__MAIN_TEXT__

Page 1

REVISTA do

CRAEGA

N.º 41 > Primavera 2017

al u n a a i r o Mem do Craega

Galicia consolida as súas vendas en

ecolóxico Craega en Biofach 2017

Xornada do Craega en Monforte para produtores certificados

Catas eco en Xantar e no Fórum Gastronómico

Charla sobre agricultura eco na Pastoriza

Indicador Ardán para Lugar Daveiga


3 | Memoria anual do Craega 7 | De feiras

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

9 | Formación 12 | Actualidade do sector 15 | Taboleiro de anuncios

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Ecotenda Verganta R/ Santísima Trinidad, 7, baixo 15200 Noia A Coruña 689 389 190 ecoverganta@gmail.com Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com

Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com

Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es

D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230 Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

hostaleiros Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Recuncho Ecolóxico Mercado municipal, local exterior, 14 Praza do Concello 15100 Carballo A Coruña 687 243 375 orecunchoecoloxico@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo (Pontevedra) 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es

Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  >

A agricultura eco galega

medra un 25 %

Ascenso “constante e sostido” da agricultura ecolóxica en Galicia

“Os ingresos xerados pola agricultura ecolóxica en 2016 multiplicáronse por 140 desde 1999, ano no que apenas se chegou aos 290.000 euros”

E

stes foron os cualificativos aos que se referiu Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural, na presentación da memoria de actividades do Craega correspondente a 2016, que tivo lugar o pasado 5 de abril en Santiago de Compostela. A titular do Medio Rural estivo acompañada na mesa polo presidente do Consello, José Antonio Fernández, e pola directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. No transcurso do acto Vázquez anunciou que a Xunta de Galicia destinará 4,3 millóns de euros nos vindeiros anos para fomentar a agricultura ecolóxica na nosa comunidade, fondos que se consignan no Plan de fixación da poboación no rural e que permitirá ampliar nunhas 8.000 hectáreas a superficie ecolóxica galega, que este ano chegou ás 27.000 hectáreas. Así mesmo, salientou que no último ano a superficie total certificada polo Craega aumentou

case un 36,5 % e o volume de negocio creceu por riba do 25 %, chegando ata os 41,7 millóns de euros, unha cifra que supón que os ingresos xerados pola agricultura ecolóxica se multiplicaron por 140 desde 1999, ano no que apenas se chegou aos 290.000 euros. Na presentación, a titular do Medio Rural cualificou a produción ecolóxica como “referente” dentro do agro galego, “non só polo seu peso económico, senón tamén pola súa transcendencia social, ambiental e ata cultural, porque o ecolóxico conforma toda unha cultura de produción e consumo”, engadiu. En relación con este último, a conselleira puxo en valor datos achegados polo Craega, que sinalan que case o 92 % dos galegos coñece ou escoitou falar dos alimentos ecolóxicos, cuxa principal motivación para consumir este tipo de produtos é a saúde. Os produtos que se adquiren con máis frecuencia son as froitas, seguidas das verduras frescas e dos lácteos.

CRAEGA 

> 3


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

Datos económicos

Craega 2016 Superficie inscrita ecolóxica (ha) 2016

Os datos extraídos da memoria 2016 confirman que a agricultura ecolóxica na nosa comunidade vén para quedarse e que cada ano aumenta o interese por este tipo de produción. Entre todas as cifras que acreditan outro ano positivo para o Craega, hai dúas especialmente salientables: a superficie ecolóxica achégase ás 28.000 hectáreas e o volume de negocio alcanza os 41,7 millóns de facturación.

SUPERFICIE 2015 (ha)

1.423,37

2.456,19

13.847,81

A Coruña Lugo Ourense Pontevedra

9.989,37

Superficie inscrita para o cultivo ecolóxico A táboa que amosamos a continuación reflicte, como é a tendencia habitual ano tras ano, o aumento da superficie inscrita en ecolóxico, que pasa de 20.306,36 ha do ano 2015 ás 27.716,74 ha en 2016, o que supón un crecemento do 36,49 %. Por provincias, o maior aumento dáse nas da Coruña e Lugo, pois a superficie medrou nun 94,22 % e nun 43,46 % respectivamente. Ourense crece nun 23,45 % e, seguíndoas moi de lonxe, Pontevedra, que sobe un 9,67 %.

SUPERFICIE 2016 (ha)

VARIACIÓN

VARIACIÓN (%)

A Coruña

1.264,62

2.456,19

1.191,57

94,22 %

Lugo

9.652,42

13.847,81

4.195,39

43,46 %

Ourense

8.091,51

9.989,37

1.897,86

23,45 %

Pontevedra

1.297,81

1.423,37

125,56

9,67 %

20.306,36

27.716,74

7.410,38

36,49 %

Galicia

4

<

CRAEGA


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA >

Número de inscritos A tendencia á alza mantense constante, xa que en 2015 rexistramos 797 operadores e en 2016 chegamos aos 945, o que en termos porcentuais se traduce nunha medra do 19,14 %. Dentro deles, o número de produtores pasou de

1.000

626 de 2015 a 751 en 2016, é dicir, creceu un 13,00 %. Pola súa banda, o número de elaboradores, importadores e comercializadores ascendeu de 171 a 194 inscritos, isto é, un aumento do 14,77 %.

Número de inscritos polo Craega 1997-2016

900 800

Elaboradores Produtores

700 600 500 400 300 200 100 0

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016

A seguinte gráfica recolle a evolución da superficie total certificada dende 1997 ata 2016.

A tendencia á alza mantense constante, xa que en 2015 rexistramos 797 operadores e en 2016 chegamos aos 945

Este ano, igual que o resto dos parámetros, a barra continúa en ascenso.

30.000

25.000

20.000

15.000

10.000

5.000

0

1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016

CRAEGA

>

5


MEMORIA ANUAL DO CRAEGA  >

Número de operadores por provincia e tipo de produción A produción acuícola está presente na Coruña e en Pontevedra, cun maior número de operadores nesta última. A produción vexetal ten maior presenza na provincia de Lugo, con 132 operadores; 123 en Pontevedra, 88 na Coruña e 40 en Ourense.

Finalmente, no que respecta á elaboración e á comercialización, Lugo volve ser a primeira en número de operadores, con 60, seguida por Pontevedra, con 58, e, en terceiro e cuarto lugar sitúanse A Coruña e Ourense, con 43 e 33, respectivamente.

En canto á produción animal, a provincia de Lugo, con 201 explotacións, está moi por riba do resto das provincias: Ourense 61, A Coruña con 46 e Pontevedra con 23.

Na seguinte táboa desagrégase o número de operadores por cada provincia, detallada por tipo de produción.

TIPO DE PRODUCIÓN

A CORUÑA

Acuicultura

LUGO

OURENSE

PONTEVEDRA

TOTAIS

11

0

0

21

32

Recollida de algas

2

0

0

3

5

Comercializadores

4

6

4

4

18

Exportador/Importador

1

0

1

5

7

Elaboradores

38

54

28

49

169

Produción animal

46

201

61

23

331

Produción vexetal

88

132

40

123

383

TOTAIS

190

393

134

228

945

A provincia de Lugo sitúase en primeiro lugar tanto no número de explotacións coma no número de operadores rexistrados

Volume de negocio En 2016 o volume de negocio alcanzou os 41,7 millóns de euros, unha cifra que o sitúa por riba do 25 % do volume de vendas certificadas en ecolóxico. En canto aos produtos, segue a encabezar o negocio a venda de leite

e os seus derivados, que facturaron máis de 13 millóns de euros, seguida da carne e derivados, con case 7 millóns; en terceiro lugar sitúanse as conservas de pescado, con 5,4 millóns.

V. NEGOCIO 2015 EUROS

PRODUTOS

Aceites

V. NEGOCIO 2016 EUROS

DIFERENZA EUROS

% VARIACIÓN

664.012,40

711.283,96

47.271,56

7,12

Bosque e recollida silvestre

1.495.040,03

1.708.952,53

213.912,50

14,31

Carnes e derivados

4.147.178,95

6.810.626,61

2.663.447,66

64,22

4.400,00

2.202,75

- 2.197,25

-49,94

4.121.685,53

5.456.748,14

1.335.062,61

32,39

Conservas vexetais

721.637,53

183.718,38

- 537.919,15

-74,54

Árbores froiteiras

703.217,60

701.361,73

- 1.855,87

-0,26

Hortalizas

583.781,66

810.519,86

226.738,20

38,84

Leite e derivados

9.949.491,15

13.182.813,84

3.233.322,69

32,50

Outros elaborados

2.180.341,84

2.622.196,53

441.854,69

20,27

Ovos e derivados

1.647.296,17

2.076.663,94

429.367,77

26,07

578.810,77

486.366,25

- 92.444,52

-15,97

Pensos e alimentación animal

2.958.283,68

2.671.230,57

- 287.053,11

-9,70

Produtos apícolas

1.255.493,78

1.467.108,00

211.614,22

16,86

Viños, sidras e vinagres de sidra

1.508.203,21

1.508.757,37

554,16

0,04

Cereais Conservas de pescado

Panificación

Tubérculos Acuicultura e recollida de algas TOTAIS

6 

< 

CRAEGA

21.143,00

16.630,20

- 4.512,80

-21,34

794.025,11

1.339.242,25

545.217,14

68,66

33.334.042,41

41.756.422,91

8.422.380,50

25,27


DE FEIRAS  >

A produción galega eco, un ano máis na

feira alemá

A sistiu O Craega a tame cer de novo ao ferencia, e re ecolóxico d ste ano se ee Biofach, qu 18 de febreiro 15 ao celebrou do berg (Alemaña). en Núrem participaron 6 ión Nesta ocas mo expositoras o empresas c visitantes e 4 como

feira líder mundial de produtos ecolóxicos desenvolveuse xunto con Vivaness, o Salón Monográfico Internacional da Cosmética Natural. As cifras de asistencia bateron un novo récord, pois reuniu 51.453 visitantes profesionais, que acudiron de 134 países para presenciar a oferta de 2.785 expositores (259 en Vivaness), procedentes de 88 países. O aumento da participación é un reflexo da evolución positiva do sector. Tamén se presentaron 770 novos produtos e innovadores no stand das novidades Biofach (574) e Vivaness (196), onde os visitantes profesionais escolleron cales merecían ser premiadas.

O mercado ecolóxico internacional Alemaña é o primeiro mercado europeo e o segundo mundial do sector da alimentación e bebidas ecolóxico. A súa cifra de negocios ascendeu no ano 2016 a 9.480 millóns de euros segundo a Asociación da Industria Alemá de Alimentos Ecolóxicos (BÖLW). Isto supón un crecemento dun 8,5 % respecto do ano anterior. Debido á elevada demanda do sector, precisa de importar produtos para satisfacer os consumidores. CRAEGA 

> 7


DE FEIRAS  >

A Federación Mundial de Movementos Orgánicos (IFOAM) presentou o Informe da agricultura ecolóxica mundial 2017 durante o evento, no cal se amosan os datos do mercado ecolóxico mundial. Cabe destacar que o volume total deste mercado se incrementou outro ano máis, con 75.000 millóns de euros (segundo datos de 2015).

O Craega en Biofach Nesta edición o Craega participou cun stand propio de 45 m², acompañado por seis empresas, que presentaron as súas marcas e os produtos que comercializan: A Factoría Ecolóxica (Biofactory) coa súa gama de xeados; Coraçai Alliance, que vende xeados e polpa de açai; Connorsa (Cabo de Peñas), que amosou unha selección das súas conservas do mar; Customdrinks, que levou unha variedade de sidras Maeloc; Mieles Anta, que celebrou en febreiro 25

8 

< 

CRAEGA

anos dedicados ao mel e aos produtos apícolas, e Porto-Muiños, unha das empresas pioneiras na comercialización de algas en Europa. Ademais, participou no certame a empresa Conservas Antonio Pérez La Fuente na parte dedicada aos produtos Demeter. Tamén se desprazaron ata o evento representantes das empresas Avega, Coren, Caponcito e Hasenosa en calidade de visitantes. Segundo os asistentes á feira, os principais motivos que inflúen na súa participación son a utilidade do certame como punto de encontro con clientes, distribuidores e provedores, debido á súa relevancia internacional; as posibilidades de ampliar vías de comercialización e o feito de que sirva como observatorio sobre as tendencias e sobre a dinámica do mercado ecolóxico. A vindeira edición celebrarase do 14 ao 17 de febreiro de 2018 no recinto feiral de Núremberg.


FORMACIÓN >

Como mellorar as estratexias

de venda eco, punto clave do encontro

Na inauguración estiveron presentes (de esq. a dta.) Mercedes Rodríguez, José Tomé, José Antonio Fernández, Belén do Campo e Sonsoles López

O Craega organizou en Monforte de Lemos a I Xornada de Comercialización de Produtos Ecolóxicos de Galicia

O

venres 27 de xaneiro a casa da cultura Poeta Luis Pereiro de Monforte de Lemos congregou un cento de persoas que asistiron á I Xornada organizada polo Craega sobre comercialización de produtos ecolóxicos na nosa comunidade, cuxos principais destinatarios foron os produtores con certificación ecolóxica. O programa de actividades puxo o foco no proceso que implica comercializar e vender tanto a nivel nacional como internacional, a través da exposición dos diferentes puntos de vista sobre o mercado e centrándose en aspectos relacionados coa xestión comercial e co axeitado uso do marketing.

Mercedes Rodríguez (directora xeral de Pesca), xunto a José Tomé, alcalde de Monforte

A Xornada deu comezo ás 10:00 h coa inauguración a cargo de Sonsoles López, deputada de Medio Ambiente (Deputación de Lugo); de Mercedes Rodríguez Moreda, directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Consellería do Mar); de Belén do Campo, directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias (Consellería do Medio Rural); de José Antonio Fernández, presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega); e de José Tomé Roca, alcalde de Monforte de Lemos. Como representante do Medio Rural, Do Campo resaltou o incremento que está a ter a produción ecolóxica no sector lácteo, como o demostran os datos que presentou ante o público.

Belén do Campo (esq.) fixo fincapé no crecemento do sector

CRAEGA 

> 9


FORMACIÓN >

O alcalde de Monforte comprometeuse a seguir colaborando co Craega

Ángeles Parra, presidenta de Vida Sana

Begoña Táboas (esq.) é a responsable dos produtos eco de Carrefour

Segundo informou, en Galicia contabilízanse na actualidade 79 granxas ecolóxicas certificadas, das que 37 xa venden o leite e 42 están en proceso de conversión. Así mesmo, anunciou un Plan estratéxico de agricultura ecolóxica, que está a poñer en marcha a Consellería e que prevé rematar ao longo deste ano. A continuación, lembrou a importancia que ten a produción ecolóxica, pois axuda a desenvolver a potencialidade do campo galego, dotándoo de futuro a través do respecto ao medio ambiente e ao benestar animal, así como a manter e a mellorar a fertilidade do solo.

cello, como foron as obras de mellora de accesibilidade no edificio que alberga as oficinas deste organismo.

Finalmente, a directora xeral felicitou ao Craega pola celebración deste tipo de xornadas, “imprescindibles para darlle un impulso á comercialización destes produtos”.

A continuación, Begoña Táboas, responsable do Departamento de Produtos Ecolóxicos de Carrefour nos seus espazos gourmet, interveu coa charla titulada “Distribución. Por que vendemos produtos ecolóxicos?”, na que enumerou algúns dos motivos polos cales a gran distribución tomou a decisión de darlles cabida a este tipo de alimentos.

Pola súa banda, o presidente do Craega apuntou que o principal obxectivo do evento é achegarlles aos produtores ecolóxicos “as fórmulas que mellor funcionan co fin de que poidan chegar a un mercado que está cada vez máis interesado en adquirir produtos ecolóxicos”. Segundo Fernández, este mercado está medrando e “irá a máis nos próximos anos”, porque “a preocupación polos alimentos é cada vez maior debido á aparición de alerxias e doutros problemas asociados a determinados conservantes”. O encargado de pechar a mesa de benvida foi o alcalde de Monforte. Ao longo do seu discurso comprometeuse publicamente a seguir colaborando co Craega, cuxa sede dende a súa fundación se asenta nesa vila. Tomé lembrou algunhas das accións realizadas polo seu ConDe esq. a dta., Sonsoles López, Ramón Lamelo, Rocío Freire e Damián Fdez. Conchas

10 

< 

CRAEGA

Tras a inauguración institucional, abriu a rolda de intervencións a presidenta da Asociación catalá Vida Sana, Ángeles Parra, quen ofreceu o relatorio titulado “Evolución dos produtos ecolóxicos en España”. Parra repasou os case corenta anos de desenvolvemento deste sector no noso país e foi moi optimista ao respecto, pois destacou o “momento doce” que está a vivir e que se debe aproveitar sen esquecer a orixe e as bases dunha verdadeira produción ecolóxica.

O terceiro en falar foi Albert Beltran, director comercial e de marketing da distribuidora de produtos ecolóxicos en España, Biocop, quen deu conta de cal é a estratexia dunha firma que factura xa máis de 10 millóns de euros. Despois nomeou varios exemplos de modelos de comercialización en todo o mundo e fixo unha proxección moi positiva do crecemento do sector a nivel nacional. A segunda metade da mañá foi a quenda da Administración, que estivo representada por Ramón Jesús Lamelo, xefe do Servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria (Consellería do Medio Rural); por Ramón Damián Fernández Conchas,

Albert Beltran

D. Fernández Conchas

R. J. Lamelo


FORMACIÓN >

De Marcos (dta.) disertou sobre lexislación en materia eco

Miguel Soto é técnico da cooperativa Ullama

xefe do Servizo de Mercados, Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Consellería do Mar), e por Sonsoles López, representante da Deputación de Lugo. Na rolda de intervencións, moderada por Rocío Freire, vicepresidenta do Craega, os tres deron conta das actuacións que están a levar a cabo as Administracións en materia de produción ecolóxica. Tras eles, Esperanza de Marcos, xefa de Servizo na Subdirección Xeral de Calidade Diferenciada e Agricultura Ecolóxica (MAPAMA), expuxo de maneira pormenorizada ante o público a nova lexislación ecolóxica europea e explicou en que consiste a certificación de insumos. A tarde reservouse para a mesa redonda, que estivo conformada por Rocío Freire, quen volveu actuar de moderadora; por Miguel Soto Albores, técnico da cooperativa Ullama, e por Antonio Muiños, xerente de Porto-Muiños. Os dous empresarios contaron a súa propia experiencia como produtores ecolóxicos en Galicia e mostráronse moi optimistas, animando a continuar na liña ascendente dun sector cun potencial de crecemento moi importante.

Antonio Muiños falou da súa experiencia como produtor ecolóxico

Deseguido sumáronse ao debate Ángeles Parra e Albert Beltran, dous dos relatores da mañá, e Ramón Lamelo e Esperanza de Marcos, no nome da Administración pública. A Xornada deu fin cun debate aberto a todos os asistentes.

Os integrantes da mesa redonda foron optimistas co futuro do sector

Xornada na Pastoriza sobre

agricultura ecolóxica

O

día 17 de marzo tivo lugar en horario de mañá na casa da cultura da Pastoriza (Lugo) a Xornada titulada “Fertilización, laboreo, sementeira: aproveitar a vida do solo”.

Organizada pola asociación Adea, o programa incluíu a charla impartida por Xan Pouliquen Kerlau, quen na súa intervención abordou contidos como o interese de minimizar o traballo de laboreo, da necesidade de usar menos química sen perder produción ou da sobresementeira e da sementeira directa. O encontro completouse cunha visita a unha granxa da zona en pastoreo.

CRAEGA 

> 11


ACTUALIDADE DO SECTOR  >

Novas catas eco en Xantar e no Fórum Gastronómico

O

pasado inverno, as dúas grandes feiras gastronómicas que teñen lugar en Galicia, o Xantar de Ourense (1-5 de febreiro) e o Fórum Gastronómico da Coruña (12, 13 e 14 de marzo), incluíron no seu amplo programa de degustacións o showcooking conducido por Miguel Mosteiro Díaz, cociñeiro do restaurante Deleitarte (Boiro), que elaborou diversos pratos con produtos eco procedentes da acuicultura. Estas catas, ás que asistiu o secretario do Craega, Javier García, están abertas ao público e enmárcanse na promoción “Ecolóxicos a mares”, que está a levar a cabo a Consellería do Mar para dar a coñecer estes produtos e concienciar o público de que a agricultura ecolóxica tamén vén do mar.

12 

< 

CRAEGA


ACTUALIDADE DO SECTOR >

As Maruxas,

produto do mes no blog El Comidista

A

s galletas de nata da empresa Maruxas foron elixidas o día 15 de marzo por Mikel López Iturriaga e o seu equipo para inaugurar a sección dedicada aos produtos que enamoran a “El Comidista”, blog gastronómico que se publica na versión dixital do diario El País. Esta nova serie da popular bitácora está dedicada a “produtos artesáns que nos emocionasen pola súa calidade, polo seu sabor e pola historia que teñen detrás”.

Lugar Daveiga

recibe o indicador Ardán de boas prácticas empresariais

A

empresa chantadina dedicada á elaboración das gallegas mariñeiras suma este recoñecemento a outros premios recibidos ao longo da súa traxectoria. Nesta ocasión foille concedido por Ardán, un servizo de información empresarial desenvolvido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, polo seu traballo como empresa “que alcanza novos niveis na súa capacidade para competir de modo sustentable, poñendo en valor elementos como as persoas, os sistemas, o cambio estratéxico, as redes e as finanzas”.

CRAEGA

>

13


ACTUALIDADE DO SECTOR  >

O que vai vir… “Ecolóxicos a mares”, na XXXI edición do

Craega terá stand en B  ioCultura

Salón de Gourmets

Barcelona

O

Craega estará presente na 24.ª edición de BioCultura Barcelona, que se desenvolverá entre o 4 e o 7 de maio no Palau Sant Jordi. Viaxarán co Consello as seguintes empresas colaboradoras: Alicornio Organic Liquors, Souto da Trabe, Bodega Corisca, Casa Grande de Xanceda, Celtaverde, Cervexa Celebridade Galega, Conservas Mar de Ardora, Froitas do Rosal, Sovoral Apicultura Orgánica, Orballo, Pecado de Outono e Terra de Baronceli. Biocultura está considerada como a feira máis importante do Estado de produtos ecolóxicos e de consumo responsable, que espera acoller nesta nova edición 700 expositores e máis de 70.000 visitantes.

A

Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, anunciou a súa presenza na 31 edición do Salón de Gourmets, que se celebrará no Ifema de Madrid entre os días 24 e 27 de abril, co seu “Espazo Degustación”, situado no pavillón 6 (stand N6F10-2).

O Mercado ECO regresa a Compostela

O

s vindeiros días 25 ao 28 de maio, coincidindo coa Ponte da Ascensión, a praza Roxa de Santiago de Compostela acollerá a segunda edición de Compostela ECO. A feira está convocada conxuntamente pola Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (Apega) e pola Fundación Santiago Centro, Área Comercial, en colaboración co Craega e co Concello de Santiago. Ademais da exposición comercial, dirixida a alimentos de produción ecolóxica certificada, levarase a cabo a Ruta EcoGastro de tapas elaboradas con produtos ecolóxicos nos establecementos do Ensanche e haberá actividades de divulgación, formación e debate para profesionais e outras destinadas a todos os públicos.

14 

< 

CRAEGA


Taboleiro de anuncios

Secundina Cost a Piñeiro (Vivei ros Ramil planta Queda aínda no de horta) viveiro algunha planta da campa de primavera (c ña ebola, tomates Preparámonos , pementos etc. agora para a ca ). mpaña de verá escarolas, pakc n (leitugas, hoi, col chinesa etc.) e de outono brócoli, coliflor (repolos, etc.). Para pode r ter unha plan moi importante ta axeitada é ter os cultivos planificados, as poderemos prog í os viveiros ramar ben as se menteiras. ramon@ceressl.c om - 986 710 70 7

ficados. Produtos de tempada ecolóxicos e certi saxería): men por os enví én (tam Servimos a domicilio as cest e lo rega s bono dos, pedi iculares Visitas concertadas para grupos e part , A Coruña) (Teo eiras Cach Estamos en Tras do Eixo, 25 a Dubr de horta A José Domínguez Dubra Véndense fabas 646 413 844 as de Lourenzá, a óxic ecol a Dubr de Facebook: A Horta el gran ou envasadas. M.ª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006 Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea la ecolóxico. de frío. Viveiro de plantel hortíco Vicente Prieto Ledo arga. Facemos plantel por enc 609 864 738 Biohorta info@limusinatouza.com 981 483 312 / 669 690 212 agricolacuruxeira@gmail.com Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra. José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur is m o Arqueixal para inscrito s no Craega. Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi con produtos r ta en em pl m co n de se po certificados. ou ecolóxicos os ic ám in od (Lugo) bi , A Pontenova A Panturreira 641 9 olz: 637 84 Isabel Zaera D om .c la al shambh izaera@granja om .c la al granjashambh 650 343 777

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxic a de Rubia Galega. Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

de verduras Repartimos caixas io en Santiago ecolóxicas a domicil ncellos limítrofes de Compostela e co o, Ames e Brión). Te , (Vedra, Boqueixón ga dra inscrita no Crae Finca de horta en Ve m .co ido art miguel@tempocomp

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806

Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente Carne ecolóxic a de Raza Vian esa alimentada exclusivamente con pasto e leite , rica en Omega 3 e reco mendable para celíacos. Poñémola na sú a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro. Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com

óxico. Realizamos plantón hortícola en ecol tura ticul ofru hort de os Asesoramento con curs oiro. rnad inve de vos e culti Semilleros Penateixa 636 060 286 / 693 654 130 semillerospenateixa@hotmail.com semillerospenateixa.blogspot.com

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de se rvir en despeces en distintos formatos . Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

Carmen de Soca stro Na horta ecolóx ica “Carmen de Socastro” temos produtos de tempada. Estam os en Socastro , 11, concello de Rois, A Coruña . Ven e coñéceno s! carmensocastro @hotmail.com 630 167 138

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es


Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:

GOBIERNO DE ESPAÑA

MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE

FEADER Europa inviste no rural

Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

Profile for TRANSMEDIA COMUNICACIÓN

Revista do Craega 41  

Revista do Craega 41