Aturuxo 15

Page 55

§ EN PRIMEIRA PERSOA >> ALFONSO DE CRISTELOS sempre levaba 6 furados así? ¿6 e outro por detrás ou podían ter mais?

mío, me han dicho que te vas de aquí, non sei que, non sei canto...]

A: Si, cheghalle ben.

P: [Canta: Manolo mío, a mi me han dicho, que por 6 meses te vas de aquí...]

P: ¿E pra o meñique non tiñan? A: Non, para o meñique, pra o caso non, non se lle daba importancia, non porque tocábanse melodías correntes, de arriba abaixo ademais, seis notas e de aí... P: ¿E non leva nada mais? A: Non leva mais nada, e despois o enchufa aquí, e ¡xa está! P: Moi ben, e ¿así que tamén ían cantar a epifanía e ían tamén coa rosca, as veces? A: Si. P: ¿Si?, pero pra facer os bailes non as usaban, ¿non? A: Non, non, iso era cousa de rapazada. Si, porque de aquela aquí había seráns, unha actuación e ao mellor unha ghaita ou unha pandeireta, tátara tátara e xa se facía unha festa, un baile, un serán,... P: ¿E que se tocaba con esto, as mismas cousas que ca gaita? A: Non, iso tocábase solo P: Xa. Pero as melodías que se tocaban, as pezas que se tocaban ca Rosca cales eran? A: Eran como un cantare [canta], cantares que salían pola televisión, cousiñas que se aprendían pola aldea, e logho despois aquí tiñámos, naqueles tempos viñan un cego e unha moza, filla ou ... sí, é filla, bueno... pois viñan a Tomiño, ao mercado

A: Si, si. Non te vaias [...]. Pois si, era iso o que había por aquí muito. Aghora non, aghora iso que tocan nas orquestras, bandas... iso non hai quen o colla. Non porque ademais agora aquí, non é coma antes, aquí agora non hai quen cante, todo é unha borrallada, bababa, non saben, non saben cantar unha canción nin como isto antigo que nos tiñamos. Non saben! P: E mire unha cousa ¿facían mais instrumentos co sabugueiro? ¿facían algún outro instrumento? ¿Así para tocar? A: Non. Facíase, bueno, tamén se podía facer un punteiro, eu tamén o fixen... Como unha gaita ¿non? Abaixo a campana, despois levan a menor, furábase, e tamén... eu tamén o fixen. P: ¿E frautas desas que se tocaban así ..., facíanse tamén con sabugueiro? ¿Tamén as facía vostede? A: Tamén eu, tamén as facía. Pasa que aghora dende que puxen os dentes... eu tocaba de marabilla, pero aghora dende que puxen os dentes, non son capaz de collerlle a embocadura. Non me sona, e xa está. Levaba eu unha canela mais ou menos coma este, aquí levaba [sopla] e aquí dábaselle os dedos, aquí levaba un buraquiño mais grande pa soplar, e aquí estaba tapado, e despois aquí tiña a saída, claro. E carallo si cantaba esa frauta. Cantaba que nin dios! P: ¿Como lle chamaba, frauta?

P: ¿E como se chamaba o cego? ¿Quen era?

A: Unha frauta de canela. Si, porque hai frautas desas de música que ten chaves, tamén ten o demo, ¿non?

A: Ai! Pois iso eu non sei como se chamaba

P: Si, si

P: Pero ¿como lle chamaban o cego de que ou de donde?

A: E a iso tamén lle chaman frauta ¿non?, pero eu esta, nos chamámoslle frauta tamén, claro. E listo. Son moitas cousas, home.

A: O cego de nada, era cego, tocaba o violín e a filla cantaba a historia. Historias! Cantaba o tono da pedra ó cantare e a palabra que levaba, ¿non? Entón aquí despois era cando daban a volta a vender [...] P: E eses cantares tocábanse tamén... A: E logho depois aprendíamos nós. Aínda recordo, que cantaban tamén [canta: Manolo

P: Pois está moi ben feita, ¿E con que o pule? A: Nada, iso na mais ca navalla un pouquiño, ademais a mesma navalla xa case deixa todo... despois pásaslle así [...] P: Vostede é un artista, fainos moi ben moi ben.

55.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.