REVISTA do
CRAEGA
N.º 39 > Verán 2016
Ágora Verde,
as feiras eco do Craega percorren Galicia > Almorzos do Craega
> A capital lucense
> A produción eco
> Premios Bio para
> Xornada do Craega no
> Galletas Daveiga,
coa prensa galega nas catro provincias
galega, presente en Compostela Eco, Salimat e Alimentaria
Centro de Formación e Experimentación do Baixo Miño
acollerá en setembro o Congreso da SEAE
La Aldea Biomarket e La Fertilidad de la Tierra Produto do Ano Cantábrico Excelente
3 | De feiras
CRAEGA
8 | Formación
EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015
10 | Actualidade do sector 15 | Taboleiro de anuncios
Establecementos colaboradores
Establecementos colaboradores
minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com
Ecotenda Verganta R/ Santísima Trinidad, 7, baixo 15200 Noia A Coruña 689 389 190 ecoverganta@gmail.com
La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com
Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es
Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com
Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com
ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es
Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com
As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es
Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es
Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com
Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com
Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230 Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com
hostaleiros
Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es Hortasán Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com
Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Recuncho Ecolóxico Mercado municipal, local exterior, 14 Praza do Concello 15100 Carballo A Coruña 687 243 375 orecunchoecoloxico@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo (Pontevedra) 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com
A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Biobania R/ Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es
Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com
DE FEIRAS >
Ágora Verde,
O un novo proxecto para fomentar o ecolóxico
pasado mes de maio o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) presentaba en Lugo unha nova iniciativa baixo o nome de Ágora Verde. O nome do proxecto inspírase nas antigas prazas públicas gregas onde se realizaban operacións mercantís e se reunían as asembleas do pobo. Seguindo a vella tradición, o Consello daba comezo á organización dunha serie de feiras de produtos ecolóxicos certificados que foron instaladas nas prazas de diversas cidades e vilas das catro provincias galegas.
Fins de semana máis ecolóxicas Ao longo do verán e ata a data de peche desta revista celebráronse sete feiras, coa pretensión de continuar a ruta nos meses de outono. Organizadas durante as fins de semana, adoitan ter unha duración de tres días, salvo a de San Sadurniño, que formou parte do cartel da VIII Feira Rural dese concello coruñés e por iso tivo lugar só na xornada do sábado 27 de agosto. No programa de actividades inclúense a promoción de produtos, obradoiros, presentacións, debates e encontros ao redor da agricultura ecolóxica e do seu futuro en Galicia, así como degustacións e demostracións culinarias. CRAEGA
> 3
DE FEIRAS >
A inauguración oficial de cada unha das feiras estivo a cargo do presidente do Craega, José Antonio Fernández, e da vicepresidenta, Rocío Freire, aos que acompañaron os alcaldes de cada localidade na que estiveron presentes. Nas diferentes intervencións, os representantes do Consello destacaron, entre outras cousas, o interese da entidade en organizar feiras nas principais localidades galegas e salientou o forte crecemento da agricultura ecolóxica certificada, que pasou de 9.600 hectáreas de traballo hai oito anos ás actuais 23.000, con máis de 33 millóns de facturación en 2015.
Presenza dos produtores locais Nas prazas onde se instalou Ágora Verde asentáronse preto dunha vintena de postos acollidos á certificación oficial do Craega. Malia que tamén se desprazan algúns de distintas zonas de
Galicia, déuselles preferencia aos establecidos na comarca sede de cada certame. Os consumidores puideron elixir entre un amplo abano de produtos: horta, augardentes, café, tortas, carne de tenreira, castañas, cervexa, mel e marmeladas, así como algas ou cogomelos, todos de produción ecolóxica.
Informar, concienciar, vender Ágora Verde busca dar un paso adiante para rendibilizar ao máximo as feiras de produtos agrícolas. Os obxectivos son informar, concienciar e tamén vender. Cómpre presentar os produtos, os operadores e as empresas, de xeito que a cidadanía os vexan como parte da súa vida e do seu espazo. Trátase, en definitiva, de atraer a atención do público en xeral en torno ao sector dos produtos ecolóxicos, que, pese á súa importancia, segue a ser un gran descoñecido.
FEIRAS ÁGORA VERDE
1
2
1 Lugo: 27, 28 e 29 de maio 2 Lalín: 17, 18 e 19 de xuño 3 Vilagarcía de Arousa: 29 e 30 de xuño e 1 de xullo 4 Carballo: 16 e 17 de xullo 5 Sada: 6 e 7 de agosto 6 Monforte de Lemos: 19, 20 e 21 de agosto 7 San Sadurniño: 27 de agosto
Próximas feiras:
4
3
4
5
6
<
CRAEGA
> Lourenzá: 30 de setembro e 1 e 2 de outubro
7
DE FEIRAS >
A produción ecolóxica galega, entre as
tendencias de Alimentaria
A conselleira do Medio Rural, a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias e o presidente do Craega, xunto con operadores asistentes á feira
D
o 25 ao 28 de abril a gran feira barcelonesa Alimentaria volveu ser o centro de negocios internacional para todos os profesionais da industria da alimentación, bebidas e gastronomía, unha cita obrigada coa innovación, as últimas tendencias e a internacionalización do sector. Como cada ano Galicia tivo tamén representación grazas á presenza dun grupo de operadores do Craega que deron a coñecer a súa produción ecolóxica fóra das nosas fronteiras. Nesta edición viaxaron á Cidade Condal Mieles Anta, que produce mel e produtos apícolas; Celtaverde, que levou os seus produtos cárnicos de vacún e porcino; Orbe, que amosou as súas conservas de pescado; Avega SCG e Ecovilalba, cos seus ovos, lácteos e pensos; Portomuíños, que tamén comercializa conservas de pescado, ademais de mexillóns, algas e preparados alimenticios; as galletas mariñeiras de Lugar da Veiga, e Ecofunghi, que se dedica a comercializar cogomelos silvestres tanto frescos coma conxelados e elaborados. CRAEGA
> 5
DE FEIRAS >
Compostela Eco,
a feira ecolóxica labrega
C
onvocada pola Fundación Santiago Centro, Área Comercial, o centro comercial aberto do Ensanche de Santiago, esta feira celebrouse na praza Roxa da capital galega dos días 5 ao 8 de maio no marco das tradicionais festas da Ascensión. Compostela Eco, que nace co obxectivo de asentarse como unha “feira ecolóxica labrega” estable, contou na edición deste ano cun amplo programa de actividades, cuxo núcleo central foi a exposición comercial de alimentación ecolóxica certificada no que estiveron representados tres sectores: produtores de proximidade, establecementos de venda polo miúdo de Santiago e comarca e empresas de envasado. Ademais, baixo o título Alimentación Saudable: Espazo EcoGastro, leváronse a cabo acordos con diversos establecementos hostaleiros do Ensanche para a elaboración de pratos e tapas saudables con produtos certificados, así como de preparación in situ de tapas elaboradas con produtos certificados. O certame aínda se completou co desenvolvemento de actividades dirixidas ao público infantil sobre temas vinculados coa agricultura, co medio ambiente e coa alimentación saudable, e con actuacións musicais dirixidas a todos os públicos.
6
<
CRAEGA
Nos días previos á celebración da feira, organizouse un ciclo de conferencias sobre alimentación saudable na que interviñeron diversos expertos na materia. O Craega tamén formou parte destas xornadas, en concreto o venres día 6 de maio ao mediodía cunha degustación pública de produtos ecolóxicos, e o sábado día 7 de maio, coa participación na charla titulada “Produción, certificación e comercialización: un novo paradigma”, na que tamén estiveron as asociacións Apega, Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, SPG A Gavela e a Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea.
DE FEIRAS >
Sabores Eco, A no Salimat de Silleda
Xunta de Galicia, a través da Consellería do Mar, asistiu á XX edición de Salimat-A Banca Salón de Alimentación do Atlántico, que se celebrou do 9 ao 12 de xuño na Feira Internacional de Galicia (Silleda, Pontevedra). O Departamento presentou un programa de catas e degustacións dos produtos do mar no stand institucional, no cal se incluíron dúas actuacións con alimentos de produción ecolóxica. O secretario do Craega, Javier García Lozano, formou parte da presentación desas propostas culinarias, que se levaron a cabo o xoves 9 de xuño e o domingo día 12. Na tarde do xoves Emma Pinal, chef do Gastrobar O Birrán (Ribadavia), ofreceulle ao público a degustación culinaria que levaba por título “Un mar e terra ecolóxicos con viños e sidras de produción ecolóxica”. O acto foi conducido por Ignacio Balboa. Pola súa banda, na mañá do domingo, Xosé Manuel Mallón, chef do restaurante Dantaño (Ames), preparou unha cata de pratos elaborados con produtos ecolóxicos provenientes do mar, baixo o título “Galicia: un mar ecolóxico”, que conduciu Nacho Costoya. CRAEGA
>
7
FORMACIÓN >
O
día 5 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 h, o Craega celebrou unha actividade formativa no Centro de Formación e Experimentación situado no Baixo Miño (Entenza-Salceda de Caselas, Pontevedra), a cal incluíu un percorrido polas instalacións do centro. Os asistentes comprobaron in situ os ensaios de castes autóctonas de diferentes especies de horta (leituga, feixón amarelo, chícharo…) para poder avaliar o seu interese desde o punto de vista da agricultura ecolóxica. Igualmente, puideron acceder a algunhas sementes do banco de xermoplasma e aprender técnicas para a súa conservación.
Xornada de formación do Craega no
Baixo Miño
8
<
CRAEGA
Esta xornada formativa para produtores ecolóxicos está enmarcada no Plan de Transferencia Tecnolóxica que vén de organizar a Consellería do Medio Rural con base en dous obxectivos: a necesidade de formación dos produtores de AE para acadar o cumprimento da normativa deste sistema de produción, e a implicación do produtor nun sistema de formación estratéxico que lle permita orientar a súa explotación a medio prazo para acadar unha rendibilidade sostible no tempo, así como un equilibrio agroecolóxico no seu sistema produtivo. Esta actividade prevé completarse con outras que se celebrarán nos meses de setembro e outubro.
FORMACIÓN >
De esq. a dta., J. Antonio Fernández, Belén do Campo, Sonsoles Izquierdo, Daniel Piñeiro, Javier Bueno e Dolores Raigón
Lugo acollerá por primeira vez o
Congreso da SEAE
O
Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense acollerá a XII edición do Congreso da Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE), que terá lugar os días 21, 22 e 23 de setembro, e que este ano estará centrado nas leguminosas, clave nos agrosistemas e na alimentación ecolóxica. É a primeira vez que Lugo acolle este evento, como así o destacou a deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López, encargada de presentalo o pasado 13 de xullo. No acto participaron
tamén o concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro; a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno; o presidente do Craega, José Antonio Fernández, e a presidenta da SEAE, Dolores Raigón. Aproveitando a presenza deste evento na cidade luguesa, o organismo provincial anunciou a celebración da I Feira Agroecolóxica NaturaLugo, que se instalará no mesmo lugar durante os días 22, 23 e 24 de setembro.
CRAEGA
> 9
ACTUALIDADE DO SECTOR >
O Craega difunde os datos de 2015 por provincias
A
o longo do mes de xullo o Consello reuniuse cos diferentes medios de comunicación nalgunhas das principais localidades de Galicia para difundir as cifras da produción ecolóxica correspondente a 2015. O presidente do Craega, José Antonio Fernández; a vicepresidenta, Rocío Freire; o vicepresidente, Albino Fernández, e o secretario, Javier García Lozano, foron os encargados de informar os xornalistas, que tomaron notas ao redor dun almorzo a base de produtos ecolóxicos ofrecido polo Consello. Nos establecementos nos que tiveron lugar as xuntanzas os representantes da entidade deron conta da evolución do número de operadores, da superficie e do volume de produto certificado en Galicia o pasado ano, así como das cifras desagregadas por provincias. Tamén adiantaron a evolución de 2016 que, ao peche do mes de maio, seguía en alza.
A superficie de produción ecolóxica aumenta na Coruña por riba da media galega A vicepresidenta e o secretario da entidade xuntáronse cos medios coruñeses na tenda ecolóxica La Aldea Biomarket. Entre as conclusións referidas a esta provincia, o secretario resaltou que o seu nivel de crecemento duplica o de Galicia nos primeiros cinco meses de 2016. Ademais, é a primeira provincia por superficie dedicada á horticultura, con máis do 35 % da superficie total en Galicia. Os produtos lácteos representan máis da metade da produción certificada na provincia, aos que lle seguen os produtos transformados, a apicultura e avicultura.
10
<
CRAEGA
ACTUALIDADE DO SECTOR >
Lugo ten o 50 % da superficie total galega certificada O establecemento elixido para atender os medios na provincia lucense foi o restaurante A Nosa Terra, no que estiveron presentes o secretario e o presidente do Consello. Dos datos achegados, sobresae o feito de que en 2015 Lugo acollía o 36 % de toda a superficie certificada en Galicia e en maio de 2016 abranguía xa o 50 % da superficie total galega certificada. En canto aos tipos de produción agraria certificada, a gandería ocupa o 75 %, mentres que os produtos lácteos acadan máis da metade da produción certificada na provincia, concretamente o 55 %.
Ourense dedícase principalmente á gandería e, en segundo lugar, ao cultivo da castaña pero, sen dúbida, a cifra máis notable é a que se refire á superficie de viñedo, que alcanza o 54 % do total galego, con 42,17 ha. No tocante aos produtos certificados, os cárnicos, os aceites e os produtos apícolas acadan más do 92 % da produción total certificada.
Pontevedra, primeiro posto por volume de produto certificado Os xornalistas pontevedreses acudiron ao restaurante Derby de Vilagarcía de Arousa para escoitar o presidente do Consello e mais o secretario, que nesta ocasión estiveron acompañados do concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón. Segundo o informe do Craega, Pontevedra é a primeira provincia de Galicia por volume de produto certificado, na cal as producións de conserva de peixe e pensos aglutinan o 60 %. Respecto do número de operadores de produción vexetal, acada o segundo lugar, igual que no número de elaboradores e de comercializadores. En canto á superficie certificada en ecolóxico, o produto máis cultivado é a castaña, seguida de pastos e pradeiras, hortalizas e maceiras.
Máis da metade do viñedo eco galego está en Ourense O presidente, o vicepresidente e o secretario sentaron coa prensa na tenda Ourense Bio para dar conta do balance económico desta provincia, que viu medrar a superficie dedicada á agricultura ecolóxica nun 34,5 % en 2015.
J. A. Fernández (esq.) e J. A. Pérez Callón (dta.)
CRAEGA
> 11
ACTUALIDADE DO SECTOR >
Convenio do Craega co
Banco Pastor
O
presidente do Craega, José Antonio Fernández, e o director de Negocio Agroalimentario do Banco Pastor, Roberto Rodríguez, asinaron un convenio co fin de potenciar a mellora, o crecemento e o desenvolvemento deste sistema de cultivo. O acordo, que foi rubricado o mércores 3 de agosto en Monforte de Lemos, permitirá que a entidade bancaria poña a disposición dos asociados do Consello unha oferta de produtos deseñados en función das súas necesidades, como contas de crédito con financiamento inmediato e anticipos de subvencións e préstamos de campaña. Deste xeito aspírase a apoiar as persoas que queiran incorporarse ao sector da agricultura ecolóxica e mellorar a competitividade deste para favorecer o desenvolvemento do rural galego.
O Craega amplía as súas
dependencias
12
<
CRAEGA
O
pasado día 10 de xullo o alcalde do concello de Monforte de Lemos, José Tomé, reuniuse co presidente do Craega, J. Antonio Fernández, para concederlle a cesión de novos espazos co fin de ampliar dependencias na sede que o Consello ten no Edificio Multiusos de Monforte de Lemos (Lugo).
ACTUALIDADE DO SECTOR >
Galletas Daveiga,
Produto do Ano Cantábrico Excelente
A
firma chantadina Daveiga Producción Responsable triunfou na Coruña na segunda edición dos premios Cantábrico Excelente, celebrados o pasado mes de xullo, ao ser recoñecidas as súas galletas Produto do Ano Cantábrico
Premios Bio para La Aldea Biomarket e para La Fertilidad de la Tierra
Excelente 2016. Na recollida do galardón, José Lois Lamazares, coordinador xeral de Daveiga, lembrou que os principais conceptos asociados á súa empresa son a responsabilidade social, cos consumidores e co desenvolvemento local.
A
tenda coruñesa especializada en produtos ecolóxicos La Aldea Biomarket recibiu o recoñecemento na categoría de Mellor Establecemento Bio de España 2016 na 23.ª edición da feira BioCultura Barcelona, que se celebrou do 5 ao 8 de maio. A empresa foi galardoada, entre outros motivos, por “facer chegar cada vez a máis persoas produtos como os de antes, totalmente naturais e sen engadidos químicos nocivos para a saúde e para o medio ambiente”. Pola súa banda, a revista La Fertilidad de la Tierra fíxose co premio Corazón Bio na modalidade de prensa escrita por ser “un equipo que difunde contidos sobre o mundo da produción ecolóxica e outras formas de afrontar o noso futuro”. A Asociación Vida Sana, organizadora da feira, concédelles estes premios como recoñecemento aos mellores produtos e establecementos ecolóxicos, e aos mellores xornalistas e profesionais que destacan polo seu labor na difusión das virtudes da agricultura e dos alimentos ecolóxicos.
CRAEGA
> 13
ACTUALIDADE DO SECTOR >
A Callobresa elabora a primeira
fariña ecolóxica certificada
A
fábrica de fariñas A Callobresa, de Guitiriz, que comezou a súa andaina a finais do ano 2013, deu a coñecer este verán a primeira fariña ecolóxica certificada de trigo da variedade autóctona Callobre. O lugar de presentación foi a Feira de Artesanía e Deseño de Outeiro de Rei por estar localizada a produción nesta zona, que cultiva a empresa Volta ó Sacho. A Callobresa, a única fariñeira ecolóxica certificada no noroeste de España, distribuirá o produto en tendas especializadas e levarao ás feiras ás que acuda o Craega nun tarro de cristal reutilizable con capacidade para 1,2 quilos de fariña destinado ao público non profesional, e un saco de 25 quilos, pensado para o sector panadeiro.
14
<
CRAEGA
Taboleiro de anuncios
Secundina Cost a Piñeiro (Vivei ros Ramil planta Queda aínda no de horta) viveiro algunha planta da campa de primavera (c ña ebola, tomates Preparámonos , pementos etc. agora para a ca ). mpaña de verá escarolas, pakc n (leitugas, hoi, col chinesa etc.) e de outono brócoli, coliflor (repolos, etc.). Para pode r ter unha plan moi importante ta axeitada é ter os cultivos planificados, as poderemos prog í os viveiros ramar ben as se menteiras. ramon@ceressl.c om - 986 710 70 7
Produtos de tempada ecolóxicos e certificados. Servimos a domicilio (tamén envíos por mensaxería): pedidos, bonos regalo e cestas. Visitas concertadas para grupos e particulares. Estamos en Tras do Eixo, 25 Cacheiras (Teo, A Coruña). A horta de Dubra José Domínguez Dubra Véndense fabas 646 413 844 ecolóxicas de Lourenzá, a Facebook: A Horta de Dubra granel ou envasadas. M.ª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006 Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese la ecolóxico. xe o cliente Viveiro de plantel hortíco e pódeselle poñer no domicilio en tran arga. sporte Facemos plantel por enc frigorífico para non romper a cadea Biohorta de frío. Vicente Prieto Ledo 981 483 312 / 669 690 212 609 864 738 agricolacuruxeira@gmail.com info@limusinatouza.com Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com
Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra. José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com
Venda de Porco Celta en ecolóxico. Leitóns para criar ou para consumir. Posibilidade de engorde dos porcos por encarga. Elisa e Camilo: 676 666 157 Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur ismo Arqueix para inscrito al s no Craega. Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com
alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi n produtos r plementa co m co n de po se certificados. ou ecolóxicos (Lugo) biodinámicos , A Pontenova A Panturreira 641 9 84 olz: 637 Isabel Zaera D om .c la al bh sham izaera@granja om .c la al bh granjasham 650 343 777
Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxic a de Rubia Galega. Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777
de verduras Repartimos caixas en Santiago io ecolóxicas a domicil os limítrofes ell nc de Compostela e co ). , Teo, Ames e Brión (Vedra, Boqueixón ga ae Cr no ta dra inscri Finca de horta en Ve compartido.com po tem el@ gu mi
Carmen de Soca stro Na horta ecolóx ica “Carmen de Socastro” temos produtos de tempada. Estam os en Socastro , 11, concello de Rois, A Coruña . Ven e coñéceno s! carmensocastro @hotmail.com 630 167 138 Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273
Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de se rvir en despeces en distintos formatos . Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com
Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806
m2 de Véndese ou alúgase finca de 10.700 árbores. 700 con a óxic ecol a froit de n ució prod a para pedr de Venda de froita asegurada. Casa na do lexia privi r luga nun restaurar, situada ribeira do Miño. César García Alonso 670 852 638 puchadiza@hotmail.com
Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente Carne ecolóxic a de Raza Vian esa alimentada exclusivamente con pasto e leite , rica en Omega 3 e reco mendable para celíacos. Poñémola na sú a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro. Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com
óxico. Realizamos plantón hortícola en ecol tura ticul ofru hort de os curs con ento Asesoram e cultivos de invernadoiro. Semilleros Penateixa 636 060 286 / 693 654 130 semillerospenateixa@hotmail.com semillerospenateixa.blogspot.com
Viveiro de plantel hortícola en ecolóxic o. Temos plantas en stock e recollemos encargas. Sementes convencionais e tradicionais certificadas. Feitoría Verde 698 164 249 / 698 161 760 pedidos@feitoriaverde.com https://feitoriaverde.wordpress.com
Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es
Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:
GOBIERNO DE ESPAÑA
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE
FEADER Europa inviste no rural
Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green
Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos