3 minute read

Cruz Vermella Betanzos rende homenaxe ao voluntariado na presentación da Memoria 2022

e agradeceu o labor realizado polas 80 persoas voluntarias da organización

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Betanzos presentou o psado 21 de abril a súa Memoria anual de actividades nun acto celebrado no Alfonsetti e no que se rendeu homenaxe ao voluntariado que fai posible esta labor.

Cruz Vermella Betanzos conta na actualidade con 80 persoas voluntarias e 968 persoas e empresas socias activas ás que a entidade agradece a súa colaboración e traballo desinteresado que permite desenvolver accións en materia de inclusión social, emprego, saúde, educación, socorros e medio ambiente. No acto participaron a presidenta provincial de Cruz Vermella en A Coruña, Mercedes Casanova, o presidente comarcal, Víctor Méndez, o secretario provincial, Marcos Gómez Paz e a coordinadora da Asemblea, Chelo Vázquez, que, xunto coa alcaldesa, María Barral, entregaron os diplomas de recoñecemento ao voluntariado, persoas socias e entidades colaboradoras. Tamén participou a

A poeta betanceira

Esther López Castro presenta o libro María soñadora no xardín do Pasatempo

REDACCIÓN / Betanzos

A poeta betanceira Esther López Castro presentou o pasado 4 de maio no Salón Azul do Liceo o seu libro María soñadora no xardín do Pasatempo, editado polo Concello de Betanzos.

Un momento da presentación da Memoria 2022 / ARUME alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez. Durante o acto rendeuse unha sentida homenaxe a José e Rubén, dous voluntarios da Asemblea Comarcal recentemente falecidos.

VII Andaina nocturna

Dentro das actividades programadas pola entidade, o vindeiro

Roxín Roxal organiza un roteiro polo Val do Frade, na Ribeira Sacra, o 21 de maio

Os roteiros de primavera organizados pola asociación comezaron cunha visita aos petróglifos do Monte das Penas venres 2 de xuño Cruz Vermella Betanzos organiza a VII Andaina Nocturna que se realizará de maneira presencial e que terá carácter solidario. As persoas que desexen participar deberán inscribirse previamente na sede da asemblea comarcal en Betanzos, situada na Avenida Linares Rivas número 1, ou ben por teléfono no 981771727. unha resposta social ante unha ameaza territorial, a implantación de polígonos industriais de vocación eólica nas nosas vilas e aldeas e sobre as nosas casas, producindo unha situación de medo e incertidume xeralizada", explicou o paisaxista Bruno Prada, quen subliñou que "en certo senso fixo de catalizador nesta enorme resposta social e cultural fronte á barbarie", dixo.

A Asociación Roxín Roxal organiza para o domingo 21 de maio un roteiro para visitar os recentes descubrimentos arqueolóxicos do Val do Frade, en Vilachá de Salvadur, na Ribeira Sacra. O roteiro, de mañá e tarde, estará guiado polo arqueólogo e técnico de cultura Xosé Gago e inclúe unha visita a unha adega e o xantar nun furancho da localidade.

As persoas que desexen participar poden inscribirse na web roxinroxal.gal ata o 18 de maio. O prezo é de 30 euros para socios e socias e de 40 euros para non socios e inclúe transporte e xantar.

A actividade forma parte dos Roteiros de Primavera, que comezaron o pasado 6 de maio cun percorrido polos petróglifos do Monte das Penas, en Oza-Cesuras. Un roteiro de tarde e noite que se realizou en colaboración coas Brigadas da Paisaxe, acompañados do paisaxista Bruno Prada, e que contou cunha elevada participación.

Percorreron a braña da Boquela, un campo de mámoas e unha mina de auga con pozo que contén especies vexetais protexidas e ao anoitecer, tras merendar na Casa do Pobo do Freixo, visitaron os petróglifos do Monte das Penas.

Os resultados das Brigadas foron practicamente inmediatos e permitiron localizar un conxunto de petróglifos a partir dun mapeo colectivo e de información facilitada por veciños e veciñas, e, coa colaboración do Concello de OzaCesuras, realizouse unha dixitalización e unha experiencia de recoilado máis rápida e eficiente que permitiu, a través do Visor Patrimonial Municipal de Oza-Cesuras, aglutinar o patrimonio natural e cultural xunto aos servizos dispoñibles no concello a través dunha rede de camiños e sendas tradicionais. Implementouse tamén un Programa de Respeto pola fauna e convivencia dos ecosistemas naturais para protexer especies da flora e fauna que se atopan na zona, algunhas catalogadas coma raras e vulnerables.

De esq. a dta.: Olga Patiño, Esther López Castro e María Barral

O acto estivo presidido pola alcaldesa, María Barral, e, xunto á autora, participou tamén a poeta Olga Patiño.

Ao remate do acto, o numeroso público asistente recibiu un exemplar como agasallo.

As Brigadas da Paisaxe

As Brigadas da Paisaxe de Galicia naceron a comezos de 2022 "como

Xa en 2022 comezan a facerse roteiros diurnos e nocturnos polos enclaves, hoxe en día catalogados, para amosar o extraordinario valor arqueolóxico que posúe a contorna, tal e como explicou Bruno Prada.