Vaca Pinta 42. Edición en galego

Page 76

NA GRANXA

LA PERUYEIRA. CASTROPOL (ASTURIAS)

En Vaca.tv

Todo xira en base ao pastoreo e á xestión de 165 hectáreas Neste número de revista Vaca Pinta, quixemos coñecer que hai detrás do día a día de La Peruyeira, a granxa asturiana que estivo no punto de mira tras a visita de Ibai Llanos para un proxecto moi especial. O manexo dos pastos marca claramente a súa xestión.

Localización: Castropol (Asturias) N.º total de animais: 392 Vacas en muxidura: 200 Media de produción: 27 l/vaca/día Porcentaxe de graxa: 3,96 % Porcentaxe de proteína: 3,30 % Venda do leite: Central Lechera Asturiana

C

omo socia de Central Lechera Asturiana, La Peruyeira, situada no concello asturiano de Castropol, foi elixida para protagonizar unha das últimas campañas publicitarias da cooperativa e de colaborador indispensable para a devandita publicidade recibiu a visita do creador de contidos Ibai Llanos. O día de gravación, en pleno verán, non pasou desapercibido para a prensa xeralista e foi foco de moitas das portadas da comarca porque, por se fose pouca novidade, Llanos aterrou en Asturias acompañado do seu amigo, o exfutbolista Gerard Piqué. Tras varios meses da experiencia, Felipe Fernández, o seu encargado, ábrenos as portas da granxa para coñecer como é o seu verdadeiro día a día.

UNHA GRANXA E UN ESTALEIRO Felipe comezou a traballar en La Peruyeira cando era rexentada polo avó materno do actual propietario, Álvaro Platero, dono tamén da empresa naval Astilleros Gondán. “O avó era xa moi maior, a xestión que se estaba facendo naquel momento non era moi boa e, por mediación do seu pai, convencémolo para que, ademais de traballar xa en Astilleros Gondán, se ocupase tamén da xestión da granxa”, lembra. Así foi, porque segundo conta Felipe, hai máis de 28 anos que Álvaro Platero leva as contas da gandería. A raíz familiar é a razón pola que se combinan dous negocios de tan dispar natureza. Por aquel entón, en La Peruyeira xa realizaban pastoreo, pero como os resultados non eran demasiado

76 | Vaca Pinta n.º 42 | 12.2023

vp042_naGranxa_peruyeira_galego.indd 76

26/12/2023 16:00:41


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Vaca Pinta 42. Edición en galego by Transmedia Comunicación - Issuu