2 minute read

A campaña de primavera de ACEBE CCA sortea 100 euros a través da nova App da asociación

Os clientes dos negocios asociados terán ata o 30 de maio para reunir tíckets por valor de 300 euros e rexistralos na aplicación

REDACCIÓN / Betanzos

Advertisement

ACEBE CCA sorteará o vindeiro mércores 31 de maio o bono de 100 euros da campaña de primavera, a primeira que a asociación organiza a través da súa nova aplicación móbil Acebecca.

A acción promocional estará activa ata o 30 de maio e os clientes dos negocios asociados poderán participar descargando a App e reunindo tíckets de compra por valor de 300 euros que deberán rexistrar seguindo os pasos que lle indicará a propia aplicación.

Esta iniciativa ten como principal obxectivo dar a coñecer a nova aplicación coa que o colectivo busca chegar aos clientes dos negocios locais aproveitando as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías e ferramentas informáticas.

A App está concebida para ofrecer novos servizos aos asociados, que poderán crear as súas propias accións promocionais e de fidelización de clientes a través da aplicación, ademais de participar nas campañas organizadas pola asociación.

Por outro lado, con esta campaña de primavera, a asociación quere premiar a fidelidade dos clientes que realizan as súas compras en Betanzos e, máis en concreto, nos negocios asociados a ACEBE CCA, aportando un valor engadido ás súas compras e fortalecendo entre os socios e socias a importancia de formar parte dun colectivo que aglutina actualmente a máis de 170 negocios de diferentes sectores.

Un bono de 100 euros

Para poder participar nesta campaña, será preciso que os clientes teñan descargada a aplicación Acebecca, que está dispoñible para Android e Ios, darse de alta como usuario, entrar na campaña e rexistrar os tíckets de compra que reúna ata sumar un valor de 300 euros.

Cada cliente poderá participar máis dunha vez reunindo para cada participación tíckets que sumen 300 euros.

Para que os tíckets teñan vali- dez e poidan participar no sorteo deberán corresponderse con compras realizadas nos establecementos asociados a ACEBE CCA entre o 17 de abril e o 30 de maio.

O sorteo celebrarase o mércores 31 de maio mediante a propia aplicación que seleccionará á persoa gañadora ao azar. Unha vez realizado o sorteo, a organización comprobará que o gañador ou gañadora cumpre os requisitos establecidos nas bases antes de activar o premio na súa aplicación. De non ser así, volverá a realizarse o sorteo.

O cliente que resulte premiado, recibirá un bono de 100 euros na App que poderá canxear nos establecementos asociados, tamén a través da aplicación, amosando o código QR da App no momento de efectuar o pago.

A directiva de ACEBE CCA anima tanto aos socios e socias como ás persoas que consumen nos establecementos asociados a que descarguen a aplicación para poder participar nesta primeira campaña que a entidade organiza a través da App e que a APP de ACEBE CCA. non será a única.

2. Rexístrate como usuario.

3. Entra na campaña e rexistra os tíckets das compras que fagas nos establecementos asociados a ACEBE CCA do 17 de abril ao 30 de maio, ata completar 300 euros. O 31 DE MAIO SERÁ O SORTEO. Se eres a persoa agraciada poñerémonos en contacto contigo para activar na túa App o bono de 100 euros. Moita sorte!!

Tanto os titulares de negocios asociados como as persoas traballadoras das diferentes empresas socias tamén poden participar na acción promocional, se ben deberán facelo con tíckets de compra doutros establecementos. Non poderán participar nin os membros da xunta directiva da asociación nin as persoas empregadas da entidade. Poden consultar as bases completas da promoción na páxina web de ACEBE CCA: www.comerciodebetanzos.com. A directiva da asociación, que subliñou as múltiples vantaxes da nova app, lembra que o premio da campaña só poderá canxearse mediante a aplicación polo que inciden en que é moi importante que todos os socios e socias a teñan descargada para que o cliente poida gastar o bono nos seus negocios. A campaña está subvencionada pola Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos.