Galicia en xeral.
A ASOCIACIÓN I 01

Ao acto asistiron persoeiros coma o Presidente da Deputación de Lugo e a Alcaldesa, ambos titulados en Enxeñaría Técnica Agrícola, a Subdirectora da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo, a Xefa Provincial da Consellería de Medio Rural, a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, os Presidentes dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo e Ourense e os representantes dos titulados da promoción e do profesorado. Por parte de Alumni USC, contouse coa asistencia do vicepresidente Carlos Herrero Latorre e coa inestimable axuda e colaboración á hora de organizar o evento tanto de José Antonio Pardiñas, coordinador da asociación na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, coma deste mesmo centro. Debido ás restricións pola COVID-19 non se levaron a cabo más actos, pero cando a situación o permita, está previsto celebrara unha xuntanza dos compañeiros e compañeiras da promoción.