O Adro 17 Tradición Oral

Page 1

O ADRO

NÚMERO 17

AGOSTO 2020

TRADICIÓN ORAL


Editorial de 2020

T

empo de confinamento... marzo, abril, maio... ano 2020. O recollemento lévanos a recuperar vellos proxectos. Revolvemos nos caixóns, mellor dito, no disco duro do ordenador, e rescatamos un número de O Adro que quedou en mero proxecto. Era agosto do 2016 cando fixemos varias gravacións en Bustavalle tendo xa en mente este número, que finalmente quedou paralizado. Neste tempo de reclusión, no que a modernidade do século XXI métenos nos fogares e non nos deixa saír deles, é tempo de lembrar historias de antaño, cando a xente non tiña tantos bens materias, nin os necesitaba, porque era tempo de achegamento social, de compartir contos, de pasar o tempo falando do máxico, do irreal, tempo de encher as horas con contos do máis alá. Novos tempos no que revalorizamos cousas que tiñamos esquecidas, por exemplo o rural, as nosas aldeas... parece que a xente escapa das masificacións urbanas onde o contacto físico é inevitable e prefiren refuxiarse na natureza, na tranquilidade da aldea, na confianza do veciño, no valor do producto da terra; foron tempos no que os alimentos da hortiña cobraron un valor que se tiña olvidado. Pois nestes novos tempos coidamos que tamén é bo momento para volver as historias dos nosos avós, as súas crenzas, a súa fantasía, que como veremos pode servirnos de vitaminas imaxinativas para manter afastados os pensamentos máis víricos e pandémicos. Longa vida a historia das nosas avoas e os nosos avós. Leamos, coñezamos e logo divulguemos para que nunca se esquezan as historias máis arraigadas a nosa terra. E para facer máis atractivo o noso exemplar decidimos acompañar a palabra cos fermosos debuxos dunha moura que rescatamos do fondo da poza do Mouro.Color e tradición.


Editorial de 2016

N

esta ocasión, dende O Adro buscamos rescatar do esquecemento algunhas historias, crenzas populares, lendas... que ao longo do tempo formaban parte do acervo popular das nosas xentes, historias que se contarían miles de veces nos longos invernos a carón do lume, mentres se mataba o frío, e se gastaba o tempo; historias para cativos cando se acompañaban polas terras próximas, e terían que ilustralos con historias dos nosos antergos, ao tempo que se lle daba continuidade a cadea da tradición oral que permitiu que até nós chegasen algunhas desas historias, desgraciadamente condenadas a desaparecer, xa que o lume da lareira apenas arde en ningunha casa, e ningún neno crece xa nos nosos pobos, aínda que sen dúbida seguen a ser historias atractivas para as xeracións vindeiras. As historias populares de Bustavalle e Zorelle responden con total exactitude as lendas rurais que por toda Galicia adiante se recollen, todas elas recorrentes, de procedencias comúns, pero perfectamente enraizadas e localizadas no territorio propio. Repítense as mesma historias, con pequenas variantes, pero en cada pobo que se escoita parece única, porque os referentes son moi concretos, e os nosos relatores as sitúan perfectamente nunha determinada pedra, nunha cova concreta, nuns prados determinados.... con alusións a xentes que alí actuaron, que creron que as cousas que alí sucederon foron verdade, atrevéndose algún a confirmar a veracidade do que se conta, por moi incrible que pareza. E quen somos nós para desautorizar as súas palabras, e negar os feitos? Dúas son as principais tradicións que recollemos dos nosos veciños: unha xira arredor das mouras, e outra, céntrase na figura do Apóstolo Santiago. Ademais destas dúas fontes inspiradoras principais, recollemos entre os nosos veciños historias de enganos, de misterio e terror, de tesouros, de roubos, de adiviñas....


Tempo de brincadeiras

“Que é unha cousiña, cousa...” expresión que introducía todas as adiviñas


Que ĂŠ unha cousiĂąa, cousa,

que corre, corre, e nunca encobre*? (* se vai)



Alto me vexo no meu caporexo,* ladrรณn vexo vir e non podo fuxir. (* copa da รกrbore)



SOLUCIÓNS ÁS ADIVIÑAS Que é unha cousiña, cousa, que corre, corre, e nunca encobre.

O TRIGO, O CENTEO porque cando sopra o aire bambea, bambea pero nunca escapa. Alto me vexo no meu caporexo, ladrón vexo vir e non podo fuxir.

AS CASTAÑAS. Da primeira adiviña non atopamos rastro por ningures. Polo que parece ser unha xoia popular que debemos revitalizar e difundir.


facer unha agulla?

Cantos fan falta para

Âż


Tres. A agulla son tres...un Elías, Melías e Melambes o cu.

Elías a punta, Melías do medio, e melambes o cu.


OS ENGANOS, AS BRINCADEIRAS IR AOS GAMBUSINOS

O

s nenos maiores gostaban de meterse cos

máis cativos, ás veces empregando a superioridade física, outras o inxenio. Este púñase especialmente a proba mediante a busca dos “gambusinos”. Quedábase con alguén para ir aos gambusinos, dirixíanse cara o monte e alí decíanlle que puxera un saco nun buqueiro (burato) dunha parede, o resto espantábano, “aí o vai, aí o vai”, dicían, e metíanlle o gambusino no saco, para que marchara con el para a casa. Pensaba que levaban algo, pero non sabia nin que era, nin se atrevían a preguntar por non descubrir a súa ignorancia. Ao final non era nada, era un simple engano, unha trampo unha burla, na que loxicamente nunca máis volvías caer. En Galicia son máis coñecidos como “biosbardos”, aínda que teñen unha chea de nomes. En Extremadura tamén se coñecen como gambusinos. Nos anos 80 e 90 os nenos que vivían no pobo divertíanse facéndolle a brincadeira aos nenos que viñan da cidade a pasar o verán a aldea.

s




tempo de mouros, e mouras


O

s mitos, as lendas, as historias populares que un pobo

constrúe e transmite son o reflexo do xeito de pensar dese pobo. Un dos seres mitolóxicos máis importantes e máis arraigados da cultura popular galega é o da “moura”. Nas sociedades rurais e tradicionais o sobrenatural e máxico o integraban na súa realidade cotiá con toda a naturalidade do mundo; o real e o irreal podían formar parte das súas vidas sen ningún tipo de conflicto.

O primeiro que temos que aclarar é que a “moura” e os “mouros” aínda que se parecen non son o mesmo. É verdade que comparten espazos míticos, comportamentos e algúns atributos, pero non son o mesmo.

“A moura” está relacionada con antigas deidades femininas vinculadas á natureza ou o destino; mentres que “os mouros” trátase dunha construción mítica e simbólica para falar dos antigos poboadores da nosa terra. Xeografías míticas. Na toponimia galega abundan os referentes a estes personaxes mitolóxicos e á crenza da súa existencia, como constatamos na nosa zona co topónimo do Mouro, para un pequeno núcleo agora completamente abandonado e no que viviu xente até hai uns 20 anos; e por outro lado temos o Alto da Moura


M Os mouros relaciónanse anteriores grecolatina, históricos.

OUROS

galegos, e as súas características, con outros mitos dos países do arco atlántico á influencia da cultura mediterránea polo que nada teñen que ver cos mouros

Os mouros galegos aluden aos antigos poboadores do noso territorio. Pero eles, a diferenza de nós, saen de noite e dormen de día, viven debaixo da terra, debaixo da auga, dentro de rochas, en covas e en casas e pazos baixo os outeiros mentres nós vivimos na superficie. Aínda que teñen as mesma necesidades que os humanos (comer, beber, vestirse...) e necesitan traballar, posúen fabulosos tesouros e arcas cheas de ouro, teñen arados e carros de boi, moven cadeas de ouro dun lado para outro, e teñen galiñas máxicas que crían pitiños de ouro. Viven en covas e baixo mámoas, construíron petróglifos e castros. Construíron cadeiras e tronos de pedras para os seus reis, e outro tipo de obras que lle confiren poderes misteriosos e sobrehumanos. Na Galiza calquera construción de orixe descoñecida atribúese aos mouros. Moitas lendas contan que o tempo dos mouros foi unha época conflitiva e bélica, de constantes loitas que remataron coa súa derrota e expulsión, aínda que moitos quedaron habitando nun mundo subterráneo. Os ríos subterráneos, os tesouros ocultos, o son de música aparecen con frecuencia relacionados cos mouros, tamén co castigo asociado a aqueles que acceden ou visitan o seu mundo. Os tesouros e encantamentos relacionados cos mouros tamén están normalmente próximos a nacentes de auga.

“No tempo dos mouros...” expresión empregada para aludir a tempos



N

“ o Mouro, seica había unha casiña soíña a man dereita, onde a fonte, decían que era dos mouros, e foi un home que dícía que había alí unha lenda e andaban buscando e foron cavar deica a casa, pero tal tesouro non atoparon, e logo dicían que o tesouro estaba agachado debaixo alí da casa”

O

“ tesouro do mouro, por alí había, fartáronse de buscar, pero alí ninguén levou nada, cerca da fonte, cavaron e cavaron pero alí non atoparon nada, había un manantial”



A MOURA

R

afael Quintía Pereira no seu libro “Análise estrutural e

simbólica do mito da moura” defínenos que é unha moura: “As mouras –tamén coñecidas como donas, damas, señoras, señoritas, princesas, raíñas, encantos, etc- son mulleres encantadas e de enorme beleza resaltada polo seu cabelo xeralmente roxo ou loiro, a súa pel branca e as súas meixelas rosadas. As mouras viven en fontes, pozas, ríos, fervenzas, penedos, castros, mámoas, petróglifos e noutros monumentos arqueolóxicos ou formacións naturais de peculiar feitura. Represéntanse como seres sensuais e sedutores pero tamén perigosos. Outras veces, pola contra, poden aparecer como mulleres vellas. Nos encontros cos homes, como seres encantados que son, adoptan, a miúdo, a fasquía dunha arrepiante serpe que acostuma pedir un bico para poder desface-lo feitizo que a engaiola. Outras veces a cóbrega preséntase cunha flor nos beizos se o home ten o valor de collerlla fará que a moura rompa o seu encantamento e recobre a súa aparencia normal. Tamén son frecuentes as lendas nas que a moura pide un favor a un ser humano, que a axude nunha tarefa: ser peiteada, que se agasalle con leite, pan ou un animal ou mesmo pode pedir axuda no parto. Son seres que posúen grandes riquezas, alfaias e obxectos de ouro –como peites, tesoiras e galiñas e pitos de ouro- que xeralmente poñen a delourar en datas especiais do ano, como acontece na mañanciña de San Xoán. As mouras teñen unha forza sobrehumana, son quen de construír megálitos, fortalezas e pedras figurativas que levan sobre as súas cabezas. Tamén son as responsables da formación de determinadas paisaxes xeolóxicas e incluso teñen carácteres de seres civilizadores e culturizadores. Representa, dalgún xeito, a forza do sobrenatural. Adoitan presentarse fiando cunha roca na man e, ás veces, cun neno na outra. Este tipo de representación é moi habitual nas lendas de mouras que narran a orixe dun megálito ou dunha formación rochosa estraña.” En canto a súa escenografía, os lugares onde aparece, podemos mencionar os seguintes: como divindades ou xenios femininos das augas (fontes, ríos, pozos); como gardadoras de tesouros encantados; como construtoras de monumentos; ou ás veces como xenios maléficos que perseguen ao home ocasionándolle diversas doenzas.



A SERPE E A MOURA

C

on frecuencia aparecen asociadas nas lendas.

A serpe é un animal

de grande carga simbólica, moitas veces de significados opostos. Para o cristianismo simboliza o mal, o pecado; noutras culturas anteriores simbolizaba a fertilidade e aparece asociada a mesma terra. Malia os séculos de cristianismo aínda pervive na cultura popular galega virtudes positivas asociadas ás serpes. En ocasións a súa forma fálica asóciase á virilidade, noutras ocasións a un ventre fecundo. A asociación entre moura e serpe remítenos ós ciclos da terra e da natureza. A moura que se converte en serpe representa o poder da rexeneración da terra e o ciclo do nacemento, vida e morte simbolizados a través da muda da súa pel. Pero tamén representa o perigo latente que a muller moura representa para o home.

“alí na cova, había unha cobra que gardaba o tesouro, impedindo pasar un pouco pra adiante”



A MOURA CONSTRUTORA DE MEGALITOS

A

moura aparece como un ser de forza sobrehumana capaz

de transportar enormes pedras na cabeza e de construír dolmens, pedrafitas e outras formacións rochosas colosais. Normalmente aparece como construtora deses elementos arqueolóxicos ou ben como principal moradora.

“que unha moura apañara todos os penedos da zona e os levara na cabeza para o Alto da Moura” “e apañaron unha moura todos os penedos alí para a cabeza”

A MOURA E A GALIÑA DOS PITOS DE OURO

S

on moitas as lendas galegas nas que a moura aparece

asociada a unha rolda de pitos de ouro. Algunhas farán que esta galiña cos pitos de ouro é a propia moura transmutada por encanto na rolda de aves. Outras veces a moura aparece como coidadora dos pitos. A aparición da galiña cos pitos de ouro acontece con frecuencia na noite de San Xoán. Con frecuencia estes pitiños aparecen asociados con fontes, pozos, túneles, e ás veces saíndo do interior dunha rocha.

“noutra cova no tempo dos mouros había un subterráneo e unha pita con pitiños que foi parar a igrexa de Sta Eulalia, alí, cerca de Esgos, pecháronlle esta boca e entón os pitiños seguiron e seguiron e apareceron alá”



A MOURA COMA PORTEIRA DO INFRAMUNDO

E

se mundo subterráneo que habita, esas covas, túneles ou

fendas nas rocas remiten a lugares de tránsito vertical, polo que teñen un valor simbólico como tránsito ao Alén, ao Máis Alá, ao Outro Mundo. As covas e os penedos son tamén o lugar de paso ó mundo dos mouros e ás veces desaparece a porta da cova, ou se pecha o penedo antes de que poidamos entrar ou, o que aínda é peor, unha vez que xa penetramos na peneda, e, polo tanto, non podermos regresar.

“No alto da Moura seica alí había, entrabamos nela, unha cova entre os penedos, chámabanlle a cociña, o balcón, seíca ía ate Soutelo, alí metíase a Moura, agora arranxaron o camiño e xa desapareceu.”



A MOURA E OS OBXECTOS DE OURO

A

posesión de obxectos de ouro é sinal de abundancia e

fartura, e por extensión, de fertilidade e bonanza. Procede por tanto da asociación entre moura, deusa e a terra. Tamén existe unha clara conexión entre o ouro e o sol, sendo este símbolo de vida e quen fai xerminar a terra, pero tamén de símbolo do paso ao Máis Alá e do renacer, pois marca o nacemento de cada día. OS ECOSISTEMAS DA MOURA

A

s xeografías míticas nas que aparece a moura remiten a

paraxes naturais de grande carga simbólica como cursos de auga, fontes, covas...; penedos figurativos e formacións rochosas colosais ou de forma peculiar; e tamén xacementos arqueolóxicos ou monumentos históricos de orixe incerta. A moura conserva trazos dunha antiga deidade da natureza. Nela conflúen o sol, a auga, a pedra e a terra. É, por tanto, un ser estreitamente vinculado á natureza, poden concluír incluso que ela mesma é a representación da natureza.

A MOURA QUE DÁ NOME Á PAISAXE

P

ero as nosas mouras non só constrúen a paisaxe senón que elas dan tamén nome á propia paisaxe.

Fragas,ríos,montes, montañas, serras, penedos, campos... Destacamos os Penedos da Moura, tamén coñecido como Alto da Moura que está nun dos puntos máis altos no límite co concello de Esgos. E do que moi acertadamente tomaron nome en Maceda para denominar unha ruta de sendeirismo que percorre estas terras. Tamén mencionar o topónimo de O Mouro, como xa dixemos. Polo tanto na nosa toponimia están ben representadas as lendas popular galegas e a súa mitoloxía máis ancestral.


m po M d at e am Sa or nti os ag o

Te



A

tradición do Apóstolo Santiago, de orixe cristiá,

domina as historias de toda a península Ibérica, principalmente por aquelas terras polas que pasa o camiño de Santiago. No noso caso a súa presenza vén marcada polo feito de que Santiago é o patrón da nosa igrexa parroquial, en Zorelle. A súa faceta lendaria e guerreira mantense nas historias que se conservan de antigo, con ese engadido milagreiro e loitador contra o enemigo invasor: “os moros”. A lenda contaba que Santiago, montado no seu cabalo branco, desprazábase a grande velocidade dun lugar a outro para poder vencer aos innumerables moros que nos invadían. Nesas batallas o seu cabalo ía pegando chimpos de outeiro en outeiro, e era tanta a forza do seu desprazamento que deixaba as marcas das patas do cabalo en canto outeiro pisaba. Pola zona había unhas cantas destas “huellas”: unha antes de Lamas, na zona coñecida como o Castro, nunha pedra grande¨; outra no outeiro da Costa; e outra no outeiro do Alto da Moura. Ir na busca destas “huellas do cabalo de Santiago” nas pedras dos arredores eran viaxes iniciaticas atrativas para os cativos cando escoitaban por vez primeira o grande poderío deste Santiago Matamoros a lomos do seu cabalo, fuxindo ás veces do seu enemigo, e outras correndo tras deles. Achegarse até alí e tocalas coas inocentes mans dos cativos era unha carga de forza lexendaria para a imaxinación dos nosos nenos. Todo este imaxinario infantil viña reforzado pola imaxe do Santo que se atopa na igrexa de Zorelle, onde se ve o seu poderío: con man alzada en posición violenta, cabalo erguido sobre as patas traseiras, humillando e pisoteando a moros enemigos e rendidos ao seu poder.


Tempo de tesouros


O

utro gran atractivo para as xentes de antaño era a

existencia de tesouros, ben fose de xeito lexendario, como a posibilidade de que na fonte do Mouro houbera ouro agachado, ou ben dun xeito máis real, neste caso as crenzas que circulaban arredor da casa máis importante do pobo, a Casa Grande, habitada nos seus días por xentes acaudaladas. Por iso entre as xente de Bustavalle existía a crenza de que entre as pedras da casa atopábanse, agachados, grandes tesouros. O poderío da casa queda de manifesto na lembranza dalgúns veciños que din que no pasado toda a casa estaba elegantemente construída con pedra: a cociña era toda de pedra, chea de labradas columnas de pedra, o baño tamén todo de pedra, bañeira incluída. Dentro do gran atractivo que esta Casa Grande exercía sobre as xentes do lugar está o comentario extendido de que na porta de entrada había un escudo rodeado dunhas cadeas de pedra nas que estaba pintado o demo. A presenza do maligno para afastar e protexer, talvez, aos que estiveran tentados de entrar a roubar esas riquezas. Porque a xente que viaxaba nos carromatos dun lugar outros soían parar en Peixanuriz e desde achégabanse até os pobos para roubar, sendo a Grande especialmente atraínte pola sona dos tesouros.

para alí Casa seus




C

armen, a miña avoa, a miña avoa Carmen, ela que tanto,

tanto, tanto cariño me deu, sen embargo, foi ela a que me deu a coñecer o terror, o medo, o arrepío, a angustia, os pesadelos infantís... Era eu moi cativo, de cinco ou seis anos, cando ela me contou unha historia que ocorrera no seu pobo, Bustavalle, o meu pobo tamén, foi aí cando descubrín o terror, o medo, o arrepío, a angustia, os pesadelos infantís... Marcoume de tal maneira esa sinxela historia que aínda cando hoxe penso en feitos terroríficos penso naquela historia que ela me contou: “No inverno, cando a noite caía, o lume se consumía, e só quedaba o calor das mantas e o longo e profundo silencio da noite. Era nese intre cando un estraño ruído invadía a noite: sssssssssshhhhhhhhhh dominando todo os recunchos do pobo, e facendo tremer a todo ser vivo alí presente, ben no calor das mantas, ben no frío da noite. Noite tras noite o mesmo estrondo: sssssssssshhhhhhhhhh Así durante todo un inverno, sen que ninguén se atrevese a buscar a orixe de tal ruído Sssssssssshhhhhhhhhh Só moito tempo despois o veciño máis arroutado conseguiu descubrir a procedencia daquel estraño son: sssssssssshhhhhhhhhh Era algo tan sinxelo que ruborizou a todo o pobo: Nas noites de inverno cando o vento soaba as enormes, xigantescas ramas de dous carballos próximos que se entrelazaban, rozábanse tan intensamente que facían: Sssssssssshhhhhhhhhh” Como vos dicía aínda hoxe cando vexo por aí as ramas de dúas árbores abrazadas non penso no amor, penso no terror, no medo, no arrepío, na angustia, nos pesadelos infantís, Que van producir as caricias, ou mellor dito, o rozamento das súas ramas sssssssssshhhhhhhhhh



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.