2 minute read

Pai Menni, un século de e coidados en Betanzos

O centro, que leva acompañado a máis dun milleiro de persoas con discapacidade intelectual desde 1923, acaba de recibir a Medalla de Prata da cidade

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

O Centro Pai Menni, pertencente á congregación de Hermanas Hospitalarias, leva dende 1923 atendendo desde Betanzos a persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia.

A historia do centro iníciase en 1923 cando Juan García Naveira fundou o "Refugio para niñas lisiadas, raquíticas y escrofulosas pobres", en resposta á necesidade de moita familias galegas de principios do século XX con escasos recursos e con algún dos seus membros afectados polo virus da poliomielite.

Posteriormente, a institución foi doada á congregación das Hermanas Hospitalarias e prestou asistencia e educación a nenas necesitadas ata o ano 1965, momento no que comeza a adicarse á educación especial. Co paso do tempo encamíñase cara a atención a persoas adultas con discapacidade e en 2009 convértese no centro sociosanitario que é actualmente e que, coa colaboración da Xunta de Galicia, proporciona atención integral a persoas con discapacidade intelectual.

Neste século de traxectoria foron atendidas máis de 1.100 persoas e na actualidade ofrece servizos de ámbito residencial con 154 prazas, das que 92 están destinadas a persoas con grandes necesidades de apoio e 44 para persoas adultas con discapacidade. Tamén dispón de 18 prazas de vivenda tutelada, centro de día e centro ocupacional así como o servizo de Atención Temperá para os municipios de Betanzos, Paderne e OzaCesuras.

Segundo datos facilitados pola institución, das máis de 150 presoas ás que Pai Menni presta servizo na actualidade, un 88,74% son mulleres e o

11,26% son homes. Persoas cunha media de 50 anos de idade.

Actos de celebración do centenario

O centro programou un conxunto de actividades para conmemorar o seu centenario.

O primeiro foi un acto institucional o 26 de abril ao que asistiron a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio; a alcaldesa de Betanzos, María Barral; a superiora xeral da congregación Hermanas Hospitalarias, Sor Anabela Carneiro e o bisneto dos irmáns García Naveira, Jaime Lafora, xunto ao equipo directivo do centro, persoas usuarias e colaboradores de Pai Menni. Trala celebración relixiosa, oficiada polo arcebispo de Santiago, as persoas partici- pantes destacaron a traxectoria do centro, que é o máis lonxevo de Galicia en atención á discapacidade.

A directora xerente de Pai

Menni, Imma Segarra, explicou que "la celebración del centenario de la institución quiere servir de homenaje a todas las personas a las que el centro ha servido, así como transmitir y compartir un mensaje de sensibilización y de trabajo en igualdad de derechos para todas las personas", dixo.

Uns días antes, o 19 de abril, o Concello de Betanzos entregou ao centro a Medalla de Prata da cidade nun acto oficial ao que asistiu a Corporación.

O 22 de abril celebrouse a tradicional festa na honra do patrón do centro, San Benito Menni, na que se deron cita persoas usuarias, familias, colaboradores e voluntarios. Os actos proseguiron coa celebración o 12 de maio das Xornadas técnicas nas que profesionais e colectivos analizaron os novos retos en discapacidade. O centro participou tamén como ponente no ciclo de conferencias do Anuario Brigantino, cunha ponencia sobre "La historia de la Hospitalidad en Betanzos". En agosto, coincidindo coa efeméride, Pai Menni colaborará nas festas de San Roque. A nivel interno, estanse a realizar talleres e formacións sobre a historia do centro.