1 minute read

Catro candidaturas compiten pola alcaldía de Betanzos

O 13 de maio iniciouse, coa tradicional pegada de carteis, a campaña para as eleccións do domingo 28 de maio. En Betanzos son catro as candidaturas que optan á alcaldía. A socialista María Barral Varela repite como cabeza de lista xunto a Cecilia Vázquez Suárez que xa fora a candidata do PP nos anteriores comicios. Estréanse Amelia Sánchez Pérez, como cabeza de lista do BNG e Javier Manigrasso Martínez, de VOX.

Advertisement

Nos municipios da contorna os actuais alcaldes e alcaldesas repiten candidatura, agás en Paderne, onde o socialista César Longo Queijo, renunciou a presentarse tras máis de 20 anos á fronte da alcaldía.

Páx. 6

Comercio

A Xunta pon en marcha unha nova edición dos Bonos Activa Comercio con descontos de 30 euros

Dende o 15 de maio os clientes do comercio de proximidade poden descargar os Bonos Activa Comercio da Xunta que ofrecen descontos de ata 30 euros para as compras realizadas.

Páx. 4

Obituario

Pesar polo pasamento do sacerdote

Manuel Ares Faraldo

O sacerdote Manuel Ares Faraldo faleceu o 12 de abril aos 94 anos de idade causando un fondo pesar en Betanzos. Titular do Santuario de Os Remedios durante máis de tres décadas foi misioneiro en Bolivia, profesor no IES Francisco Aguiar e investigador.

Páx. 11

Homenaxes

O Vales Villamarín organiza un acto institucional e unha andaina solidaria dentro dos actos do 50 aniversario

O 16 de maio celebrarase un acto institucional de homenaxe a Francisco Vales Villamarín, no marco dos actos do 50 aniversario do centro que leva o seu nome. Ao día seguinte, o colexio organiza unha andaina solidaria á que convidan a todas as persoas que desexen participar aportando alimentos.

Páx. 14

BETANZOS e a súa comarca · Maio 2023