Nº15oadro dec15 pura maxia

Page 1

o adro nĂşmero 15

decembro 2015

Pura Maxia


EDITORIAL Cando a despoboación dos nosos pobos é unha realidade que década a década guillo na o número de habitantes permanentes, seguir loitando por que o noso pasado se siga conservando é cada vez máis meritorio, pero o que se consigue dende a nosa Asociación parece cada vez máis cousa de meigas que de humanos... Xa que aínda sexa unha pequena luz que brila na noite negra da despoboación, conseguir que cada agosto o pobo se encha de ac vidades é de un gran valor, froito da ilusión e do traballo de toda a xente que par cipa. Pero o deste ano dende logo que foi cousa de maxia, de meigas, talvez da nosa vacameiga, quen sabe... pero a realidade é que o nivel do pasado mes de agosto es vo moi por riba do imaxinado para uns pobos humildes como son Zorelle e Bustavalle. Festa rachada e comida a fartar como todos os anos, a charanga “Éche o que hai”, no seu terceiro ano consecu vo... pero ademais o grupo de teatro creado o ano pasado non se conformou con repe r actuación, neste caso a obra “A escola de don Silvestre”, de José Cedena, pois montou unha obra de teres ou guiñol que foi as delicias dos máis ca vos; vemos o concerto do grupo “En mala hora” que ao longo do mes andivo actuando en pobos de maior renome que o noso, e cun nivel musical al simo; e para rematar o domingo visitounos un mago que fixo as delicias de ca vos e avós, se atá os máis pequenos aprenderon algún que outro truco. E cousa de maxia debeu ser tamén que reunísemos nunha fotogra a, que vai na portada deste número, a 109 personas do pobo, dende a Sra María, unha das máis lonxevas do lugar, xunto a unha chea de bebés que forman parte xa do noso presente, e que nas súas mans está o futuro da nosa historia. Tanta maxia non pasa despercibida neste novo número da revista O Adro, que este Nadal ven cun regalo especial para os máis ca vo: un conto ilustrado da historia de “A vaca de Bustavalle, o sapo de Zorelle e o pulpo de Vigo”. Dende este mes de agosto volve lucir cornos a nosa “vacameiga” que tanta polémica creou o pasado verán. Mentras seguimos esperando resposta do Concello de Maceda para ver cal é a súa ubicación definiva, decidimos colocala na palleira dos Belmonte onde se fai a troula musical. E falando de polémicas, mentras seguimos a espera de ver que solución toma o Concello sobre a nosa fonte o pasado 6-7 de decembro foi obxecto dunhas pintadas nas que se alude ao actual presidente da Deputación, Baltar “fillo”. Non compar ndo actos vandálicos contra o noso patrimonio a realidade é que a nosa fonte segue a estar de actualdeida.


XOGOS INFANTILES






Mago DISLEXEI





a troula don´t stop




CONCERTO DE “EN MALA HORA”







TEATRO “A PALLEIRA”: A escola de don Silvestre de José Cedena




TÍTERES


A VACA DE ZORELLE , O SAPO DE BUSTAVALLE E O POLBO DE VIGO

Nun afastado e chuvioso pobo galego, chamado Bustavalle, vivía un fermoso sapo, chamado Torcuato. Vivía so e aburrido na Poza de Bustavalle.



SAPO TORCUATO: que vida máis aburrida! Todo o día saltando eu so! Un día apareceu pola Poza unha vaca despistada, chamábase Melinda. VACA MELINDA: Ola, son a vaca Melinda, vivo en Zorelle, e busco mozo, xa quixen casar co gato Antón, co can Tristán, e co boi Brais.... pero ninguén me quere. Que triste estou! SAPO TORCUATO: (aparte) Ai, que guapa é esta vaca. VACA MELINDA: (aparte) Ai, que sapo máis guapo! SAPO TORCUATO: queres casar comigo? VACA MELINDA: Siiiiiiiiiiiiii....


Neste intre entra o PULPO PAOLO todo chulo, o polbo de Vigo.


PULPO PAOLO: (aparte) Ai, que vaca máis guapa... Ola vaca guapa, como te chamas? VACA MELINDA: Melinda. PULPO PAOLO: Mira que tentáculos máis fortes teño. VACA MELINDA: (aparte) Ai, que pulpo máis guapo... e eu que lle dixen ao sapo que quería casar con el. SAPO TORCUATO: (aparte) que pulpo máis parvo e feo! PULPO PAOLO: Melinda, queres casar comigo? VACA MELINDA: A verdade é que sodes os dous ben guapos, e agora con quen caso eu? PULPO PAOLO: Eu son o Pulpo de Vigo, o máis chulito, e o máis forte. SAPO TORCUATO: Eu son de Bustavalle, o sapo máis guapo.


VACA MELINDA: está ben... isto so se arranxa a paus. (Pelexan o sapo Torcuato e o polbo Paolo, e tras dura batalla, gaña o sapo Torcuato.)


E asĂ­ foi como o sapo de Bustavalle e a vaca de Zorelle casaron, foron felices, comeron perdices e foron ao Mouro a xuntar as narices. Agosto de 2015



final alterna vo E a vaca Melinda, mentres xuntaba as narices bastante contrariada co sapo que lle tocara en sorte, decidiu a utopía de ser dueña do seu des no. E alí, no Mouro, impregnada dese lugar onde se infunde valor aos soños, colleu con forza un pauciño do chan, e a modo de varita máxica, golpeuna sobre a incrédula cabeciña valeira do sapo campión, converténdoo ao momento nunha marabillosa princesa de rock and roll. Ambas puxéronse inmediatamente a pensar en xogos futuros e proxectos imposibles, e sen ndo esa maxia do afecto e a afinidade, comprenderon que para achegarse á felicidade hai que estar dispostas a elixir e pronunicarse.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.