Page 1

o adro

xullo 2013

número 10

OS NOMES DA TERRA


Palabras de outras terras recorrerán os teus beizos, saberás dicir “hot, tres bien, katze..” Pero a túa lingua esquecerá vellas verbas dos devanceiros “cachamirón, peixanoriz, miogo...” Bicos de outros amores axitarán o teu corazón escoitarás “amour, love, liebe...” Pero na túa pel nunca sentirás o desexo do vento latindo en “cachamirón, peixanoriz, miogo...” Xantares doutros países alimentarán o teu corpo pedirás “eggs, viande, brot...” Pero ti nunca saberás que ti existes, aquí e agora, porque os teus antergos sementaron o gran, entón e alí... “cachemirón, peixanoriz, miogo...” ASOCIACIÓN CULTURAL BUSTAVALLE-ZORELLE @bustavalle Correo web: acbustavallezorelle@gmail.com Blog: http://acbustavallezorelle.blogspot.com/ Photoblog: www.flickr.com/photos/ acbustavallezorelle Photoalbum Picasa: http://picasaweb.google.es/ acbustavallezorelle Facebook: “AsociaciónCultural Bustavalle-Zorelle”


terras de Bustavalle

terras de Zorelle


ZONA 8 ALTO DO COUSO

CACHAMIRÓN CARREIRALVA TEIXEIRA TORGUEDO


ZONA 1 ALTO DO COUSO

BATUQUEIRA CARBALLIテ前 CARREIRALVA COUSO LAGARIテ前S PARAXAS PORTABARREIROS SOUTEIRテ前S TEIXEIRA


ZONA 7

BARREIRO CARBALLIÑO LAMEIRA PENSO PETÓN PORTO TEIXEIRA TORGUEDO

BUSTAVALLE


ZONA 2 BATOCO

CARBALLIテ前

CERRADA LAGARIテ前S

FONTE DA LOBA LAMEIRAS

LAMEIRO DA PORTA LAMEIRO LONGO TESIテ前S

TESO

PORTO VEIGA


ZONA 6 ARNUIDE BARBEITO BARREIRO BOUCIÑO CACHEMIÑA CANCELA CASTRO CORTIÑEIRO COSTA CURTIÑEIRO FORO LAMACHOUZAS LAMELAS MARTINAL OREGADO PALOMBAR PEITORIL PEHA-CABREIRA PETÓN POZA QUEIMADAS REBOREDO REGO SOUTO TAPADA DO CASTRO TIBORIDO ZAMBRA


ZONA 3

BARREIRO

CAPILLA

CARRAS

CRUZ

FILGUEIRAS FORCADAS HORTA DA CARRETERA LADEIRA

LAMEIRAS

LIÑAR

MILLARA

MIOGO

MURGADAL

NOGUEIRA PEIXANORIZ RÍO

SOLAR

TOUZA DA PRESA VEIGA

BUS TA VA LLE


ZONA 5

BARRINCOVAS

CASTIÑEIRO

CORTIÑA DE BAIXO COSTA

MARTINAL SOUTO

CERRADOS

CORTIÑA DO CASTRO

CURUXEIRAS

EIRA DO CASTRO

CASTRO

CUTANEIRA

HORTA DA CASA

PEREIRA

SUDAMEDA

REGUENGO

CORTIÑAS

EIDOS DO MATEO LAMEIRO DE RIBA SANTIAGO

TOUZA DO CASTRO

TOUZAS

XUXA


ZONA 4 BUSTAVALLE

AIRA CAL CARRAS CASAVARIGO CHAOS

CUTAREIRA

DEXAGOS

GORGOSA LIÑAR MOA POMBEIRA RÍO

MOURO

POZA REGUENGO

TOURÓN

XESTOSA


ZONA 10

CARRAIL

CARRIL

CASTELIÑO

CHAOS

CORGA

ESCAIRO

MOURO

TOURÓN

XESTOSA


ZONA 9 ALPUJARRAS CARREIRO DE CERELLE CARRAL CASTAÑEIROS DE LUCAS EIRA ESCAIRO FILGUEIRAS FONTE FONTELAS FORXO LAGAS LAMBANAS LAMEIRAS LAMEIRIÑO LAMEIRO NOVO LAMEIROS

LAMEIROS DE ZORELLE LAMEIROS GRANDES MUÍÑO PARAFITES PEREIRAAS PEZA POZO SOAIRA SOUTO DO GRECO TESIÑOS TESO TOUCÑAS TOUZA TOXAL VAL DE OUTEIRO


ZONA 11

CACHARANDE CERRADA EIRA

CARREIRO DA MISA CORTIÑAS DA PORTA

HORTA DA AIRA

LOUSADA

MAGDALENAS

PORTO DO LOURO

LAGAL

CASTELIÑO

COTO

CRUCEIRO

LAMEIRO DO CREGO

OLIVEIRA

TAPADA DE ZORELLE

PÍAS XESTAL


BUSTAVALLE


ZORELLE


ETIMOLOXÍA 1.HIDRÓNIMOS (augas) 2.ORÓNIMOS (orografía topografía) 3. FITÓNIMOS (vexetais, natural ou cultivado) 4.ZOÓNIMOS (animais) 5. CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS 6. VÍAS DE COMUNICACIÓN 7.NÚCLEOS DE POBOACIÓN 8. EDIFICIOS E CONSTRUCIÓNS

9. EDIFICACIÓNS RELIXIOSAS 10. EXPLOTACIÓNS/ACTIV AGROPECUARIAS 11. EXPLOTACIÓNS INDUSTRIAS E COMERC 12. INSTITUCIÓNS 13. POBREZA E RIQUEZA 14.REFERIDOS A ALGÚN SANTO 15.ANTROPOTOPONIMOS 16.CREACIÓNS EXPRESIVAS DIVERSAS

1. AIRA: (Fitónimo) variante arcaizante de “Eira” preferida nesta zona procedente da voz latina “area” (lugar, área) que fai referencia ao lugar onde se mallaba o trigo e mailo centeo. 2.ALPUJARRAS: (Orónimo) a forma galega debería ser Alpuxarras. Probablemente a súa orixe estea na base preindoeuropea “alp-“ / “alb” que significaría “monte, altura”. 3. ARNUIDE: de orixe incerta. 4. BARBEITO: (Explotacións agropecuarias) procede do latín “vervactu” referíndose a terras que non se cultivan durante un ano ou máis tempo para que descansen. 5. BARREIRO O: (orónimo) Sitio de onde se extrae “barro”, voz prerromana quizá de orixe celta. 6. BARRINCOVAS: de orixe incerta. A presencia da cova é evidente pero a forma inicial “barrin” tennos moi perdidos. 7. BATOCO: (orónimo) terreo baixo e pantanoso, xeralmente asolagado no inverno, polo que soe aludir a lugares deprimidos e enchoupados. Na súa primeira parte “bat” parece proceder do verbo latino onomatopeico “battuere” (bater) en alusión ao ruído que se produce ao trepar un terreo húmido. 8. BATUQUEIRA: (orónimo) relacionado co topónimo “Batoco” abundan variantes similares en toda a zona da Limia, aludindo en todos os casos a terreos ou lugares que se encharcan. 9. BOUCIÑO:(fitónimo) forma diminutiva que podemos relacionar co substantivo “bouza”, terreo inculto poboado de mato, como toxos, xestas, uces,etc. 10. CACHAMIRÓN: (actividades agropecuarias) podería ser que a forma “cacha” estea formado a partir do participio “cappulatas” do verbo do latín serodio “cappulare” (cavar) por alusión a unhas terras cachadas ou cavadas. Aludiría polo tanto a unha serie de terras montesías para desbravalas e convertelas en cultivables. 11. CACHARANDE: de orixe incerta. 12. CACHEMIÑA: de orixe incerta. 13. CAL A: (hidrónimo/via de comunicación) podería proceder do latín a través da antiga “canale”, logo evolucionado a Cal que aludiría a un canal ou cano por onde corren as augas, ou ben a un paso ou porto entre montañas. Tamén podería proceder do latín “callis” (senda, rúa). 14. CANCELA: do latín “cancelli” (celosía) refírese a unha especie de porta formada por unhas táboas dispostas horizontalmente sobre uns paos verticais, que pecha o paso a unha propiedade.


15. CAPILLA: castelanismo, a forma galega sería “Capela”, pero neste caso non se lle encontra xustificación relixiosa polo que podemos barallar dúas opcións: a) a palabra galega “capela” tamén se usa co significado de capa exterior dunha cousa ou que se lle pon a unha cousa, especialmente a de palla que cobre o palleiro b) en castelán antigo empregábase a palabra “capilla” tamén para referirse a vaíña na que se crían as sementes dalgunhas herbas. En ambos casos procede da forma latina “cappella”, diminutivo de “cappa”(capa). 16. CARBALLIÑO: (fitónimo) forma diminutiva, referencia a un carballo pequeno. 17. CARRAIL: (vía de comunicación) variante viaria que fusiona as formas “carral” e “carril” 18. CARRAL: (vía de comunicación) relacionado cos carros, fai referencia a un lugar por onde antigamente pasaría algún camiño carral ou de carros. 19. CARRAS: (fitónimo) relacionado con outras variantes máis estendidas como “carrascal, carrasqueira” seguramente procedan dunha raíz preindoeuropea “kar” (pedra, rocha, prantas nacidas entre as rochas) pois os devanditos topónimos se refiren a lugares rochosos ou pedregosos nos que nace e se desenvolve a duras penas plantas como as carpazas,as queiroas, carballos e aciñeiras de pequeno tamaño. 20. CARREIRALVA: (vía de comunicación e orónimo) variante femenina de carreiro que se fusiona coa forma “alva”, cuia orixe estea probablemente na base preindoeuropea “alp-“ / “alb” que significaría “monte, altura”. Polo que aludiría a un carreiro que iría cara un alto, que viría sendo o Alto do Couso. 21. CARREIRO DA MISA: (vía de comunicación/acto relixioso) Carreiro alude aos camiños dos carros, sinalan antigos camiños transitados durante séculos por estes ancestrais vehículos. O seu destino era evidente, ir a misa. 22. CARREIRO DE CERELLE: (vía de comunicación) Carreiro alude aos camiños dos carros, sinalan antigos camiños transitados durante séculos por estes ancestrais vehículos. Será a forma “Cerelle”unha variante de Zorelle? A vocal inicial “o” asimilada polo resto de vocais “e”. O sonido “z” non varía só adapta a grafía ás regras ortográficas. 23. CARRIL: (vía de comunicación) procede do latín vulgar “carrile” que designa as antigas pegadas ou carrís producidos no lugar polo paso continuado de carros 24. CASAVARIGO: (edificios e construcións) Alude á presenza dunha casa. 25. CASTAÑEIROS DE LUCAS: (fitónimo / antropotopónimo) variante de castiñeiros, alude a un conxunto de castiñeiros. Evidentemente eran propiedade de Lucas. 26. CASTELIÑO: (edificios e construcións) forma diminutiva de “Castelo”. 27. CASTIÑEIRO: (fitónimo) fai referencia a presenza dun só castiñeiro. A palabra “castaña”procede do latín “castanea”. 28. CASTRO O: (edificios e construcións) referencia a presencia de restos castrexos. Do latín “castrum”. 29. CERRADA: (orónimo) podería aludir a un paso estreito ou cerrado, ou ben a un lugar pechado, abrupto, con difícil saída. 30. CERRADOS: (orónimo) idéntico á forma “Cerrada” aínda que destacando neste caso a forma masculina e plural, podería aludir a un paso estreito ou cerrado, ou ben a un lugar pechado, abrupto, con difícil saída. 31. CHAOS OS: (orónimo) relacionado co adxectivo “chan” e a súa forma feminina “chá” presentando neste caso forma plural. Procedente do latín “planus” alude a un terreo sen desniveis, igual en todas as súas partes.


32. CORGA A: (hidrónimo) variante feminina de “Corgo” que procede do latín “corrugu”(canle de auga) que pode significar, segundo cada caso particular, depresión con auga, poza, pequena concavidade nunha rocha onde se xunta a auga da chuvia, terreo encharcado, rego de auga, represa artificial e mesmo camiño estreito e fondo. 33. CORTIÑA DE BAIXO: (fitónimo) A cortiña é un terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ó cultivo de cereais, hortalizas ou patacas. Vai acompañada, neste caso, dun adverbio locativo. 34. CORTIÑA DO CASTRO:(fitónimo) A cortiña é un terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ó cultivo de cereais, hortalizas ou patacas. Neste caso a referencia é a proximidade a zona do Castro. 35. CORTIÑAS: (fitónimo) A cortiña é un terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ó cultivo de cereais, hortalizas ou patacas. En plural. 36. CORTIÑAS DA PORTA: (fitónimo) A cortiña é un terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ó cultivo de cereais, hortalizas ou patacas. En plural, e aludindo a unha porta. 37. CORTIÑEIRO: (fitónimo) Variante da forma “Cortiña” co sufixo “eiro” que reforza o significado de “lugar”. A cortiña é un terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ó cultivo de cereais, hortalizas ou patacas. 38. COSTA A: (orónimo) Terreo en pendente, particularmente referido a un camiño ou outra vía. Do latín “costa”(costelas, costado). 39. COTO O: (orónimo) de orixe prerromana procede dunha forma “cott” (altura, altura rochosa), moi frecuente, fai referencia a montes ou alturas desas características. 40. COUSO O: (orónimo) vén da palabra latina “capsus/capsum” (caixa, caixón), aplicado a terreos ou depresións orográficas que semellaban e recordaban caixas, caixóns ou recipientes domésticos. Atópanse a carón e debaixo de lugares máis altos, ás veces cumios de montes, de aí Alto do Couso. 41. CRUCEIRO: (edificación relixiosa)Referencia evidente a existencia dun cruceiro, que se sitúan principalmente en encrucilladas, á beira dos camiños, nos límites das parroquias e nos adros das igrexas. 42. CRUZ: (edificación relixiosa)Del latín “crux,crucis”. A referencia pode ser relixiosa, ou talvez, xeométrica, aludindo a marca formada por dous trazos atravesados. 43. CURTIÑEIRO: : (fitónimo) Variante da forma “Cortiñeiro”, que é a súa vez unha variante de “Cortiña” co sufixo “eiro” que reforza o significado de “lugar”. A cortiña é un terreo próximo á casa de labranza, xeralmente valado e de pequenas dimensións, dedicado fundamentalmente ó cultivo de cereais, hortalizas ou patacas. 44. CURUXEIRAS: (zoónimo) Co sufixo –eira que expresa abundancia, fai referencia a un lugar onde predominaban as curuxas, ave rapaz nocturna. 45. CUTANEIRA: de orixe incerta. 46. CUTAREIRA: de orixe incerta. 47. DEXAGOS: de orixe incerta.


48. EIDOS DO MATEO: (fitónimo / antropotopónimo) Terreo cultivado, que pode estar entre as terras que rodean a casa ou non. Alude, evidentemente, ao seu propietario. 49. EIRA: (fitónimo) procedente da voz latina “area” (lugar, área) que fai referencia ao lugar onde se mallaba o trigo e mailo centeo. 50. EIRA DO CASTRO: : (fitónimo / edificios e construcións) procedente da voz latina “area” (lugar, área) que fai referencia ao lugar onde se mallaba o trigo e mailo centeo; por outro lado fai referencia a presenza de restos castrexos. 51. ESCAIRO: (orónimo) alude a unha pequena escaleira orográfica, isto é, un descanso do terreo. 52. FILGUEIRAS: (fitónimo) provén de “felgueira/filgueira”, lugar onde se dan os fentos ou felgos. 53. FONTE A: (hidrónimo) lugar onde mana a auga da terra, en particular, construcións cun ou varios canos por onde sae a auga. 54. FONTE DA LOBA: (hidrónimo / zoónimo) fonte que adquire certo carácter negativo ou ben con intención medoñenta para procurar que non se achegara demasiado a xente, ou ben con carácter lexendario aludindo a preferencia desta fonte pola raza lobezna. 55. FONTELAS: (hidrónimo) procedente do latín “fontanella”, diminutivo de “fonte”, en alusión a unha fonte pequena, neste caso en plural. 56. FORCADAS: ben pode aludir a forca para executar condenados, que por costume medieval tendían a situarse en encrucilladas ou cruzamentos de camiño; ben simplemente refírase aos instrumentos de labranza con mango longo que remata en dúas ou máis gallas (forca, forcada, forquita); ou unha terceira posibilidade podería remitir a montañas con dous cumes bifurcados en forma de Y. 57. FORO O: (institucións) Contrato polo que un señor ou dono cedía en arrendamento unha propiedade inmoble a cambio dunha renda anual que podía pagarse con produtos da mesma explotación. 58. FORXO: de orixe incerto non parece gardar ningunha relacións coa forxa dos ferreiros, máis posibilidades, aínda que arriscada, sería relacionala coa forma “foxo” que remite a un buraco feito na terra para cazar lobos. 59. GORGOSA: (hidrónimo) parece estar emparentado cunha gran variedade de topónimos que teñen en común a voz onomatopeica, quizáis xa latina, “gurgulione” (borbollón) en alusión ao ruído que fai unha surxencia de auga ao nacer. Fai referencia por tanto a unha pequena fonte ou manancial de auga que sae da terra facendo gurgullas ou gorgollos. Tamén pode facer referencia ao ruído que fai a auga dun riachuelo ao abrise paso por unha estreitura orográfica, gorxa ou garganta. 60. HORTA DA AIRA:(fitónimo) Terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas, e tamén, nalgúns casos, árbores froiteiras. Alude a súa proximidade a unha aira. 61. HORTA DA CARRETERA: (fitónimo) Terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas, e tamén, nalgúns casos, árbores froiteiras. Alude a súa proximidade coa estrada, aínda que prefire a forma castelanizada. 62. HORTA DA CASA: (fitónimo) Terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas, e tamén, nalgúns casos, árbores froiteiras. Neste caso a proximidade a unha casa individualiza o topónimo xeral. 63. LADEIRA: (orónimo) Terreo en costa que vai da parta alta á baixa dunha montaña.


64. LAGAL: (hidrónimo) palabra relacionada coa palabra latina “Lacus” (lago ou auga). Esta palabra latina tamén deu lugar a “lagar” co significado de recipiente para espremer e recoller o líquido de certos froitos, polo que nalgúns casos poden aludir a antiga existencia dalgúns destes instrumentos domésticos. O sufixo “ –al” alude a abundancia. 65. LAGARIÑOS: (hidrónimo) forma diminutiva relacionada coa palabra latina “Lacus” (lago ou auga). Esta palabra latina tamén deu lugar a “lagar” co significado de recipiente para espremer e recoller o líquido de certos froitos, polo que nalgúns casos poden aludir a antiga existencia dalgúns destes instrumentos domésticos. 66. LAGAS: (hidrónimo) palabra relacionada coa palabra latina “Lacus” (lago ou auga). Esta palabra latina tamén deu lugar a “lagar” co significado de recipiente para espremer e recoller o líquido de certos froitos, polo que nalgúns casos poden aludir a antiga existencia dalgúns destes instrumentos domésticos. 67. LAMACHOUZAS:(fitónimo) palabra composta por “ lama” (masa branda que se forma ao mesturarse terra, area, follas,etc., con auga) e “chouzas” que fai referencia a lugares cheos de toxos, ou ben cercados por eles. 68. LAMBANAS: orixe incerto. 69. LAMEIRA:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Forma feminina. 70. LAMEIRAS:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Forma feminina plural. 71. LAMEIRIÑO:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Diminutivo masculino. 72. LAMEIRO DA PORTA:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Individualizado pola referencia a porta. 73. LAMEIRO DE RIBA:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Con adverbio locativo. 74. LAMEIRO DO CREGO: :(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Aludindo ao seu propietario un crego ou cura. 75. LAMEIRO LONGO:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Aludindo a súa extensión. 76. LAMEIRO NOVO:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Destaca a súa novidade. 77. LAMEIROS:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Forma plural masculina. 78. LAMEIROS DE ZORELLE:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Toman o referente do pobo. 79. LAMEIROS GRANDES:(fitónimo) lugar que ten moita lama onde só medra a herba ou algún arbusto. Resaltando o seu tamaño. 80. LAMELAS:(fitónimo) Variante das formas anteriores partindo da base de “lama”. 81. LIÑAR: (fitónimo) fai referencia a campos cultivados de liño, coñecida planta téxtil que tanto se cultivou outrora en Galicia.


82. LOUSADA:(orónimo) fai referencia a “lousa” que viría do prerromano “lausa” (pedra plana). 83. MAGDALENAS:(antropotopónimo) forma castelanizada, alude ao nome de muller Madalena que ben pode referirse ao personaxe bíblico ou ben a calquera outra muller. Neste caso en plural. 84. MARTINAL: (zoónimo) aventurámonos a relacionar este topónimo coa ave denominada “martín” en castelán, martiño peixeiro ou picapeixe en galego, ave trepadoira que vive nas beiras dos ríos e arroios poboados de árbores, ocultos frecuentemente entre as súas ramas. O sufixo “al” expresa abundancia. 85. MILLARA: (fitónimo) fai referencia ao millo. 86. MIOGO: topónimo de orixe incerto para o cal imos proporcionar dúas hipótesis: a)(orónimo) relacionado coa raíz preindoeuropea “m´k” ou coas bases “mok,muk,mak” (prominencia, prominencia máis ou menos redondeada, muñón, altura) que da lugar a topónimos como Mogo, Mogor, Mugo... b)(lugar referido a algún santo) relacionado coa palabra galego-portuguesa “Moogo” proveniente do latín vulgar “monicu”(monxe), ou que xa a forma se convertira nun apelido desprovisto do seu significado orixinal. 87. MOA:(orónimo)alude a existencia de pedras que semellan moas de muíño ou mellor xigantescas moas dentais. 88. MOURO:(orónimo) aínda que dende o punto de vista do imaxinario popular este nome pareza referirse aos lendarios mouros do folclore, cremos que máis ben garda relación cunha activa base preindoeuropea “mor” (pedra) aludindo a penedos alí situados. 89. MUÍÑO: (explotación industrial ou comercial) Alude a presenza dun muíño, aparello para moer ou triturar certos productos como cereais..., tamén se refire ao edificio onde está instalado algún destes aparellos. Do latín “molinum”. 90. MURGADAL: (fitónimo) lugar onde predominan as medas de trigo dispostas en forma de cruz. 91. NOGUEIRA: (fitónimo) árbore de grande altura e madeira moi apreciada que ten por froito a noz. Do latín “nucalis”(semellante ou relativo á noz) 92. OLIVEIRA: (fitónimo) árbore de folla perenne, tronco curto, groso e retorto, con moitas pólas, que dá un froito comestible, olivas. 93. OREGADO: orixe incerto 94. PALOMBAR:(zoónimo) procedente da forma latina “palumbaria” presenta unha evolución intermedia entre a palabra galega “pomba” e a castelá “paloma”; fai referencia a un lugar abondoso en pombas bravas. 95. PARAFITES:(orónimo) parece proceder do sintagma latino “ petra ficta”(pedra fita, fincada, chantada ou cravada), Na voz latina “petra”(pedra) prodúcese un síncope ou desaparición de sonidos no interior da palabra dando lugar a forma “para”. 96. PARAXAS: poderíamos relacionalo, como no caso anterior, coa forma “para”, como pedra; ou ben buscarlle similitude coa palabra “paraxe” que se refire a calquera lugar onde hai algo, ou ben a algún lugar onde se para. 97. PEITORIL: (edificios e construcións) muro ou varanda que se po nas ventás, balcóns, pozos, pontes, etc., para poder achegarse sen perigo de caer.


98. PEIXANORIZ: de orixe incerto, podemos aventurar distintas hipóteses. a) a forma “Pei” podemos consideralo un antropónimo apocopado que correspondería co nome medieval Paio. A forma “riz” alude en múltiples topónimos galegos nos que aparece a nomes de antigos posesores do período xermánico (de “ricus”, versión latinizada do xermánico “reiks” que significa riqueza). O interfixo “xano” dificulta esta hipótese. b) relacionar o lexema da palabra con “peixe”. 99. PENA CABREIRA: (orónimo/ zoónimo) “pena”: pedra de gran tamaño que sobresae na terra ou no mar de forma natural. “cabreira”: alude a presenza de cabras. 100. PENSO O: (fitónimo) porción de alimento seco que se dá ó gando. Del latín “pensum”. 101. PEREIRA: (fitónimo) árbore que dá como froito a pera. 102. PEREIRAAS: (fitónimo) árbore que dá como froito a pera. En plural e duplicación de a final. 103. PETÓN: (orónimo) pedra grande e redonda. 104. PEZA A: (fitónimo) trozo de terreo ou ben, campo grande que se labra. 105. PÍAS AS: (orónimo) da voz latina “pila”(recipiente para conter auga) que alude a cavidades naturais das rochas, moi frecuentes nas pedras graníticas de Galicia. 106. POMBEIRA: (zoónimo) lugar abondoso en pombas bravas, provén do latín “palumbaria”. 107. PORTABARREIROS: Palabra composta por “porta” que alude a un paso ou entrada, e “barreiros” que alude aos sitios de onde se extrae “barro”. 108. PORTO DO LOURO: (orónimo) punto xeográfico situado entre dúas montañas e alturas. “Louro” significa de cor castaña, escura, moi clara ou tirando á do ouro. Quen sabe si alude a luz do sol a última ou primeira hora iluminando ese punto xeográfico? 109. PORTO O: (orónimo) punto xeográfico situado entre dúas montañas e alturas. 110. POZA A: (hidrónimo) concavidade, focha no terreo que se enche de auga cando chove. 111. POZO O: (hidrónimo) foxo que se escava na terra, ata atopar unha vea de auga, ou ben lugar máis profundo dun río. Do latín “puteus”(pozo). 112. QUEIMADAS: (fitónimo) fai referencia a antigas superficies queimadas ou chamuscadas con fins agrícolas, que nalgúns casos antes eran rozadas. 113. REBOREDO: (fitónimo) conxunto de carballos. 114. REGO O: (hidrónimo) canle que se fai na terra para conducir a auga da rega. Aínda que tamén fai referencia a escavación longa e pouco fonda que se fai nun terreo para sementar. 115. REGUENGO: (institucións) non fai referencia como puidera parecer a un rego, senón que se relaciona con “rei”, onde houbo propiedades reais. 116. RÍO O: (hidrónimo) fai referencia ao paso dun río. 117. SANTIAGO: (referencia a algún santo) “Sant-Iago”, neste caso o titular da parroquia de Zorelle. 118. SOAIRA: de orixe incerta talvez pódase relacionar con “solar”.


119. SOLAR: (institución) residencia nobre conservada por herencia. 120. SOUTEIRIÑOS: (fitónimo) conxunto ou bosque de castiñeiros, procedente da voz latina “saltu” (paso estreito entre montañas, rexión forestal ou bosque situado nun desfiladeiro”. Forma diminutiva de tamaño ou afectiva. 121. SOUTO: (fitónimo) conxunto ou bosque de castiñeiros, procedente da voz latina “saltu” (paso estreito entre montañas, rexión forestal ou bosque situado nun desfiladeiro”. 122. SOUTO DO GRECO: (fitónimo) conxunto ou bosque de castiñeiros, procedente da voz latina “saltu” (paso estreito entre montañas, rexión forestal ou bosque situado nun desfiladeiro”. A forma “Greco” parece responder máis ben a unha metátese ou cambio de sons polo que realmente a palabra orixinaria sería “crego”. Máis rara parece a opción do alcume Greco para referirse a algún veciño. 123. SUDAMEDA: de orixe incerto poderíase relacionar co termo “meda”: conxunto grande de monllos de cereais que se colocan ordenadamente; e a forma “suda” aventurámonos a relacionalo co prefixo “sub”(debaixo de), aínda que pensamos que é demasiado aventurar. 124. TAPADA DE ZORELLE: (edificios e construcións) fai referencia a lugares pechados con muros de pedra. Indicando a continuación a súa ubicación. 125. TAPADA DO CASTRO: (edificios e construcións) fai referencia a lugares pechados con muros de pedra. Indicando a continuación a súa ubicación. 126. TEIXEIRA: (fitónimo) lugar no que abundan os teixos, árbore das taxáceas. 127. TESIÑOS: (orónimo) lugar alto no campo, mato en altura. Do latín “tensus” (tendido, estirado). Diminutivo. 128. TESO O: (orónimo) lugar alto no campo, mato en altura. Do latín “tensus” (tendido, estirado) 129. TIBORIDO: orixe incerta. 130. TORGUEDO: (fitónimo) sitio de torgos (vimbios) ou uces. 131. TOUCIÑAS: (fitónimo) lugar abondoso en arbustos e malas herbas; aínda que tamén pode designar monte poboado de carballos. Quizás da voz prerromana “taucia”(mata dunha árbore). En diminutivo. 132. TOURÓN:(zoónimo/orónimo) Aínda que a primeira interpretación nos leva a pensar nun animal: ben un touro grande ou ben un furón bravo ou teixugo, se tomamos como referencia outros topónimos similares nos levaría máis ben a pensar nunha roca que pola súa forma tivera certo parecido a un animal. 133. TOUZA: (fitónimo) lugar abondoso en arbustos e malas herbas; aínda que tamén pode designar monte poboado de carballos. Quizás da voz prerromana “taucia”(mata dunha árbore). 134. TOUZA DA PRESA:(fitónimo/explotación agropecuaria) lugar abondoso en arbustos e malas herbas; aínda que tamén pode designar monte poboado de carballos. Quizás da voz prerromana “taucia”(mata dunha árbore). A proximidade dunha presa completa o topónimo: muro que se constrúe nunha corrente fluvial para almacenar a auga e utilizala para rego. 135. TOUZA DO CASTRO: (fitónimo/construcións) lugar abondoso en arbustos e malas herbas; aínda que tamén pode designar monte poboado de carballos. Quizás da voz prerromana “taucia”(mata dunha árbore). Engade a súa proximidade ó Castro. 136. TOUZAS: (fitónimo) plural de “touza”: lugar abondoso en arbustos e malas herbas; aínda que tamén pode designar monte poboado de carballos. Quizás da voz prerromana “taucia”(mata dunha árbore).


137. TOXAL: (fitónimo) terreo poboado de toxos, planta característica dos montes galegos. Quizás da voz prerromana “toju”. 138. VAL DE OUTEIRO: (orónimo) chaira de terras entre montes ou altura, que vén reforzado por “outeiro”, que como xa sabemos, é unha pequena elevación de terreo. 139. VEIGA A: (orónimo) parte de terra baixa, chá e fértil, pola que normalmente pasa un río, dividida en prados e terras de cultivos de varios donos.Tamén se refire a unha parcela dedicada ao cultivo. Procede da voz prerromana “vaica”. 140. XESTAL: (fitónimo) terreo poboado por “xestas”, planta moi características dos nosos montes, do latín vulgar “genesta”. 141. XESTOSA: (fitónimo) terreo poboado por “xestas”, planta moi características dos nosos montes, do latín vulgar “genesta”. 142. XUXA: orixe incerto. 143. ZAMBRA: cústanos relacionar este topónimo co significado do adxectivo “zambro/a”, pero por aí terá que vir a explicación. Na actualidade emprégase esta palabra para referirse a persoas ou animais que torcen as pernas ou as patas polo medio, xuntando e rozando as zonas dos xeonllos e botando cara fóra os pés. Por este motivo tamén se empregaba para referirse a algunha vaca que botaba cara fóra os pés ao andar.

BUSTAVALLE: composto por “val” (chaira de terras entre montes ou alturas) e “busto” (pasteiro ou extensión de terra destinada ao pasto de gando). ZORELLE: seguindo a Joaquín Caridad Arias o nome de Zorelle procede do sustrato. Remóntase a unha base nominal celta “Sorus, Suro o Surus” e os seus derivados “Surius/Surio” que gardan relación co significado de “fluir, discurrir”. A forma Zorelle procedería directamente da variante “Sorellus” con paso dunha consoante alveolar xorda “s” a sonora “z”. Por tanto gardaría relación co fluir de auga do pequeno río que pasa próximo.

BIBLIOGRAFÍA - (web) Sede Electrónica do Catastro - Cabeza Quiles Fernando, Toponimia de Galicia, ed. Galaxia, 2008 - Diccionario Cumio da Lingua Galega, ed. Cumio, 1999 - (web) Dicionario de dicionarios do Instituto da Lingua Galega


O adro 10 Os nomes da terra  
O adro 10 Os nomes da terra  

Número de xullo de 2013 adicado aos nomes da terra. Asociación cultural Bustavalle-Zorelle

Advertisement