1 minute read

Afundación retoma en Betanzos o proxecto interxeracional "Fálame da emigración"

REDACCIÓN / Betanzos

O Espazo Vaina, con sede na rúa Rollo, 62, baixo esquerda, en Betanzos, acolle desde o 14 de maio e ata o 17 de xuño unha exposición titulada "Faces", do artista e artesán da madeira Meriense, Luis Tizón.

Advertisement

A mostra, que pode visitarse os xoves, venres e sábados en horario de 17.00 a 20.00 horas, está composta dunha gran serie de máscaras realizadas en madeiras nobles procedentes de mobles antigos.

O autor adoita usar técnicas onde emprega con frecuencia o uso do lume para tratar as pezas, o que lle aporta unha pátina moi característica ao seu traballo. A súa obra pode verse en Instagram @otizon13. A exposición está organizada pola asociación Crúa e a súa actividade pode seguirse en Instagram @espazo.vaina.

A xeración de 1973 celebra a súa cea de 50 aniversario o 17 de xuño

REDACCIÓN / Betanzos

A xeración de betanceiros e betanceiras e tamén persoas da contorna vencelladas a Betanzos por estudio ou traballo, nacidos en 1973, celebrará a súa cea do 50 aniversario o vindeiro sábado 17 de xuño en El Caserío de Tión, en Coirós.

O prezo é de 65 euros e inclúe a cea, autobús desde Betanzos, Dj e fotógrafo.

As persoas que desexen asistir poden informarse dos detalles do evento e apuntarse no teléfono 667511182. A data límite para inscribirse é o 7 de xuño.

REDACCIÓN / Betanzos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon en marcha en Betanzos unha nova edición do seu programa interxeracional "Fálame da emigración", interrompido dende 2020 pola pandemia.

O fío condutor do proxecto é achegar ao alumnado de secundaria as experiencias das persoas maiores na emigración.

No encontro celebrado no IES Francisco Aguiar o pasado 19 de abril, cinco persoas voluntarias do Espazo +60 Afundación, Sara Crespo, Sara López, Gladys Meoqui, José Antonio Riva, Jesús Núñez, e 100 estudantes de 4º de ESO dialogaron na aula sobre a experiencia dos maiores na emigración e a visión de ambos sobre o pasado e o presente dos movementos migratorios.

Esta é a sexta edición do programa "Fálame da emigración" e neste tempo participaron máis de 3.500 estudantes de secundaria e bacharelato de 20 centros educativos de toda Galicia e 118 persoas maiores voluntarias, socias dos espazos +60 das sete principais cidades galegas e das poboacións de Betanzos, Pontedeume, Viveiro e Monforte de Lemos.

O programa artéllase a través de dous encontros interxeracionais na aula, guiados conxuntamente polos docentes e por persoal dos Espazos +60 de Afundación. Entre ambos os encontros, o alumnado investiga sobre a experiencia da súa familia na emigración para compartila na seguinte xuntanza e, deste