01
I
A ASOCIACIÓN
Aniversarios
I
Cada ano Alumni USC colabora na organización de aniversarios das diferentes promocións, especialmente nas vodas de ouro e de prata. Estas reunións son importantes para manter as relacións de amizade e compañeirismo xurdidas nos anos universitarios e para manter o vínculo coa universidade. No 2020 estaba previsto celebrar as Vodas de ouro de Químicas e de Dereito e as Vodas de prata de Medicina, pero debido á pandemia fóronse adiando e finalmente foron suspendidas.
Vodas de ouro da primeira promoción de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Galicia Pero xa avanzado o ano, o 21 de novembro, coa colaboración de Alumni USC celebráronse ás Vodas de Ouro da primeira promoción de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas formada en Galicia (1967-1970). O acto celebrouse ao aire libre no Recanto da Saudade do Campus de Lugo, onde foi colocada unha placa conmemorativa. Este foi un momento histórico, xa que, sendo esta promoción pioneira, tratábase das primeiras Vodas de Ouro celebradas no Campus de Lugo. Das vinte e dúas persoas tituladas, catro foron mulleres, e todas no seu conxunto representan un valor de enorme importancia para Lugo en particular e para toda Galicia en xeral.
24
< MEMORIA 2020