2 minute read

para facilitar a compra da súa primeira vivenda

[ESPAZO XOVE DE BETANZOS - DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE, PARTICIPACIÓN E VOLUNTARIADO] do Concello de Betanzos. A súa festividade celébrase o 22 de maio. Santa Rita é unha santa de mediados do século XV. Casada contra a súa vontade, cando queda viúva e os seus fillos morren ingresa monxa no convento das agostiñas de Casia (Italia).

Advertisement

Un dos seus símbolos é a rosa por ser parte dos milagres que realizou. De feito o día de Santa Rita entréganse petalos de rosa aos asistentes á misa. Santa Rita é a avogada das causas posibles e tamén a patroa dos funcionarios por aquel dito de “Santa Rita, Rita, o que se dá non se quita” que fai referencia ás prazas vitalicias que estes ocupan.

A Xunta de Galicia abriu o prazo para que a mocidade menor de 36 anos poida solicitar avais públicos para a compra da súa primeira vivenda. O importe do aval poderá chegar ata o 20% do prezo de adquisición do inmoble, que terá que utilizarse como residencia habitual e permanente do beneficiario.

Os interesados deben acreditar uns ingresos anuais de entre 16.800 euros e 46.200 euros e se a compra a realiza máis dunha persoa o límite ascende ata os 54.600 euros. O prazo para que os interesados poidan presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica está aberto ata o 30 de novembro.

A convocatoria ten como obxectivo facilitar o acceso da xuventude galega ao seu primeiro fogar en propiedade a través da concesión de avais hipotecarios que poderán chegar ata o 20% do prezo de adquisición do inmoble por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). A vivenda terá que estar localizada en Galicia e destinarse a residencia habitual e permanente do comprador polo menos durante o período de duración do aval. Neste senso, no momento no que o propietario aboe á entidade financieira a cantidade equivalente ao aval público recibido, este perderá a súa vixencia. Será condición imprescindible que a hipoteca para a que se solicita o aval supoña entre o 80% e o 100% do importe de adquisición da vivienda. Asimesmo, as contías que abone o beneficiario deberán destinarse exclusivamente ao pago da deuda hipotecaria. Ademais, o importe de adquisición do inmoble non poderá superar as seguintes contías: 240.000 euros nos concellos de A Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra e Ourense; 180.000 euros se se localiza nas cidades de Lugo e Ferrol ou en concellos de tamaño medio e carácter periurbano; e 130.000 euros no resto de municipios galegos. Deste xeito e tendo en conta que o aval non pode exceder o 20% do prezo de compra da vivenda, a contía máxima respaldada pola Xunta será de 48.000 euros para o primeiro grupo de concellos, de 36.000 euros para o segundo e de 26.000 euros para o terceiro.

O programa nace co obxectivo de facilitar a adquisición da primeira vivenda aos menores de 36 anos, que en ocasións dispoñen de recursos suficientes para asumir a hipoteca pero carecen de aforros para dar unha entrada e que, grazas a este aval, poderán optar a unha hipoteca de ata o 100% do importe de compra. Ademais, é compatible con todas as axudas que xestiona e convoca anualmente a Xunta co mesmo fin.

Máis información Espazo Xove de Betanzos:

Tlf. 881 880 279 (tarde) email: espazoxovebetanzos.xuventude@xunta.gal Instagram: @espazoxovebetanzos - Facebook: Espazo Xove-Casa da Xuventude de Betanzos

Somos Viajo Como Quiero , una pareja formada por una betanceira y un catalán de adopción a los que les apasiona viajar por encima de todo. En esta sección os contaremos curiosidades, anécdotas y experiencias vividas durante nuestros viajes que esperamos os gusten. Si te quedas con ganas de más puedes encontrarnos en: www.viajocomoquiero.com