1 minute read

O Concello programa visitas guiadas ao Pasatempo a partir do 11 de maio

REDACCIÓN / Betanzos

O Concello de Betanzos programa visitas guiadas á zona histórica do Pasatempo para que as persoas interesadas poidan coñecer de primeira man o estado dos traballos de recuperación que se están a realizar.

Advertisement

As visitas realizaranse en grupos reducidos de entre 15 e 20 persoas previa inscrición. Dende o pasado 2 de maio xa está dispoñible na páxina web municipal e nas oficinas municipais a folla de inscrición para poder participar nas visitas, que se prolongarán durante varios meses. Poderán ser en horario de mañá ou de tarde en función dos traballos que se estean a realizar en cada momento para non interromper os seu desenvolvemento.

A visita guiada terá un custe de 1,25 euros tal e como se aprobara no seu día para realizar esta actividade.

As obras da primeira fase de recuperación do parque están centradas no estanque do Retiro e as persoas visitantes poderán observar o estado actual do primeiro nivel do recinto no que se investiron uns 500.000 euros financiados polo Concello de Betanzos e pola Deputación da Coruña.

Alumnado do IES Francisco Aguiar durante os encontros con emigrantes organizados no proxecto "Fálame da emigración" xeito, establecer un vínculo máis profundo coas persoas maiores. Todo o material didáctico do proxecto pode consultarse na páxina web de Afundación.

A asociación Lar de Unta elixe nova directiva presidida por Xabier Doporto

A Asociación Lar de Unta elixiu a súa nova xunta directiva que estará presidida por Francisco Xabier Doporto Santos que estará acompañado de Xabier Janeiro Cortés como vicepresidente; Laura Muíño Rivas como secretaria; e Anxo García como tesoureiro.

Completan a directiva Chus Ansede, vogal de cultura; Henri- que Fernández, vogal local; Ana Vázquez Penín, vogal de gastronomía; Edu de la Fuente, vogal de deporte; e Diego Fernández, vogal de mocidade.

O novo equipo agradece o traballo da anterior directiva e anunciou que seguirán coa liña marcada de ampliación do traballo realizado de converter Lar de Unta nun referente da vida cultural e social betanceira cunha aposta decidida polo casco histórico.