Revista do Craega 28

Page 1

REVISTA do

CRAEGA

Nº 28  >  Outono 2013

O Craega aumenta as actividades dirixidas aos consumidores > Charlas didácticas e

degustacións no verán

> Anuga e Natexpo,

próximos destinos


Taboleiro de anuncios

sumario  3 |  Nova edición de Ecolugo  4 |  Degustacións, charlas e participación noutros eventos do sector  7 |  A gandería ecolóxica no plan “Fórmate en verde”

▶  Repartimos caixas de verduras

ecolóxicas a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)    Finca de horta en Vedra inscrita no Craega   miguel@tempocompartido.com

▶  Servimos pedidos de carne ecolóxica

de tenreira envasada ao baleiro    Carnicería Carballada (Sarria, Lugo)    982 886 225   carniceriacaballada@hotmail.com

▶  Venda de produtos ecolóxicos: legumes

e hortalizas. Colleita propia    Agricultura Ecolóxica Cristimil    Román Viz Santomé: 625 202 417

Realízanse sacrificios ecolóxicos. ▶

Matadoiro Comarcal de Sarria    San Xulián da Veiga, 27614    Luís López: 982 531 273

▶  Descontos do 20% nas tarifas de

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: Pendente IMPRIME: Ulzama Gráficas

Establecementos colaboradores minoristas ABC de Bío Amamos Comercial S.L. Padre don Rúa, 2 36203 Vigo - Pontevedra 986 117 303 www.abcdelbio.es info.@abcdelbio.es A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, caseta 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Despensa do Avó Francisco Mª Rosana López Álvarez Rúa Mallorca 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com A Tropical, Finarrei SL Rúa da Paz, 20 32005 Ourense 988 220 688 demetrio@finarrei.com www.finarrei.com A Xoaniña, SCG Rúa Venezuela, 78 15404 Ferrol - A Coruña 981 930 868 cooperativaxoaninha@ cooperativaxoaninha.org www.cooperativaxoaninha.org As Cabaciñas Gueimonde y Liste, SC Rúa Restollal, 79 baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega    Albá (Palas de Rei, Lugo)    982 380 251 / 629 176 030   contacto@arqueixal.com   www.arqueixal.com

▶  Repartimos cestas personalizadas de

verdura e froita no concello de Lugo, que se poden complementar con produtos biodinámicos ou ecolóxicos certificados    A Panturreira, A Pontenova (Lugo)    Isabel Zaera Dolz: 637 849 641   izaera@granjashambhalla.com   granjashambhalla.com    650 343 777

▶  Viveiro de plantel hortícola ecolóxico.

Facemos plantel por encarga   Biohorta    981 483 312 / 669 690 212   agricolacuruxeira@gmail.com

Patacas ecolóxicas Ribeira de Portizó   Sober (Lugo)    Marena: 627 214 476

Hortasán Seoane Albela, Purificación Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@tempocompartido.com

Establecementos colaboradores hostaleiros

Restaurante Biobania Cordelería, 7 15003 A Coruña 981 221 301 biobania@gmail.com www.biobania.blogspot.com.es/

Horta+Sá López Chamorro, Isabel Rúa Pérez Ardá, 26 baixo esqu. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es www.hortamaissa.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 restauranteanosaterra@gmail.com

Ecocentro Natureza Álvarez López, Mª Teresa Avenida de Galicia, 52 baixo 27400 Monforte de Lemos - Lugo 982 404 797

Horta Fresca Tenda Ecolóxica María Carrera Fernández Rúa Damas Apostólicas 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán - Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com

e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega    Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)    650 343 777

Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 405 portasantiago@mundo-r.com

Consumo Consciente Árbore, SCG Rúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo 36203 Vigo - Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Horno Integral Pandarán, SL Avenida de Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra info@pandaran.es www.pandaran.com

▶  Recibimos visitas guiadas de escolares

Todo Bío, SL Rúa Doutor Fleming, 7B 32003 Pontevedra 986 493 617 vbtienda@hotmail.com

Horta Verde, CB Rúa Irmáns Maristas, 38 36700 Tui - Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es

Eu Consumo Responsable Natalia Pérez Sousa Rúa Santo Domingo 41, local 5, Galerías Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es

Lourenzá, a granel ou envasadas    Mª Josefa Leitón Ramallal: 648 705 100 / 982 146 006

Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios enviar solicitude a craega@craega.es

Cárnicas O Xurés Fernández Blanco, Juan Carlos R/ Celso Emilio Ferreiro, 20 baixo 32004 Ourense 988 245 812 www.carnicasoxures.com

Ecogaliza, SLU Praza de Abastos, nave 7, caseta 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

▶  Véndense fabas ecolóxicas de

La Aldea Biomarket, SL Avenida Finisterre, 25 baixo 15004 A Coruña 626 765 567 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com Maguz Ecolóxicos Rosa María Castro Conde Mercado de San Agustín Posto 3 15001 A Coruña alfredosessa300@gmail.com Menta - Ortega Río, Mª Soledad Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño - Ourense 988 274 123 salchasa@yahoo.es Ourense Bío, SL Rúa San Rosendo, 9 baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Tenda Ecolóxica Equilibrio, SL Avenida Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com

A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com

Restaurante Campos Rúa Nova, 4 27001 Lugo 982 229 743 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.com Restaurante España Rúa do Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 restaurantespana@gmail.com www.restespana.com

Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com

Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com

Fogar do Santiso Trasellas, 13 - Luou 15883 Teo 981 805 948 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es

Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es

O Lar de Adrián Carril das Flores, 30 27002 Lugo 982 244 245 olardeadrian@hotmail.com www.lardeadrian.atagalicia.com

Taberna Do Labrego Camiño Real, 32 Pacios 27372 Begonte 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com

Picota Espazo Gastronómico Rúa Bailén, 17 - Praza de Abastos 27400 Monforte de Lemos 982 418 408 karrasquito@hotmail.com


Participantes e oferta >  Casa Grande de Xanceda, con iogures e queixos. >  Artesanos Gallegos de la Carne S.L., con carne de vacún. >  Caurelor, con marmelos e castañas, e mel rural de Manuel Macía. >  La Huerta Sana, de María del Carmen Lado, horticultora. >  Conservas Antonio Pérez Lafuente, con conservas de peixe e mexillón ecolóxico.

>  Diego de Lemos, con viños da D.O. Ribeira Sacra. >  A Cernada, con iogures e queixos. >  Ecofunghi, con elaborados a partir de cogomelos. >  Galletas Daveiga, con galletas mariñeiras. >  Casa Ánxel, con leite, con queixos e derivados. >  Arqueixal, con leite, queixo e derivados, e Granxa Maruxa, con galletas de nata.

>  Labregos Daiquí, con produtos ecolóxicos hortícolas e froiteiros. >  Posto mixto, con mel, queixo, pan, vinagre, aceite e outros produtos achegados por produtores que non puideron acudir.

Boa acollida da nova edición de Ecolugo A capital lucense acolleu o 7 de setembro a II Feira de Produtos Ecolóxicos organizada polo Craega.

O

Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia organizou un ano máis este evento, coa colaboración do Concello de Lugo, e escolleu para o seu desenvolvemento a praza de Abastos da cidade amurallada, xa que se trata dun punto de venda habitual de produtos frescos e de calidade. A feira, anunciada nas vésperas polas rúas da capital por un par de mascotas caracterizadas coma cenorias, reuniu 13 postos de operadores procedentes de toda Galicia. En horario continuado de 9.30 a 20.00 horas, os expositores ofrecéronlle ao público asistente unha ampla gama de produtos ecolóxicos, dende lácteos e conservas de peixe ata carne e sobremesas.

Moitos dos asistentes quedaron sorprendidos da cantidade de produtos ecolóxicos certificados que hai na nosa comunidade, así como polo seu prezo, nalgún caso moi pouco superior aos seus homólogos en convencional. Paralelamente, sete restauradores lucenses, que teñen asinado un convenio como hostaleiros recomendados polo Consello, serviron durante toda a semana produtos ecolóxicos no seu menú. O balance dos produtores participantes foi bo, con vendas por riba dos 1.000 euros en moitos estands, e igualmente o dos consumidores, que valoraron positivamente a mercadoría adquirida.

CRAEGA

> 3


Sucédense as degustacións e as charlas do Craega para os consumidores

O

Craega continuou estes meses co seu labor de presentación da agricultura ecolóxica entre os consumidores a través da organización de degustacións comentadas, unha maneira eficaz de achegarlle o produto á xente, permitir que o probe, informala do modo de cultivo e estimular a compra.

Paté de algas e mexillóns en escabeche ecolóxicos servidos na entrega dos premios das Catas de Galicia

Unha boa mostra desta actividade foi a I Feira de Produtos Ecolóxicos Ecological Galicia, celebrada no concello pontevedrés de Cambados entre o 15 e o 18 de agosto cuns 40 postos. Houbo unha carpa de degustacións e, dentro das xornadas técnicas sobre produción e comercialización para profesionais e afeccionados, unha charla sobre as garantías da obtención do selo ecolóxico, a cargo de persoal do Consello, e un relatorio da Casa Grande de Xanceda como proxecto ecolóxico, operador inscrito no Craega. Outro dos eventos sectoriais nos que se participou foi a XI Feira dos Produtos Artesanais e Ecolóxicos Produart, que impulsa a Fundación Expomar en Burela. Tivo lugar a principios de agosto e xuntou máis de 60 expositores. Ademais, o director técnico do Craega, Ernesto Sán-

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, percorreu a feira acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Manuel Cores Tourís, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo

4

<

CRAEGA

chez, e o operador do Valadouro Edmundo Maseda ofreceron unha charla sobre a certificación en produción ecolóxica. No mes de xullo desenvolvéronse ademais o Mercado Agroecolóxico de Monforte e a Cata de Viños Ecolóxicos de Ourense, onde se mostrou unha parte da produción ecolóxica das empresas asociadas ao Consello. Por outra banda, con motivo do festexo do Día de Galicia en Santurce, no País Vasco, mandouse capón ecolóxico para unha degustación organizada no posto da Consellería do Medio Rural e do Mar; nesta ocasión, o persoal do Craega tamén impartiu unha conferencia sobre este animal, a súa historia e a súa produción. Igualmente, para a 22ª Festa do Pan de Cea, que acolleu San Cristovo de Cea o 7 de xullo, enviouse sidra que se serviu como bebida na degustación gastronómica preparada con produtos de calidade, con denominacións de orixe e indicación xeográfica protexida. E, así mesmo, enviouse outra remesa de produtos certificados para o acto de entrega dos premios da Catas de Viños, Licores e Augardentes de Galicia, ao que asistiu o secretario do Consello o 2 de xullo.


O Consello Regulador revalida a acreditación da ENAC

O

9 de setembro, o Craega recibiu o acordo da comisión da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) que confirma que un ano máis mantén o alcance de certificación de produción agroalimentaria ecolóxica, tras pasar a correspondente auditoría no mes de xullo. Como novidade, cómpre apuntar que o Consello Regulador foi auditado conforme á ISO/IEC 17065:2012, a nova norma europea sobre a avaliación da conformidade e os requisitos para organismos que certifican produtos. Esta ISO difire respecto de UNE-EN 45011 na importancia sobre a imparcialidade, a confidencialidade e a transparencia e, sobre todo, insiste na importancia de que o Craega demostre a súa transparencia. Neste sentido, o Consello vén traballando desde comezos de ano na implantación desta norma, o que implicará cambios na xestión do organismo e na relación cos inscritos que se verán reflectidos ao longo de 2014 e dos que se informará progresivamente.

I Concurso de Eco-Receitas en Facebook

O

Craega convocou a través da súa páxina de Facebook un concurso de ecoreceitas, gratuíto e dirixido a maiores de 18 anos. As receitas teñen que ser saudables, feitas unicamente con produtos ecolóxicos certificados polo Consello Regulador. Os concursantes presentarán unha descrición do prato e unha foto, pero ademais valorarase positivamente que envíen un pequeno vídeo sobre a súa elaboración. O certame conta con dúas categorías, Doce e Salgado. O prazo para concorrer manterase aberto ata o 10 de outubro e o premio para o gañador é un lote de produtos ecolóxicos avalados polo Craega.

Empresas ecolóxicas galegas exporán nas feiras de Colonia e París

D

o 5 ao 9 de outubro, a cidade alemá de Colonia acollerá a 32ª edición de Anuga, a gran feira da alimentación na que a Xunta de Galicia manterá un estand con representación da agricultura ecolóxica. Asistirán os operadores do Craega Casa Grande de Xanceda, Conservas Antonio Pérez Lafuente, Mieles Anta e Alibos Galicia. Haberá produto exposto e tamén se servirá en degustacións gastronómicas. O posto, situado no pavillón 11.1, permanecerá aberto ao público das 10.00 ás 19.00 horas. Un pouco máis adiante no mes, do 20 ao 22, celebrarase na capital parisina a feira profesional de Natexpo, unha cita bienal para as empresas agroalimentarias ecolóxicas. Dende Galicia acudirán Lugar da Veiga, Bioalacena (Mule System), Portomuíños e Mieles Anta, tamén asociadas ao Craega, que amosarán a súa produción no pavillón 7, posto K89.

CRAEGA

> 5


Propostas ecolóxicas no 9º Concurso de Tapas de Lugo

Agradecemento ao traballo de Manuel Ferreiro en prol da agricultura ecolóxica

N

a nova edición do Concurso de Tapas de Lugo, que organizou do 13 ao 30 de setembro a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (Apehl), co patrocinio do Concello, incluiuse unha modalidade de Tapa Ecolóxica. Concorreron á mesma A Nosa Terra, Canela Bakery Coffee, O Lar de Adrián e Paprica. Estes catro establecementos hostaleiros competirán ao remate do certame polo premio correspondente a esta categoría, que concederá o público.

M

anuel Ferreiro Redondo, o vogal representante da Consellería do Medio Rural e do Mar, xubílase despois de prestar servizo durante máis de vinte anos no Servizo de Industrias Agrarias de Lugo. Dende o Consello queremos agradecerlle a súa dedicación tanto no pleno do Craega, como titular dende o ano 2012 e como suplente en anteriores lexislaturas, coma en calidade de membro integrante do comité de certificación dende o ano 2009.

A tapa de A Nosa Terra consistiu en bacallau en base de puré de patacas e gornición de pemento de piquillo confeitado; a do Canela foi unha ensalada rusa feita con pataca confeitada, caviar de cenoria, salteado de chícharos, tar-tar de bonito e ovo relado, aliñado cunha escuma de maionesa; O Lar de Adrián presentou un biscoito líquido de grelos con lagostinos acompañado de xeado de queixo San Simón; e Paprica optou por un xeado San Simón con tomate mariñado, consomé de tomate, alfábega e pan de San Simón. Todas estas propostas gastronómicas elaboráronse con produtos que están certificados en agricultura ecolóxica.

1

2

de y

3 1. 2. 3. 4.

6

A Nosa Terra Canela Bakery Coffee O Lar de Adrián Paprica

<

CRAEGA

4

¡Infórmate! www.revista-ae.es • tel: 961 26 71 22


A gandería ecolóxica, materia do plan “Fórmate en verde” Visita dos alumnos á gandería ecolóxica Casa Ánxel

E

ste programa formativo inclúese dentro do proxecto Lugo2 da Deputación de Lugo. Cofinanciado nun 80% polos fondos FEDER, ten como obxectivo principal o desenvolvemento da provincia a través da posta en valor dos recursos naturais dispoñibles, a sensibilización ambiental de habitantes e visitantes, a mellora da eficiencia enerxética e a busca dun modelo económico sostible. Este proxecto dividiuse en tres vertentes: agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica e agroforestal sostible. Agronovo Ecoloxía, cunha dilatada traxectoria no eido da produción ecolóxica, levou a cabo a formación referente á gandería ecolóxica. Tratouse dunha serie de cursos completamente gratuítos e dirixidos a calquera persoa interesada en aprender e aproveitar esta oportunidade de futuro. Curso de gandería de vacún ecolóxica. Formouse aos alumnos en todos aqueles conceptos teóricos e prácticos para realizar as operacións de manexo dos animais e a produción e a comercialización da produción nunha explotación gandeira ecolóxica, aplicando criterios de sustentabilidade e rendibilidade, de acordo co Regulamento da Unión Europea 834/2007 sobre produción e etiquetado dos produtos ecolóxicos, a prevención de riscos laborais vixentes e o benestar animal. Curso de porcino en ecolóxico. Para dar resposta ás necesidades dun sector que conta cun amplo nivel de consumo e que só conta cunha explotación na provincia e con dúas no resto de Galicia.

A asesoría agrícola Agronovo Ecoloxía SL vén de participar en Lugo no programa “Fórmate en verde”, impartindo de agosto a outubro diversos cursos gratuítos de gandería ecolóxica.

Máis información e inscricións: 982 405 300 info@agronovo.es

Curso de ovino-cabrún en ecolóxico. Tendo en conta que pode ser unha produción complementaria para lugares cunhas condicións agrarias menos adecuadas para outro tipo de producións como podería ser a de vacún. Tamén pode ser unha actividade interesante para aquelas persoas que van comezar unha actividade gandeira cun investimento medio-baixo. Curso de avicultura de carne en ecolóxico. A avicultura de carne é unha actividade gandeira interesante pola pouca produción existente e fácil de diferenciar para entrar nun mercado que en convencional non tería estas oportunidades. Curso de avicultura de posta en ecolóxico. Pretende atender as necesidades dun sector que conta cun amplo nivel de consumo e do que só hai unha explotación na provincia, e tres no resto de Galicia. O curso estaba destinado a todos aqueles que quixesen iniciarse na produción de avicultura de posta en ecolóxico ou pensasen na reconversión dunha explotación convencional, para aproveitar as infraestruturas existentes e ter un maior valor engadido. No mes de agosto comezáronse os últimos cursos do proxecto, ambos de avicultura, un de posta e outro de carne, que se darán por finalizados a mediados do mes de outubro. Cabe destacar que en tódalas edicións dos cursos se fixeron xornadas presenciais nas que se incluían visitas a diferentes explotacións, moitas delas inscritas no Craega, polo que o alumnado tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o sector.

Coñecendo a experiencia da Casa Grande de Xanceda

CRAEGA

> 7


Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

gobierno de españa

8

<

CRAEGA

ministerio de agricultura, alimentación y medio ambiente

FEADER Europa inviste no Rural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.