7 minute read

POLÍTICO opinión

"Betanzos e a súa comarca" non se responsabiliza das opinións manifestadas polos partidos políticos nesta sección

O vindeiro día 28 vólvense a celebrar eleccións municipais. A actual alcaldesa, María Barral, volverá encabezar a lista dos socialistas na que se incorporaron caras novas, nunha mezcla de xuventude e experiencia, con representación de todos os sectores e zonas do municipio, persoas que sinten Betanzos e con capacidade para afrontar catro anos cruciais cun claro compromiso por riba de todo: Betanzos.

Advertisement

“Pensando en Betanzos. Nin máis nin menos”, o PSOE quere so pensar en Betanzos. Defender Betanzos como fixemos sempre, e seguir pensando no seu crecemento e desenvolvemento nos distintos eixos, reclamando tamén para o noso concello o que lle corresponde.

La política municipal es un ejercicio fundamentalmente práctico, las necesidades de los vecinos y vecinas son concretas. La seguridad, la limpieza de las vías públicas, la asistencia social, la conservación del patrimonio construido, servicios básicos de abastecimiento y saneamiento. Unas responsabilidades perfectamente delimitadas por la ley y por unos valores muy arraigados en las personas.

Betanzos Merece máis e desde o BNG estamos traballando con ilusión, forza e ganas para levar adiante un proxecto que converta Betanzos no concello que queremos e sabemos que pode ser.

PENSANDO EN BETANZOS

Atrás quedan catro anos marcados, fundamentalmente, pola pandemia, que fixo modificar boa parte dos proxectos que tíñamos previstos para centrar os recursos municipais en axudar a quen peor o estaba pasando, fortalecendo aínda máis todas as políticas sociais e os programas de axudas priorizando ás persoas por enriba de todo.

E a pesar de destinar moitos recursos a cubrir as necesidades da pandemia, fomos quen de seguir avanzando cara ao Betanzos que queremos, pensando no seu futuro sen esquecer o seu pasado: seguimos coa renovación de rúas e de servizos na zona urbana; avanzamos na recuperación do patrimonio, como o Parque do Pasatempo, o Convento das Donas ou o Mercado Municipal; continuamos cunha intensa promoción de Betanzos como cidade de servizos, como cabeceira comarcal e como referente turístico; fixemos o maior investimento que xamais se fixo desde o Concello na zona rural, con máis de tres millóns de euros na mellora de viais e na renovación da iluminación pública; realizamos un gran esforzo para ser sede de grandes eventos deportivos, culturais, históricos ou festivos, colaborando con todo o tecido social betanceiro; e, sobre todo, priorizamos as políticas dirixidas ás persoas, desde os máis pequenos aos maiores, duplicando o orzamento destinado a políticas sociais….

E agora é necesario seguir avanzando, pensando en Betanzos para continuar desenvolvendo o proxecto de cidade que Betanzos precisa, pensando únicamente en Betanzos, nese Betanzos que nos enche de orgullo, que é referente galego en tantos eidos, nese Betanzos que se adapta aos tempos e que é necesario que siga medrando con proxectos de mobilidade, con proxectos sostibles que fagan que o noso casco histórico sexa o motor e o eixo vertebrador dunha cidade que cada día vai a máis, nese Betanzos que por fin contará cun plan xeral de ordenación municipal que nos permitirá desenvolver un concello adaptado ás necesidades actuais.

Ese Betanzos que recibiu xa máis de 4,5 millóns de euros de Fondos Europeos e que opta a conseguir outros tantos para que o concello, na zona urbana e na rural, siga a medrar con máis equipamentos e servizos. Un Betanzos que non se parará como queren algúns, a pesar de poñerlle paus nas rodas por parte da Xunta do PP, un partido desaparecido en canto a plantexar inicitivas durante estes catro anos e que só aparece durante o período electoral.

Por todo elo, pensando en Betanzos, e só en Betanzos, pedímosvos o voso voto para a candidatura do PSdeG-PSOE encabezada pola actual alcaldesa María Barral Varela.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto representa, xestiona, promociona e defende os intereses do comercio e das empresas de Betanzos dende hai 40 anos.

ACEBE CCA

Unha infraestrutura creada e en constante evolución. Un equipo técnico e humano con formación e experiencia. O vínculo de unión entre o sector comercial e empresarial de Betanzos e as institucións locais, provinciais e autonómicas www.comerciodebetanzos.com

La vida en el espacio público, como continuidad de la vida en el espacio privado. Para nuestros hogares queremos seguridad, limpieza, agua potable, eliminación de los residuos y la conservación de la casa que nos protege. Esas mínimas condiciones son las que esperamos encontrar en el espacio público, el cual contribuimos a mantener con nuestros impuestos.

Lamentablemente esa correlación entre lo privado y lo público en Betanzos no existe. La normalidad del cuidado que cada uno de nosotros tiene por lo propio, no se corresponde con el cuidado que el gobierno local tiene por lo público. A la vista está.

El actual gobierno de Betanzos actúa sin sujetarse a valores y principios, si se quiere, a ideología alguna. Si la política práctica no se guía por los valores que las sociedades desarrolladas han ido haciendo suyo con el paso de los milenios, el resultado es el caos.

Cuando en el PP hablamos de seguridad, estamos hablando de una necesidad de políticas de conservación que empiezan por la propia vivienda. Estamos hablando de coordinación entre las fuerzas de seguridad para garantizar la tranquilidad de las personas y la integridad de sus propiedades.

La seguridad y la conservación es la limpieza de las calles y plazas, el funcionamiento eficiente del servicio de recogida de residuos. El que el agua llegue a nuestras casas con calidad, que las aguas domésticas se traten convenientemente antes de volver a los ríos. Esto, además de seguridad, es una política de compromiso con el Medio Natural.

Son principios tan evidentes que de una manera exponente rigen nuestra vida y la de nuestras familias. Si a ellos añadimos unas leyes justas que nos permitan actuar con Libertad y garanticen nuestro derecho a la propiedad, poco más hace falta.

En el PP de Betanzos creemos firmemente que estos son unos principios imprescindibles sobre los que se construye una sociedad que avanza en todos los campos. A partir de aquí, el esfuerzo, la inteligencia, el trabajo de cada una de las personas contribuirá al bienestar propio y de los demás.

Que nadie piense que estamos diciendo, sin decirlo, que el actual gobierno local no tiene valores ni principios. No, lo que sí decimos es que el gobierno local no ha sabido traducir esos valores y principios en políticas prácticas para los ciudadanos.

Lo que sí decimos también, es que el actual gobierno local, a la vista de su gestión, carece en gran medida de unos principios que ya en la Atenas del siglo V a. C eran especialmente valorados en el buen gobernante y en el ciudadano de la polis, los principios del mérito y la capacidad.

FAITE SOCIO por só 15€/mes

981 77 45 74

Tickets de aparcamento con descontos para soci@s no parking de Betanzos.

Cursos de formación para @s nos@s asociad@s a través da Cámara de Comercio.

Promoción dos negocios asociados a través das nosas redes sociais

Unha páxina web na que promocionar e informar sobre a actividade da asociación e dos seus integrantes

A proposta do BNG está clara, un proxecto ilusionante que se basea en todo o potencial que Betanzos ten de base para volver ser o que xa foi: a cabeceira dunha comarca puxante e un dos concellos de referencia no norte de Galiza. No BNG estamos convencidas de que o noso patrimonio ten que ser o motor da nosa economía. A rehabilitación integral do casco vello, do Pasatempo ou da Fábrica da Luz; a creación de centros de interpretación do noso patrimonio máis representativo e a posta en valor dos elementos históricos do noso concello (non esquezamos o patrimonio do rural betanceiro) converteranse en elementos de creación de emprego e de riqueza, non en simples escenarios turísticos baleiros de contido.

Outro tanto acontece co noso medio ambiente. As betanceiras vivimos de costas aos nosos ríos, á ría e ao conxunto do noso entorno natural. O Mendo e o Mandeo son sumidoiros e a veciñanza vive de costas a eles. Cómpre mudar esta dinámica, levar a cabo o saneamento completo dos ríos e da ría e aproveitar todo o seu potencial produtivo, ecolóxico, paisaxístico e turístico. Un entorno natural coidado e ben aproveitado convértese nunha fonte de riqueza e de desfrute para o conxunto da sociedade. Unha sociedade que demanda servizos públicos eficientes. É necesario que o concello xestione de maneira directa servizos que hoxe están privatizados e que non funcionan en condicións de eficiencia e calidade. Servizos como a auga, o saneamento, a piscina municipal e, especialmente, o comedor escolar. Cremos firmemente que a xestión pública directa é sinónima de mellores servizos e resulta evidente que o actual modelo non está a funcionar.

E na liña de servizos de calidade, propoñemos a creación dun espazo de servizos específicos para as mulleres. Un espazo que se localizaría no antigo Convento das Donas (hoxe en rehabilitación e sen unha finalidade de usos clara) e que ofrecería un centro de orientación familiar, para evitar que as mulleres de Betanzos e das Mariñas tivesen que desprazarse ao centro do Ventorrilo, e un centro de información á muller.

Un concello dinámico, consciente do seu potencial, orgulloso do seu pasado e que confíe nas súas posibilidades de futuro; un concello que ofreza servizos de calidade á súa veciñanza e que se preocupe polas súas necesidades; un concello que reactive os sectores produtivos e que aposte polo local. Esas son as propostas do BNG para Betanzos.

Porque no BNG sabemos que Betanzos merece máis e contamos co apoio de todos e todas para darllo!

Benef Ciate Dos Nosos Servizos

e cun espacio propio gratuito para cada asociad@.

Betanzos e a súa comarca, un medio de comunicación propio, cunha tirada de 9.000 exemplares distribuídos por toda a comarca, @s soci@s teñen prezos vantaxosos na contratación da publicidade.

Convenios con bancos, empresas, entidades... e con condicións vantaxosas para @s soci@s

Información e asesoramento sobre novidades legais relativas a cada sector, subvencións, cursos…

Organización periódica de campañas e actividades de promoción do comercio e das empresas locais.

Campañas de envíos gratuítos para vendas en liña de comercios.

App Acebecca para crear campañas personalizadas para cada negocio.