AXENDA
Biofach volve ao seu formato presencial o vindeiro mes de xullo
DATOS BIOFACH 2020 Expositores: 3.738 empresas Países participantes: 136 Visitantes: 50.000
A feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable BioCultura Madrid xa empeza a preparar todo para acoller expositores e visitantes do 3 ao 6 de novembro no Ifema da capital española. A cita, organizada pola asociación Vida Sana, é de carácter anual e é unha das máis importantes de España. Aínda co programa sen pechar, agardan celebrar unhas 300 actividades e recibir uns 500 expositores e 50.000 visitantes. Así, poderanse ver unhas 18.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica que forman parte do sector. Moda sostible, ecomateriais, mobles, decoración de vivendas, enerxías renovables, benestar, turismo rural, ecoloxía, libros e moito máis encontraranse no recinto para dar a coñecer todas as novidades.
A Feira Internacional de Produtos Orgánicos Biofach celebra este ano a súa XXXIII edición, combinada con Vivaness, a Feira Internacional do Coidado Persoal Natural e Orgánico. Trátase do tándem feiral de Núremberg recibido con grande entusiasmo polo mundo ecolóxico, como demostran os datos da última edición (2020), que convocou 3.738 expositores. Tras a cita virtual por mor da pandemia, a feira alemá regresa cun completo programa de actividades: seminarios, workshops e conferencias sobre os temas de maior actualidade. O Congreso, que ten lugar paralelamente, é tamén desde hai tempo un foro importante para o sector biolóxico, entre outras cousas porque é onde se amosan as cifras e os feitos máis actuais acerca do seu desenvolvemento. Lembrade que a cita será entre o 26 e o 29 de xullo de 2022 no Exhibition Centre Nuremberg e, por terceiro ano consecutivo, será a Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB), co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAPA), a que organizará o pavillón agrupado español.
BioCultura Madrid quenta motores para a súa cita de novembro
C R A E G A 2 2
6 0