3 minute read

Catro candidaturas optan á alcaldía de Betanzos

María Barral e Cecilia Vázquez repiten como candidatas polo PSdeG-PSOE e polo PP, respectivamente. Amelia Sánchez estréase como candidata do BNG e por primeira vez preséntase VOX cunha candidatura encabezada por Javier Manigrasso

Advertisement

REDACCIÓN / Betanzos

O 13 de maio deu comezo a campaña electoral para os comicios que se celebrarán o domingo día 28 de maio. Betanzos poderá elixir entre catro candidaturas: PSdeG-PSOE, PP, BNG e VOX, que se estrea por primeira vez nestas municipais con Javier Manigrasso como cabeza de lista. Tamén estrea candidata á alcaldía o BNG, con Amelia Sánchez como número 1. Repiten candidatura María Barral polo PSOE e Cecilia Vázquez polo PP. Acompañan a María Barral Varela na lista do PSOE, por esta orde: Diego Fernández López, Andrés Teijo Hermida, Ana Belén Veiga Pita, Ricardo Cheda Faraldo, María de los Ángeles Veiga López, Andrés Pandelo Torres, María Jesús Regueiro Sánchez, Pablo Beade Pérez, María José Sánchez Vázquez, Miguel García Varela, Lucía Castaño Ramos, Aitor Lesta Rodríguez, Paula Ois Fraga, Lara Diz Iglesias, Elena Germade Fraga e Xaquín Barral Varela. Como suplentes: Antonio Vázquez Lorenzo e María Belén Villuendas Criado. Na candidatura do PP , encabezada por Cecilia Vázquez Suárez , figuran, por esta orde: Eduardo Rodríguez Teijo, María Vanessa Seijo Siso, José Manuel Manso Naveira, Araceli López Cotos, Pablo Villaverde Basteiro, Antonio Velo Pérez, Manuel Martínez Vicente, María Socorro Pilar Iglesias Balado, María García Costoya, Ana Belén Gómez Viqueira, Manuel Vázquez Miranda, María Esther Rivas Pardo, Noel Agilda Fernández, Patricia Pernas Mariño, Ana Isabel Pedreira del Río e José Santiago Vía Leira. Como suplentes: María Jesús Rodríguez Prieto, Rodrigo Rodríguez Sánchez, María José Doporto Sabín, Antonio Abeal Vázquez, Manuel Héctor Blanco Rey, Manuel Carro Purriños, María Lourdes Vía Maceiras, María Carmen Teijo Cean, Jaime Alberto Pita Varela e Alejandro Manuel Vázquez Suárez.

A lista do BNG , con Amelia Sánchez Pérez á fronte, está composta por: María Vanessa Rey Carro, Salvador González Fernández, María Bonome Orgeira, Xesús Paz López, María Pilar Vázquez Rodríguez, Ramón Manuel Bouzas Tobío, Teresa Rivera García, Carlos Maceiras Lagoa, Antón Manuel Tenreiro Ferreiro, Encarnación Vidal Santos, Xavier Campo López, Silvia Aguiar Barral, Andrés Otero Botana, Andrés Otero Martínez, Elisabet Ramos García e Henrique del Río Otero. Como suplentes figuran:

Concepción Valladares Vázquez, Francisco Porto Domínguez, Emma María Marques Solla, Fernando Andrade Fandiño e Antonio Fafián Casal.

A candidatura de VOX , con Francisco Javier Manigrasso Martínez á fronte, está formada por: Arturo Sáenz Fernández, Francisco Casteleiro Carro, Rosa María Pérez Torrens, Vanessa Pan Sánchez, Julio Andrade Gómez, María del Carmen García Debén, José Raúl Caamaño Lata, Javier Ramos Seoane, Noelia María Lemos Carro, José Luis Luna Arias, José Ramón Vizcaíno Sánchez, Margarita Ibáñez Ruíz, Bernardo Porto Vázquez, Mercedes Sánchez Lorenzo, Jesús Sánchez Rodríguez, Lorena Judith Mihoc Miranda. Como suplentes: Samuel Vázquez Gándara, Marcela María Restrepo López e Gustavo Adolfo Rumbo Posse.

Candidaturas na comarca

Nos municipios da comarca que forman parte da área de influencia deste periódico (Abegondo, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, OzaCesuras e Paderne) repiten candidatura os actuais mandatarios, agás en Paderne, onde César Longo renunciou a presentarse tras máis de 20 anos como alcalde.

En Abegondo preséntanse como candidatos: José Antonio Santiso Miramontes (PP), Jairo Bello Vidal (PSOE) e Blandino García Roel (BNG).

En Bergondo : Alejandra Pérez Máquez (PSOE), Francisco Manuel Fafián Torreiro (PP), Juan Antonio Fariña Pedreira (Alternativa dos Veciños) e David Carro Temprano (BNG).

En Coirós : Francisco Quintela Requeijo (PP), José Manuel Vara García (PSOE), e Pura Ferreño Saia (BNG).

En Curtis : Javier Francisco Caínzos Vázquez (PP) e Lucas Quintas Gómez (BNG).

En Irixoa : Antonio Deibe Sanmartín (PP), María José Cal Álvarez (PSOE) e Sergio Nicolás Boado Seoane (BNG).

En Miño: Manuel Vázquez Faraldo (PSOE), María Begoña Yáñez Sanmartín (PP), Nicolás Alberte García (BNG) e Miguel Anxo Abraira Sobrado (LIGANDO).

En Oza-Cesuras : José Pablo González Cacheiro (PP), Estefanía Busto Dopazo (BNG) e María Pilar Pedreira Sánchez (PSOE).

En Paderne : Sergio Platas Casal (PSOE), Pedro Antonio López Ríos (PP) e José Manuel Pérez Martínez (BNG).

Publicamos as imaxes de presentación de candidaturas facilitadas polos partidos políticos. Ao peche desta edición non nos foi posible dispoñer da fotografía da candidatura de VOX.

Graduados sociales, servicios de laboral, fiscal y contable. Declaraciones de la Renta, Sucesiones y otros trámites con la Administración.

Agentes exclusivos de REALE SEGUROS.

981 770 205 · 693 410 900

Av. Linares Rivas,6-bajo 15300 BETANZOS socialrouco@telefonica.net