3 minute read

Filomena

Dato dotado con 2.500 euros

As persoas interesadas en participar no concurso poderán enviar os seus traballos ata o 28 de xullo O parque de Guísamo conta cunha área de calistenia

Advertisement

Bergondo renova os parques de Guísamo, Vixoi e Cortiñán

REDACCIÓN / Bergondo

O Concello de Bergondo realizou melloras nos parques de Guísamo, Vixoi e Cortiñán nos que se investiron máis de 200.000 euros. No de Guísamo instalouse unha área de calistenia que permite realizar exercicios de forza ao aire libre e mellorouse o parque infantil ampliando as zonas de ocio con novos elementos de mobiliario infantil. Nos de Vixoi e Cortiñán substituiuse o pavimento, reparáronse os elementos biosaudables e instaláronse mesas con bancos, columpios, tobogáns e outros xogos.

REDACCIÓN / Bergondo

O Concello de Bergondo vén de convocar a cuarta edición do Premio de Poesía Filomena Dato, que nesta ocasión está dotado con 2.500 euros e coa publicación da obra gañadora a cargo de Apiario.

As bases do concurso foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia do 19 de abril e poden consultarse tamén na páxina web municipal: bergondo.gal.

As persoas que desexen participar no certame deberán presentar os seus poemarios orixinais na Casa da Cultura do Concello tendo como data límite o 28 de xullo de 2023. O fallo do premio e a entrega do galardón terán lugar no mes de outubro, coa presenza do autor ou autora da obra premiada.

Ao concurso poderán presentarse libros de poesía inéditos e escritos en lingua galega cunha extensión non inferior aos 500 versos.

Apiario será quen coordine o concurso e quen se ocupe da publicación das obras gañadoras. Con este certame, o Concello busca contribuír á difusión da lingua e a literatura galega ao tempo que rescata do esquecemento a figura dunha muller fundamental e pouco coñecida dentro do movemento literario do Rexurdimento, Filomena Dato Muruais, vencellada ao municipio.

Fontes municipais subliñaron o alto nivel de traballos das tres primeiras edicións e este ano agardan que a tendencia continúe logo de incrementar a contía do premio.

Unha imaxe da segunda fase da Senda dos Sentidos, en Miño

Remata a segunda fase da Senda dos Sentidos

Incrementouse o traxecto do itinerario en 250 metros e creáronse dous miradores con vistas á Ría

REDACCIÓN / Miño

O Concello de Miño rematou a segunda fase da Senda dos Sentidos que incrementa o traxecto do itinerario en 250 metros. A intervención, cofinanciada pola Consellería de Medio Ambiente a través dunhas subvencións para concellos con territorio integrado na Rede Natura 2000, permite a conexión da senda coa Praia da Alameda, en Ponte do Porco.

Cos traballos da segunda fase creáronse dous novos miradores con vistas á ría, retiráronse exemplares de especies invasoras e realizouse a plantación de autóctonas.

Sae

a

licitación o proxecto de rexeneración do espazo dunar da praia Grande

REDACCIÓN / Miño

O proxecto de rexeneración do espazo dunar da praia Grande de Miño saiu a licitación pública o pasado 17 de abril.

A actuación está valorada en algo máis de 1,7 millóns de euros e con ela búscase integrar o terreo do antigo campo de fútbol na marisma.

Ademais, substituirase a atual pasarela por unha a ras de solo construida nun material acorde co espazo e instalarase outra rampa accesible ata o posto de socorrismo.

A actuación completarase coa eliminación de plantas invasoras que incluirá a tala de árbores na zona dunar e no paseo eliminaranse as especies invasoras e os exemplares enfermos ou que supoñan algún risco para os viandantes.

O prazo para a presentación de ofertas rematou o pasado 10 de maio e, unha vez que se adxudiquen as obras, terán unha duración de 8 meses.

Imaxe das parcelas que o Concello sacou a subasta

O Concello saca a subasta as parcelas coas 20 estruturas de vivendas pareadas en Costa Miño

REDACCIÓN / Miño

O Concello de Miño aproba o expediente de contratación para a subasta de dúas parcelas de titularidade municipal situadas en Costa Miño coas 20 estruturas de vivendas pareadas por un prezo de saída de 487.000 euros.

Con esta actuación búscase unha redución no gasto público a través da supresión dos gastos do seu mantemento, ao mesmo tempo que se buscará extraer o máximo rendemento a estas parcelas, permitindo aliviar deste modo a demanda de vivendas no municipio. Por outro lado, búscase tratar de rematar as antigas estruturas para mellorar a imaxe da urbanización e conseguir uns importantes ingresos para ir afrontando a cuantiosa débeda que soporta o Concello, explicaron fontes municipais.