AUTÓCTONAS GALEGAS 7

Page 8

8

eNTREVISTA

Pepe é fillo de labrador pero de pequeno nunca tivo Cachenas. Agora cóidaas no monte Castiñeira e popularízaas a través do restaurante

PEPE O CAZADOR CRIADOR DE CACHENA E FUNDADOR DO RESTAURANTE CAZADOR (A MEZQUITA, OURENSE)

“TEMOS PENSADO IR A MÁIS PORQUE NON DAMOS FEITO PARA O RESTAURANTE” Inda que A Mezquita é berce da Frieiresa, Pepe e a súa familia crían Cachena, outra raza autóctona galega en perigo de extinción orixinaria da provincia de Ourense. En seis anos, a cabana pasou de nove cabezas a 150, que van do monte Castiñeira (Vilariño de Conso) ao mantel do restaurante Cazador (O Pereiro), onde probar esta carne é cousa do día. A Cachena entra no menú e véndese por encargo. Pepe O Cazador, como é coñecido na zona, montou o restaurante cando era novo e hoxe sucédeo á fronte do negocio o seu fillo Jose. Serven comida tradicional e no comedor hai unha pista da marca da casa: preside a cabeza desecada da Cachena Cereixa. _Que foi antes, a explotación ou o restaurante? _O restaurante, no ano 89, e no ano 97 foi cando nos fixeron aquí a autovía e cando nos dedicamos a cebado de tenreiros. No ano 2006 trouxemos nove Cachenas do Miguel, do Pernas, de Ortigueira, e aí empezamos. Despois, había aquí un señor que tiña outras nove, tiña Frieiresa tamén, e un día díxome: “Pois xa que ti tes Cachena e eu teño as dúas razas, queda ti coa Frieiresa e eu coa Cachena, Autóctonas Galegas Número 7

ou ao revés”. Ao final compreille as nove Cachenas e un boi. No 2007 fomos a Quintela, de Lobios, e comprámoslle 34 vacas a unha muller que se retirou. Metémolas aí na explotación e así estamos, fomos criando todo... Nunca pensamos tampouco chegar a onde chegamos porque tiñamos poucas vacas daquela. Era por hobby. _Como se vos ocorreu introducir as vacas autóctonas? _Ocorréusenos porque un día viñeron por aquí Juan [veterinario de Boaga], Cástor [director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia] e Moncho [director de Boaga]. Eu coñecíaos porque Moncho estivera de veterinario aquí. Estivemos falando, dixéronme que me apoiaban, que era unha boa opción para

empezar, que era unha carne moi boa e que para o restaurante me podía valer. Probamos a carne e vimos que era unha carne marabillosa que a nós nos encaixaba. Hai dous anos fixemos comida gratis para todos os amigos que quixeron vir. Incluso chegamos a ter 150 persoas aquí dentro comendo Cachena. Para dala a probar... Dixéronnos que estaba moi boa, que tiñamos que potenciala e así empezamos a introducila no restaurante e vimos que a xente a pedía de boa gana. _E agora que tal? _Temos pensado ir a máis porque nos fai falta, non damos feito para o restaurante, incluso non chega. Estamos matando un á semana. Un todas as semanas e no verán pois algo máis e entón non nos dá porque polo medio vén algunha femia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
AUTÓCTONAS GALEGAS 7 by Transmedia Comunicación - Issuu