4 minute read

Unha senda peonil mellorará a seguridade viaria nun tramo do Camiño Inglés por Abegondo

Deputación e Concello financiarán os traballos que terán un custe de algo máis de 100.000 euros

REDACCIÓN / Abegondo

Advertisement

O Pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade o proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-0105 desde os núcleos rurais do Barral de Arriba e Cos ata Fontao e Meangos, nun tramo do Camiño Inglés a Santiago ao seu paso polo municipio de Abegondo. A obra ten un custe de algo máis de 100.000 euros, dos que a Deputación aportará o 70%, 70.000 euros, mentres que o Concello financiará o 30% restante, uns 30.000 euros.

O proxecto permitirá mellorar a seguridade peonil no tramo do Camiño que conecta Cortiñán e Vilacoba que actualmente presenta riscos potenciais para os camiñantes polo esca-

C URTIS so ancho da beiravía, duns 50 cm.

A nova senda peonil que se proxecta terá case dous metros de ancho e permitirá aos peregrinos e veciños da zona circular con maior seguridade sen que teñan que invadir a calzada. Ademais, está previsto a dotación de novos sumidoiros de pluviais cos seus pozos de rexistro e tubaxe para evitar as inundacións da calzada na época de choivas.

Por outro lado, o Concello de Abegondo concretou coa Xunta de Galicia unha segunda obra que prolongará esta zona peonil segura ata a parroquia de Presedo, cun investimento de 140.000 euros que será asumido polo goberno autonómico.

Paderne contratará

dous tractoristas e tres peóns con axudas da Xunta e da Deputación

REDACCIÓN / Paderne

O Concello de Paderne contratará dous tractoristas para os servizos de limpeza e desbroce durante un periodo de nove meses mediante unha subvención do programa para o Fomento do Emprego no Medio Rural (Aprol Rural) da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade. O importe da subvención concedida a Paderne é de case 28.000 euros.

Ademais, iniciouse o proceso para a contratación de tres peóns por un periodo de cinco meses para a prestación de servizos municipais básicos e execución de pequenas obras de reparación e mantemento.

O Concello recibiu para esta finalidade 25.000 euros dentro do Programa de Axudas á Contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais, PEL Concellos 2023 da Deputación da Coruña.

integral do IES de Curtis

As obras, que teñen un prazo de execución de 5 meses, buscan mellorar a eficiencia enerxética das instalacións

REDACCIÓN / Curtis

A Xunta de Galicia investirá algo máis de 885.000 euros na rehabilitación integral do IES de Curtis. As obras foron adxudicadas o pasado 21 de abril e teñen un prazo de execución de 5 meses.

O proxecto enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, a folla de ruta do goberno galego para o deseño de centros educativos máis innovadores, sostibles e confortables.

Mellora da eficiencia enerxética

As obras previstas no IES de Curtis están plafinicadas para mellorar tanto o benestar da comunidade educativa como a eficiencia enerxética das instalacións.

O proxecto inclúe actuacións nas fachadas, que se dotarán dun novo revestimento exterior con SATE e nas que se instalará un zócalo antihumidade na zona inferior.

Tamén está prevista a substitución da cuberta de tella por outra de panel sándwich e cambiaranse as fiestras por outras de aluminio con dobre cristal e illamento térmico, incluíndo tamén as persianas e as súas caixas.

Estas medidas combinadas permitirán conseguir un aforro enerxético do 26% de media no conxunto do complexo educativo que está composto por un edificio principal e os edificios de talleres e aulas. Se se ten en conta só a edificación principal, o aforro enerxético é do 41%, tal e como explicaron fontes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

C Oir S

REDACCIÓN / Curtis

O Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) de Curtis recibiu da Xunta de Galicia un novo equipo de excarceración para reforzar a dotación de rescate.

O equipamento inclúe as ferramentas axeitadas para corte, separación, elevación e tracción de altas prestacións en tarefas de rescate e actuacións en emerxencias como accidentes de tráfico con persoas atrapadas e rescates en espazos confinados, estruturas colapsadas ou con excarceración de persoas, entre outras. O equipo está composto por unha bomba a motor, mangueiras, cizalla, separador, cilindro de corte, puntais de estabilización, punzón rachacristais, serra e accesorios como baterías, soportes, escudo protector entre outros elementos.

Este material foi entregado aos GES de Curtis, Brión, Ortigueira e A Estrada, cun investimento de máis de 227.000 euros.

Imaxe da Festa do Pensionista que se celebrou en Coirós o 21 de abril

Uns 350 veciños asistiron á

XVI Festa do Pensionista

REDACCIÓN / Coirós

O Concello de Coirós celebrou o pasado 21 de abril a XVI Festa do Pensionista na que se deron cita ao redor de 350 veciños e veciñas. A festa desenvolveuse no pavillón polideportivo municipal de A Cortella cun xantar que comezou ás 14.00 horas e ao que seguiu un baile que se prolongou ata as 19.00 horas. Á celebración asistiu o alcalde, Francisco Quintela, e a corporación ao completo.

REDACCIÓN / Oza-Cesuras

O Plan Único da Deputación financia a construción de beirarrúas no lugar de Os Lagos, en Oza, e na parroquia de Probaos, no concello de Oza-Cesuras.

O orzamento total das obras é de 130.000 euros dos que a Deputación aportará 123.700 euros e o importe restante será a cargo de fondos municipais. No lugar de Os Lagos construirase unha senda peonil de 1,8 metros de ancho para facilitar unha circulación segura da veciñanza e dos viandantes e executarase unha nova rede de recollida de pluviais para elimitar as escorrentías das marxes da calzada o que redundará tamén nunha mellora da seguridade viaria, tal e como explicaron fontes da Deputación.

A outra obra executarase nas marxes da estrada provincial DP 2602, desde a súa intersección coa DP 1014 en O Empalme, ata o camiño que leva ao cemiterio parroquial de Probaos. As obras, ademais de mellorar a seguridade viaria nos accesos á igrexa e ao cemiterio, inclúen a dotación dunha nova rede de recollida de pluviais. A senda que se construirá contará con 411 metros de lonxitude e unha anchura de 1,8 metros.

REDACCIÓN / Comarca

Os concellos de Aranga, OzaCesuras e Irixoa recibirán axudas provinciais para a adquisición de vehículos destinados ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF). A aportación da Deputación é de 20.000 euros para os municipios de Aranga e Irixoa e de 17.700 euros para o de OzaCesuras que se suman ás concedidas a outros sete concellos da provincia.

Os vehículos que se adquiran con esta aportación deberán ser novos ou de quilómetro cero.

Esta é a primeira vez que a Deputación da Coruña convoca esta liña de subvencións e o presidente provincial, Valentín González Formoso, subliñou que con ela "preténdese dar solución a unha das principais demandas que nos trasladan os pequenos municipios que xestionan directamente os servizos de axuda no fogar, como é o desprazamento do persoal en distancias que ás veces, sobre todo nos concellos rurais, son de moitos quilómetros e que ata agora viñan asumindo con vehículos particulares", explicou.