Revista do Craega 36

Page 1

REVISTA do

CRAEGA

Nº 36  >  Outono 2015

A aposta ecolóxica, por terra e por mar > V Feira

Ecolóxica de Lugo

> III Ecological Galicia en Cambados

> C raega organiza a Xornada Técnica “Terra e Mar”

Os produtos eco autóctonos, cada vez máis visibles > E ncontro cos

bloggers gastronómicos

> S howcooking en Vigo


3 |  De feiras  8 |  Formación CRAEGA

12  |  Encontros

EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

14  |  Degustacións 15  |  Taboleiro de anuncios

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es

Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es

A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es

Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com

A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com

Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com

ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230 Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es Hortasán Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

hostaleiros Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com

Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com

A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com

Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Recuncho Ecolóxico Mercado municipal, local exterior, 14 Praza do Concello 15100 Carballo A Coruña 687 243 375 orecunchoecoloxico@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es O Lar de Adrián Carril das Flores, 30 27002 Lugo 982 244 245 olardeadrian@hotmail.com lardeadrian.atagalicia.com Restaurante Biobania R/ Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es

Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


DE FEIRAS  >

V FEIRA ECOLÓXICA DE LUGO

Ecolugo,

a colleita ecolóxica de Galicia

A

V Feira Ecolóxica de Lugo, asentada na Praza Maior da capital lucense, arrincou o xoves 20 de agosto coa súa presentación oficial a cargo do presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), José Antonio Fernández, o cal estivo acompañado da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e mais da concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre. No acto de presentación a rexedora lucense destacou que a produción ecolóxica supón unha oportunidade económica para o concello. Así mesmo, Méndez subliñou a importancia de apoiar este tipo de iniciativas pois facelo “significa apostar polo noso, polos nosos produtos autóctonos, pola nosa cultura gastronómica e pola nosa tradición”. A súa intervención finalizou destacando a relevancia de visualizar os nosos produtos coma un atractivo turístico máis para que os visitantes se vaian “cun bo sabor de boca”.

O presidente do Craega, J. A. Fernández; a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Cultura, Carmen Basadre, no acto de presentación da feira

Pola súa banda, o presidente do Craega agradeceu a colaboración do Concello para celebrar esta cita “que co paso do tempo se vai consolidando”. No transcurso da súa intervención, ao facer referencia ás cifras deste ano en materia de produción ecolóxica, destacou que España CRAEGA

> 3


DE FEIRAS  >

é un dos países europeos con maior superficie ecolóxica e o que menos consome, por iso cre necesarios este tipo de encontros para incentivar e promover os produtos ecolóxicos e, ao tempo, unha boa oportunidade para a interacción entre os distintos produtores, elaboradores e comercializadores do sector. Rematou a súa presentación invitando a visitar os postos e a consumir produtos ecolóxicos.

DESEÑO E CALIDADE COMO MARCAS DISTINTIVAS Nesta quinta edición, que se desenvolveu os días 21 e 22 de agosto, en horario de 10:00 h a 14:30 h, asentáronse sete stands, nos que se puideron atopar ata trece produtores, varios deles aglutinados nas carpas de dúas empresas comercializadoras: Vinissi Galicia e Proyecto Aibán. 4

<

CRAEGA

Durante eses dous días os visitantes tiveron a oportunidade de atopar unha gran diversidade de produtos procedentes da agricultura e gandería ecolóxicas, así como produtos do mar, como algas ou conservas, orixinarios das provincias de Lugo, A Coruña e Ourense. De todo había: herbas aromáticas, medicinais e mesmo plantas comestibles de Herbas Caaveiro; viños ecolóxicos da Ribeira Sacra Diego de Lemos; cogomelos de Ecosetalia e conservas de algas Mar de Ardora, comercializados pola empresa Vinissi Galicia; marmeladas e mel de Conservas do Támega; produtos a base de castañas de Pecado de Outono; froitas e verduras ecolóxicas de Ecoadellao; castañas de Caurelor, que, ademais, vendía nesta ocasión mel de Mel Rural e, finalmente, galletas mariñeiras Daveiga; queixos e iogures Arqueixal; requeixo, queixo patela e San Simón de Casa Ánxel, e hortalizas de Ecomímate, todos eles comercializados por Proyecto Aibán.


DE FEIRAS  >

INTEGRANTES DE ECOLUGO Produtores e elaboradores > Arqueixal >  Casa Ánxel > Caurelor >  Conservas do Támega >  Diego de Lemos > Ecoadellao > Ecomímate > Ecosetalia >  Galletas Mariñeiras Lugar da Veiga >  Herbas de Caaveiro >  Mar de Ardora >  Mel Rural >  Pecado de Outono Comercializadores >  Proyecto Aibán >  Vinissi Galicia

Entre os moitos visitantes e compradores que por alí pasaron, cómpre destacar a presenza da alcaldesa de Lugo, que asistiu acompañada da concelleira Carmen Basadre, e de Ana Prieto, concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, así como do presidente do Craega, José Antonio Fernández, e mais do secretario deste organismo, Javier García Lozano. O programa de Ecolugo completouse cunha degustación aberta ao público o primeiro día da feira, que foi elaborada polo Restaurante España de Lugo. A cata estaba composta por tataki de carne de tenreira ecolóxica, mexillón tigre con espuma de patacas, galletas mariñeiras Daveiga con marmelada de tomate, galletas maruxas e tosta de queixo Arzúa-Ulloa con marmelada de pemento, uns petiscos ecolóxicos que foron servidos xunto con viño e sidra, tamén de produción ecolóxica.

CRAEGA

> 5


DE FEIRAS  >

Ecological Galicia

afianza a súa presenza en Cambados

E

ntre os días 6 e o 10 de agosto o paseo da Calzada da vila cambadense foi o escenario un ano máis de Ecological Galicia, unha das feiras ecolóxicas máis concorridas do verán galego. Este ano estivo conformada por preto de 50 stands, que luciron baixo a sombra das árbores da alameda e foron visitados por numerosos veciños e turistas. Ata Cambados chegaron as novidades de empresas que apostan pola produción ecolóxica procedentes de diferentes puntos de España e Portugal: os aceites de Vizcántar, de Córdoba; os de Agrisanz, de Alicante, ou os de Branco Carvalho Neto, de Mirandela (Portugal); as patacas fritidas de Añavieja, de Soria, ou os aperitivos chegados dende Almería da man de Vitasnack, entre outros moitos. Tampouco faltou á cita unha nutrida representación de produtos ecolóxicos de firma galega

6

<

CRAEGA

co selo de certificación ecolóxica: os produtos lácteos de Casa Grande de Xanceda, as galletas mariñeiras Daveiga, os xeados de Biofactory, o viño albariño de Corisca, as tortas de Candea e Miño, o pan da Panadería Divina, os fungos silvestres de Ecosetalia, a comida vegana a domicilio de La Cuchara Veggy, as castañas de Pecado de Outono, o mel de Polemel, os mirabeis de Froitas do Rosal, as Conservas do Támega (Terra de Baronceli) ou os cafés de Cafés Sabora… por citar só algúns. Durante os catro días de duración da feira, o público tivo á súa disposición un completo programa de actividades no auditorio Exposalnés que incluíu obradoiros de cociña, artesanía, pintura… así como charlas divulgativas, como a impartida por Lolo Andrade, que falou sobre “Bosques e e xardíns comestibles”.


DE FEIRAS  >

Participación do Craega na feira

O

Craega tamén puxo o seu gran de area neste evento coa organización da Xornada Técnica de Certificación e Comercialización en Agricultura Ecolóxica, que tivo lugar na mañá do venres 7 de agosto no auditorio Exposalnés, e cunha degustación de produtos do mar o sábado 8. Na cata puidéronse saborear mexillóns ao vapor con vinagreta, empanada de millo con mexillóns, galletas mariñeiras con paté de algas, espetadas de queixo con tomatiños cherry e aceite, así como viño Rías Baixas ecolóxico. Esta actividade contou coa colaboración dunha enóloga das adegas Corisca, así como do presidente e do secretario do Craega, que achegaron información sobre as vantaxes do consumo dos produtos ecolóxicos da terra e do mar. A elaboración dos produtos correu a cargo da empresa coruñesa Leiralonga, encargada do catering da feira.

CRAEGA

> 7


FORMACIÓN >

A produción ecolóxica,

por terra e por mar A

No marco da feira Ecological Galicia tivo lugar o venres 7 de agosto en horario de 9:45 h a 14:30 h no auditorio Exposalnés de Cambados a Xornada Técnica de Comercialización e Certificación en Agricultura Ecolóxica “Terra e Mar”, organizada polo Craega. Nela déronse cita preto de setenta profesionais do sector para asistir aos relatorios de diversos especialistas, así como dos representantes da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama). Ademais de aprenderen, os asistentes intercambiaron opinións e resolveron dúbidas, sobre todo aqueles que viñan tomar nota coa idea de converter o seu negocio en ecolóxico.

Xornada foi inaugurada polo presidente do Craega, José Antonio Fernández Álvarez, e mais por Víctor Caamaño, tenente alcalde de Cambados, que acudiu en representación da alcaldesa desta localidade, Fátima Abad Roma.

A encargada de presentar a Xornada foi a directora xeral de Produción Agropecuaria da Consellería do Medio Rural e do Mar, Patricia Ulloa, quen incidiu na necesidade de consagrar esta iniciativa para visibilizar o sector, sobre o cal lembrou que non abrangue só a agricultura senón tamén a gandería; neste sentido fixo referencia aos recentes estudos levados a cabo na Facultade de Veterinaria en Lugo, os cales xa teñen demostrado as vantaxes da gandería eco, “unha gandería sostible e de maior rendemento que a intensiva”. 8

<

CRAEGA

De esquerda a dereita: J. Antonio Fernández, Víctor Caamaño, Patricia Ulloa e Javier García Lozano na inauguración da Xornada


FORMACIÓN > Ulloa insistiu no valor deste tipo de actuacións para informar do que é a certificación ecolóxica co fin de ofrecer produtos de calidade e fixo fincapé nas dúas actividades en auxe e que se deben ter en conta: o mel e, sen dúbida, a acuicultura, en concreto o cultivo dos mexillóns e da troita ecolóxicos, así como o mercado da conserva de algas porque “a produción ecolóxica é da terra e do mar”. No cabo salientou o aumento do apoio económico por parte da Xunta de Galicia, “convencida de que a preservación do noso medio reverte no futuro deste país”. Tras a inauguración, a primeiro relatorio correu a cargo de María Dolores Raigón Jiménez, presidenta da Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE), que lles ofreceu aos asistentes a charla titulada “A calidade alimentaria dos produtos ecolóxicos”. Raigón comezou a súa intervención advertindo do abuso de aditivos nos sistemas produtivos convencionais e das súas consecuencias para a nosa saúde e para o medio ambiente, así como para a economía, posto que “a agricultura convencional tira un terzo do que cultiva”, segundo estudos da propia SEAE. Raigón achegou datos sobre as razóns da diminución dos valores nutricionais, entre as cales destacou a perda de fertilidade biolóxica dos solos ou os longos percorridos que teñen que facer os alimentos ata chegaren ao mercado, polo que pensa que a salvación é a agricultura ecolóxica. A seguir, compartiu co público un detallado estudo comparativo a través de diversas gráficas, nas que se podía observar a gran diferenza dos valores nutricionais dos alimentos convencionais e dos ecolóxicos, o que vén demostrar de forma

Dolores Raigón, presidenta da SEAE, disertou sobre as vantaxes da alimentación ecolóxica

científica que a produción ecolóxica repercute positivamente sobre a nosa saúde. Esperanza de Marcos Sanz, subdirectora xeral de Calidade Diferenciada e Agricultura Ecolóxica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) puxo ao día aos asistentes sobre a lexislación vixente en materia de agricultura ecolóxica en España, a través dun relatorio que titulou “Certificación ecolóxica: futuros cambios da normativa europea”. Estruturou o súa exposición en catro apartados: evolución do sector da produción ecolóxica en España; regulamento da produción ecolóxica e análise do marco normativo actual; propostas do novo regulamento e, por último, a situación actual da proposta do novo regulamento de produción ecolóxica.

“A preservación do noso medio reverte no futuro deste país”

De Marcos analizou polo miúdo os contidos do regulamento base 834/2007 do 28 de xuño de 2007, polo que se rexía ata o de agora a certificación ecolóxica e fixo fincapé na necesidade de mellorar diversos aspectos dada a crecente demanda deste sector, e nomeou algúns dos puntos que se recollen na nova proposta: mellorar os niveis de control, garantir a competencia

Esperanza de Marcos, subdirectora xeral de Calidade Diferenciada e Agricultura Ecolóxica do Magrama, falou sobre lexislación en materia ecolóxica

Patricia Ulloa incidiu no auxe da acuicultura ecolóxica

CRAEGA

> 9


FORMACIÓN >

Juan Carlos Sancha, da Unidade de Viticultura da Universidade da Rioxa

>

< E rnesto Sánchez

Pombo, xornalista

legal ou aumentar a confianza dos consumidores. Así mesmo, tocou algúns puntos polémicos, como a posibilidade de que se eliminen as excepcións ou a supresión do recoñecemento do proceso de conversión a ecolóxico. Deu fin á súa intervención poñendo o foco no estado actual desta proposta de mellora, sobre a que recoñeceu que cómpre chegar a un maior consenso entre a Comisión Europea, o Consello de Ministros e o Parlamento para poder implementar un novo regulamento. Despois dun descanso, tocoulle a quenda ao xornalista Ernesto Sánchez Pombo, que titulou a súa charla “Comunicar en verde”. Tras unha introdución na que se lamentou do desprestixio actual dos medios, centrou o seu relatorio na importancia de “formar e informar aos xornalistas” para que poidan dar a coñecer o sector da produción ecolóxica. Neste sentido valorou de xeito positivo o traballo do Craega este ano, que presentou ante a prensa a súa memoria de actividades nas catro provincias galegas. Así mesmo, resaltou o labor das redes sociais ou dalgunhas revistas dixitais como Benbo, La Alacena Roja ou Abalar Galicia. Pechou a súa exposición animando ao sector a que “aproveite os medios de comunicación” e ofrecendo un decálogo de ideas para mellorar, entre as que que estaban afondar nas relacións cos medios

10

<

CRAEGA

e lograr transmitir a idea de que é bo para a saúde e para combater a despoboación.

“A viticultura ecolóxica é a mesma que a dos nosos avós, pero agora con coñecemento científico”

O último relator foi Juan Carlos Sancha González, procedente da Unidade de Viticultura da Universidade da Rioxa e propietario de Bodegas Juan Carlos Sancha, quen falou sobre “Conversión de viñas a ecolóxico e a súa comercialización”. Sancha realizou un percorrido histórico dende a viña tradicional, pasando pola convencional iniciada nos anos 60, na que se arrancaban das ladeiras os viñedos vellos para facelos convivir con outros cultivos en hortas, ata chegar de novo á conversión e á volta da viticultura ecolóxica, “a mesma que tiñan os nosos avós, pero agora con coñecemento científico”. O rioxano criticou duramente a falta de sentido común das actuacións levadas a cabo no campo para acabar cos viñedos vellos e agora obrigar a tratar a uva para que funcione o que, segundo advertiu, trae consigo graves problemas económicos e fitosanitarios. Entre outros moitos temas expostos, reflexionou sobre as vantaxes e desvantaxes de dar o paso cara á viticultura ecolóxica, pola que cre que se debe loitar pensando na xente nova, por ter maior nicho de mercado e, por suposto, por cuestións de saúde. Lembrou os ingredientes das viñas ecolóxicas, esterco compostado e sol, e detívose tamén nas desvantaxes de embarcarse neste negocio,


FORMACIÓN >

Natalia Rodríguez, de Bodegas Corisca, e Tino Otero, de Porto-Muíños, contaron a súa experiencia empresarial

J. C. Sancha é propietario de Bodegas Sancha e J. Carlos Juncal, de Dimesalnés, conta con 7 bateas de mexillón certificadas

entre as que citou a súa carestía, a necesidade de contar con máis asesores e a implicación dun maior risco, malia que está convencido de que cómpre facer o esforzo “para chegar á fórmula ECO2= ecolóxico e económico”.

“Hai que facer o esforzo para chegar á fórmula ECO2 = ecolóxico e económico”

Finalmente, afirmou que nos próximos anos a agricultura integrada e a ecolóxica seguirán medrando, pois é necesario tomar conciencia: “Non pode haber subvencións por parte das administracións e permitirse escándalos alimentarios”, polo que cre que a viticultura convencional acabará por desaparecer. A Xornada concluíu cunha mesa redonda, moderada por Ramón Damián Fernández Conchas, do Servizo de Mercados da Consellería do Medio Rural e do Mar, na que estiveron presentes, ademais dos relatores anteriores, o presidente do Craega, José Antonio Fernández; Natalia Rodríguez Estévez, de bodegas de viño albariño ecolóxico Corisca; Juan Carlos Juncal, de Dimesalnés, que conta con 7 bateas certificadas,

e Tino Otero, da empresa de algas ecolóxicas Porto-Muíños. Na mesa expuxéronse variados puntos de debate, entre os que salientaron os retos do futuro no consumo e na produción e comercialización ecolóxicos e a incerteza ante o endurecemento das condicións de certificación da vindeira normativa. Pola súa banda, Natalia Rodríguez, Tino Otero e Juan Carlos Juncal compartiron co público a súa experiencia empresarial cando se decidiron polo ecolóxico, un camiño que non foi doado malia coincidir os tres en que merece moito a pena. Como conclusión final todos estiveron de acordo nos tres piares que propuxo Sancha González para manter o sector: formación do produtor/consumidor, I+D específica dos produtos ecolóxicos e moita promoción, posto que “non podemos pensar en poñer o selo ecolóxico senón facemos un orzamento de promoción por parte dos axentes responsables: produtores, comercializadores e Administración”. Tras a rolda de intervencións, deuse paso ao diálogo co público e a xornada rematou cuns petiscos no patio exterior do Exposalnés a cargo da empresa coruñesa Leiralonga.

CRAEGA

> 11


Foto: ABALAR GALICIA

ENCONTROS >

O Fogar do Santiso, punto de encontro de

bloggers gastronómicos

O

pasado día 21 de xullo o Craega organizou unha xuntanza con preto de vinte periodistas especializados en gastronomía para dar a coñecer o seu labor e, ao mesmo tempo, ofrecer unha degustación dos produtos ecolóxicos galegos. O lugar elixido foi o Fogar do Santiso, un dos restaurantes ecolóxicos de referencia en toda a comunidade, situado no concello de Teo, moi preto da capital galega, e rexentado por Xosé Santiso. Neste orixinal encontro estiveron presentes, entre outros, representantes das revistas dixitais especializadas Benbo, Cepas y Vinos ou La Ala-

Foto: MIS LUTIER

“A metade da produción agroalimentaria de Galicia podería ser ecolóxica”

12

<

CRAEGA

cena Roja, así como os responsables dos blogs La cocina de mi abuelo, Galletas para Matilde, Fedegustando ou Mis Lutier, que puideron debater sobre a produción ecolóxica diante dun suculento menú a base de produtos ecolóxicos ofrecidos polo Fogar, que aposta xa dende hai moitos anos por unha carta 100 % ecolóxica, baseada en produtos autóctonos e de temporada da súa propia colleita. O menú incluía pementos de Padrón, croquetas, empanada de grelos, tempura “Mar e horta”, berenxenas, tomates da Avoa de Osedo, tomates negros de Santiago ou carne ecolóxica de razas


Foto: MIS LUTIER

ENCONTROS >

autóctonas... e para adozar o xantar, os comensais puideron degustar sobremesas ecolóxicas a base de crema de chocolate e noces, queixo á brasa ou xeados artesáns de amorodo e mora.

Foto: ABALAR GALICIA

Entre os temas que se trataron durante o encontro salientaron os procesos de certificación alimentaria e o mundo da produción ecolóxica de alimentos. Deste xeito, o presidente do Craega, José Antonio Fernández, e mais o secretario da entidade, Javier García, explicaron que, facendo unicamente pequenos axustes, a metade da produción agroalimentaria de Galicia podería ser ecolóxica. Segundo a súa opinión, a popularidade, a boa acollida e a fidelidade que está tendo o sector por parte dos consumidores xa non parece un obxectivo imposible.

A nova Corporación de

Monforte de Lemos interésase polo labor do Craega

O

novo alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, reuniuse co Craega, representado polo seu presidente, José Antonio Fernández, e mais polo seu secretario, Javier García, o pasado 30 de xullo no edificio multiusos monfortino. O motivo foi achegar posturas e coñecerse para, no futuro, poder organizar eventos en colaboración. Esta rexión, cunha gran produción de viños e outros alimentos de gran calidade, ve no Craega un apoio que, de cara aos consumidores, axuda á súa valoración e á súa promoción. O Consello e mais a denominación de orixe Ribeira Sacra son os principais consellos de certificación agroalimentaria que operan en Monforte de Lemos.

CRAEGA

> 13


DEGUSTACIÓNS >

O espectáculo ao vivo da

cociña eco viaxa ata Vigo

O

programa dos showcooking que está levando a cabo o Craega polas principais prazas de abastos de Galicia fixo a súa parada en Vigo o pasado venres 17 de xullo. O Consello está a organizar diversos eventos promocionais que favorecen o coñecemento deste tipo de produtos. Os espectáculos de cociña ao vivo son unha destas actividades, que mostran todo o que acompaña a elaboración dun prato ecolóxico e as vantaxes de cociñar e comer con materia prima ecolóxica. Nesta ocasión foron os veciños de Vigo os que tiveron a oportunidade de asistir a un destes showcooking, en concreto no mercado de abastos do Calvario. Coa antesala dos realizados en Santiago de Compostela e A Coruña o nivel quedaba moi alto, pero a curiosidade do público por estes produtos certificados fixo que a xornada fose tamén exitosa na cidade olívica. Nacho Rodríguez Bello, propietario e cociñeiro do restaurante Gastromanía (Ribeira, A Coruña), foi o punto central na elaboración en directo e na posterior degustación de tres tapas ecolóxicas:

14

<

CRAEGA

rosbif de tenreira galega afumada con crema de queixo Arzúa; ensalada rusa con mexillón, salicornia e xema de ovo, e patacas bravas con alga wakame ao allo. O chef estivo acompañado en todo momento por Javier García, secretario do Craega, e por José Antonio Fernández, presidente da entidade, que se ocuparon do labor divulgativo.


Taboleiro de anuncios as a de verduras ecolóxic Repartimos caixas ellos nc co e a tel os o de Comp domicilio en Santiag Br e ión) queixón, Teo, Ames limítrofes (Vedra, Bo ga ae dra inscrita no Cr Finca de horta en Ve m .co artido miguel@tempocomp

Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Vicente Prieto Ledo 609 864 738 info@limusinatouza.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Venda de Porco Celta en ecolóxico. Leitóns para criar ou para consumir. Posibilidade de engorde dos porcos por encarga Elisa e Camilo: 676 666 157

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur ismo Arqueix para inscrito al s no Craega Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi con produtos r ta en em pl se poden com certificados os ou ecolóxic os ic ám in (Lugo) biod , A Pontenova A Panturreira 641 olz: 637 849 Isabel Zaera D om .c la al shambh izaera@granja om .c la al granjashambh 650 343 777

Secundina Cost a Piñeiro (Vivei ros Ramil planta Queda aínda no de horta) viveiro algunha planta da campa de primavera (c ña ebola, tomates Preparámonos , pementos etc. agora para a ca ). mpaña de verá escarolas, pakc n (leitugas, hoi, col chinesa etc.) e de outono brócoli, coliflor (repolos, etc.). Para pode r ter unha plan moi importante ta axeitada é ter os cultivos planificados, as poderemos prog í os viveiros ramar ben as se menteiras. ramon@ceressl.c om - 986 710 70 7

la ecolóxico. Viveiro de plantel hortíco encarga por l nte Facemos pla Biohorta 981 483 312 / 669 690 212 agricolacuruxeira@gmail.com

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Carmen de Soca stro Na horta ecolóx ica “Carmen de Socastro” temos produtos de tempada. Estam os en Socastro , 11, concello de Rois, A Coruña . Ven e coñéceno s! carmensocastro @hotmail.com 630 167 138

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de se rvir en despeces en distintos formatos . Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas Mª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006

Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente Carne ecolóxic a de Raza Vian esa alimentada exclusivamente con pasto e leite , rica en Omega 3 e reco mendable para celíacos. Poñémola na sú a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com

óxico. Realizamos plantón hortícola en ecol ticultura ofru hort de os curs con ento oram Ases e cultivos de invernadoiro Semilleros Penateixa 636 060 286 / 693 654 130 semillerospenateixa@hotmail.com semillerospenateixa.blogspot.com

Viveiro de plantel hortícola en ecolóxic o. Temos plantas en stock e recollemos encargas. Sementes convencionais e tradicionais certificadas Feitoría Verde 698 164 249 / 698 161 760 pedidos@feitoriaverde.com https://feitoriaverde.wordpress.com

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es


Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:

GOBIERNO DE ESPAÑA

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE

FEADER Europa inviste no Rural

Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.