01
I
A ASOCIACIÓN
da USC e experta en educación emocional e educación para a igualdade de oportunidades, quen impartiu o obradoiro “A capacidade de inspirar ás persoas”. Esta edición de EnMente que tivo que celebrarse online por mor da pandemia COVID-19, tivo moi boa acollida e a satisfacción das persoas asistentes foi alta a xulgar pola importante participación nos coloquios e as felicitacións que expresaron.
Colaboración co programa Sumo Valor. Mesa redonda: O mecenado na investigación universitaria Co afán e apoiar o programa de micromecenado da USC, “Sumo Valor”, Alumni USC organizou en colaboración coa Asociación Empresarial do Tambre, unha mesa redonda titulada “O mecenado na investigación universitaria” que se celebrou o 1 de xullo. O acto, moderado por Manuel Fraga Carou, vogal de Alumni USC, celebrouse de forma presencial, con aforo limitado, nas instalacións da Asociación de Empresarial do Tambre, pero tamén se puido seguir de forma telemática por streaming. Foi gravado e pódese ver a través da páxina en liña de Alumni USC. http://www.alumniusc.gal/o-mecenado-na-investigacion-universitaria/
22
< MEMORIA 2020