3 minute read

O Han's Horang-i obtén cinco medallas no Open de España

REDACCIÓN/ Deportes

O club Han's Horang-i de Betanzos conseguiu cinco medallas no Open de España que se celebrou do 13 ao 16 de abril en La Nucia (Alacante).

Advertisement

Os deportistas do club betanceiro obtiveron 2 medallas de ouro, 3 de prata e un 6º e 9º posto nunha proba de moi alto nivel no que se deron cita os mellores taekwondistas de España na procura dunha praza para acudir ao Campionato de Europa 2023.

Ana Llin Shin Veiga e Jessy Sun

Shin Veiga conseguiron medalla de ouro en trío junior e cadete feminino, respectivamente, representando o Centro de Alto Rendemento.

Foron medalla de prata Seung

Han Shin Jang en master 1 masculino, Jessy Sun Shin Veiga, en cadete feminino e Begoña Veiga Rodríguez en master 1 feminino, os tres representando a Selección Galega de Poomsae.

Ana Llin Shin Veiga obtivo o sexto posto en junior feminino e Vladimir Zapparov a novena posición en junior masculino.

Adriana Naveiro obtivo a medalla de bronce no Dutch Open, o máis prestixioso de Europa xunto co Open de Bélxica e foi, ademais, a única española da categoría cadete que conseguiu subir ao podium. Ao campionato acudiron outros seis deportistas máis, tanto en cadete como en xunior e absoluto, que non puideron chegar á loita polos metais.

Ademais, o club participou no Open de España, puntuable para o ranking europeo e mundial no que debutaron coa selección galega

Julia Gómez e Arianna Deibe, Mencía Villar tamén estaba convocada pero foi baixa de última hora. Adrián Maceiras debutou como árbitro internacional e Anahi Schmidt estreou o seu recente título de "coach internacional". E, malia que non houbo metais, si houbo dous quintos postos para Julia Gómez e Adriana Naveiro.

No campionato galego cadete o club obtivo seis medallas e unha no sub 21. Julia Gómez foi ouro e clasificou para o Campionato de España; Arianna Deibe foi subcampioa e quedou na segunda posición do ranking pero tamén estará no campionato de España Cadete coa Selección Galega. Ademais, houbo 5 medallas de bronce para

Claudia Rilo, Sofía Rodríguez, Adriana Naveiro e Adrián Penas en cadete e Marina Becerra en sub21. Por último, o club participou no Campionato Galego Promesas con seis novos campións, un subcampión e 5 medallas de bronce entre as categorías precadete, cadete, xunior e absoluta.

O

O Caimanes Btt Betanzos

logra dous terceiros postos no VI Xco Caimanes Betanzos

A proba, organizada polo clube betanceiro, forma parte do calendario da Copa de Galicia de Xco

REDACCIÓN/ Deportes

O Club Btt Caimanes Betanzos organizou o 15 de abril o VI Xco

Caimanes Betanzos no lugar de A Cortella, no concello de Coirós. Na proba, que forma parte do calendario da Copa Galicia de Xco, participaron preto de 200 corredores de toda a comunidade autónoma. Os corredores do club Raul Puelles e Martín Díaz conseguiron senllos terceiros postos nas súas respectivas categorías, cadete e junior masculino. Ademais, cómpre mencionar en cadete masculi- no a Pedro Liaño, 20º; Guillermo Mallo, 27º; Diego Soler, 31º; Lucas Arias, 32º; e Héctor Gómez, 35º. En junior masculino Adrián Caamaño foi 6º. En master 30 Quique Calviño foi 16º e en master 40 José M. Vázquez, 26º.

O circuito constaba de 4.240 metros de lonxitude cun desnivel de 101 metros positivos por volta, con constantes subidas e baixadas, onde ademais había que sobrepasar diversos obstáculos naturais que fixeron as delicias dos participantes e do público asistente.

REDACCIÓN/ Deportes

O Club Ciclista Betanzos presentou o pasado 14 de abril a temporada 2023 nun acto conducido polo xefe de deportes en Onda Cero Coruña, Alberto Gómez Barros, e ao que asistiron Diego Fernández en representación do Concello de Betanzos e Eva Castro, seleccionadora galega de descenso e enduro, representando á Federación Galega de Ciclismo, xunto coa actual directiva do club presidido por Alberto Ballester. A temporada preséntase "moi ilusionante", tal e como subliñaron dende a directiva que foron presentando, unha a unha, as cinco categorías das escolas de ciclismo nas que hai inscritos 22 rapazas e 23 rapaces.

Para o final quedou o equipo junior de féminas, "sen dúbida o proxecto máis ilusionante do Club Ciclista Betanzos e co que buscamos que sexa a roda a seguir polo resto de categorías da escola", explicaron.

O club terá presenza nos calendarios galegos de mini btt e escolas de estrada, e participará tamén na Copa de España co equipo feminino. No que respecta ao ámbito organizativo, a Volta á Comarca Brigantina, que se celebrou o 7 de maio, e o Trofeo Festas do San Roque, o vindeiro 15 de agosto son as dúas probas que o club organiza este ano. No aspecto social, preparan unha excursión a Maceda e a Manzaneda para todos os nenos e nenas das escola o vindeiro 20 de maio, un roteiro nocturno de verán e a marcha cicloturista de final de tempada.

No acto, o club recibiu de Francisco Zabaleta, xerente de Hyupersa Finisterre Motor, un Hyundai I30 que lucirá as cores do CCB durante esta tempada. A entidade agradeceu cun agasallo o apoio de todos patrocinadores "que fan posible que este proxecto siga sendo unha realidade", dixeron.

Novo logro do xuvenil feminino na Copa de España

O 22 de abril o equipo xuvenil feminino, o CCB-Becani, participou noutra das probas da Copa de España de féminas na que Andrea Prado lograba entrar nun máis que meritorio 6º posto.

Á carreira, disputada en Villaquilambre (León) desprazáronse 7 corredoras para encarar unha proba moi complicada sobre un trazado de 46 km.