Page 1

o adro nĂşmero 16

agosto 2016

Palleiras


EDITORIAL A palleira. As palleiras. Neste século XXI a palleira por excelencia, a palleira que vén a nosa memoria é a palleira da Marina, da Rosa e do Paco se pensamos na infancia, a palleira de Pablo ou de Alberto se pensamos nos vindeiros anos, aínda que se hoxe en día falamos da Palleira todos pensamos nun único propietario: nas xentes de Bustavalle, en tantos e tantas fillosnetos que cada 14 de agosto celebramos a unión co noso pasado, a ledicia dun pasado común, un presente de alegría e de festa, un canto ao futuro, un desexo de que os nosos descendentes con núen unha saga de amizade e fraternidade cun punto en común no pasado, na historia, nun territorio do concello de Maceda… Pero se nos remontamos a fai uns cantos anos…. e pensamos nas palleiras… a historia cambia un chisco… Falar de palleiras é falar dunha das construcións máis humildes do nosa xa humilde pobo. A palleira representa o lugar funcional por excelencia, un dos centros da economía de autoabastecemento que regulaba a vida de todas as familias dos nosos pobos. A palleira era a reserva de alimentos, a reserva de alimentos para o gando que era o futuro, a curto prazo, alimento das nosas familias. Lugares que acompañaban as construcións das casas, lugar onde residir, onde na parte baixa, maioritariamente fogar do gando, eran os lugares capitais da vida diaria. E a eles había que sumar a palleira, a despensa, o lugar onde prolongar a vida da herba, o lugar onde asegurar o alimento do gando durante os longos e fríos invernos, o lugar que iniciaba o mecanismo que mantería ben alimentado ao gando durante o inverno, e que sería a inversión que concedese unha alimentación nun futuro próximo para as nosas xentes. O tempo é ingobernable, e pasaron os anos, a aldea xa non era tanto unha lugar de subsistencia, a emigración era o novo alimento, coma un lugar de recreo, onde descansar dos traballosos curros nas grandes cidades, e aí aparece unha nova funcionalidade para as palleiras, aínda chea de herba, aínda os nosos avós se man ñan ac vos no pobo, pero os seus netos, que residían todo o ano na cidade descubriron nas palleiras lugares mitolóxicos, lugares de xogos, os tres marinos, lugares de inicios amorosos, de roces libidinosos, de amores fur vos… paraísos que man ñan a nosa memoria todo o ano, que ac vaban o noso desexo de querer volver canto antes, paraísos que envexaban os nosos amigos urbanitas cada vez que lle relatábamos o que alí sucedías nas noites quentes do verán… E os anos seguiron pasando, e chegou a unión europea, e as vacas marcharon, non sabemos aínda a onde, aínda seguemos a esperar o seu retorno, pero o caso é que o gando marchou, e a herba deixou de encher as palleiras, a xuventude deixou de descubrir o amor entre as pallas, e as palleiras conver ronse en garaxes, cambiaronselle as portas, remozaronse os muros, até algunha converteuse en vivenda… E en tanto en canto só nos quedou chamarlle “A palleira” ao noso grupo de teatro, para seguir a soñar con aqueles tempos nos que a herba alimentaba ao gando, a pesares da pobreza, e os nenos e as nenas soñabamos con quedar a soas entre aquelas herbas, dispostos a coñecer o sabor dos primeiros bicos de verán.


AS PALLEIRAS

Construción caracterís ca do rural galego, atópase preto das casas, e nelas gárdase o feno ou a herba seca empregado para a alimentación do gando durante o inverno. Esta herba seca pódese gardar de dous xeitos: nunha sinxela morea de herba, chama do “palleiros”, ou ben dentro das construcións especiais das que falamos neste número, as denominadas “palleiras”. A herba seca fica empalleirada todo o ano e de alí vaise collendo para alimentar o gando durante o inverno, estación na que non hai pastos verdes nin o frío inverno deixa aproveitar os montes.

Centrámonos agora nas “palleiras”. O feno ou herba métese xa seco nas palleiras. O obxecto destas construcións é simplemente a conservación da herba ao longo de todo o inverno, para ter sustento para o gando nos fríos invernos. Por iso é preciso que o aire circule no seu interior e o manteña lonxe da humidade.


Imos dis nguir tres pos de palleiras: 1. Palleiras consistentes nunha construción rectangular, terrea, e con cuberta a dúas augas, de tella. Este po de construcións cumprían imperfectamente as condicións de ven lación que precisaban. As máis an gas están feitas de pedra, mentres que hai outras de máis recente construción que se fixeron de ladrillos. A porta era preferentemente de tamaño normal, xa que nelas non ña que entrar o carro.

As máis recentes de ladrillos fixéronse con porta grande, e tamén cun tamaño maior do habitual nas máis tradicionais, nestes casos predomina a cuberta a catro augas.


2. Similares ás anteriores, teñen as paredes formadas por un zócalo de pedra, baixo, e o resto de madeira, con pés dereitos, travesas e, por fóra, táboas ver cais que deixan pasar o aire por entre elas.

3.

Un terceiro po de palleira, máis axeitado, consta de dous pisos: o corpo inferior, terreo, ten as paredes de pedra, co súa porta, e úsase como corte ou para gardar cousas. Sobre de el vai a palleira propiamente dito, coas paredes de táboa, e, nalgúns casos con porta independente do inferior; o acceso pódese facer por escaleira de pedra permanente ou tamén de madeira; algúns empregan escada de man de quita e pon e son moitos os que, por atoparse construídos nun desnivel, teñen a porta da palleira pola parte de atrás, ao nivel do chan.


Segundo o material empregado na construción da palleira dis nguese claramente a an güidade da palleira: a presenza da pedra remóntanos a unha época moito máis an ga que cando a aparición do ladrillo fala ás clara dunha época máis recente.

Pasado o tempo, desgraciadamente, o gando abandonou o pobo, ou máis ben as xentes novas abandonaron o pobo, e o gando viuse na obriga de abandonalo tamén. Ou quen sabe se as leis europeas non estragaron todo... Non é o momento nin o lugar de analizar as causas, pero o que resulta evidente é que os palleiros deixaron de facerse e as palleiras perderon a súa funcionalidade. O paso do tempo foi derrubando moitas delas, outras sufriron arranxos des nados a mantelas en pé, e de xeito económico, outras recovertéronse en garaxes, en almacéns de obxectos de labranza, ou simplemente de recordos, algunhas melloraron socialmente e convertéronse en vivendas.


Non seremos nós quen de xulgar a ninguén, as cousas hai que facelas, e cada época fainas o mellor que sabe, ou pode, e as perspec vas mudan. Pero a realidade é que moitas das nosas palleiras, as máis afortunados, pois moitos non sobreviviron en pé, son testemuñas de reformas varias, e nelas pódense ver dis ntas capas do paso do tempo. A maioría das portas tradicionais de madeira foron subs tuídas por portas de aluminio máis duradeiras, noutras pechouse con ladrillo as entradas de aire que ven laba a herba, nalgúns casos con ventanucos que manteñan a presenza de luz, as de ladrillo recebadas, etc


Recollemos a con nuación modificacións ou reformas que se fixeron nas palleiras de Bustavalle, reparando en elementos tradicionais que aínda podemos atopar nas nosas queridas palleiras.

Exemplos de pechaduras tradicionais, e destacar a presenza singular desta palomar nunha das palleiras


OS PALLEIROS Trátase de medas ou moreas nas que se garda a herba seca durante o ano. Fanse arredor dun “esteo” espetado no chan que lle serve de soporte; para que a chuvia non o faga podrecer, pónselle ao “esteo” na punta un bote de lata, un xerro vello ou unha metade de cabaza...

Ao rematar de amorear a herba seca no palleiro, cóbrese con colmo para que a chuvia non entre nela, xa que a faría podrecer. Por riba do colmo póñense vergas ou varas para defendela do vento. Nalgúns casos tamén se tapan con plás co.


A herba seca vaise collendo ripando a herba deica formar un montón que se ata cunha verga feita da mesma herba: faise puxando da herba ao tempo que se retorce, coma quen a.

Estes palleiros tamén son mo vo de festa. Para “estender, virar, morear e empalleirar” acoden os mozos e mozas; o dono dálles a merenda e eles, mentres traballan, choutan, brincan e cantan, e se ao rematar aparece un punteiro de gaita, aínda se arma no campo recén segado ou á beira do palleiro recén feito.


A herba Sendo o gando un elemento primordial na economía das nosas aldeas enténdese ben a importancia que para o campesiñado ña todo o relacionado cos pastos. Imos centrarnos aquí na herba seca que se gardaba nas palleiras para poder alimentar o gando cando o acceso ao pasto natural non era posible. A herba críase nos prados, lameiros ou campos que se caracterizan pola can dade de auga da que dispoñen. Para estes usos aprovéitanse todos os si os en que a humidade permite medrar a herba e fanse nas beiras dos ríos e regatos e nos fondos das valgadas. O desexo de ter herba leva a facer prados en lugares de di cil acceso nos que outros cul vos non se poderían facer, e dispondo de humidade suficiente é aproveitada para pastos para o gando. Veremos como é o proceso da herba, dende que medra até que chega ás palleiras. A comezos do inverno principian os arranxos dos campos: límpanse as canles que distribúen a auga, e fanse as tallas ou regos que a repar rán por todo o prado (na cabeceira hai un rego principal, e logo outros máis estreitos que van repar ndo a auga por todo o lameiro). Logo estércase, botando o estrume espargallado cunha forquita.

forquita

sacho

Durante os primeiros meses, mentres a herba non é grande, cálcase o campo a diario; para isto, bátese ben o chan cunha aixada ou sacho, ou, algunhas veces, cun cepo, especie de pisón feito cunha torada de madeira provista dun pau que lle serve de mango. Esta operación ten por obxecto pisar ben o chan do prado, erguido polas toqueiras dos ratos e das toupeiras que os campesiños matan con aixada cando acadan a ollalas. Cando a herba está medrada, déixase de calcala para non derramala.


Logo séguese coas regas. Cando hai vagar, o campesiño, especialmente os vellos que non poden facer outro traballo, collen a súa aixada e van percorrendo os campos para “lles botar a auga”, abrindo un burato no canleiro e tapando o resto con terróns e pedras para que a rega vaia ao seu prado. Por marzo e abril “cóllense os outonos” ou faise “traspunta”. A segunda faise nos prados ruíns, métese nel ao gando e déixaselle pacer a herba, que axiña volve a medrar. Este pasto úsase soamente durante 15 ou 20 días, pechando logo o prado até a seitura. “Os outonos” é a mesma herba que se traspunta nos prados ruíns e que nos bos se rega para traela para casa e darlla fresca ao gando. Esta sega faise con fouces ou fouciñas. Fana regularmente as mulleres ou os nenos; coa man esquerda collen un mangado de herba e coa fouciña, que teñen na dereita, cortan o pasto a rentes do chan, deixando entón o mangado a unha beira e repe ndo a operación deica rematar. Unha vez segada a herba precisa, vaise poñendo por riba dunha verga de bimbio ou palla e átase formando un feixe que se leva para a casa na cabeza ou ás costas, onde se sostén espetándolle a fouciña ao feixe e agarrándoa coa man. Cando a can dade de herba que se vai buscar é máis da que convén para un feixe, tráese un cesto vello, no que se vai botando segundo se sega, sen atar. O cesto, que non se usa novo porque o derramaría a humidade da herba, tráese ao ombreiro. A calidade dos campos é a que determina os “outonos” que se poden coller; un bo campo pode dar até tres ou catro “outonos”, de todo o prado, cada ano.

gadaña

fouces No marzal ségase o derradeiro “outono” e déixase medrar a outra herba para segala no verán e gardala. Fóra de lle botar a auga, ningún outro traballo levan os prados deica o mes de xullo en que se fai a sega. Para comezar a sega no mes de xullo escóllense uns días no que o tempo sexa seguro, pois a chuvia pode derramar a herba xa segada e sen empalleirar. Os veciños axúdanse mutuamente nesta tarefa. Para esta sega empréganse as gadañas, que cómpre por denantes en condicións, e entón hai que crabuñalas. O traballo da sega comeza cedo. Os segadores póñense á par, collen a gadaña polo cabo do mango coa man esquerda e polo torno coa dereita, dándolle movemento dun lado ao outro e procurando ter a folla ben nivelada a ras do chan. Logo vai repe ndo este movemento segundo avanza, mentres a herba segada vai quedando ás carreiras detrás del. Este traballo, duro e canso, exixe unha alimentación axeitada.


Ao rematar a sega esténdese ou esparréixase a herba para que poida secar ben; logo ven a revolta ou vira, dándolle a volta co de riba para abaixo. Esta operación fana os rapaces e as mulleres valéndose de gallas e de forquitas, de madeira as primeiras e de ferro as segundas, que teñan dentes só dunha banda para que a herba non se agarre nelas. Cando a herba está seca, e isto depende da calor que faga, empalléirase, facendo montóns con ela, e logo engázase, pasando o engazo polo campo para xuntar a herba que quede nel. Agora son tres os camiños a seguir: moreala, facer potes ou traela sen máis para a casa. Para moreala vaise collendo con gallas e forquitas de dentes dobres e ponse toda xunta facendo unha morea, onde se deixa ate o intre de levala. Para que o vento non a desfaga pónselle ás veces por riba unha verga de palla. No segundo caso, disponse a herba seca en feixes, potes, que se atan con vergas de palla, sen apresalos moito, e logo amoréanse. Ao final, unha vez seca, pódese xa carrexar no carro e levala para a palleira.

En calquera dos tres casos o transporte faise no carro que se leva ao prado, con estadullos e sen ladrás. A herba seca cárgase con gallas ou forquitas coas que se vai botando ao carro, namentres, outro, riba del, vaina asentando. Rematada a carga átase cun sedeño. Os carros descárganse na porta da palleira ou no si o en que se vai facer o palleiro. No caso das palleiras vaise amoreando ao fundo, deica metelo todo e así queda. A sega é, en moitos casos, tamén mo vo de festa. Para estender, morear e empalleirar acoden os mozos e mozas; o dono dálles a merenda e eles, mentres traballan, choutan, brincan e cantan, e se ao rematar aparece un punteiro de gaita, aínda se arma a súa miga de baile no campo recén segado ou á beira do palleiro ben feito. A herba seca fica empalleirado todo o ano e de alí vaise collendo para llo dar ao gando durante o inverno, no que non hai pastos verdes nin os trebóns deixan aproveitar os montes. A herba cóllese ripando deica formar un pote que se ata cunha verga feita da mesma herba: esta verga faise puxando da herba ao tempo que se retorce, coma quen a. Claro está, que cando os potes veñen xa feitos do campo sobra esta derradeira operación. Desde que se fai a sega séguese botando auga aos campos, pois durante o resto do verán e o outono a herba volve a medrar e aprovéitase levando alí ao gando ate o inverno en que se limpan e preparan de novo para outro ano.


EVOCANDO PALLEIRAS As palleiras. Alí regreso, teño : 6, 10 , 14 , 18 anos , eu vou cambiando pero elas inconmutables permanecen quietas. Construcións pétreas que des laban ese halo irredu ble , como se os avatares da vida no fosen con elas , e que dende a nosa mirada infan l creimos eternas. Lembro que a maioría estaban sempre abertas e as poucas que se pechaban , eran inocentemente violadas , descubrindo sen moito esforzo as chaves enormes que se gardaban en si os inxenuamente previsibles . Nembargantes non creo que nunca as asaltaramos . O permiso que non pediamos para infrinxilas , era como unha desas leis non escritas que todos sabiamos q exis an para rompelas. Escuridade prohibida que se brindaba desexando ser descuberta. Atravesar as súas portas era todo o contrario á soidade, non se sumerxía un nunha palleira para aillarse, senón para compar r. Tras esas portas de madeira de dobre folla, un universo escuro se acendía, mentres os nosos torpes ollos intentaban acostumarse a súa penumbra. Fumos siluetas en claro escuro , trepando por una escaleira que nos aupaba cara a cima. “Que fermosos ca vos e ca vas” , deberon pensar cada un dos seus chanzos mentres nos suxeitaban con celo . En ocasións, ao final de aqueles peldaños, aínda había que dar un enorme salto para acceder á cima . Eran tempos de veran, de sega recente , cando as palleiras estaban repletas de herba e cando entre o teito e o borde de aquel enorme feixe, apenas exis a máis espazo que o que nós iamos abrindo, mentres reptabamos para acomodar o noso niño. As espesas telarañas aloxadas nas vigas, nos muros, ían atrapando o noso pelo , facéndonos parecer seres mitolóxicos envoltos nunha bruma de arañas e de herba. Fomos tan fermosos alí enriba ... A herba te acollía envolvente e penetraba en por cada fisura aberta ao mundo . Non era fácil, pero aprendimos a mergullarnos baixo aquel bosque ocre con respiración pausada, mentres os nosos pulmóns se ían enchendo de aquel polvo groso e supoño , que aínda hoxe, todos nós, temos depositado nos alvéolos miles de aquelas par culas , que quizáis, en cada exhalación, vaian sementando o aire de novo. Recordo como unha fermosísima imaxen o que agora sei que eran as "arden as das palleiras": raios de luz brilantes, que no medio da escuridade se filtraban polas randexas das pedras, e das portas.


Raios de luz poboados de brilante polen en suspensión , que ía a proxectarse sobre aquel mar de herba. Nalgunha ocasión ven a sorte de ver como aquelas luces se reflexaron nas nosas pupilas. E creo que non se mira así máis que dentro dunha palleira. Aquelas miradas escuras iluminadas por "arden as de palleira" ... Amamos con desgarro o que perdemos, e a elas as deixamos ir a medida que crecemos, sen sospeitar entonces, que se irían para sempre . Iso converte os recordos en mitos, lendas eternas que ninguén poderá ferir coa frustración do reencontro . Evocar ... A herba arrecende, arrecende moito e sabe, doce e seca. Recoñezo ter aberto saquiños de herba para alimentar a coellos de cidade, só polo pracer de volver a cheirala . Ese po de olores que baixan até os pulmóns, pero que traspasan e chegan máis alá , até as tripas , onde sempre te acompañan , onde o simple feito de mencionalos fai que regurxiten por millares , volvendo a saborealos con total certeza. Tal vez a saudade naceu nunha palleira. Evocar... O silencio Aquel Tótem magnífico sempre acababa calándonos, e era entón cando o escoitabas todo. A "Atencion Plena". Os que agora falan disto, non saben que aquilo inventouse na escuridade das palleiras . O mínimo movemento de calquera de nos era percibido tan claramente polo cerebro, que podíamos saber que dedo exactamente e de que man osara acariciar a parte dun corpo que non era o noso . Oíamos o tacto , as intencións , os desexos, oíamos as miradas .... Gritaban ls miradas de escuras pupilas negras.

Escoitábamos o que estaba a piques de ocorrer, os gatos pendentes , o deambular dos ratos , os cencerros nos prados , o cruxir da madeira , a respiración cadenciosa , os suspiros ... eses, eran gritos de guerra.


Ninguén pode imaxinar un lugar mellor para espertar os sen dos que aquela morea de herba. Saudade , claro. Do que fomos nelas. Príncipes da herba que adestraban a sen r , a probar , a vivir. A descubrirnos baixo o amparo dun leito protector, que como un gran can gardián, disfrutaba custodiando os nosos xogos, Descubrir que romper as normas era o máis magnífico da vida , que aventurarse, acelera tanto o la do que a vida te palpita na lingua. E que o cerebro se nutre de lugares como estes para deixarnos fluír sen paradigmas nin preceptos , fluír da man dunha palleira, con bandeiras de curiosidade e inocencia. Ditosos nós que coñecemos lugares irrepe bles. Que sen mos todo o poder atávico de construcións milenarias que veñen de desaparer nun intervalo de tempo tan curto, igual que unha mera existencia, a nosa. E aí os deixo a miña evocación , saíndo de calquera de aquelas palleiras, pletóricos, coa mirada adormecida e o pelo alborotado e cheo de herba... Beleza.


XOGANDO NAS PALLEIRAS tres marinos en el mar... As palleiras tamén se conver an en lugares de xogos... alomenos así foi durante uns anos, nos que os fillos de emigrantes retornaban á aldea dos seus avos e avoas. Un dos xogos máis diver dos que prac cabamos dentro das palleiras era “tres marinos en el mar... y otros tres a navegar”. Non temos constancia de que fose un xogo tradicional galego, as nosas inves gacións recentes remítenos a Asturias; aínda que non sabemos quen introduciu este xogo en Bustavalle, a realidade é que arraigou pronto e pasou por varias xeracións. Aínda que nos úl mos anos a falta de palla fixo que xa non se vexan nenos e nenas prac cándoo polas poucas palleiras que quedan abertas ou en pé. Dende aquí facemos unha invitación aos máis novos/as para que o recuperen. Trataremos de explicalo. É unha variante do tradicional escondite, só que en grupo, e xogando por todo o pobo. Fanse grupos de tres (aínda que en caso de non ser posible tamén poden ser de 2 ou 4 membros). Nun sorteo inicial decídese que grupo apanda, ou sexa, os que serán encargados de buscar ao resto de grupos. A xente que debe esconderse marchará polo pobo adiante a buscar unha palleira onde esconderse. Debe ser a mesma para todos os grupos. Cando xa está decidido onde se “agacharán”, antes de entrar na palleira deberán berrar “tres marinos en el mar”, o que lle indicará ao grupo que “apanda” que xa están escondidos, ao mesmo tempo a procedencia das voces daralles unha pequena pista de cara que zona do pobo marcharon a esconderse. O grupo que apanda berrará ao seu tempo: “y otros tres a navegar”, para que lles quede constancia aos escondidos que xa se inicia a búsqueda e que escoitaron a voz inicial que indicaba que xa estaban agachados. Entón comeza a emoción. Primeiro hai que intentar localizar a palleira onde se atopan. Para iso haberá que afinar o oído, xa que se están en completo silencio será moito máis complicado descubrir o seu escondite. Pero a tensión e o cachondeo dentro da palleira, entre a herba, a escuridade, os compañeiros e compañeiras cerca, fará que sexa di cil que manteñan o silencio total. Calquera mínimo ruído, calquera tropezo con algún obxecto que por alí anda e que nós non vemos, poderá servir de alarma para localizar a palleira. Logo vén o momento de maior intensidade: entrar os tres na palleira, moverse con sixilo polo escuridade, para que os escondidos non nos sintan, xa que do contrario irán movéndose, como serpe silandeira, polo espazo da palleira escapando de nós. Os agochados, aproveitando a luz da lúa, ou do exterior, que entra entre as rendexas ou cando abran a porta para entrar nos permi rá ver as súas siluetas, telos localizados para marchar cara outro lado da palleira, con coidado de non tropezar cos outros compañeiros/as. Silencio, tensión, nervios... dentro da palleira. Os nosos corazóns que laten a tope. Só quen o viviu coñece esa emoción. Que perdura para sempre na nosa alma. O final do xogo: un dos que apanda terá que agarrar a un dos agochados e nese momento debe berrar: “agua/auga”, para que todos saiban que o xogo rematou e xa todos poden saír dos seus acubillos. O grupo do membro que foi “pillado” será o que lle toque apandar nesta nova ocasión. Permanecerán a carón desa palleira mentres o resto de grupos marchan de novo a recorrer á aldea en busca dunha nova palleira, e alí deberán permanecer, até que de novo escoiten o berro que abre un novo xogo: “tres marinos en el mar”....... e outros tres comezan de novo a navegar na súa procura, polo mar de palla que domina Bustavalle nos calorosos meses de agosto.

Bibliogra a consultada neste número da revista: Tomo III, “Etnogra a”, escrito por Xaquín Lorenzo, no libro Historia de Galiza, dirixido por Ramón Otero Pedrayo


nº16 o adro as palleiras agosto16  
nº16 o adro as palleiras agosto16  

Número de agosto de 2016. Retomamos as construcións populares: neste caso as palleiras.

Advertisement