1 minute read

O Troula FS a piques de rematar

Dúas xornadas son as que lle quedan ao Troula FS para pór fin á temporada actual na Preferente Galega.

Coas dúas prazas que dan dereito ao ascenso ao equipo que adestra Gabi Bas réstalle quedar nunha honrosa terceira praza e comezar a planificar a vindeira temporada.

Advertisement

Categorías base

Polo que respecta ás categorías base o equipo xuvenil está a unha vitoria, no único partido de liga que resta, para poder optar a disputar a fase de ascenso a liga galega.

Pola súa banda, o equipo cadete, despois dunha gran remontada nos dous últimos meses da competición, acadou a salvación e mantén a praza na liga galega.

Polo que respecta ao resto das categorías, alevíns, benxamíns e prebenxamíns, están a disputar a competición de Copa.

O final de temporada tamén é tempo de torneos aos que acudirán as categorías base do clube rematando a temporada coa clásica cita do torneo de Burela.

En breve tamén farase oficial

B Aloncesto

A Liga

a información do Torneo San Roque e o Campus de verán.

Finais das ligas galegas de fútbol sala

O concello de Betanzos acolleu a celebración das finais das Ligas Galegas de Fútbol Sala. Foi o domingo 14 de maio no pavillón municipal brigantino onde se deron cita os mellores equipos de fútbol sala autonómicos nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil (masculina e feminina) e cadete feminina. Na final infantil feminina enfrontáronse Viaxes Amarelle FS e ED Poio Pescamar FS e a intensa xornada de partidos pechou coa final autonómica infantil con Academia 5 Coruña FS e O Parrulo FS como protagonistas.

Calendario maio

13 de maio: Troula Betanzos FS Covirán Quiroga FS

20 de maio: Restaurante Galicia A Golada FS Troula Betanzos FS