2 minute read

A directiva de ACEBE CCA reúnese cos candidatos á alcaldía do PSOE e de VOX

Previamente mantiveron encontros coas candidatas do PP e do BNG á alcaldía de Betanzos para abordar cuestións relacionadas co sector comercial e empresarial

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

A directiva de ACEBE CCA reuniuse a principios do mes de abril coa candidata á alcaldía do PSOE, María Barral, e co candidato de Vox, Javier Manigrasso. Estas xuntanzas, todas elas a petición dos grupos políticos, seguiron ás que xa se celebraran no mes de marzo coas candidatas do BNG e do PP, Amelia Sánchez e Cecilia Vázquez. Á xuntanza con Vox acudiron Javier Manigrasso e Arturo Saenz Fernández que se interesaron polas demandas e preocupacións do comercio e das empresas de Betanzos e ofreceron o seu apoio ao comercio local e aos produtos de cercanía. Entre as cuestións que se abordaron estiveron a limpeza, a seguridade, o aparcamento, alixeirar a burocracia para que poidan abrir novos negocios, a redución da cuota de autónomos de comercio, melloras para o casco histórico e, en xeral, medidas para que Betanzos prospere. Na reunión co Partido Socialista estiveron a candidata e actual alcaldesa, María Barral, e a concelleira de Comercio, Ángeles Veiga. Ademais dos temas comúns que a directiva expuxo a todos os partidos como a seguridade e a limpeza, abordáronse cuestións como os convenios con ACEBE CCA que permiten apoiar economicamente as actividades da asociación. Neste sentido, a directiva pediu un incremento da partida

Xuntanza da directiva de ACEBE CCA co PSOE / FOTO ARUME

REDACCIÓN /

A Xunta de Galicia puxo en marcha unha nova campaña dos Bonos Activa Comercio que ofrecen aos clientes 30 euros de desconto nas compras que realicen nos comercios adheridos.

Os comercios poderán sumarse á campaña ata o día 1 de setembro de 2023 accedendo á web: www.bonosactivacomercio.gal.

Os negocios adheridos deberán colocar nun lugar visible do exterior do establecemento o material publicitario que a Xunta facilitará para que os clientes poidan identificar os negocios nos que poderán facer uso dos bonos.

Os clientes poderán descargar os bonos dende o 15 de maio ata o 15 de setembro na web: www. bonosactivacomercio.gal. Este ano, como novidade, non haberá un límite de usuarios que poidan descargar os bonos senón que se limitará o importe total de des- contos ata que se esgote o orzamento de 2,5 millóns de euros que a Xunta destina a esta finalidade. É dicir, unha vez que se canxearan bonos polo importe total do orzamento establecido, os que non foran utilizados quedarán cancelados e non poderán gastarse.

As compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 terán un desconto de 5 euros; as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros terán un desconto de 10 euros e nas de importe superior a 50 euros o desconto será de 15 euros.

Cada bono ten un total de 30 euros en descontos que se aplicará a través dun código QR que o cliente deberá amosar no momento de realizar o pago.

Xuntanza da directiva de ACEBE CCA con VOX / FOTO ARUME orzamentaria que consideran insuficiente e, sobre todo, máis axilidade á hora de asinar e de aboar as subvencións. De feito, lembraron que aínda non está asinado o convenio de 2022, o cal perxudica a actividade da asociación.

ACEBE CCA ofreceu a súa colaboración e asesoramento para a organización das campañas que promove o Concello para que se axusten ás demandas e necesidades do sector e a petición de que esas iniciativas se realicen de forma coordinada coa asociación. A inseguridade foi outro dos puntos tratados así como o estado das vivendas no casco histórico. ACEBE pediu máis iniciativas de apoio ao consumo local.