Nº14 RaíZes xullo2015

Page 11

Retratos de exterior. Celebrar un acontecemento importante indo a un estudo fotográfico coas mellores galas para que o fotográfo captase toda a esencia da nosa familia debeu ser un acontecemento importante, toda unha decisión que tomar con tempo, organizando, planificando, incluso aforrando. Pero chegou un día que unha cámara fotográfica apareceu por Bustavalle, e Zorelle, e todos os pobos da comarca, aínda que será millor dicir que chegou un fotógrafo cunha cámara. Un profesional, que xa a principios do século XX, recorrían os pobos buscando clientes. Por que só nas citas importantes?, pensaría algún. Entón os fotógrafos van a buscar as xentes, para tratar de sacar o millor dos seus rostros; pero desta, acabaron os fondos pomposos, as paisaxes ar ficiais… e todo mudouse pola realidade, como nesta caso, unha simple parede dunha casa, co seu acceso á cuadra aberto, coa porta principal deteriorada polo tempo, e os rascazos, talvez dibuxos de nenos, que se evindencian tamén na parede, ou simplemento o paso do tempo que a nada perdona. O caso é que unha vez asimilado que a fotogra a xa non admi a engaños as xentes foron decatándose de que era unha boa oportunidade de amosar o orgullo que sen an pola súa terra, e así comezarán a buscar fondos que reflexen a súa vida: paisaxes, palleiros, fontes… Pero neste caso chegou o fotógrafo, e todos se situaron no primeiro lugar que consideraron axeitado, talvez por unha cues ón técnica, vemos que o día era soleado, debía estar alto o sol, e a sabiduría do fotógrafo optou por esa ubicación. Iso que estaba cerca a fonte, e a capela… pero neste intre non era importante o fondo, o importante era reunirse o maior número posible de persoas para non desaproveitar a presencia do fotógrafo. Ata dezaoito persoas se aproximan ao obxec vo da inmortalidade. O contraste entre roupas brancas e negras é evidente, cada un como estaba nese intre, que con gorra, que con traxe de faena, que elegantemente ves do porque tocaba ir ou vir de Ourense ou Maceda. Que se o sol me molesta e hai que poñer a gorra. O importante era xuntarse para sacar unha foto, non a fotogra a en si. Aínda que máis importante era estar pendente da nena, e se non se mira para a cámara que lle imos facer. Xentes do lugar. E ise paraugas? Que fai ese paraugas un día de sol aí colocado? De quen será? Xa sei que moitos opinaredes que do home da dereita de todo; aínda que despois de darlle moitas voltas calquera deles podería ser sospeitoso de andar con paraugas un día coma ese, os nenos claramente son inocentes, eles levarían xoguetes, pero nunca un paraugas. Múl ples hipótesis, pero ninguha certeza, polo que mentras non teña probas defini vas non acusarei a ninguén de pousar o paraugas nese lugar. Chovería o día anterior, e aí quedou esperando un novo cambio de tempo? Mentras vós seguides a ler a revista eu seguirei coas miñas cavilacións porque non pensó parar de darlle a cachola até que atope a solución. Se alguén pode facilitar calquera proba será ben recompensado.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.