4 minute read

Extraordinaria fin de tempada para os equipos base do Santo

O equipo preinfantil masculino consegue o 4º posto do campionato galego

REDACCIÓN/ Deportes

Advertisement

Á espera do que suceda co equipo mini de Primeira División, matematicamente clasificado para a Fase Final da Liga galega (dos 6 equipos participantes, 2 disputarán o Campionato de España na cidade de Granada), as categorías base do Santo Domingo seguen obtendo extraordinarios resultados neste tramo final das competicións.

Así, se o equipo infantil masculino lograba clasificarse para a Fase de Ascenso a Primeira ao proclamarse subcampión da liga da Coruña-Bergantiños-Costa da Morte, o Preinfantil (nenos nacidos en 2010), reforzado durante a temporada con varios xogadores con ficha minibásquet, disputou a Final a 4 desta liga de ámbito galego xunto co Toxo Telecom Obradoiro de Santiago (finalmente, o campión) o Novobasket de Vigo e o Bball Ourense.

Atrás quedou unha liga regular na que gañaron 19 de 20 partidos e a sensación de que estamos perante unha xeración cun extraordinario futuro, como demostra o feito de que foron quen de competir, ao máximo nivel, contra clubs das cidades máis grandes de Galicia.

Pero os éxitos non quedan aí: o equipo benxamín (nenos e nenas nacidos en 2013 en adiante) logrou o subcampionato da liga Coruña-Bergantiños-Costa da Morte, e só as lesións de última hora propiciaron que se tivese que renunciar a competir na Liga Galega da categoría.

Sorte dispar para os sénior

Pola súa banda, o equipo EBA pechou a súa participación no campionato cunha vitoria fronte o EDM A Estrada (90-80), acadando así un meritorio balance final de 10 vitorias e 16 derrotas que só un sistema de competición tan esixente (e incompresible) coma o desta liga, pode converter en negativo.

No que toca á parte positiva, o sénior de Terceira, La Goleta, disputa durante este mes a Fase de Ascenso a Segunda División tras unha ben proveitosa liga regular que supuxo á volta ás canchas de destacados veteranos.

quirófano e que será baixa o que resta da temporada, supuxo un mazazo para o equipo pero lonxe de virse abaixo repúxose vencendo a SD Dubra (0-1), Sigüeiro FC (2-1), SD Sarriana (0-2), CF Noia (1-2) e Victoria CF (5-0). Destacables sen dúbida esas dúas vitorias lonxe do García Hermanos en Sarria e Noia respectivamente, no que o equipo de Noé López amosou seriedade e concentración en sendas citas nas que ambos equipos eran conscentes da trascendencia do resultado. Mágoa da derrota en Barraña ante o CD Boiro e do inesperado empate na casa ante a SD O Pino para completar a boa xeira de resultados. Destacar tambén a incorporación, logo de finalizar a Terceira

División RFEF co ascenso directo do Fabril do betanceiro Óscar Gilsanz, do dianteiro Anthony procedente do Viveiro e do mediocentro Ángel Fernández, saído da canteira betanceira, procedente do CSD Arzúa.

Agora si, é momento da verdade.

14 de maio:

SD Residencia

Betanzos CF

21 de maio:

Betanzos CF

SDC Galicia de Mugardos

28 de maio:

CD Unión

Betanzos CF

P Irag Ismo

Empezaron os senior e os juniors desprazándose a Verducido para a 1ª Copa Galega de Sprint. Carla e Sandra acadaron o primeiro posto no K2 senior 200m e o terceiro en K2 senior 1000m; Sara e María foron terceiras no K2 junior 1000m e Carlos foi terceiro no K1 paracanoe senior 500m. En canto a clubs, conseguiuse o terceiro posto en junior feminina.

Os cadetes e infantís foron a Muíños (Ourense) ao Campionato

Galego K1-C1. Alí, Pablo Cid foi segundo en Infantil-B C1 3000m; Antón Lagares segundo e Javier Cid terceiro en cadete-B C1 5000m. Por clubs, os cadetes masculinos e femininos foron primeiros e os infantis masculinos e femininos foron terceiros.

Os cadetes volveron a ir a outra regata, esta vez acompañados polos veteráns na 1ª Copa Galega Sprint cadetes/veteráns celebrada en Verducido. Nesta Copa, as cadetes Sabela e Aroa foron segundas no K2 500m; Antón e Javier terceiros no C2 500m; Sara, Sabela, Daniela e Sofía segundas e Alma, María, Aroa e Nerea terceiras no K4 500m e Javier, Lois, Diego e

Antón terceiros no C4 500. Nos veteráns, Esther e Emma primeiras no K2 veterán 1000m; Veiga e Sergio terceiros no C2 1000m e segundos no C2 200m; Nef e Adolfo terceiros no K2 1000m e Javito, Adolfo, Nef e Xosé segundos no K4 1000m. Por clubs, primeiros en cadete masculino e feminino e segundos en veterán masculino. Para rematar o mes, os cadetes volveron a Verducido para a Copa de España Jóvenes Promesas onde Javier Cid foi Primeiro no C1 Cadete-B 1000m e as rapazas do K4 500m Sara, Aroa, Sabela e María acadaron o primeiro posto. Por clubs, a muller cadete foi terceira. Os junior e senior viaxaron a

A Tletismo

O Club Atletismo

Betanzos pecha un mes de moita actividade con competicións en Galicia e en Portugal

REDACCIÓN/ Deportes

O mes de abril foi intenso para o Club Atletismo Betanzos con competicións en Galicia e tamén en Portugal.

Os deportistas do club participaron en diferentes probas con moi bos resultados: Volta á Isla Ons (Pontevedra), Travesía do Xalo (A Coruña), Castro Trail Xtrem (Ourense) -proba incluida na I Copa da Federación

Asturias para a 1ª Copa de España onde a falta de medallas, Iván e Irene conseguiron a clasificación para competicións internacionais.

Iván no K4 500m para a Copa do Mundo absoluta en Szeged (Hungría), aínda que cede a súa praza para preparar mellor a tempada na categoría Sub-23. Irene clasificouse para o K1 1000m e 500m para o Mundial Sub-23 en Auronzo (Italia).

Fóra do club, nesa mesma Copa de España, Carlos Arévalo foi segundo no K1 200m e conseguiu a praza para a Copa do Mundo en Szeged onde fará o K4 500m e o K2 200m.

Galega de Montaña- La Coruña 10k, 10 Km de Aveiro (en Portugal), Copa Galega da Federación de Montaña en Camovi (Viveiro), Trail Nocturo dos bombeiros da Coruña e na carreira popular de Guitiriz, entre outras.

Ademais, os nenos e nenas das escolas de atletismo continúan coa súa participación na competición Xogade, na que varios deportistas debutaron este ano.

Por outro lado, a sección de atletismo e de montaña segue a súa preparación para as vindei- ras citas. As persoas interesadas en formar parte do club poden informarse no correo electrónico: clubatletismobetanzos@gmail.com.