Autóctonas Galegas 13

Page 1

AUTÓCTONAS número

13

A REVISTA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GANDEIRAS GALEGAS

ministerio de agricultura, pesca y alimentación

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural

OR

CEL GAÑA

O

A RU DE RA L

OP

X S E SX P R RE E N E M I O A N TO V O LV E M E

D

Os nosos operadores, pezas clave para a recuperación das razas galegas

AS

AUTÓCTONAS EN TEMPOS DE PANDEMIA

INVERNO 2020


CALDELÁ

CACHENA

FRIEIRESA

LIMIÁ

CELTA

VIANESA

CABRA GALEGA

OVELLA GALEGA

GALIÑA DE MOS


editorial

3

UNIDOS CONTRA AS ADVERSIDADES

11 13 INVERNO 2020

Sabemos ben que tiñades moitas ganas de que chegase este momento, o momento de ter nas vosas mans un novo número de Autóctonas Galegas. Quizais non tanto pola revista en si (que tamén!), senón porque, canda ela, chega o peche dun ano duro como non acordarán xa moitos. Nestes meses tivemos que renunciar a moitas cousas e aprazar outras tantas e na Federación non fomos alleos a esta situación. Foi necesario cancelar ducias de feiras, xornadas e actividades que tiñamos previstas para promover as nosas razas ao longo de todo o 2020 e, en paralelo, vimos como a meirande parte dos nosos socios debiades facerlle fronte a unha situación sen precedentes nos vosos negocios xa que, á xa de por si inestable situación do prezo da carne, este ano houbo que sumarlle unha baixada na demanda que impactou seriamente no valor dos vosos produtos. Así e todo, non desfalecestes, senón que tomastes o touro polas hastas e traballastes duro por sacar adiante este proxecto tan importante para a nosa terra. Con esta idea en mente foi como comezamos a darlle forma a esta edición da revista, a cal abre cos testemuños dunha notable representación de persoas dedicadas a este labor. Os protagonistas deste número faláronnos de razóns moi diversas para comezar cos seus proxectos vencellados ás autóctonas: dende o amor pola natureza de Ana ata o sentimento de responsabilidade por manter a raza de Dosinda, pasando pola confianza na súa calidade que levou a Alberto de volta á terra dos seus pais ou os imprevistos da vida que fixeron que José Antonio atopase na gandería unha nova vía laboral e persoal. Tamén estivemos con restauradores, un gremio particularmente damnificado pola situación actual pero que, lonxe de amosarse derrotistas, nos abriron as portas dos seus negocios cun sorriso e nos falaron con ilusión dos seus proxectos ligados ás autóctonas.

EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense) Teléfono: 634 54 86 00 Email: frag@boaga.es Web: www.boaga.es Presidente: José Blanco Blanco Vicepresidente: José Manuel González Lamelas Secretario-tesoureiro: Lisardo López Blanco Vogais: M.a Hortensia Alonso Alonso, M.a Hortensia Rodríguez González, Francisco José Monasterio Solveira PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo Teléfono: 982 22 12 78 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tiraxe: 2.850 exemplares Depósito legal: LU 339-2007

SUMARIO ENTREVISTA Ana Teijero (Castro de Rei, Lugo)

4

Martín e Sergio González (Montederramo, Ourense) 8 José Antonio Vázquez (Castro Caldelas, Ourense)

12

José María Rodríguez (A Mezquita, Ourense)

16

Como vén sendo habitual, a revista tamén inclúe formación técnica, nesta ocasión centrada na raza Galiña de Mos –recollemos un estudo sobre o aproveitamento de terreos baldíos para granxas avícolas artesanais e outro sobre as calidades dos ovos das galiñas como melloradoras da resposta dos humanos fronte ao coronavirus–, e fai un repaso polas actividades de promoción que si puidemos levar a cabo nos últimos meses.

Manuel Pérez e Ana Tomé (Rois, A Coruña)

20

José Álvarez (Castro de Rei, Lugo)

24

Armando García (Outeiro de Rei, Lugo)

26

Alberto Santín (Samos, Lugo)

28

Dosinda Rivero, Manuel Vázquez e Noel Vázquez (Monterrei, Ourense)

32

No apartado reservado á Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), poderedes consultar as súas actividades anuais, ademais de ler o seu artigo técnico sobre innovación e investigación na raza e a reportaxe con declaracións dunha ducia de gandeiros recentemente incorporados á produción porcina.

REPORTAXE

Dicimos con toda a sinceridade que non se nos ocorren moitas formas mellores de animarvos e enviarvos forzas que a través dos moitos testemuños que recollemos para vós nesta edición de Autóctonas Galegas. Somos conscientes de que a situación está sendo moi dura para todos, pero tamén temos o convencemento de que non haberá restrición nin virus que poida frear o noso labor se somos quen de seguir unidos fronte ás adversidades. Gandeiros, veterinarios, carniceiros, distribuidores, restauradores… sairemos adiante e farémolo xuntos. Ánimo!

As novas xeracións gandeiras pásanse ao Porco Celta

37

GALIÑA DE MOS Aproveitamento de terreos baldíos para granxas avícolas artesanais e comercialización diferenciada

40

ESTUDO Pode o ovo de galiña protexernos fronte á COVID-19? 48 PORCO CELTA Investigación e innovación na raza Porco Celta

54

NOVAS Novas Boaga

56

Novas Asoporcel 77

ministerio de agricultura, pesca y alimentación

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural


4

ENTREVISTA

ANA TEIJEIRO CRIADORA DA RAZA LIMIÁ

“ESTAMOS MOI CONTENTOS COA LIMIÁ; CHEGA A TER CANAIS QUE NON LLES ENVEXAN NADA AOS DOUTRAS RAZAS” Ana Teijeiro é a propietaria de Ganadería Taluco, unha explotación de limiás do concello de Castro de Rei (Lugo). Malia non ter ningunha experiencia previa na gandería, esta amante dos animais decidiu en 2015 darlle un xiro á súa vida e comezou coa cría desta raza autóctona. Nas liñas que seguen, descubrimos por que decidiu apostar por ela e como está sendo a experiencia ata o de agora. Que te levou a tomar a decisión de abrir unha explotación de gando autóctono? Pois había tempo que valorabamos montar unha gandería de carne, pero non tiñamos moi claro como facelo, porque necesitas moito terreo. Nesas estabamos cando xurdiu a posibilidade de comprar unha pequena gandería de limiás que estaba funcionando aquí preto. Metémonos a ela e estamos moi contentos coa Autóctonas Galegas Número 13

decisión, porque a raza é moi boa, chegamos a ter canais bos, que é o que nos interesa porque, cantos máis quilos, mellor é o ingreso do animal. Así foi como empezamos, no ano 2015, e aquí seguimos. Por que se vendía a explotación de Limiá que comprastes? O dono anterior tíñao como segunda actividade e como xa se ía facendo maior decidiu deixalo. Ofrecéunola, falámolo e

decidimos comprala. Non me chegaban os animais que tiña para facer a incorporación (creo recordar que o mínimo eran 36 UGM), porque había bastantes menos dos que me pedían, tivemos que mercar máis, pero foi un bo punto de partida. Coñeciades de antes a raza Limiá? Coñeciamos un pouco as razas autóctonas en xeral, pero como tampouco nunca nos dedicaramos a isto non afondaramos


ENTREVISTA demasiado no tema. Cando empezamos a falar de que raza meteriamos, falamos de que nos gustaban as autóctonas. O problema é que non era fácil compralas porque non hai moitas ganderías autóctonas e, claro, no momento no que nos xurdiu esta posibilidade, aproveitámola. Poder coller unha gandería xa en activo, non ter que empezar de cero, é importante. Nós estamos moi contentos coa Limiá, sobre todo porque chegan a ter canais que non lles envexan nada aos de cruzamentos de razas que hai por aí. Temos entendido que non tiñades experiencia previa na gandería. Que vos levou entón a dar este paso? Efectivamente, non nos dedicabamos a nada disto (de feito, o meu marido non traballa nisto a día de hoxe). O que pasa é que eu son unha amante dos animais e ao meu home encántanlle as vacas. Así foi como, sobre a marcha, empezamos a falar do tema, de por que non montar unha gandería, por que non dar ese paso... Ao principio, como empezabamos dende cero, todo era unha lea, en canto aos animais e tamén en canto á Administración. Tivemos que dedicar moito tempo a asegurarnos de que tiñamos todo en regra. Iso foi complicado, pero conseguimos saír adiante. Que tipo de apoio recibes por parte de Boaga? Boaga está sempre aí e creo que son a base fundamental de todo isto. Eu ante calquera dúbida que teño póñome en contacto con eles. Son os que nos controlan os animais, veñen cando os necesitamos... Por exemplo, nós tivemos un incidente cun touro

5

“Non é fácil comprar porque non hai moitas ganderías autóctonas e, claro, no momento no que non xurdiu a posibilidade, aproveitámola”

que enfermou, que tragou unha illadora, e quedamos sen semental nese lote. Iso é un problema, porque, se che falta o touro, perdes a reprodución deses animais se cadra durante un ano. Neste tema Boaga axudounos indicándonos onde podiamos comprar outro semental e controlándonos tamén a consanguinidade, que é algo moi importante na nosa explotación, porque resulta que a un dos touros que tivemos aquí se lle sacou moito seme e hoxe ten descendencia en case todas as explotacións de Limiá. Por iso estamos bastante limitados á hora de comprar animais: temos que velar moito pola consanguinidade.

Como están repartidos os animais? Temos 94 animais (43 son becerros) repartidos en 3 lotes entre Loentia e Ludrio, en Castro de Rei. O tamaño dos lotes varía en función das hectáreas de terreo que teñen a disposición, claro. O máis pequeno agora mesmo ten 11 cabezas e o resto está repartido a partes iguais nos outros dous. Encárgaste entón ti soa do cento de animais que tedes hoxe en día. É suficiente unha persoa para manexalos? Para o traballo diario si é suficiente pero, por exemplo, cando hai que metelas na

Autóctonas Galegas Número 13


6

manga para chapear ou para facerlles o saneamento, unha persoa soa non se defende. Neses casos teño que buscar alguén que me bote unha man. Polo demais, pódome facer cargo eu soa sen ningún problema. Que alimentación seguen os vosos animais? As vacas e os touros están sempre fóra en pastoreo. Teñen sempre a disposición herba seca e silo cando non hai pasto. Os becerros están sempre coas súas nais pero, dende que nacen, teñen a disposición penso en todas as leiras. Despois, aos 7 meses e medio, aproximadamente, metémolos no cebadeiro ata os 10 meses, idade á que os vendemos.

ENTREVISTA

“O investimento que fas non se corresponde co prezo de venda co que te atopas cando vendes o quilo de carne. Isto (…) fai que a día de hoxe os negocios non sexan todo o viables que deberan”

Como facedes a venda? Vendemos a restaurantes, carnicerías e particulares e, se temos excedente, van para matadoiros a través dun tratante. E pensades na posibilidade de comercializar produtos con marca propia? Iso sería o ideal, o que pasa é que se necesita moito tempo e dedicación e a min, polo momento, dáme medo dar o paso. En principio, seguiremos como estamos agora. Como dirías que é esta raza? Como animal, teño que dicir que teñen carácter e que desconfían moito. Eu a diario non teño problema con elas, manéxoas sen ningún problema, pero si que é verdade que son moi desconfiadas. En canto á carne, diríache que é de dez. A infiltración que ten de graxa é impresionante e o sabor é boísimo. Para min, está perfectamente á altura de calquera tipo de carne que haxa hoxe en día no mercado.

Autóctonas Galegas Número 13

Entón esta autóctona compite ben con outras razas cárnicas, como pode ser a Rubia Galega? En quilos, eu podo dicir que saquei algúns canais que non lle envexan nada á Rubia Galega. Non todos, pero hai algúns becerros que competían perfectamente. En canto á calidade da carne, eu creo que a infiltración é moito mellor a das autóctonas. A Rubia Galega non ten a infiltración que ten unha das

nosas. Podo falar en especial da Limiá, porque é a que coñezo, e creo que é un dos animais que ten unha infiltración máis destacable na carne. É viable hoxe en día vivir unicamente dunha gandería de razas autóctonas? Para unha familia, non. Home, depende moito do volume que teñas de animais pero… non sei, a min paréceme que non. Creo que está ben pensado que


ENTREVISTA

7

na parella un se dedique a unha cousa e que iso se complemente cunha gandería. Eu, hoxe mesmo, non podería vivir só da gandería. É que implica moitos gastos… O primeiro, xa non hai terreo para que poidas aumentar. Na miña zona é dificilísimo conseguir terreo e o que consegues é a prezos desorbitados. Entón creo que non é rendible como única fonte de ingresos para unha familia polo de agora. Cres que fai falta máis apoio das administracións para que sexa posible? Fan falta máis facilidades e que nos paguen a carne ao prezo que realmente merece, porque hai que valorar que, cando un animal chega ao matadoiro, ti pasaches uns nove meses alimentando a nai e despois outros dez alimentando a nai e mais o becerro. Todo ese alimento dalgún lado sae. Despois, o investimento que fas non se corresponde co prezo de venda co que te atopas cando vendes o quilo de carne. Isto é o complicado e é o que fai que a día de hoxe os negocios non sexan todo o viables que deberan.

Os vosos fillos mostran interese polas autóctonas? Haberá posibilidade de traspaso xeracional? Non o descartan, aínda que agora mesmo o seu proxecto é estudar. De todos os xeitos, saben que o teñen aí. Sobre todo creo que un deles se cadra chega un momento no que se anima, porque cando lle falamos da opción de incorporalo na explotación (o que implicaría, claro, ter máis animais) non nos di que non, así que a ver...

Logo o proxecto familiar é continuar coa raza nun futuro? En principio, si, aínda que xa digo que é moi complicado, sobre todo polo terreo. Compralo ou alugalo na zona na que estamos é difícil, porque hai moita explotación de leite e está moi demandado e, aínda que queiras aumentar, non pode se non tes terreo.

“Na miña zona é dificilísimo conseguir terreo e o que consegues é a prezos desorbitados. Entón eu creo que unha gandería de razas autóctonas non é rendible como única fonte de ingresos para unha familia polo de agora”

Autóctonas Galegas Número 13


8

ENTREVISTA

MARTÍN E SERGIO GONZÁLEZ CRIADORES DA RAZA CALDELÁ

“NAS AUTÓCTONAS NON NOTAMOS BAIXADA NA DEMANDA. SE HOUBESE MÁIS, MÁIS SE VENDERÍAN” Martín González e outros catro gandeiros da zona foron, hai case 30 anos, os primeiros en comezar a traballar coa raza Caldelá. El fíxoo nos montes de Suspiazo (Montederramo, Ourense), o mesmo lugar no que nos recibe para esta entrevista acompañado do seu fillo Sergio que, dende hai dous anos, está incorporado á explotación. Neste caso, asemella que o traspaso xeracional, tanto do negocio como da tarefa de mantemento desta autóctona, está máis que asegurado. Que tal a experiencia despois de 26 anos traballando con caldelás? MARTÍN: Bastante ben. De feito, é un gando que se adapta moi ben ao clima de aquí. Estamos a unha altitude de 1200 metros e aguantan mellor estar día e noite fóra cás rubias. Quen traballa hoxe en día na explotación? SERGIO: Traballamos meus pais e mais eu, todos os días. Pola mañá imos ver as vacas, Autóctonas Galegas Número 13

para controlar que estea todo ben, que non haxa ningunha mala, e para poñerlles de comer se lles fai falta. Canto tempo hai que comezastes co rabaño de caldelás? M.: Coa explotación levaremos uns 26 anos… S.: Eu incorporado levo dous anos só, pero dende que comezaron meus pais pasaron máis de vinte anos. Así que practicamente toda a vida.

E tras a túa incorporación, Sergio, aumentastes o rabaño a propósito? S: Non, o crecemento do rabaño foi algo progresivo. Nós fomos pouquiño a pouco porque ao principio, cando empezamos, saían case todo machos e non tiñamos para recriar. Foi o principal problema. Unha vez que houbo suficientes animais para recriar, foi medrando progresivamente.


ENTREVISTA Faládenos entón de cómo foron os vosos comezos con esta raza… M: Cando empecei, nós tiñamos rubias. Caldelás non tiñamos ningunha. Montamos unha sociedade entre cinco compañeiros, cedéronnos unhas cantas en Fontefiz e despois fomos recriando. S: Ao principio foi difícil: había poucos exemplares e o manexo foi bastante complicado ata que se adaptaron a nós, pero, despois, ben. Agora son dóciles, manéxanse ben, sen problema. Sergio, por que decidistes empezar e, máis importante, por que decidiches seguir ti? S: Porque era unha raza que xa había aquí antigamente, bastante rústica, que se adapta ben ao medio… Entón decidimos apostar por ela sobre todo por defender un pouquiño o que había antes. Despois, cando meu pai estaba xa para xubilarse, decidín seguir porque a min sempre me gustou isto e pensar en deixar morrer o rural, non… Por iso quixen tirar pola explotación dos meus pais. Con cantos animais empezastes e cantos tedes agora mesmo? S: Empezamos con cinco ou seis e hoxe temos cincuenta reprodutoras, dous sementais… M: Si. Hoxe en total, entre os tres lotes, andaremos nas 68-70 cabezas. En canto a eses tres lotes, son todos iguais? S: Non. O máis grande ten vinte e cinco cabezas, logo temos outro de catorce e o máis pequeno ten nove. Ademais, nestes momentos temos unhas becerras recriando na cuadra. Temos sempre máis

9

“De momento non aumentaremos máis. ÍMONOS FACENDO MAIORES E PODEMOS TRABALLAR MENOS E TAMÉN CÓMPRE MÁIS FINCABILIDADE PARA PODER SOSTELAS”

o menos o mesmo número de animais en cada lote, non variamos moito, pero, como hai que mandar vacas a matar, pois hai que ir renovando. Que nos podedes contar da experiencia con Fontefiz? M: Pois foron os que nos axudaron a arrincar: por medio dun convenio coa federación e grazas ao técnico da asociación e ao director, o Cástor, foi como comezamos. S: O traballo con eles sempre foi de marabilla, tratáronnos moi ben, axudáronnos moito. Que vos fixo pasar das rubias ás caldelás? M: En realidade quedamos coas dúas razas, sempre traballamos coas dúas, mesmo agora que xa estou xubilado e a explotación pasou a nome da miña señora. Ademais, o meu fillo Sergio montou unha de rubias por conta del.

E cambia o conto ao pasar de manexar a raza Rubia á Caldelá? S: Agora máis ou menos manéxanse igual, o malo foi nos comezos, claro, porque as autóctonas viñan acostumadas a estar fóra. Agora son como as rubias, se van para a corte, tamén se atan igual e todo. Non hai ningún inconveniente e, de feito, para movelas, chámoas e veñen detrás de min todas. Entón o animal é fácil de manexar? M: Si, igual que as outras. Van por rachas, porque ao mellor aparece por aí algún mal bicho e andan espantadas pero, polo demais, manéxanse igual.

Autóctonas Galegas Número 13


10

S: Claro, hai que sabelas levar e ter en conta que é gando que está sempre fóra, entón é máis espantadizo. Polo demais, son boas nais, aleitan ben crías e son dóciles. Lévase ben atender os dous rabaños? S: Si, porque están todas na mesma zona. O lote que máis lonxe está, está a un quilómetro, entón non hai problemas. Hai que traballar todos os días do ano, iso si, pero lévase ben [ri]. Cantas ha fan falta para mantelas? M: Depende. Aquí, hectáreas nós aínda temos ben delas, pero é que isto non é moi produtivo. Na primavera e nos tres meses de verán aínda dá ben pasto, pero despois, no inverno, hai que sostelas co silo. Mesmo hoxe [principios de novembro], aquí xa

ENTREVISTA

non teñen case nada para comer, e iso que neste lote hai sobre 70 hectáreas, así que mira, imaxina ti… Entón para mantelas traémoslles o silo dos prados de arredor da casa. Esa é a base da súa alimentación? S: Si. Comen pasto e o que teñen no inverno. Apañamos con herba ou silo. M: Aquí, cereal e penso só lles damos aos xatos para axudalos despois a cebar. É o único. Faládenos da comercialización: vendedes recría ou só comercializades a carne? M: É todo venda de carne. Programamos os partos para o verán, para telos listos para o momento do ano no que máis

venda teñen os xatos. Están ata os sete meses coas nais fóra e, despois, dous ou tres meses no cebadeiro. Recría non vendemos… ben, ou moi pouca cousa, porque algo si que nos compraran hai tempo para a provincia de Lugo. Cantos xatos sacaredes ao ano? M: En 40-45 vacas algún sempre falla, así que entre 38 e 40. Vai variando porque algún anos fallan máis e outros menos… A quen lle vendedes? M: Hoxe as caldelás estaas levando Lage, o de Maceda, de Foncuberta, o que montou a carnicería. Antes vendiámoslles a varios carniceiros, pero era máis complicado. Ao mellor che deixaban de comprar e tiñas que buscar a vida para que outros a levasen.

“é un gando que se adapta moi ben ao clima de aquí. Estamos a unha altitude de 1200 metros e aguantan mellor estar día e noite fóra cás rubias”

Autóctonas Galegas Número 13


ENTREVISTA

A perspectiva é continuar combinando ambas as razas pero, se tivésedes que decidir, cal escolleriades? S: Estas [as caldelás] pola súa adaptación ao medio son máis duras. A Rubia é máis delicada, cómprenlle outros coidados. Eu penso que a raza Caldelá vai ir a máis, porque vexo que cada vez hai máis demanda dela; creo que vai mellorar e que vai crecer. De feito, foi crecendo progresivamente todos estes anos. M: Si, segundo as estatísticas aumentouse bastante. O que pasa é que se podería aumentar máis, pero, claro, non podes meter máis das que dás mantido, se non, non sobreviven. É o único.

Que tal está o prezo da carne? M: Pois mira, está cada vez máis baixo, cada vez cotízannos menos. Entón atópaste con que os gastos para cebar son cada vez maiores e os ingresos cada vez son menos. Como é a carne desta raza? M: É boa, de boa calidade, bastante engraxada. Ten algo menos peso que a das outras porque ten menos xamón, pero a calidade creo que é mellor. S: Si, a carne é unha marabilla. Única. E tedes perspectivas de medrar? M: Non. De momento non aumentaremos máis. Dunha parte, porque nos imos facendo maiores e podemos traballar menos e, doutra, porque tamén cómpre máis fincabilidade para poder sostelas. Aí está o problema, porque, se non tes hectáreas e non fertilizas algo, non teñen onde pastar... Esta zona está moi alta, entón é bastante pobre. Afectáronvos moito os incendios da zona nos terreos? M: Por aquí polo redor teñen afectado bastante, hai dous ou tres anos ardeu moito, pero na zona onde traemos nós os rabaños inda está todo bastante limpo e, de momento, non ten ardido. Se estivesen as leiras todas máis limpas… Pero por aquí hai moita xente que as ten abandonadas e nin as cede para que llas limpen,

11

nin nada. Como esta de aquí ao lado, que é dun veciño e leva máis de trinta anos así: nace a maleza e morre. E como esta hai varias.

Notastes baixa das vendas por mor da pandemia este ano? S: Nas rubias si, pero nas autóctonas non notamos baixada na demanda. Mesmo se houbese máis, máis se venderían. Había bastante demanda. Ademais, nos últimos anos, co tema do logo do 100% Raza Autóctona, si que vimos unha mellora. Hai máis venda. Nós, de feito, non damos criado becerros para abastecer a carnicería coa que traballamos.

Martín, parece que na casa vai seguir o negocio para adiante da man de teu fillo Sergio… M: Si. É que estes animais máis ou menos saen rendibles, porque están sempre en extensivo e non dan problemas en partos (que ás rubias moitas veces telas que axudar máis…). Estas de momento nunca as houbo que tocar para parir e, en xeral, non hai tantos problemas.

“Eu penso que a raza Caldelá vai ir a máis, porque vexo que cada vez hai máis demanda dela”

Autóctonas Galegas Número 13


12

ENTREVISTA

JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ CRIADOR DE RAZA CALDELÁ

“EU DESFRUTO FACENDO ISTO. PARA OUTROS AO MELLOR É TRABALLO, PERO PARA MIN É UN ENORME PRACER” José Antonio Vázquez (Castro Caldelas, Ourense) tiña unha vida allea ao sector agrario ata que, dun día para outro, o destino fixo que se tivese que poñer á fronte dunha granxa familiar de vacas de leite, que terminaría botando o peche uns anos máis tarde. A mediados dos noventa, co propósito de darlles unha nova utilidade ás terras, os Do Santiago, como se coñece a explotación no lugar –Santiago era o bisavó de José Antonio–, inícianse na cría de caldelás, unha actividade que continúan na actualidade e da que coñecemos os pormenores nesta entrevista. Como comezaches a traballar con esa raza? Nos anos noventa nós tiñamos unha explotación de vacas de leite bastante grande, pero nesta zona quedamos completamente sós e era moi difícil sobrevivir. Non eramos capaces de producir un camión de leite diario e xa logo tiña que pagar eu o transporte, así que vendemos todas as vacas e, para darlles unha utilidade ás fincas, nace esta explotación de caldelás. Autóctonas Galegas Número 13

Eu tamén partía de que o meu avó, aló na posguerra, xa criaba gando caldelao para mandalo ao País Vasco para tirar polas vagonetas do carbón, entón xa tiñamos desde sempre esa experiencia de como criar este tipo de animais e sabiamos que eran os candidatos ideais para aquí, porque están perfectamente adaptados á zona, á comarca de Caldelas, que é onde nos atopamos.

Con cantos exemplares empezaches? Empecei con tres caldelás que lle comprei a un veciño dunhas vacas que lle cederan de Fontefiz e cunha vianesa que tivemos que comprar facéndonos pasar por carniceiros, porque non nos querían vender a becerriña para criar. En realidade, empezamos cun popurrí de varias razas autóctonas; fomos comprando todo o que había e, a medida que fomos podendo, fómonos quedando unicamente coas


ENTREVISTA

13

caldelás. O resto das vacas fómolas derivando a outros criadores que tiñan limiás, vianesas... Fomos criando todas as femias para vida e só matabamos aquelas que non alcanzaban uns certos parámetros ou que tiñan algún defecto, pero foron moi poucas as que desbotamos. De aquí saíron moitas vacas. A pesar de ser a miña unha explotación relativamente pequena, ao longo de moitos anos fomos diseminando caldelás por toda Galicia, porque naquel momento non as había. Comentabas que o teu avó xa criara caldelás na posguerra… Si, efectivamente, porque estas vacas tiñan unha dobre aptitude e a principal era como gando de tiro. Aquí non había tractores e, en cambio, botábase moitísima pataca e moitísimo cereal, así que se utilizaban como gando de tiro. Ademais, aproveitábaselles un pouquiño de leite e logo vendíanse uns becerriños. Porén, ao longo do tempo foron desaparecendo, porque para aptitudes cárnicas había outras razas que tiñan un maior potencial. Eu tiven aquí vacas cunha lonxevidade terrible que, se cadra, botaban uns vinte ou vinte e dous anos, que eran capaces de ter 14 ou 15 partos sen problema, cando a ningún outro tipo de gando lle consegues iso. Entón, aínda que o rendemento cárnico dun tenreiro nunca vai superar os 200 kg, si podes chegar aos 170 ou 180 e, ao final, dáste de conta de que estas vacas son bastante máis produtivas que ao mellor unha Rubia Galega ou outra. En que momento inicias o traballo con Fontefiz? Despois de vender as vacas de leite, eu levaba un par de anos sen ningún tipo de gando e coincidiu que un veciño meu

“ESTAS VACAS SON BASTANTE MÁIS PRODUTIVAS QUE AO MELLOR UNHA RUBIA GALEGA OU OUTRO TIPO DE GANDO”

trouxera unhas vacas caldelás cedidas de Fontefiz, entón compreille as tres becerriñas pequenas que tiña. Logo fun eu a Fontefiz e alí atopei o apoio incondicional de Cástor [refírese a Cástor Rivero, director do Centro de Recursos Zooxenéticos]. Xuntos empezamos a buscar exemplares, que non os había, o cal xa era un problema de partida. Despois, algunha femia que nos parecía Caldelá ao final non resultaba e outras que pensabamos que estaban cubertas con touros caldelaos, despois parían uns bichos cunhas pintas brancas que en nada se parecían á raza, entón foi un traballo lento. Á parte disto, creo recordar que me cederon seis exemplares dos que tiñan en Fontefiz, e así empecei.

De que ano estamos a falar? Nós empezamos a partir de 1996 e, como che dicía, fixémolo cun popurrí de varias razas, co que había, ata que co tempo fomos traspasando animais dunhas explotacións a outras para xa cada un especializarse nunha raza, porque despois o problema estaba en evitar consanguinidades e cruzamentos, en que o meu touro caldelao non cubrise unha Vianesa, por exemplo; entón tivemos que ir separando e facendo as cousas así. Poderiamos dicir que a forma de manexar estes animais foi algo que che deixou o teu avó en herdo? Eu nacín e crieime practicamente entre as vacas e o meu avó deume unhas pautas

Autóctonas Galegas Número 13


14

de comportamento. El sempre dicía: “Ás vacas sempre lles hai que dar de comer cando estean fartas”, e facía esta reflexión: “Mira, o José María –que era un veciño xa maior– tiña un cabalo esquelético perdido, cuns pelos así de punta cara arriba, e unha vez veume preguntar cal sería o método para que ese pelo se lle puxese bonito. Entón, eu contesteille que lle tiña que poñer unha presa de herba da que lle sobrase da noite anterior todas as mañás por enriba do lombo e, ao cabo dun mes, ese pelo íaselle aplanar e poñer bonito”. O José María en principio non o entendeu, deu media volta, andou uns pasos e díxolle: “É que iso é imposible que eu llo poida facer”. Porque meu avó lle dixera que o tiña que facer cunha presa de herba que lle sobrase da noite anterior, pero, como non lle daba de comer, non tiña herba ningunha para poñerlle ao día seguinte. No caso destas vacas, hai moita xente que pensa que por ser caldelás e ser moi duras non comen, ou que non hai que tratalas ben... Mirade, esta actividade aséntase en catro piares: animais de calidade; alimentación; sanidade, é dicir, vale máis previr que curar; e despois está o manexo. Vós vistes que eu entrei aquí e non utilicei un pau nin nada diso. Isto vén ao caso de que, por riba, a estas vacas lles colgan moitos sambenitos dicindo que son bravísimas, cando, simplemente, son vacas, non son diferentes a ningunhas outras. O que pasa é que hai que sabelas tratar e iso adquírese coa práctica. Non hai outro segredo. Estas razas están sempre fóra, no monte. Cal é o segredo para levalas mellor? Pois mira, o que non pode un é mostrar unha actitude prepotente nin agresiva.

Autóctonas Galegas Número 13

ENTREVISTA Iso, o primeiro. E logo a min axúdame que teño problemas de corazón e o meu ritmo cardíaco habitual está arredor das 30-40 pulsacións por minuto. Elas son capaces de percibir isto e determinar se teño medo, se segrego adrenalina, se non a segrego... Que pasa? Que, se eu me achego a un animal con medo, vaise rir de min; se, polo contrario, non lle teño medo e o respecto, porque unha cousa é non ter medo e outra é non respectalo ou non ter medo e ser temerario, pero, se ti lles deixas o seu espazo, estes animais vanche dicir en todo momento cal vai ser o seguinte paso que van dar. Se ti es capaz de interpretar eses sinais, non vas ter problemas, pero, se non o es, lévalo cru, porque se te lles pos diante cando non debes facelo, vante atropelar, fixo, pero vaino facer unha caldelá, unha vianesa, unha vaca pinta ou unha avileña. E en canto á alimentación? Eu non lles fago ningún tipo de alimentación especial. O único que lles dou é silo de herba durante todo o ano e logo aproveitan o pasto natural que vedes, así elas xa se van complementando. Despois, o único que fago é poñerlles pedras de minerais, pois estas vacas non teñen problemas de fertilidade nin de outro tipo. A Caldelá é un animal terriblemente rústico, que aleita moi ben, ao contrario do que fan outras razas… Cantos exemplares tes na actualidade? En total debo ter agora mesmo unhas corenta cabezas, pero nais adultas teño 26 ou 27. O resto é recría e becerriños pequenos.

A ESTAS VACAS CÓLGANLLES MOITOS SAMBENITOS DICINDO QUE SON BRAVÍSIMAS, CANDO, SIMPLEMENTE, HAI QUE SABELAS TRATAR E ISO ADQUÍRESE COA PRÁCTICA”

Como comezaches a facer a comercialización? Eu intentei venderlle a todo o mundo e que me pagaran o máximo posible, pero, ao non ser a Caldelá unha raza eminentemente cárnica, directamente se rin de ti, porque hai moi pouca xente que aprecie a súa calidade. E despois hai outro problema. En moitos casos, este gando saíu de explotacións como a miña e foi a outras que eran montes veciñais en man común, e este tipo de ganderías grandes parten de que non teñen absolutamente ningunha experiencia no manexo destes animais ou que incluso están xestionadas por xente allea ao sector. Porén, ao tratarse dunha raza moi dura e rústica, era moi difícil que se un animal nacía ben non chegase a termo. Se están ben coidados, estes animais proporcionan unha carne excelente, pero, claro, hai que coidalos. Como reaccionan os carniceiros hoxe en día ante esta carne? Un carniceiro quere mellor un becerro do que poida sacar un montón de filetes e desta raza non se obteñen. A Caldelá é o que é, pero a calidade é máxima; o que pasa é que iso sabémolo catro e tampouco temos a produción suficiente como para poder abastecer unha gran superficie ao longo de todo o ano. Eu non teño capacidade económica para acceder a un determinado mercado, así que teño que venderlles a particulares e a algún carniceiro. Eu tiña a “esperanza” de que algún gandeiro de autóctonas que chegou a facerse carniceiro para darlle saída á súa produción se implicase e pagase un pouco máis, sabendo o que sabe, pero no momento no que pasan ao seguinte chanzo da cadea xa queren gañar tanto como o carniceiro que os explotaba a eles, entón é a pescada que morde a cola.


ENTREVISTA

15

Que prolificidade teñen estes animais? O intervalo entre partos está en aproximadamente once meses e iso conséguese cunha boa alimentación durante todo o ano e interferindo o menos posible na vida do animal. Hai algunha vaca que, pola razón que sexa, se pode alongar un pouquiño máis, pero, normalmente, quítaslles un becerro por ano. As asociacións de razas bovinas celebraron o ano pasado o 20 aniversario da súa creación. En que lles axudou aos gandeiros a creación de Caldega? A asociación de criadores naceu para tratar de unir esforzos e non que cada un andásemos polo seu lado. Como a Caldelá era unha raza practicamente extinta, levou moitísimo tempo recuperala. Fixemos moitos esforzos para chegar a ter algo, para evitar, polo menos, que non houbese consanguinidade entre os animais, porque o problema estaba en conseguir un touro distinto para cruzar; debatiámonos a moleira para ver quen tiña este e quen tiña aquel, incluso nos intercambiabamos os machos entre explotacións para poder chegar a algo. Que papel xogou Boaga na recuperación das razas? Partindo dos animais dos que se partiu, cómpre, sobre todo, darlle as grazas a xente como Cástor, que naquel momento estaba en Fontefiz e que se implicou dunha maneira moi activa asesorándonos, buscando distintas opcións e apoiándonos en todos os sentidos, porque os comezos sempre son difíciles e máis cando non tes cartos... Tamén se trataba de convencernos a nós mesmos de que este era o mellor tipo de gando para esta zona, porque a base territorial é a que é, non podemos ter moitos animais porque non temos máis superficie e tampouco podemos conseguir máis porque ninguén nos vende. Aquí a media das explotacións é de cinco ou seis hectáreas; no meu caso é de 35, pero teño unha base territorial grande comparada coa dos meus veciños. No voso caso tamén traballastes con razas leiteiras. Que diferenzas sinalarías entre unhas e outras? A vaca de leite está xeneticamente pensada para producir leite, única e exclusivamente. No meu caso, cando as tivemos, faciamos cruzamento industrial para quitarlles uns xatos para matadoiro, pero é unha raza moitísimo máis esixente e máis proclive

ás enfermidades. En cambio, coas caldelás, desparasitándoas e dándolles unha alimentación axeitada, problemas sanitarios, cero; entón, ao final, atópaste cuns animais que che salvan os mobles, porque pouco importa que unha raza máis cárnica produza máis cantidade de carne se, ao mellor, a unha Rubia só lle saco seis partos e a unha Caldelá lle saco quince. A Caldelá dáme menos carne de cada vez, si, pero ao final da súa vida produtiva acábame producindo máis ca calquera outra. E o bo do tema é que están tan ben adaptadas ás condicións climatolóxicas da zona que dá igual que chova ca que neve; elas están sempre fóra, paren igual e non hai ningún problema, e iso é unha garantía enorme. Pero se logo ninguén quere a carne… A carne quérecha todo o mundo, a ver se me explico, pero os prezos que che pagan non se corresponden coa súa calidade. Non é que ti metas o carniceiro nunha lea porque che leve un becerro caldelao, todo o contrario, el sabe que é unha carne de excelente calidade, pero, amparándose en que o animal é máis pequeno, que non chegou ao estándar dos 180 kg, báixache o prezo. Agora escúdase en que hai problemas coa COVID-19, que hai menos vendas e tal, e tamén che baixa o prezo, pero se non fose por isto había ser por outra cousa. Sempre che van poñer problemas. Vai haber traspaso xeracional na túa explotación? Non. No meu caso, cando remate a miña estadía por estas terras, a explotación vaise ir comigo. O meu fillo, desgraciadamente, ten unha lesión medular causada

por accidente de tráfico e, a pesar de poder camiñar, non está en condicións de continuar. Eu, cando ao mellor non poida ter vinte animais, posiblemente quedarei con un ou dous como mascotas. Iso si, seguirán sendo caldelás. E a nivel xeral, dirías que estas razas teñen futuro, que haberá xente que queira continuar con elas? Pois non sei... Eu xa teño unha idade e tamén igual as miñas condicións particulares me obrigan a matar paxaros a canonazos, pero eu quixera darlle unha continuidade a isto por respecto cara aos meus maiores porque, mirade, eu, das terras que teño, comprei moi pouquiñas. Unha vez, o meu bisavó Santiago foi traballar ao xornal a unha viña e alguén atopou unha castaña moi boa e lle dixo: “Santiago, colle esta castaña para plantar”. E el respondeulle: “Non. Non a collo, porque eu non teño terra ningunha para plantar unha castaña”. Iso ocorreu nos seus anos mozos, pero cando morreu xa lle deixou ao seu fillo 20 hectáreas, que para daquela... Entón, manter este legado é unha cuestión de respecto polo sacrificio que fixeron os nosos antepasados. Eu particularmente non vivín directamente do gando, sempre tiven outro tipo de actividade e houbo veces que me custou cartos manter isto, non sempre gañei, pero fíxeno cunha satisfacción enorme. Eu desfruto facendo isto. Para outros ao mellor é traballo, pero para min é un enorme pracer.

Autóctonas Galegas Número 13


ENTREVISTA

16

JOSÉ MARÍA RODRÍGUEZ PROPIETARIO DO RESTAURANTE HOTEL CAZADOR

“DECIDIMOS FACELO BEN, É DICIR, OFRECER CACHENA TODOS OS DÍAS DO ANO; ESE FOI O NOSO LEMA” O guiso con cogomelos é o prato estrela do establecemento de José María, Cazador (O Pereiro, A Mezquita, Ourense), aínda que a súa carta ofrece outras opcións, como as hamburguesas, o medallón ou as costeletas... así como a carne en cru, que se pode mercar para levar á casa. Pero esta variedade culinaria ten un denominador común: o selo 100 % Raza Autóctona Cachena, a raza coa que decidiron especializarse cunha máxima inquebrantable: a absoluta transparencia en toda a cadea de produción, o mellor garante da calidade do seu produto. Canto tempo leva funcionando Cazador? Comezaron meus pais e leva funcionando preto de trinta anos. Nós somos tres irmáns e axudamos dende que eramos pequeniños. Hai catorce anos, quedei eu aquí, porque os meus irmáns empezaron a levar outros negocios.

Autóctonas Galegas Número 13

Fostes o primeiro restaurante en traballar con Cachena. Que vos levou a empezar con ela? Eu non sabía que eramos o primeiro restaurante… Hai quince anos que se matou o primeiro becerro cacheno para aquí e fixémolo por buscarlle saída á nosa produción e por vender a carne polo que é, porque antes vendiamos no mercado, iamos cos nosos becerros coma se fosen becerros normais, pero

non o son. Logo vimos que era algo que a xente demandaba, que repetía... e xa decidimos facelo ben, é dicir, ofrecer Cachena todos os días do ano; ese foi noso lema. Desde entón, témola todos os días e vemos que nos atrae clientes de todos os lados: do Carballiño, de Ourense, de Zamora, de Portugal... de moitos sitios. Iso quere dicir que a xente está disposta a facer quilómetros por vir aquí a comela.


ENTREVISTA Entón, tamén erades criadores? Antes si. O meu pai dedicábase á gandería extensiva. Empezou con nove becerriñas de Cachena e aos poucos foi crecendo e chegou a ter unhas duascentas. Entón, empezamos con elas no restaurante, como vos dicía, por darlle saída á produción, posto que xa había bastante volume de gando. Despois o meu pai xubilouse e vendeu as vacas, pero eu seguinlles comprando becerros a outros criadores. Agora mesmo estou a comprarlles aos gandeiros con todas as garantías de que é unha raza 100 % autóctona. Que pensastes desta carne a primeira vez que a probastes? O primeiro becerro que se sacrificou para probar foi porque meu pai quixo facer unha festa para invitar a xente que lle axudou a montar a explotación, foi cuns poucos amigos, coa idea de dala a coñecer. Preparáronse catro ou cinco pratos e tivo éxito. De aí dixemos: “Temos que matar para o restaurante e comercializala”. Empezamos e seguimos despois de quince anos. Cres que axuda traballar cunha raza autóctona para diferenciarse da competencia? Home, si, claro. As exclusividades funcionan. A xente que sae, se cadra, un domingo di: “Pois vou comer a Cachena, vou a tal sitio”, entón as exclusividades funcionan. Agora ben, tamén é certo que hai facelo ben. Como traballades esta carne? O primeiro becerro axudoume a desfacelo un carniceiro de aquí preto. El explicoume como se desfacía, como o facía el, e eu despois estiven catro anos na cociña encargándome do despezamento, de buscarlle o xeito. Aprendín a sacar a carne de segunda, os petos, a agulla, o rabo... Por mor diso saíu o guiso con cogomelos, que é o que nos está permitindo sacrificar becerros enteiros, porque o churrasco, as faldras, as costeletas e os filetes saen sós. O problema é buscarlle unha saída á carne de segunda e iso conseguímolo grazas ao guiso con cogomelos e á hamburguesa, que empezamos con ela agora hai catro anos e ten moito éxito.

podes tirar nada; as marxes non son como para poder desperdiciar carne. Entón os catro anos que estiven na cociña aprendín a facer os cortes, por exemplo, o medallón, que tamén ten bastante éxito, e os dous pratos de carne de segunda, que son os que nos permiten matar xatos enteiros. Ségueste encargando ti de preparar a carne? Nun principio estiven só eu durante os primeiros dous anos movendo carne e facendo pedidos. Despois creei un posto de traballo, porque eu necesitaba saír atender outras tarefas. Ensineille a desfacer cos meus cortes o medallón, a preparar hamburguesas, a preparar a carne de segunda... Esa persoa estivo soa durante varios anos e hai catro creei un segundo posto de traballo, así que, agora mesmo, facendo pedidos, desfacendo e na prancha hai dúas persoas.

17

“NÓS QUIXEMOS BUSCAR OUTRA SAÍDA E VENDER A RAZA CACHENA POLO QUE É, NON COMO UNHA CARNE COMERCIAL QUE PODES ATOPAR EN CALQUERA LADO”

En total, canta xente traballa actualmente no restaurante? Actualmente 14 persoas, comigo 15, porque, ademais de restaurante, temos hotel, cafetería, selamos quinielas, facemos moitos banquetes... Cantos animais desfacedes á semana? Mínimo un becerro, pero vai variando, depende da tempada. Por exemplo, en Semana Santa ou no verán dobramos. Canto rende un becerro desta raza en comparación con outras? Un becerro normal non baixa dos 200 kg. A Cachena está entre 130-170 kg, saen moitas menos racións, co cal para o gandeiro non é viable vendela coma un becerro normal. Esta raza tiña que ter un valor un pouco máis alto para poder compensala, primeiro porque a calidade é outra. Se non tivese a calidade que ten, eu non podería matar as cachenas. É a súa calidade a que fai que apostemos por elas.

Entendo que é básico poder darlle saída á maior parte posible do animal... Si, porque iso nos permite non ter uns prezos moi elevados e poder matar estes animais enteiros. Aquí matas un becerro enteiro e tes que darlle saída a todo, non Autóctonas Galegas Número 13


ENTREVISTA

18

Que tipo de pratos con Cachena ofrecedes? O guiso con cogomelos é o prato máis demandado, en segundo lugar a hamburguesa, que a facemos só con Cachena. Normalmente mestúranlle porco ou pato… primeiro, porque con tenreira soa sae moi seca e, segundo, por facela máis económica. A nós non nos fai falta, á Cachena non lle fai falta mesturarlle nada polo infiltrado de graxa que ten (hai que escoller as partes máis zumarentas, iso si), e sae unha hamburguesa espectacular. Tamén temos medallón, churrasco, faldra, costeletas…

É unha garantía de poder seguir traballando, sobre todo este ano... Si, e tamén nos dá publicidade, porque o que vén aquí, vén moito por traballo, entón cómea, gústalle e lévaa para á casa (e, ao mellor, está a mercar para oito, dez ou doce persoas, que non é pouco). Isto fai que se coñeza a raza cada vez máis, porque a xente chega aos seus fogares e non só falan dela, senón que tamén a dan a probar. Que lles esixides aos criadores para comprarlles un becerro? O primeiro que lles esiximos é que teñen que ser 100 % raza pura. Iso é imprescindible para nós. Cada vez que vai un becerro ao matadoiro tennos que enviar certificado de raza, teno que dar de alta no libro xenealóxico. Se temos ese certificado, non falla, unha Cachena non falla.

Á hora de cociñar, en que varía con respecto a outras carnes? Eu creo que se pode preparar de xeito moi similar, outra cousa é o resultado. O que si que hai que facer distinto é darlle bastante cámara, esta carne necesita moita cámara. É o que lle vexo eu diferente con respecto a outras razas. Como ves as perspectivas de traballo a curto-medio prazo? Agora mesmo negativas, pero confío en que isto pase e volvamos outra vez coa mesma continuidade… Tardaremos un pouco pero, ao final, volveremos á mesma situación na que estabamos. Tedes pensado traballar con outras razas autóctonas? Non. Eu quero facelo só con Cachena e facelo ben. Que outro tipo de tarefas facedes? Vendo que aos clientes lles gusta a carne e saen satisfeitos, empezamos a ter

“CADA VEZ QUE ENTRA UN BECERRO CAMBIAMOS O TABOLEIRO DE ANUNCIOS, PÓMOLO Á VISTA DE TODOS PARA QUE VEXAN QUE HAI TOTAL CLARIDADE, TOTAL TRANSPARENCIA E QUE O FACEMOS BEN”

Autóctonas Galegas Número 13

Conta José que a carne de Cachena pide máis cámara que as carnes convencionais

demanda de xente que nos pedía carne para levar en cru. Entón, como xa vos dixen antes, temos dous postos de traballo que fan pedidos, creouse ese sistema para poder vender para fóra. O único que teñen que facer é avisar un día antes para ter o encargo preparado. Piden os quilos que queiran por unidade é dígovos que se vende bastante, todos os días do ano se fan pedidos. Funciona e a xente repite.

Como certificades o traballo cun produto 100% autóctono? Hai un protocolo que estableceron os do 100% Raza Autóctona Cachena. Todos os meses vén un veterinario do centro de Fontefiz, de Boaga, a comprobar que todo isto se faga ben e que realmente se estea dando carne de Cachena. Entón, eu o que lles transmito a todos os usuarios é que o miren e que, se van a outros establecementos e non teñen o certificado, non van estar comendo coa seguridade de que sexa desa raza. Dádeslle moita importancia á trazabilidade, tédela á vista de todos os consumidores. Que datos poden consultar? O consumidor pode saber onde naceu o becerro, quen é o pai, quen é a nai, os


ENTREVISTA

19

avós, onde se criou, onde se sacrificou... Con iso demostramos a trazabilidade total. Iso facémolo todas as semanas, cada vez que entra un becerro cambiamos o taboleiro de anuncios, poñémolo á vista de todos para que vexan que hai total claridade, total transparencia, e que o facemos ben, que o que vai comer é, en definitiva, Cachena pura. Con que criadores estades traballando? Estamos sacrificando xatos de Miguel Ángel Pernas e Pepe Figueras (Covaqui). Son os dous gandeiros cos que traballamos dende que se xubilou meu pai. Son serios, rectos… O noso trato é que non nos deixen sen carne, estano cumprindo e levando todo ao día. Non hai fallos. Como foi a transición de pasar de criar vós as vosas propias cachenas a ter que pensar en buscar outros criadores e desfacervos das que tiñades…? O meu pai xubilouse e tivo que desfacerse do gando. Fixo varios lotes e levounos para varios sitios. Nós con esta xente xa tiveramos trato a nivel gandeiro, sabiamos que eran serios, cambiarámonos bois, sabiamos o tipo de vacas que tiñan, que o facían ben, que eran puras…; entón fomos falar con eles, eles encantados, e comezaron a servirnos porque nos consideran grandes clientes. Empezamos a funcionar e aquí estamos. Tendo a experiencia dos dous lados, criador e comprador, estarías disposto a pagar un pouco máis pola calidade desta carne? Si. O importante sería que a xente valorase a raza doutra maneira e que tivese outro prezo. Iso repercutiría no gandeiro, que é o primeiro que tiña que ter uns prezos máis altos.

En Cazador estanse especializando na organización de banquetes, una nova vía de traballo que José colleu con moitas ganas

Como de importante é para vós seguir traballando por darlles máis recoñecemento ás razas autóctonas? A Cachena ten unhas propiedades que non ten outra raza, a súa virtude é o infiltrado de graxa que ten, as vetas que ten entre a febra. Iso dálle un sabor que non hai noutras razas. A xente vén comer e gústalle, estanos dando un nome. Nós estamos dando a coñecer a Cachena e a Cachena tamén nos está dando un nome a nós. De feito, vemos que fomos a máis, cada vez estamos vendendo máis e cada vez nos veñen máis clientes de máis lonxe. Isto é unha aldea e para nós é moi importante a xente de aquí, pero, para manter o volume de traballo que temos hoxe, os que chegan de fóra tamén importan moito. Esta afluencia de comensais conseguímola coa Cachena.

Autóctonas Galegas Número 13


20

ENTREVISTA

MANUEL PÉREZ E ANA TOMÉ PROPIETARIOS DO RESTAURANTE CASA RURAL FOGAR DO SELMO. CRIADORES DAS RAZAS GALIÑA DE MOS E PORCO CELTA

“TEMOS QUE POTENCIAR AS NOSAS RAZAS, A SÚA CALIDADE, E LOITAR POLO NOSO” Manuel e Ana son o matrimonio á fronte da Casa Rural Fogar do Selmo, un negocio situado na aldea coruñesa de Casal do Poio (Urdilde, Rois) no que dende o primeiro momento decidiron apostar por ofrecer unha ampla variedade de pratos nos que a carne de razas autóctonas sería o ingrediente principal. Son, ademais, criadores autorizados das razas Porco Celta e Galiña de Mos, protagonistas indiscutibles da carta do restaurante.

Cando comezastes a traballar con razas autóctonas no restaurante? Nós apostamos polas autóctonas dende hai 13 anos, que foi cando inauguramos a casa rural. Criamos Porco Celta e Galiña de Mos e tamén traballamos todas as outras autóctonas que podemos. A verdade é que estamos moi contentos de tomar a decisión de apoiar as razas autóctonas galega en perigo de extinción. Autóctonas Galegas Número 13

Empezastes coa galiña e co porco á vez? Si. Comezamos cos dous a un tempo, canda o restaurante. Estámolos criando nas terras de toda a vida que tiña a casa, aquí ao ladiño. Ao serdes casa de turismo rural, permitides visitas á granxa? É posible, claro. Xa o primeiro que recibe os hóspedes ao chegar é o cocho e, se

queren ir facer fotos ou ir coñecer os terreos, poden. Tamén van ata a horta na que hoxe, por exemplo, poderían ir apañar unhas nabizas. É unha ferramenta educativa importante para dar a coñecer o rural en xeral e as razas autóctonas en particular, non si? Si, si que o é. Por exemplo, os clientes ven que este é un cocho estraño, cunhas


ENTREVISTA

21

“OS CLIENTES VEN QUE ESTE É UN COCHO ESTRAÑO, CUNHAS ORELLAS TAN LONGAS QUE LLE CHEGAN AO CHAN E ESES FUCIÑOS… ENTÓN É POLO QUE MÁIS CURIOSIDADE AMOSAN SEMPRE”

orellas tan longas que lle chegan ao chan e eses fuciños… Entón é polo que máis curiosidade amosan sempre, polos porcos. É normal, porque moitos deles veñen de grandes urbes e igual nunca viran un cocho vivo, e menos destas características, e, loxicamente, cáusalles impresión ver os animais así. Que relación tiñas con estas razas antes de traballar con elas na restauración? Eu coñecíaas de toda a vida. Meus avós [os de Manuel], que xa non viven por desgraza, sempre tiveran porcos celta. É que antes non era cousa só da miña casa, non sabes?, senón que unha cantidade moi alta de familias galegas que tiñan esta raza. O que pasa é que logo se foi perdendo. Eu quixen recuperala para servila e potenciala aquí, no restaurante.

Con cantos animais comezastes na granxa? Empezamos con dous exemplares de Porco Celta, unha parella, e de Galiña de Mos creo lembrar que os inicios foran cunhas 36 galiñas. Os porcos foramos por eles á zona da Costa da Morte, que foi onde máis preto os tiñan, e que, por certo, eran de xenética moi boa; e as galiñas procuráranmas en Avimós.

Que alimentación seguen estas razas? A alimentación sempre é o máis natural posible. Nós cultivamos millo: recollemos dous hórreos de cinco claros que imos repartindo ao longo do ano. Tamén unha das parcelas ten carballos moi antigos, centenarios, e cando hai un bo ano e a produción aumenta, comen moita landra. Iso compleméntoo con castaña que merco e co pasto.

Canto creceron os rabaños nestes anos? Agora a cabana que teño de celtas oscila entre os 100 e os 150 exemplares. Adoito ter tres ou catro reprodutoras que vou cambiando acotío porque tampouco me gusta aproveitalas moito. Fan un parto ou dous e vounas rotando. De Galiña de Mos xa hai dous anos que pido sempre 100 poliños a Avimós e tanto poden vir galos como galiñas, entón xa vou separando.

Canta xente traballa no Fogar do Selmo? Ademais da miña muller e mais eu, temos dúas persoas fixas todo o ano: unha traballadora para as habitacións, que bota unha man na cociña tamén, e un rapaz que axuda nos labores de campo e na casa a servir mesas.

Autóctonas Galegas Número 13


22

ENTREVISTA

Que tal se compaxina o traballo na restauración con atender os animais? Ímolo compaxinando do mellor xeito posible, penso que bastante ben. É certo que en temporada alta de habitacións e comidas hai que andar ben apurados e logo hai outras temporadas máis relaxadas. Pero tamén che vou dicir que o campo, despois dunha fin de semana atarefada, digamos que é como un momento relax. É que se che gusta a actividade, se a desfrutas, é unha maneira de relaxarse.

“A VERDADE É QUE ESTAMOS MOI CONTENTOS DE TOMAR A DECISIÓN DE APOIAR AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN”

Logo solápansevos moito as temporadas fortes de traballo das dúas ocupacións? Non. A verdade é que aí combina bastante ben porque, por exemplo, en temporada alta non facemos matanza, xa que procuramos facelas en meses de frío. Ademais da restauración, dádeslle saída dalgunha outra forma ao produto? Algún que outro exemplar si que vendemos, pero máis ben por compromiso. O resto de produto sacámolo todo no restaurante, a produción de celta e de galiñas que temos consómese ben no restaurante. Por exemplo, nestas datas, co frío, apetece o típico cocido. De inverno é o que nos salva o proxecto. No Fogar do Selmo pódense degustar entón razas autóctonas durante todo o ano? Por suposto, durante todo o ano. Loxicamente, o cocido pídese máis en meses de frío, pero non quere dicir que en agosto non se fagan. Como sempre traballamos por encargo, non hai problema. Facemos calquera produto ao longo de todo o ano.

Autóctonas Galegas Número 13

Que pratos ofrecedes con raza autóctona? O que máis nos demandan é a degustación de Porco Celta. Facémola á prancha, leva presa, segredo, solombo e costeleta e vai con pataca panadeira e ensalada. É unha especialidade da casa. Logo tamén nos funcionan moi ben o galo de Mos e a tenreira de Cachena, que facemos guisados ou ao forno. É que son unhas carnes cunha calidade espectacular e cunha textura e un sabor impresionantes. Non quero comparar, pero si direi que hai que probalas para poder valorar o saborosas que son!

Como xurdiu a idea de empezar coas degustacións? Cando comezamos coa casa de turismo, sabiamos que queriamos algo distinto e, ao apostar por razas autóctonas, xa foi unha forma de conseguilo. O certo é que, polo de agora, non hai moitos que estean apostando por elas e é unha mágoa, porque tiñamos que ser moitos máis e valorar o produto da nosa terra e a calidade que ten. O caso é que, pensando en potenciar todo isto, foi como decidimos empezar coas degustacións. En relación coas súas características, cal dirías que é o segredo das carnes das autóctonas? O segredo é que partimos xa dunha boa xenética e dunha boa alimentación, que é algo básico: alimentalo ben e con produtos naturais. Logo tamén está o feito de que esta carne ten unha capacidade


ENTREVISTA

23

“CANDO COMEZAMOS COA CASA DE TURISMO, SABIAMOS QUE QUERIAMOS ALGO DISTINTO E, AO APOSTAR POR RAZAS AUTÓCTONAS, XA FOI UNHA FORMA DE CONSEGUILO”

de infiltrar moito maior que a doutras razas. As claves coido que están aí: na infiltración, que é a que lle dá o sabor, e na alimentación que seguen os animais. Dende hai varios anos empregades o logotipo 100% Raza Autóctona. Axúdavos a potenciar o valor destes produtos? Dende logo. Para nós, son moi importantes; xa os temos ben expostos na porta. Aínda queda moito traballo por facer para dar a coñecer estas carnes, entón os logos teñen que estar aí para axudar a identificar os produtos como orixinais e auténticos. Neste sentido sempre poderiamos facer máis, claro, pero diría que, en xeral, o estamos facendo ben entre todos.

Levades xa tempo dedicados ás autóctonas. Vistes un aumento do interese do consumidor e dos gandeiros por traballar con estas razas? Eu podo falar sobre todo dos consumidores… Temos clientes moi afíns ao produto, que repiten. Moitos deles son xa como da familia, porque levan moito tempo vindo. De produtores non che podo falar tanto. Si que coñezo aquí algúns e creo que imos a máis, e temos que ir aínda a máis, porque temos que potenciar as nosas razas, a súa calidade, e loitar polo noso.

Este ano está sendo difícil para a restauración… Que tal estades traballando? A verdade é que estamos moi afectados co tema da pandemia, isto é incrible… Pero hai que capear e ir aguantando. Teremos que buscar alternativas. Agora estamos pensando en facer promoción de produtos a domicilio, ofrecer comidas para levar (o cocido, o galo de Mos, a tenreira Cachena…) e ir buscando mercado, porque agora mesmo o tema da restauración está baixo. A idea é ofrecer o produto xa listo, entón sería cuestión de chegar a casa, darlle un pequeno golpiño de calor… e a comer!

Autóctonas Galegas Número 13


ENTREVISTA

24

JOSÉ ÁLVAREZ PROPIETARIO DO HOTEL RESTAURANTE RÍO LEA

“QUIXEMOS PATROCINAR O NOSO, É IMPORTANTE DARLLE DE COMER A QUEN CHE DÁ A TI” José rexenta o Río Lea (Castro Ribeiras de Lea, Castro de Rei, Lugo) dende hai máis de vinte anos e moi pronto ampliará o seu negocio coa apertura dun hotel. Dende hai unha década o seu restaurante organiza xornadas gastronómicas de Galo Mos e Ovella Galega e sabemos de primeira man que o éxito está garantido porque os comensais, unha vez que proban, volven. Entramos no seu local para que nos revele cal é o segredo. Fálanos de como chegastes a traballar coas autóctonas galegas. Comezamos porque vimos que tiña futuro, entón animámonos a patrocinar un pouco o produto noso da terra, de aquí, de Galicia. Sempre é importante darlle de comer a quen che dá a ti, claro. Con que razas autóctonas estades traballando? Agora máis con cordeiro de raza Ovella Galega, este ano polas circunstancias banquetes houbo poucos, porque non se podían facer, e tamén con Galo de Autóctonas Galegas Número 13

Mos. Son esas principalmente. Temos tamén previsto organizar as xornadas do Porco Celta, pero de momento hai que esperar a ver o que pasa. Agora mesmo só tedes xornadas de Ovella Galega? Si. Tiñamos as de Galo de Mos pero este ano, de momento, non se van facer. Primeiro foi porque tivemos o local pechado e non nos deu tempo a preparalas e agora mesmo seguimos supeditados á evolución da COVID.

Como empezastes coas xornadas gastronómicas? Empezamos co Galo de Mos. O primeiro ano foi un éxito tremendo, gastáranse sobre 132 galos, que é moito dicir, son moitos; o segundo e o terceiro baixaron un pouco, pero o primeiro ano foi un éxito rotundo. Despois, dous anos máis tarde, empezamos co cordeiro de Ovella Galega, e dende esa. Eu penso que levamos oito anos coa ovella e dous ou tres máis co galo.


ENTREVISTA Cantas xornadas organizades ao ano? Facemos unha. Normalmente, en abril ou maio, máis ou menos, pero este ano tivemos que adialas ao mes de agosto. Como foi a asistencia? Home, moi inferior aos anos anteriores, pero eu penso que bastante ben, mellor será que diga Armando [provedor de Torre de Arcos] os cordeiros que se lle gastaron, pero creo que bastante ben. Parécevos que organizar este tipo de xornadas gastronómicas é unha forma de incentivar o consumo? Si, creo que si. Todo o que teña que ver con ofrecer novidades sempre é un reclamo para chamar a xente a que che veña un pouquiño máis. De que explotacións proceden os produtos que poñedes na mesa? O cordeiro provén de Torre de Arcos e o galo, de Chousa do Lea. É o que veño gastando eu sempre, incluso elaboramos unha tapa de concurso xa hai dous anos con Galo de Mos e quedamos gañadores tanto do xurado coma do público. Que pratos ofrecedes nas xornadas gastronómicas? Cada ano facemos un prato pechado, un ano croquetas de cordeiro; outro, canelóns... Lembro que as croquetas tiveran especial éxito. E levades varios anos preparando o asado de cordeiro… Elaboramos o cordeiro asado e guisado de forma tradicional. Tamén temos por encarga paletilla, costeletas… todo o ano. Iso xa é o típico de sempre, pero ao cordeiro asado en cuartos colleulle o toque Lucía [a cociñeira] e están saíndo moi ben.

25

Que din logo os comensais da carne desta raza? Máis que o que din, o mellor medidor é que a xente repite, ese é o mellor sistema que hai para saber se gusta ou non. Hai moitos que, cando estamos coas xornadas, veñen dúas ou tres veces. Dende hai varios anos a Asociación traballa cos logotipos 100% Raza Autóctona. Como compradores de carne autóctona, como valorades este selo? Eu valóroo positivamente. Temos que tratar de tirar das razas autóctonas, o que non imos é gastar carnes doutros sitios; igual ca o peixe de aquí, hai que tratar de promover as cousas da terra. Servides a domicilio. Notastes incremento de demanda ultimamente? No último ano non, por desgraza, pero no anterior si. No último ano non, porque aquí se leva moito para comidas familiares: festas, bautizos, comuñóns... Este ano pódoche dicir que levamos dúas en toda a temporada de verán, mentres outros anos había algún día de ter seis ou sete casas para levar comida e este ano dúas en toda a temporada! A ver se imos saíndo desta e a seguir traballando. Efectivamente, este ano é un pouco complicado falar de futuro, pero que perspectivas tedes con respecto a seguir traballando coas autóctonas? Eu nun principio teño pensado seguir… Se gastamos corenta cordeiros, gastámolos; douscentos? pois douscentos; trinta? pois trinta… os que gastemos e punto. Esperemos que o ano que vén desapareza todo isto, pero eu quero seguir igual e, se podo, incluso mellor.

N IV X O R

ADAS

GA ST RO NÓ M

IC AS

R DL LEA GI ARL EOG A O C O R I AA O V E DE ONÓ GASTR

CZOA R LA OVEL

RA

“O MELLOR É QUE A XENTE REPITE, ESE É O MELLOR SISTEMA QUE HAI PARA SABER SE GUSTA OU NON”

rante

u Resta

S AD AS XOARN V IC M

ZG G ARLAE

nte

Restaura Río Lea A partir do 5

V II I X O RN

ADAS

CORD

RAZA

Río Lea

de maio

OVEL

GASTR

ONÓM

EIRO

IC A S

LA GA LEGA

A part

ir do 2

ño 9 de xu

8 de x

uño

1 Do 3 ao NÚ

ME a ou maver ada Pri ro de • Ensal de cordei sa de guesa hambur Galega con sal lla raza Ove entos á brasa pem a Ovella e de raz iro de leit sado • Corde Galega gui eiras esas cas • Sobrem NDADOS RECOME VIÑOS car Sacra Val • Ribeira

CORDEIRO DE PRODUCIÓN ECOLÓXICA

CORDEIRO DE PRODUCIÓN ECOLÓXICA

os oñem Dispterraza de COA GARANTÍA

ra Chá , s/n Ave nid a Ter eira s de Lea Cas tro de Rib (Lu go) Cas tro de Rei 310 658 982 Res erv as:

DE:

Agrícola de Fondo Europeo Rural: Desenvolvemento rural no Europa inviste

no rural FEADER inviste Europa MINISTERIOAMBIENTE MARINO DE MEDIORURAL Y Y MEDIO

OS TORRE DE ARC ORGANIZA: SAT DE REI) (OUTEIRO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Y MEDIO RURAL Y MARINO

FEADER Europa inviste no rural

COR DE PRO IRO DE DU ECOL CIÓN ÓXIC A COA GAR ANTÍA DE:

Fondo Europeo Desenvo Agrícola Europa lvemento Rural: de inviste no rural

Av en Ca st ro id a Te rr a Ch de Ca st ro Ri be ir as á, s/ n de Le de Re Re se rv as : 98 i (L ug o) a 2 31 0 ESUPOS 65 8 TO SE ORGANI N COMP ZA: TO ROMISO RR (OUTEI E DE ARCO S SC RO DE REI)

COR D PRO EIRO D ECO DUCIÓ E LÓX N ICA

PIDA PR

Autóctonas Galegas Número 13


26

ENTREVISTA

ARMANDO GARCÍA CRIADOR DA RAZA OVELLA GALEGA

“A OVELLA GALEGA É UN PRODUTO NOSO E CREO QUE TEMOS QUE POÑELO EN AUXE” Armando está á fronte da explotación lucense Torre de Arcos SC (Outeiro de Rei) dende hai case catro décadas. Malia que nos seus inicios no seu rabaño xuntaba ovella mixta, hai vinte anos que só ten Ovella Galega de produción ecolóxica. Da súa granxa saen os cordeiros que cociñan no Río Lea, co que organiza cada ano as Xornadas Gastronómicas de Cordeiro de Ovella Galega para promover esta raza. Nesta entrevista cóntanos por que se decidiu por ovella autóctona eco e como ve o futuro do sector.

Por que decidistes apostar por ter Ovella Galega? Porque eu penso que ten máis futuro, porque a Ovella Galega é un produto noso e creo que temos que poñelo en auxe. Comen menos que as demais ovellas, aguantan máis, teñen menos enfermidades… Custa máis sacarlles os quilos, si, pero son mellores que os da outra raza. Autóctonas Galegas Número 13

Como foron os comezos? Moi bos, compramos un rabaño e Asovega foi a que nos asesorou. Levades xa vinte anos. Cres que se está a traballar ben dende a Asociación? Si, trabállase ben, pero os que non o facemos ben somos nós. Falta coñecemento… Son os restaurantes, os com-

“TIÑA QUE HABER XENTE QUE SE METESE NISTO, PERO CON FORMACIÓN”


ENTREVISTA

27

pradores, os que teñen que saber. Igual ca nas outras especies, hai categorías. Eu creo que en Galicia non se diferencian ben o año de leite do pascual… Non son todos iguais e, por tanto, non todos teñen o mesmo prezo. Con cantos animais estades traballando agora mesmo e cantos tiñades no inicio? Comezamos con 13, chegamos a ter algo máis de cen. Agora debemos de andar por noventa. Cantos sodes na explotación? Estou eu só… Como hai pouca cantidade, non necesito máis. Ademais, témolo xa feito todo: os peches, o aramado, os pastos… Como é o manexo desta raza? É moi fácil. Saen pola mañá ao seu pasto e dámoslles de comer á noite herba seca e silo. Penso nada, porque estamos tamén nun sistema de agricultura ecolóxico. Que tal a experiencia co ecolóxico? Boa. Pasámonos a este sistema, temos que meternos pouquiño a pouco para que a xente empece a consumir produtos ecolóxicos. Traballades co Río Lea nas Xornadas Gastronómicas de Cordeiro de Ovella Galega para promover a raza… Si, levamos xa oito ou nove anos. Tamén colaboramos con paradores de turismo e con máis restaurantes. En Lugo temos A Rotonda, A Rosada, a Casa da Roxa en Foz, o Pazo de Tovar, o Andarubel nas Fragas do Eume… E que tal a experiencias coas xornadas? Pois moi boa. José ofreceuse a facelo, puxémonos de acordo, decidimos un prezo, nós mandámoslles os cordeiros ao matadoiro, do matadoiro para aquí e… a comer!

Entendo que a comercialización a facedes de xeito directo, verdade? Directa aos restaurantes, non hai intermediario. Chámannos por teléfono, levámolos ao matadoiro e van para o establecemento, por iso podemos ofrecelos un pouco máis baratos. O que si que temos moita queixa é de que os matadoiros cobran moitísimo e iso incrementa moito o prezo. E con particulares traballades? Si que traballamos, se nolo encargan… Vendémoslle a todo o mundo, só que eu non teño moita cantidade para asistir a xente que mo encarga. Tiñamos que ser máis socios unidos para que puidésemos dicir: “Non, non teño eu, pero teno fulano”… Iso sería o bo, o bonito. Que tal foi o ano? Mal, pero mal para nós e mal para todos… aínda así imos tirando. E cales son as vosas perspectivas de futuro? Non cho sei, pode ser que si ou pode ser que non… Medrar non creo: estamos dando os últimos coletazos, porque eu xa estou nos 64 anos, entón non creo que vaiamos ir a máis.

Cres que as novas xeracións terán interese por continuar? Para iso tiña que haber xente que se metese nisto, pero con formación. Hoxe cunha explotación de duascentas ovellas non vives e, á parte diso, non está ben visto hoxe andar coas ovellas… Estás mellor visto se tes corenta vacas; é outra gandería, teñen máis categoría. Nós non a temos, estamos baixiños de todo. Tamén é certo que hai que mellorar moito as granxas. Non podes ter cincuenta ovellas nun sitio de 20 m2, hai que ter unhas explotacións boísimas e entender como hai que coidar a ovella e saber como funciona. E como funciona? Unha ovella ten moitas enfermidades. Hai que coidar delas como é debido, non serve tiralas nun prado, como pensamos moitas veces, e dicirlles: “Aí tes herba, pace!”. Non é así. Pero o certo é que esta raza é moi resistente… É moi resistente, pero cos seus altos e baixos. É un ser vivo, igual ca outro máis grande; necesita coidados: auga, alimentación, coidado dos pezuños etc. Temos que empezar por aí.

“JOSE OFRECEUSE A FACER AS XORNADAS. NÓS MANDÁMOSLLE OS CORDEIROS AO MATADOIRO, DO MATADOIRO PARA AQUÍ E... A COMER!”

Autóctonas Galegas Número 13


ENTREVISTA

28

ALBERTO SANTÍN CRIADOR DAS RAZAS OVELLA GALEGA E CABRA GALEGA

“PARA O QUE LLE GUSTE DE VERDADE, ISTO VALE A PENA; O QUE TEÑA DÚBIDAS, QUE NON SE META” Hai xa 12 anos que Alberto Santín volveu á terra de seus pais para comezar en Samos (Lugo) unha explotación de Ovella e Cabra galegas. Sobre os seus inicios, así como sobre o segredo para o correcto manexo destas razas, fálanos nesta entrevista o actual presidente de Capriga e vogal de Asovega, un catalán de nacemento tan galego en orixe que non dubidou en centrar o seu proxecto vital na recuperación destes animais. Como chega un barcelonés a traballar con razas autóctonas galegas? Meus pais son de aquí… e eu son nacido fóra, pero galego. Crieime e estudei en Cataluña (fixen Enxeñería Agraria), pero decidín vir para aquí e comezar a explotación no ano 2008. Autóctonas Galegas Número 13

Por que decidiches apostar no seu momento pola Ovella e a Cabra galegas? Porque tanto a cabra como a ovella autóctonas son as que aproveitan mellor a zona de monte na que estamos e dan un produto de tanta calidade como o que pode dar calquera outra raza.

Comezaches coas dúas á vez? Eu comprei o rabaño que había no monte, o típico no que había un popurrí de moitas razas. O que fixen foi meter os sementais todos de raza galega e a partir de aí comezar a recriar os animais que valían.


ENTREVISTA

29

“TANTO A CABRA COMO A OVELLA AUTÓCTONAS SON AS QUE APROVEITAN MELLOR A ZONA DE MONTE NA QUE ESTAMOS E DAN UN PRODUTO DE CALIDADE IGUAL QUE PODE DALO CALQUERA OUTRA”

Como tes organizado hoxe en día os rabaños? Teño dous, un de ovella galega e outro de cabra galega. Hai aproximadamente unas 130 cabras e 170 ovellas. Están os dous rabaños no monte comunal de Toca, no concello de Samos, pero funcionan de maneira independente e aproveitan recursos diferentes. Nos pasteiros andan todas, pero a ovella está sempre aproveitando a herba, a cabra anda nas uceiras, no monte… Vai combinando.

Os animais están sempre fóra? Botan o día fóra, pacendo. Teñen monte pechado de 45 ha e, á parte, por fóra, cando se pode, tamén se vai pastorear. O que facemos é pastorear polo día e pola noite métoas na corte; dormen sempre dentro, por seguridade máis que nada. Tivestes algún problema coa fauna salvaxe? Non, non tivemos moitos, porque xa dende o primeiro momento temos un rabaño de mastíns para gardalas.

Como manexas os rabaños? O manexo é adaptarse ao que necesitan. Cantas máis horas de pastoreo, mellor; é importante ter o sitio axeitado para elas. Por exemplo, a cabra quere monte pero tamén lle fai falta pasto, tes que combinarlles para que o aproveiten, porque lle fai falta. Tamén manexo moito con cercados tanto móbiles como fixos e dividimos os pasteiros para un aproveitamento mellor.

A maiores do pasteiro, aliméntanse de algo máis? Eu doulles herba seca sobre todo no inverno, aínda que tamén noutras épocas do ano, para a recría, e un pouco de cebada cando é o tempo da parideira, para que arranquen ben de leite. De suplementación non lles dou máis. Adoitamos aproveitar cando hai castaña, bastantes soutos tamén… Ese é o penso que teñen no inverno. Estamos a falar de que traballas cuns 300 animais en total… A cifra flutúa entre 300 e 400. E estás ti só ou con alguén máis? Normalmente estou eu só (e dedícome a isto a tempo completo, non teño máis ocupacións). Teño algunha axuda puntual cando hai que facer traballos extra, como cando hai que desparasitar. Autóctonas Galegas Número 13


30

En cantos pasteiros o tes dividido? Preto dos fixos existen divisións interiores e despois hai valos electrificados móbiles. Hai que ir adaptándose un pouco ao pasto que haxa para limitar o tempo que están pacendo no mesmo sitio e non esquilmar o pasto. En xeral, dirías que se manexa adecuadamente estes animais? O problema máis grande que lle vexo eu ao manexo que se fai é non recriar ben. Moitas veces van para matar os animais que tiñan que ser para recría.

ENTREVISTA

E como se diferencian os mellores animais? Os mellores son os que medran mellor, os que xa che están dicindo que a nai é boa. Moitas veces sucede que se deixa para recriar o que non se dá vendido.

pode promover dun xeito esaxerado, non poderías atender a demanda; sería contraproducente. Con todo, vexo que hai un núcleo de produtores que o toman como algo serio e profesional. A partir de aí hai que ir traballando.

Tanto a nivel galego como extracomunitario, dende os inicios ata agora notastes un crecemento no rabaño, na demanda ou no recoñecemento destas razas? A Cabra Galega non é moi coñecida. Son poucos animais aínda e temos moitas cousas que facer, porque tampouco se

E dirías que son produtos aos que lle podemos atopar nicho para que lle interesen, por exemplo, a un catalán, a un madrileño ou a un valenciano? Por suposto! Estas carnes gustan a calquera que teña bo padal, o que pasa é que hai que traballar; non podes esperar a que te veñan buscar.

“O PROBLEMA MÁIS GRANDE QUE LLE VEXO EU AO MANEXO QUE SE FAI É NON RECRIAR BEN. MOITAS VECES VAN PARA MATAR OS ANIMAIS QUE TIÑAN QUE SER PARA RECRÍA”

Autóctonas Galegas Número 13


ENTREVISTA En canto ás asociacións, como estades traballando para dar a coñecer o produto e a raza? Dende Boaga o que fan é movelo en feiras, faise promoción en moitos eventos, xornadas gastronómicas etc., pero os recursos son limitados. Entón, hai que intentar ir facendo sitio pero saber onde estamos tamén. Reitero o que dicía antes: o número de animais é o que é, non se poden fabricar dun día para outro os cabritos; por tanto, se empezan a pedir e non dás atendido os clientes, créase unha frustración que pode ser prexudicial. En relación con este novo contexto que vivimos, parécevos que unha posible maior aposta polo traballo rural vai beneficiar o auxe das autóctonas? É que a aposta polo rural eu non a vexo... Que fai falta para seguir traballando coas razas autóctonas? Moitas veces falta que che deixen facer. Hai problemáticas que… Nós somos explotacións familiares, pequenas, e no tema da comercialización, por exemplo, non podemos poñernos ao nivel doutra xente. Non se podería traballar cun volume máis grande que axudase a ser máis competitivos? Unha vez que te pos a comercializar, pídenche o mesmo que comercialices 5 que 5.000 e este tipo de explotacións

e de animais necesitarían unha canle de comercialización máis directa cara ao consumidor e non pasar polas vías habituais. Se non, é imposible a rendibilidade. Eu teño unha explotación que para Galicia ten un tamaño considerable, pero se me comparo con calquera de Castela son pequenísimo. Se segues a mesma canle de distribución, competir con iso é complicado. Logo, as perspectivas do teu futuro van pasar polo que che deixen facer… É que se realmente o que se di se cumprise poderiamos ir ben, pero eu vexo que as intencións son boas pero os feitos son outros.

31

“ESTE TIPO DE EXPLOTACIÓNS E DE ANIMAIS NECESITARÍAN UNHA CANLE DE COMERCIALIZACIÓN MÁIS DIRECTA CARA AO CONSUMIDOR E NON PASAR POLAS vías HABITUAIS”

Cara a onde che gustaría orientar o futuro da explotación? Dende o meu punto de vista, o ideal sería ter mellor gando, poder traballar máis a gusto. Non considero que meterse na roda de ter máis animais e logo andar coa lingua fóra sexa o mellor. Levas doce anos vivindo no rural galego. É mellor vida que a que che ofrece unha gran cidade? [Ri] Ten que gustarche para que sexa boa vida. A xente está acostumada a ter fins de semana para esquecer o traballo e aquí iso non pasa. Como todo, ten cousas boas e malas, logo hai que poñelo nunha balanza e valorar. Para o que lle

guste de verdade, isto vale a pena; o que teña dúbidas, que non se meta. A min gústanme as cabras, son cabreiro, e, se se pode, seguirei nisto ata morrer.

Autóctonas Galegas Número 13


32

ENTREVISTA

DOSINDA RIVERO, MANUEL VÁZQUEZ E NOEL VÁZQUEZ CRIADORES DA RAZA OVELLA GALEGA

“é unha carne distinta, o consumidor nótao ben ao probala… e non o digo porque sexan miñas!” Na zona máis meridional de Ourense, en Sandín (Monterrei), teñen Dosinda e Manuel o seu rabaño de Ovella Galega, que foi orixe e salvación da raza cando, aló por comezos do século, se comezaba a falar de recuperar esta autóctona. Con eles facemos un repaso polo que estivo ben feito no pasado, o que se debería facer mellor no presente e o que será necesario potenciar no futuro para garantir a continuidade desta raza ovina da nosa terra.

Como chegastes a ter relación con esta raza autóctona? MANUEL: Eu é que a levo criando toda a vida. De pequeno, meus pais tiñan unhas cantas e, logo de falecer eles, fomos aumentando... e ata hoxe. DOSINDA: Eu non tiña ningunha relación coa raza ata o ano 2000, que foi cando meus sogros non se puideron seguir Autóctonas Galegas Número 13

facendo cargo delas. Naquel momento non sabiamos moi ben que facer. Valoramos desfacernos delas pero, a raíz de que viñeron de Boaga a mirar a raza e nos animaron a seguir con ela porque estaba en perigo de extinción, decidimos seguir para axudar a recuperala. Agora, dende a xubilación do meu marido hai uns sete anos, estou eu de titular.

Tes algunha ocupación a maiores, Dosinda? D: Si. Eu traballo nun colexio. Vouno compaxinando coas ovellas como podo. Cantos animais tiñades cando veu Boaga miralos e cantos tedes agora? D: De raza, traballabamos cuns vinte e cinco, tiñamos algún máis, pero fómonos


ENTREVISTA

33

“É CERTO QUE XOGAN UN POUCO AS EMOCIÓNS, NON NOS PARECE O CORRECTO DESAFACERNOS DELAS. DICIMOS: ‘SE XA AS SACAMOS ADIANTE EN CIRCUNSTANCIAS PEORES, AGORA TEMOS QUE AGUANTAR UN POUCO MÁIS’”

desfacendo deles porque non eran puros. Logo comezamos a recriar para nós e tamén para outras explotacións. M: E hoxe… Pois xusto nos viñeron sanear o outro día e penso que temos 138 ovellas agora mesmo. O macho que había aquí hai vinte anos foi o que fixo posible recuperar a raza Ovella Galega. Como se traballou con el? M: Del hoxe a saber a de fillos que haberá. Fillos, netos e bisnetos…! D: Si, parece ser que eramos os únicos que tiñamos a raza. Cando comezamos penso que levaran 12 femias e algún cordeiro para Fontefiz. Despois intercambiaramos un macho por tema de consanguinidade, pero era un pouco agresivo e tivemos que desfacernos del. Agora non metemos animais de ningunha outra explotación, son sempre os animais iniciais cos que comezamos. Recriamos e sempre temos os mesmos.

Dormen na corte, verdade? D: Si. Polas mañás, cando os días son máis grandes, saen ao monte e despois veñen para a casa, volven saír pola tarde e logo na casa teñen as comedeiras con herba por se quedan con fame. M: Como todo o día no monte non poden estar, dámoslles herba na casa. Botámosllela pola mañá, e palla tamén, e despois pola tarde si que as botamos sempre unha hora.

Como tedes organizadas as parideiras? M: Para cando crían, témoslle un departamentiño e metemos alí a nai e o pequeno un día ou dous, ata que se coñecen ben. Despois van para outro cuartiño que temos

E están sempre en terreos vosos? D: Si, case sempre. Antes iamos tamén para a serra, ao monte común, pero como estaba todo tan crecido era imposible e agora resulta que ardeu tanto que non se

á parte para os cordeiros, onde maman coas nais. Logo, cando as nais xa non poden mantelos, quedan todos xuntos alí. Que alimentación segue o rabaño? D: Totalmente natural, non hai ningún tipo de adulterado, nin penso, nin nada. Elas comen o que collen no monte e o que nós recollemos no verán para o inverno: a herba, a palla, a remolacha...

pode ir tampouco… Pero vaia, que imos amañando ben coas nosas leiras, temos unhas dez hectáreas para elas, que son suficientes. M: E se necesitamos podemos usar outras terras, porque agora aínda che agradecen que lles pastorees os terreos. Antes todo o mundo tiña vacas, pero aquí agora animais non hai, está todo libre… Afectáronvos moito os incendios dos últimos anos? D: Temos dúas zonas de serra e, nos últimos incendios, a máis noroeste quedounos completamente afectada, ardeu toda. A outra zona, por sorte, non. Foi peor hai dous anos, que ardeu absolutamente todo, non só a serra, senón tamén as parcelas. Non nos quedou nada. Este ano foi mal, pero dentro do malo aínda nos quedou algo… Como puidestes xestionar o problema? D: Pois fatal. Hai unhas políticas horrorosas… A nós pasounos o lume á explotación e, segundo os políticos, non podiamos sacar as ovellas polo queimado. Entón, por onde querían que as sacásemos se nos ardeu ata a mesma explotación?

Autóctonas Galegas Número 13


ENTREVISTA

34

E animais perdestes? D: Non nos morreu ningún queimado, pero si que foi un ano difícil porque non había nada de nada para darlles de comer, entón non o pasaron como outros anos. Dáte conta de que, se no verán os animais non quedan fortalecidos, no inverno morren máis. Sodes pioneiros na cría de Ovella Galega. Como foi a evolución? D: Cando empezamos debíamos de ser moi poucos. Eu agora na lista de socios vexo que cada vez hai máis xente que ten Ovella Galega. No noso caso, o rabaño triplicouse, polo menos, dende que comezamos, e porque a base terri-

“O importante é que EN calquera profesión debe HABER FORMACIÓN, sexa gandería, sexa cociña… o que sexa.”

Autóctonas Galegas Número 13

torial que temos non é moi boa, senón podiamos ter máis. Tamén é certo que fixemos moitísimo investimento con este rabaño: fixemos unha nave de 400 m2 con comedeiros, este ano volvemos investir para poder meternos nos rulos, que son máis fáciles de manexar… E a verdade é que nos está dando menos rendibilidade da agardada porque co tema da COVID a venda da carne vai fatal… Falando claro, este ano estanos tocando poñer cartos. Porque vós, a quen lle vendedes? D: Vendemos a matadoiro pero, claro, a uns prezos moi malos. Temos o prezo da carne igual que hai vinte anos e os gastos de matadoiro son moi altos, entón vendemos como podemos. Nós, se puidésemos sacar para particulares, teriamos facilidade, porque a carne é moi rica e á xente á que lle gusta sempre a volve comprar. Que destacariades da raza? D: Son ovellas moi fáciles de levar e moi duras, que se manteñen con menos alimentación cás outras, e que non dan problemas de enfermidades (de feito, é moi raro que collan mamites, algo moi habitual noutras razas). Teñen unhas patas moi resistentes, hai algunhas que tiran e tiran ata o final; e son moi lonxevas, teñen unha duración moito maior que a doutros animais, logo fanse máis rendibles.

M: Para min son máis produtivas estas que as grandes e son máis fáciles de manter. Aquí veñen as grandes e isto cun repaso xa o teñen todo limpo. Eu tráioas para o terreo no que estamos hoxe, e volvemos mañá, e elas vanme vir máis fartas que as grandes comendo todo isto nun día. E son fáciles de manexar? M: Son, si. Non teñen problemas de manexo. Tamén é que agora xa nos coñecemos moito, tanto tempo xuntos… [ri]. Que ten de especial a carne? D: Sempre digo que, se me desfago delas algún día, se quero comer cordeiro, buscaríao nesta raza, porque para min non ten punto de comparación. O sabor, a textura, a cor… Eu pódoche dicir que traballei en hostalería de nivel moitísimos anos e nunca xamais probara un cordeiro nin un cabrito, e estes cómoos porque non me saben ao sabor forte habitual e teñen moito menos olor. M: É que é unha carne distinta, o consumidor nótao ben ao probala… e non o digo porque sexan miñas! Cantos exemplares estades sacrificando ao ano? D: Depende, hai anos mellores que outros. Estas ovellas non adoitan traer


ENTREVISTA

“NON TEÑEN PROBLEMAS DE MANEXO. TAMÉN É QUE AGORA XA NOS COÑECEMOS MOITO, TANTO TEMPO XUNTOS…”

máis dun cordeiro, pero tamén é moi difícil que o perdan, inda que sexan cordeiras de primeiro ano. Como é o traballo con Boaga? M: A asociación non pode ser mellor, moito nos levan axudado… D: Eu con Boaga estou encantada porque se implican coma se isto fose algo seu. De feito, se non fose por eles igual xa nin tería as ovellas, así de claro cho digo, porque hoxe, se non chego a ter un traballo anexo, non podería vivir da explotación e Boaga facilítanos moito as cousas para poder mantela. Eu así podería seguir outros vinte anos.

desafacernos delas. Dicimos: “Se xa as sacamos adiante en circunstancias peores, agora temos que aguantar un pouco máis”. Logo van pasando os anos, e imos dicindo: “Pois había que facer isto, probar estoutro…”. No fondo, nin atopamos nunca o momento de deixalo, nin é que o esteamos buscando, aínda que non nos sexa moi rendible… Sería rendible, xa che digo, se todos nos implicásemos, porque esta carne, pola calidade que ten, debía estar máis cotizada e ter unha saída regular. Ter os cordeiros na corte, que non haxa maneira de sacalos, non é xusto, porque o que se vende e o que se comercializa non ten nada que ver co que sería xusto. Logo na carnicería páganse uns prezos altísimos por cordeiros de Castela, de Estremadura… e os de aquí resulta que estamos perdendo diñeiro neles. Así e todo, parece que o voso rabaño terá continuidade, xa que o voso fillo amosa interese por seguir con el. Que vos parece a súa decisión? D: A min paréceme fantástico, aínda que me gustaría que collese unha opción algo máis “segura”. Pero sabes que ocorre? Que el naceu coas ovellas, gústanlle os animais. O importante é que en calquera profesión debe

35

haber formación, sexa gandería, sexa cociña… o que sexa. Canta máis formación, canta máis profesionalización, mellor. O que pasa é que non lle vexo eu á Administración moita implicación coa xente nova… Por exemplo, se eu non traballase noutra cousa, o meu fillo non podería ir estudar e iso é unha pena, porque, se ti tes unha explotación, se che gusta e queres aumentala para poder vivir diso, tes que ter a seguridade de que sexa un traballo que che dea economicamente para poder vivir. Faltan apoios para poder darlle continuidade cunha certa seguridade, non? D: Para min, si. É o que penso e creo que é unha pena, porque estes animais son moi beneficiosos para as aldeas. Moito falan da Galicia baleira, pero non se preocupan nada. O día que non quede nada disto, encherase todo de monte, de animais salvaxes e a xente terá os lobos e os xabarís na porta da casa. A min gustaríame moito que se acordasen de nós, non xa por min, que levo xa moitos anos e logo me xubilarei, senón pola xente que vén detrás… Por eles gustaríame que non deixasen morrer o rural, porque entón imos perder todos.

En xeral, en que situación se atopa a raza? D: Non debían ir tanto polo pequeno e favorecer tanto o grande, sobre todo se queren que o rural siga vivo… Na nosa zona hai tres explotacións, e dúas en pouco tempo van desaparecer. Nós, co noso fillo, poderiámola manter un pouquiño máis no tempo... Entón, porque seguides apostando pola Ovella Galega? M: Eu, se me vexo novo e tivese que vivir das ovellas, non a cambiaría por ningunha raza, porque ningunha das que poida vir había vivir e aguantar o que aguantan estas. O que as teña, que as conserve. D: Tamén é certo que xogan un pouco as emocións, non nos parece correcto Autóctonas Galegas Número 13


ENTREVISTA

36

“SE OS MÁIS NOVOS NON TRATAMOS DE CONTINUAR COA FACENDA, ACABARÁ DESAPARECENDO TODO CON NOSOS PAIS E AVÓS” O fillo do matrimonio, Noel, estuda segundo curso de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal no Centro de Formación Agroforestal de Sergude (Boqueixón, A Coruña) da Xunta de Galicia. Decidiu apostar por continuar formándose en Sergude, xa que lle gustaría seguir co negocio dos seus pais e este é un dos únicos centros onde ofrecen este ciclo. Gustaríache seguir dedicado ás ovellas? Si que me gustaría, para iso estou aí, e creo que teño bastante vocación. E de onde dirías que che vén esa vocación? Eu penso que é algo sobre todo sentimental. É unha raza coa que me criei, coa que estiven dende que nacín ata agora, e tamén me interesa porque está en perigo de extinción e, de feito, axudamos a recuperala. Esas son cousas que, ao fin e ao cabo, che van axudando a querer seguir con elas. Imaxínate, é que un mes antes de que eu nacera, miña nai xa estaba empezando a traballar con estas ovellas. Que lembranza tes da evolución do rabaño na túa casa? Pois podemos dicir que, literalmente, a medida que ía crecendo eu, iamos crecendo todos. Foi unha evolución común: crecía eu, crecía o rabaño, crecía a asociación…

Autóctonas Galegas Número 13

Cres que é importante o feito de que xente coma ti, da túa idade, estea estudando para profesionalizar a gandería? Penso que si. Se non, a gandería quedaría como unha cousa dos avós, dos pais… Acabaría quedando nas aldeas e as aldeas acabarían desaparecendo. Eu poño de exemplo a miña: aquí quedamos catro rapaces, o resto son todos persoas de cincuenta anos para arriba. Se os máis novos non tratamos de continuar coa facenda, pouco a pouco, acabará desaparecendo todo con nosos pais e avós. Como coñeciches a oferta de Sergude? Mirando por Internet e valorando varios ciclos que había, cheguei a este. Logo empecei a mirar onde o impartían e decidinme por el. Como levas o de estudar no medio da pandemia? O ano pasando foise levando mediante clases telemáticas e, en xeral, eu penso que foi bastante ben a cousa. Ao mellor non aprendes tanto como se foses a clase, pero hai que ir tirando co que se pode.

E puidestes facer prácticas? Polo que dicían, xusto iamos comezar cando estalou a pandemia, así que pouco fixemos. A ver este ano que tal… En que contidos che gustaría afondar máis en canto a formación? Xa non afondar… O que me gustaría sería que houbese algo de ovellas. Todo son vacas de leite e cabalos… Sácalos de aí e non hai nada: nin ovellas, nin cabras, nin nada. Gustaríache poder trasladar máis contido ao traballo na casa, non? Claro, e, na medida do posible, inténtase. O que pasa é que, dende que entramos, só vimos temas como os de como sería unha boa corte para vacas, como sería unha boa sala de muxido, como é unha corte para cabalos axeitada, como peitealos... pero sobre ovellas e cabras polo de agora, nada.


REPORTAXE

37

AS NOVAS XERACIÓNS GANDEIRAS PÁSANSE AO PORCO CELTA Dende comezos de 2019, preto dunha vintena de persoas menores de 40 anos de todas as provincias galegas decidiron reorientar as súas ocupacións e apostaron pola cría de Porco Celta como nova posibilidade laboral. A continuación presentámosvos as experiencias e as razóns que levaron a estes gandeiros a elixir esta raza. NA CORUÑA: DAVID PONTE, LAURA COUCEIRO, IVÁN GARCÍA E LAURA PRESEDO Dende hai ano e medio, David Ponte (Negreira) ten, xunto con súa nai e súa irmá, unha explotación de nais para a venda de leitóns. Cóntanos que, aínda que si tiñan certa experiencia gandería, nunca traballaran coa especie porcina e, se decidiron apostar polo Porco Celta, foi “pola súa rusticidade, a boa adaptación ao terreo e ao clima, o fácil manexo, o bo aproveitamento que fan dos recursos e a boa calidade da súa carne”. Comezaron cun macho e dúas femias que xa fixeron dous partos e, a día de hoxe, teñen, xunto con estes reprodutores, dous cebos e tres leitóns. Estanlles vendendo a metade da produción a particulares e a outra metade a cebadeiro e, pensando no futuro, falan de medrar en cabezas e de comezar a comercializar eles mesmos os produtos, “pero é algo que sería a longo prazo”, puntualiza David. A explotación de produción mixta Casa da Rúa (Oza-Cesuras), de Laura Couceiro leva case o mesmo tempo funcionando e, segundo nos conta, alí empezouse “a casa polo tellado”: “Primeiro comprei catro machos, dos que me quedei co semental que temos agora, porque as femias se resistían a vir… Agora xa temos 23 cabezas (en total)”. Di Laura que os partos desta raza son moi fáciles, que son moi boas nais e que, malia o seu tamaño, son animais moi dóciles. Neste ano, tivo os primeiros partos e comezou a vender e a cebar máis exemplares, e os plans pasan por seguir medrando: “A idea é seguir poñendo máis e máis cebo e chegar a máis clientes ao comezar a vender tamén produtos elaborados”. Porque nesta explotación teñen claro que,

Laura Couceiro

Javier Sixto

unha vez que se proban os seus derivados, ninguén se bota para atrás: “Hai quen di que teñen moita graxa pero, en canto lle falas do produto e lle explicas o sistema de alimentación, o que proba… repite!”.

EN LUGO: JAVIER SIXTO, DIEGO GÓMEZ, PABLO CABODEVILA, MIGUEL MIRANDA E NANDO LÓPEZ

A finais de verán, botou a andar a explotación reducida mixta de Iván García (Santiso), aínda que xa criara varias veces esta raza para consumo propio e tiña, ademais, experiencia coa cría doutras razas porcinas. Agora decidiuse pola raza Porco Celta “pola facilidade de traballar con eles; eu estou acostumado a criar porcos, como se fixo toda a vida nas casas, e podo dicir que con estes é moi fácil”, asegura Iván, que comezou traballando con cinco exemplares, “pero non vou tardar en ampliar cunhas cantas femias”, explica.

“A verdade é que levaba moito tempo con ganas de emprender neste ámbito, xa que proveño dunha familia vinculada ao sector cárnico dende o ano 1939, cando o meu bisavó fundou a empresa familiar, Embutidos Hermelino”, cóntanos Javier Sixto (O Valadouro), ao que lle acaban de aprobar o plan de incorporación. Tardou en decidirse porque “era unha iniciativa de peso, que requiría de moita responsabilidade e formación previa e, se dei o paso, foi grazas ao apoio e asesoramento que recibín de Asoporcel”, agradece.

Así pois, e malia que aínda é pronto para falar de venda, xa ten plans para o medio prazo: ten pensado venderlle fundamentalmente a particulares e, coa ampliación que comezou en decembro, conta con criar cinco reprodutoras para poder facer o ciclo completo.

Comezaron cun macho e unha femia e aínda están rematando de poñer a punto as instalacións, pero xa nos conta que lle gustaría poder incorporar traballadores a medida que vaia aumentando a produción. “Agora mesmo só estou criando e cebando, pero o meu obxectivo é poder chegar a todos aqueles que queiran mercar Porco Celta, tanto particulares como restaurantes, carnicerías ou fábricas de embutidos”, expón.

Pola súa banda, Laura Presedo (Vistalegre de Laracha) ten solicitados un plan de mellora e unha axuda á incorporación para comezar a traballar definitivamente na cría de Porco Celta e realizar así o traspaso xeracional coa súa avoa. Nestes momentos, están vendendo os animais cebados a operadores comerciais autorizados no logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta. Tamén vende leitóns para cebadeiros e realiza algunhas vendas a particulares.

A D.O.D. Celtas da Ulloa (Monterroso) é una explotación de reprodutoras en extensivo creada hai case dous anos por tres amigos: Diego Gómez, Diego Pena e Óscar Mosquera. No seu caso, o labor de difusión que se fai da raza foi Autóctonas Galegas Número 13


38

REPORTAXE

decisivo para cambiar as súas ocupacións (só un deles tiña experiencia previa na gandería) e comezar a traballar co Porco Celta: “Escollémolo porque vimos varias noticias na prensa e na tele e decidimos informarnos máis a través de Asoporcel; entón vimos que tiña potencial e decidimos dar o paso”, recordan. Comezaron con 15 cabezas, das que se quedaron con 5 porcas para a cría e, ao pouco, adquiriron un macho. Na actualidade, estanse dedicando unicamente á cría: “Vendemos nós directamente leitóns para outras explotacións, ou para particulares, pero en breve cambiarémonos para unha finca máis grande e daremos o seguinte paso, que será cebar para poder aumentar a produción”, explican. En Riotorto ten Pablo Cabodevila dende hai un ano a súa explotación mixta, na que, con axuda de seu pai, cría e ceba animais ata a idade de sacrificio para posteriormente vendelos ás industrias cárnicas para a elaboración de derivados. “Na miña casa houbo gandería desde sempre e agora estamos apostando polo Porco Celta. Empezamos con 8 animais e xa estamos en 25 cabezas”, narra Pablo. Polo momento, están cebando, á espera das primeiras crías. Conta que a experiencia está sendo boa e destaca o gusto de poder ver os animais en liberdade. En canto ás perspectivas de futuro, amósase prudente: “Todos os procesos deben facerse con profesionalidade. Eu fago isto para ter as fincas da casa coidadas e busco unha actividade que sexa rendible e non requira de moita man de obra diaria (que xa me parece pedir dabondo!)”, ri. En Ganadería Mourelle (A Pontenova), ademais de producir leite en ecolóxico, dende hai catro anos Miguel Miranda e Purificación Mourelle teñen unha explotación de Porco Celta, unha raza pola que se decantaron buscando consumir produtos de calidade. E é que, polo momento, a meirande parte da súa produción é para consumo propio. Na actualidade, o excedente estano vendendo a particulares e, ademais de cebar eles mesmos, venden leitóns a cebadeiros. No momento da nosa conversa, contaban cun semental, unha femia a punto de parir e dous cebos para sacrificar, e as súas perspectivas de futuro pasaban por continuar traballando esta raza, da cal destacan as súas dotes rozadoras e a Autóctonas Galegas Número 13

David González

Diego Gómez, Diego Pena e Óscar Mosquera

alta calidade dos seus derivados: “Seguiremos a criar con eles e, como non, a desfrutar dos seus manxares!”. O caso de Nando López (Mondoñedo) é particular xa que, dende hai tres anos, combina a venda e distribución de peixe por toda Galicia coa súa explotación mixta en extensivo de Porco Celta, onde cría, ceba e vende os animais a particulares, a outros gandeiros, á industria cárnica e á restauración (na que colabora en xornadas e degustacións para promover a raza). Posto que a distribución do peixe lle obriga a estar bastante ausente na explotación, deseñou o seu propio sistema para ter controlado o manexo dos animais dende o nacemento ata a saída para o matadoiro. “O motivo polo que me decidín por esta raza autóctona foi para facer silvopastoreo e facilitar a limpeza da finca e, ademais, na miña familia tiñamos relación de antes coa gandería e a agricultura, xa que meus avós se dedicaran a iso ata a súa xubilación nos anos 90”. Agora, Nando recuperou o oficio da familia e fíxoo apostando por esta raza da que nos destaca que “cada vez está máis presente nos lineais das cadeas de alimentación, e non é para menos, xa que ten unha carne de alta calidade”.

EN OURENSE: DAVID GONZÁLEZ, MANUEL LAMAS, DAVID FRAIZ, MAGDALENA CARIDE, LUCAS CABANELAS E MARTÍN TOUCEDA A explotación mixta reducida de David González (Nogueira de Ramuín) leva funcionando pouco máis dun ano. “Con porcos non tiña ningunha experiencia, a verdade é que fun aprendendo sobre a marcha; ademais, de onde son eu aínda chama moito a atención ver estes animais soltos”, di David.

Empezou cunha femia reprodutora coa que segue a día de hoxe, xunto con outra cría que está a cebar, ás que agarda que se una proximamente algunha nai máis. En canto ao método de traballo, intenta “facer o circuíto pechado, dende que nacen ata que se venden, pasando pola ceba; e fago eu mesmo o labor comercial porque, quen mellor que quen os cría para vendelos?”. A día de hoxe, vende os bacoriños cebados (vivos e sacrificados) a particulares e a algún restaurante e, a medio prazo, gustaríalle comezar a facer embutidos de Porco Celta. Por outra banda, conta que está moi satisfeito coa decisión de integrarse na asociación: “Estar en Asoporcel é un salto de calidade como gandeiro e como comercializador”. Manuel Lamas (Verín) acaba de enviar a súa primeira produción a un operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta. Sobre este selo, destaca: “Ademais de garantirche que o animal é Porco Celta auténtico, tamén che asegura que foi criado en liberdade”. Como namorado do rural que é, Manuel non puido deixar pasar a ocasión de traballar con estes “animais formidables”: “Presentóuseme a oportunidade de montar a granxa e alá fun!”. Así, pasou de ter 4 animais a traballar hoxe con 30 cabezas. Conta que está tratando de pechar o ciclo o máximo posible, acompañando o animal dende o nacemento ata que se envía a matadoiro, “porque penso que só así se pode facer un produto de calidade premium como é o Porco Celta, que ten unha carne… de sete estrelas, polo menos!”. Para David Fraiz (Boborás) o futuro inmediato dependerá de analizar como funcionaron as vendas este ano para decidir, en función diso, se lles interesa medrar en animais e mesmo contratar alguén máis. Na actualidade, a venda estaa realizando a través do boca a boca e falando con carniceiros e con empresas que se dedican á elaboración de embutidos.


REPORTAXE Comezou coa súa explotación mixta en extensivo hai ano e medio con seis animais. “Empecei pensando en que me axudasen a rozar, xa que os terreos teñen unhas 27 hectáreas; despois vin que tiña saída e animeime a ir a máis”, lembra. Medrou ata as 50 cabezas e está criando para ceba. Sobre a alimentación, expón que para el é fundamental o aproveitamento dos recursos das parcelas: “Só os alimentamos con produtos naturais (castañas, landras, herba e froitas da tempada: mazás, peras, cereixas…), xa que intento lograr un bo produto para o consumidor”, subliña. En abril deste ano botou a andar a explotación de Magdalena Caride e Marcos Fernández (Vilamarín). A idea de partida foi a creación dun cebadeiro en extensivo, con venda a consumidor final, “pero despois reorientamos un pouco o modelo de negocio e deixamos dous animais para criar”, explican. Así, dos dez animais cos que comezaron, hoxe están traballando con nove e, polo momento, están vendendo todo ao consumidor final. “Para o ano que vén, ademais de ter un lote de animais para cebar, contaremos con dúas nais en produción e a longo prazo pensamos na posibilidade de aumentar as cabezas e, quizais, en elaborar os nosos propios produtos”, din. No caso desta parella, foi unha charla á que acudiu Magdalena a que os levou a interesarse máis polo Porco Celta: “Fun a un seminario xestionado por Asoporcel e chamoume a atención debido aos beneficios que podería achegar á miña aldea, ademais de pola relevancia de producir un alimento desta calidade”, di Magdalena. “Logo de resolver as nosas dúbidas durante a Semana Verde de Galicia co veterinario de Asoporcel, no ano 2019 un amigo e eu decidimos montar unha explotación de Porco Celta”. Así fala Lucas Cabanelas (San Amaro) dos seus comezos na cría desta raza autóctona. Están a elaborar os seus propios produtos, venden todo a particulares e acaban de finalizar as obras dun cebadeiro: “Intentamos diferenciarnos todo o que é posible e fixemos o cebadeiro precisamente pensando en ir medrando pouco a pouco e en innovar”, di Lucas. Empezaron con 4 porcos de ceba e este ano están xa nos 17. “Só se ceba, dado que a crianza require de máis traballo e tempo, do cal non dispoño, xa que pola semana son enxeñeiro nunha empresa”, explica. Actualmente, cóntanos que a maior parte

39

Fernando Calviño

Manuel Lamas

Marcos Fernández e Magdalena Caride

Lucas Cabanelas

dos porcos van como regalo para familiares, xa que aínda están nun período de proba que durará de 3 a 4 anos no que “ano tras ano cambiamos o manexo, facemos rotación de parcelas, variamos a alimentación… para intentar obter mellores canais”. En Cenlle, a primeira aldea modelo galega, atópase a explotación de ciclo pechado en extensivo de Martín Touceda. “A idea que tiñamos era facer unha horta ecolóxica, pero tiñamos que ocupar máis terreo do que contabamos e era unha zona de bosque mixto. Entón, despois de pensar en distintas razas, decantámonos polo Porco Celta para limpalo”, explica Martín. Comezaron en xuño con catro reprodutoras, un macho e 25 cebos e, no momento da nosa conversa, tiñan xa 22 leitóns a maiores. “Para a venda, por sorte, teño bastante publicidade indirecta”, detalla. Ademais, están en proceso de certificación para ecolóxico e queren comezar a abrir mercado coa súa marca de embutido, CienPorCel: “Comezaremos este inverno, sacrificando 3 porcos para facer chourizos, salchichóns, curar cachucha, lacón… Agardamos que a acollida sexa boa, xa que non temos dúbida de que a calidade da raza será inmellorable”, afirman.

EN PONTEVEDRA: FERNANDO CALVIÑO Fernando Calviño (Vila de Cruces) leva cinco anos á fronte de CMF Celtaporc, unha explotación de 70 cabezas que vende a

particulares e elabora produtos derivados. Este ano abriu unha segunda granxa orientada a cebo e, sobre os seus inicios, relata: “Escollín esta raza pola limpeza dos montes, xa que hai uns anos meus pais me mandaban ir con eles a rozar os domingos despois de vir de festa [ri], e pola saída que tiña no mercado”. En Celtaporc tamén están vendendo só a particulares, pero “esperamos nun futuro poder comercializar o noso produto para restaurantes e cadeas alimentarias”. Esperan facelo baixo marca propia, pensando en seguir medrando e en poder vivir desta raza. Son, ademais, participantes habituais dos concursos morfolóxicos da raza. “De feito, o ano pasado a nosa famosa Shakira (porca reprodutora) gañou o 3.º premio de Manexo de Porco Celta da Semana Verde de Silleda”, salienta Fernando.

PLENO EN CANTO A SATISFACCIÓN COA DECISIÓN ADOPTADA

Todos estes produtores coinciden ao afirmar que están “moi satisfeitos” coa decisión de terse pasado ao Porco Celta. “Son uns animais moi cariñosos en contra do que poida parecer, que se adaptan perfectamente e dan pouco traballo”, subliñan. Ademais, fan énfase en que, con esta raza, “á parte dos beneficios da venda, tamén estamos a facer tarefas que antes tiñamos que pagar ou facer con maquinaria (rozar, limpar o monte…)”. De feito, só teñen unha queixa máis ou menos xeneralizada: “Vendo como está sendo de boa a experiencia, agora o que estamos é arrepentidos de non tomar antes esta decisión!”.

Autóctonas Galegas Número 13


GALIÑA DE MOS

40

APROVEITAMENTO DE TERREOS BALDÍOS PARA GRANXAS AVÍCOLAS ARTESANAIS E COMERCIALIZACIÓN DIFERENCIADA

Este artigo é un resumo dun amplo estudo feito para analizar a sementeira de cereais en terreos de pequeno tamaño próximos ás granxas avícolas artesanais, xa que noutros traballos se observou que os trigos autóctonos, principalmente, conteñen unha elevada cantidade de proteína. Tamén se observaron as calidades dos canais en función do tipo de sacrificio, transporte e aplicación de frío. Forma parte do proxecto de investigación Feader 2018/26A “Aproveitamento de terreos baldíos para granxas avícolas artesanais e comercialización diferenciada”, realizado pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) en colaboración coa Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e con criadores da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós) inscritos no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais. Diego Rois1, Daniel Franco2, Anisia Arias1, José Manuel Lorenzo2, Nuria Rosende1, Lucio García2, Silvia Adán1, Roberto Bermúdez2, Gloria García2, Carlos Barrio2 e José Ramón Justo1 Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga). Pazo de Fontefiz s/n. 32152 Coles (Ourense) Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC). Avda. Galicia, 4. Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnopole. 32900 San Cibrao das Viñas (Ourense)

1 2

INTRODUCIÓN

Cando falamos das producións da raza Galiña de Mos referímonos a producións diferenciadas, de tipo rural, criadas ao aire libre e ligadas a unha base territorial. Isto é debido á xenética da raza e ao sistema de produción de tipo artesanal. As aves están menos estresadas, non están amoreadas e, ademais, téndese a realizar transportes curtos, evitándolle estrés ao animal ata o punto de sacrificio, o que repercute tamén na obtención dunha mellor calidade agroalimentaria dos produtos finais obtidos. Este tipo de explotacións teñen unha serie de dificultades ligadas ás pequenas producións. Son de moito menor tamaño que as industriais, as súas producións son Autóctonas Galegas Número 13

limitadas e tamén son dependentes de insumos externos, pois, na alimentación das aves, a fonte de proteína máis utilizada é a soia, que é de importación. En Galicia existen moitos terreos baldíos de pequenas dimensións, en moitos casos pegados a explotacións avícolas artesanais, pero que, debido ao progresivo abandono de terreos que antes eran aproveitados para producións de autoconsumo de horta e alimentación animal, na actualidade non se utilizan por non ser produtivos en sistemas industriais de produción animal. Outra necesidade detectada foi a de comprobar as distintas posibilidades de comercialización nos circuítos curtos de

proximidade, así como das estratexias de mercado para este tipo de produtos diferenciados, que, en moitos casos, están adaptados para as altas producións de polos industriais, pero non para aves de calidade criadas máis lentamente e que posúen un maior tamaño, as cales necesitan dun sistema de distribución axeitado e adaptado a cada produto para poder conservar as características hixiénicosanitarias e organolépticas ideais. Por unha banda, con base nas necesidades detectadas propúxose, na alimentación dos galos da raza, substituír a soia dos pensos comerciais por trigos autóctonos con elevados niveis de proteína e complementar as racións con millo de variedades autóctonas.


GALIÑA DE MOS Por outra, propúxose adecuar e implementar a mellora das producións da raza con sistemas específicos e innovadores de embalaxes e transporte adaptados ás producións de galos e capóns en canais enteiros, así como das posteriores fases necesarias para a comercialización das pequenas producións das explotacións avícolas artesanais. Polo tanto, a finalidade do estudo foi acadar unha simbiose entre a produción cárnica da raza autóctona e a destas fontes de proteína, e contribuír, en primeiro lugar, á recuperación e mantemento dos trigos de variedades autóctonas e, en segundo, a obter unhas producións diferenciadas a partir da raza Galiña de Mos. Para tales fins propuxéronse os seguintes obxectivos: • Aproveitar terreos baldíos anexos ás casas de labranza do rural galego para a sementeira de variedades autóctonas de cereais con alta porcentaxe de proteína, para o seu emprego en alimentación animal en avicultura artesanal. • Analizar o impacto da formulación e da composición das diferentes variedades de trigo na fase de crecemento e ceba en galos da raza Galiña de Mos, mellorando a eficiencia produtiva e reducindo custos de produción ao utilizar variedades autóctonas en substitución de insumos estranxeiros. • Desenvolver unha estratexia de comercialización de galos e capóns da raza Galiña de Mos mediante métodos adecuados de envasado e transporte, que conserven e melloren as calidades organolépticas e sanitarias dos canais e cortes comerciais destas aves diferenciadas. O proxecto realizouse en 3 fases: • Fase 1: mobilización e preparación de terras para produción de materias primas para alimentación das aves. • Fase 2: estudo de crecemento de catro lotes de galos en función das materias primas engadidas na súa dieta. • Fase 3: comercialización e estudo da vida útil segundo distintas situacións de comercialización tanto de galos como de capóns da raza. A continuación exponse o plan experimental, o material e os métodos empregados e os principais resultados para cada unha das tres fases en que se desenvolveu o proxecto.

41

1.ª FASE: SEMENTEIRA, CONTROL DE PARCELAS E RECOLLEITA E ANÁLISE DAS VARIEDADES DE TRIGO E DE MILLO AUTÓCTONAS

Para o aproveitamento en pequenos terreos baldíos sementáronse catro tipos de trigo e dúas variedades de millo en pequenas fincas de Castro de Rei (Lugo), Sandiás (Ourense) e Vila de Cruces (Pontevedra), en dúas explotacións de criadores pertencentes a Avimós e nunha finca pertencente ao CTC. Para analizar as materias primas e a súa produción fixéronse análises previas dos solos e as emendas necesarias antes da plantación. Posteriormente, nos millos tivéronse en conta parámetros coma o peso e a lonxitude das mazarocas e a estimación da colleita en kg/ha. Nos trigos tivéronse en conta o “peso de mil grans” e a estimación da colleita en kg/ha. Ademais, tanto nos millos como nos trigos, analizouse o tanto por cento de humidade do gran recollido, así como a porcentaxe de proteína, cinzas, graxa e hidratos de carbono para valorar o poder nutritivo de cada unha das sementes. Finalmente utilizáronse para a alimentación dos galos a partir das 16 semanas os trigos autóctonos galegos das variedades Caaveiro, Callobre e Tremesino e un trigo de primavera da variedade Califa, así como dous millos autóctonos galegos das variedades Aranga e País Gordo. A variedade Aranga é moi resistente á seca e bastante produtiva, con mazaroca cilíndrica, gran semiliso e cor marela forte. A variedade País Gordo é un millo con menor produción que os millos híbridos, pero ten a vantaxe de que é moi resistente ás condicións climáticas galegas. Os millos autóctonos, en moitas ocasións, son obxecto dos ataques dos xabarís, que minguan ou estragan as colleitas e deixan notables perdas.

Respecto dos trigos utilizados, a variedade Callobre é un trigo autóctono de tipo primavera cunha altura media da planta de 150 cm, polo que é especialmente sensible ao encamado. Presenta unha maior homoxeneidade que outras variedades autóctonas, gran coloreado e ausencia de arestas, e non ten moita produción pero si boa calidade panadeira. A variedade autóctona Caaveiro é un trigo con hábito de crecemento medio erecto; de media, pasan cen días ata o

Trigo variedade Callobre

Trigo variedade Caaveiro

Trigo variedade Califa

Trigo variedade Tremesino de palla alta

espigado e 142 días para acadar a madurez e é moito menos sensible ao encamado que os outros dous trigos autóctonos empregados, o Tremesino e o Callobre. A variedade Tremesino de palla alta é un trigo de planta alta, por enriba dos 90 cm e moi susceptible ao encamado. É medianamente susceptible ás enfermidades oídio e septoria, pero non precisa de terreos especialmente ricos, pois é bastante rústico. A variedade Califa é un dos trigos de primavera de forza, quizais o único capaz de producir máis de 9 t/ha. Está especialmente adaptado aos regadíos de toda España e aos secaños fértiles do sur peninsular. De talle baixo, gran fertilidade da espiga e tolerancia ao frío invernal, ten maior produción pero menor porcentaxe de proteína respecto dos outros trigos autóctonos. Autóctonas Galegas Número 13


GALIÑA DE MOS

42

Principais resultados das materias primas recollidas Nos ensaios realizados, os trigos autóctonos Callobre, Caaveiro e Tremesino presentaron menores producións estimadas por hectárea comparadas coa variedade Califa. O encamado nos trigos ocorre cando o cultivo non se mantén erecto e está provocado por ventos fortes, choivas intensas, chans moi húmidos ao final do período de enchido do gran e talos altos e finos que se dobran facilmente. Os trigos autóctonos tenden a sufrir este problema polo talle alto que presentan e tamén pola aceleración do crecemento en terreos fértiles, o que facilita o envorco polo excesivo peso da espiga. A observación fíxose sobre os campos sementados con cada unha das variedades. As variedades Callobre e Tremesino tiveron unha alta incidencia de encamado, o que minguou a súa produción e dificultou a súa colleita. En cambio, a variedade de trigo autóctono Caaveiro presentou moita menor incidencia no encamado respecto das outras variedades autóctonas. A variedade non autóctona Califa presentou maiores producións, en parte porque o seu tamaño é menor, e non tivo encamado. Respecto das variedades de millo recollidas, a Aranga achegouse aos 4.500 kg/ha de gran. Respecto da variedade País Gordo, a súa produción viuse minguada neste estudo polo ataque de xabarís, que estragaron boa parte da colleita. Acerca da calidade en canto á composición química das materias primas, destaca a alta porcentaxe de proteína dos trigos autóctonos, con valores moi superiores aos da variedade Califa en todos os casos, tal e como se pode observar na táboa 2, polo que son moi axeitados para alimentación animal aviar, en especial o trigo Caaveiro, que tivo valores de proteína do 16,57 % e do 13,28 %, recollidos en dúas parcelas diferentes.

2.ª FASE: ANÁLISE DO IMPACTO DA FORMULACIÓN E A COMPOSICIÓN DAS DIFERENTES VARIEDADES DE TRIGO NA FASE DE CRECEMENTO E CEBA EN GALOS DA RAZA GALIÑA DE MOS

A fase de cría das aves fíxose en dúas explotacións localizadas en Vila de Cruces (Pontevedra) e Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei, Lugo). Distribuíronse nun total de catro lotes de galos, dous por Autóctonas Galegas Número 13

Táboa 1. Produción estimada dos trigos recollidos para alimentación animal e incidencia no encamado Callobre

Caaveiro 1

Caaveiro 2

Tremesino

Califa

Produción (kg/ha)

1.126

2.349

2.423

2.179

3.270

% de encamado

65 %

3%

10 %

40 %

0%

Táboa 2. Composición química (%) dos trigos e millos recollidos para a alimentación das aves a partir das 16 semanas Trigo Callobre

Trigo Caaveiro 1

Trigo Caaveiro 2

Trigo Tremesino

Trigo Califa

Millo Aranga

Millo País Gordo

% graxa

1,27

1,53

1,68

1,16

1,11

3,71

3,71

% proteína

14,32

16,57

13,28

13,78

9,89

11,15

5,24

% humidade

9,23

10,11

10,32

10,7

10,1

11,62

11,67

% cinzas

1,77

1,96

1,52

1,86

1,72

2,72

1,01

% hidratos de carbono

73,96

70,98

72,88

72,66

77,69

70,85

77,62

explotación, aos que se lles proporcionou a alimentación recollida nas explotacións desde as 16 e as 32 semanas de vida. Aos dous lotes e para os primeiros catro meses de vida administróuselles alimentación ad líbitum, que estivo formada por un penso de iniciación ata as catro semanas e, a partir desa idade, déuselles penso de crecemento. En canto ao manexo, utilizouse o sistema máis común na avicultura campeira en Galicia, que é o de granxa con crianza ao aire libre, segundo a normativa europea de comercialización de carne de ave de curral e o programa sanitario da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós) das granxas inscritas no Rexistro Galego de Explotacións Avícolas Artesanais (RGEAA).

PLAN EXPERIMENTAL

Figura 1. Distribución dos catro lotes de galos nas dúas explotacións en función da súa alimentación 4 LOTES LOTE 1

LOTE 2

LOTE 3

LOTE 4

MOS 16-32 SEM.

MOS 16-32 SEM.

MOS 16-32 SEM.

MOS 16-32 SEM.

ACABADO 50 % TRIGO CALLOBRE + 50 % MILLO ARANGA

ACABADO 50 % TRIGO CAAVEIRO + 50 % MILLO ARANGA

ACABADO 50 % TRIGO TREMESINO + 50 % MILLO “PAIS”

ACABADO 50 % TRIGO CALIFA + 50 % MILLO “PAIS”

Resultados do estudo de crecemento e consumo das aves Obtivéronse os parámetros de peso individual, ganancia media diaria bisemanal e acumulada, consumo de alimento bisemanal por ave e día, consumo individual acumulado e índice de conversión bisemanal e acumulado para cada un dos catro lotes estudados nas dúas explotacións. Tendo en conta estes parámetros, apreciouse un maior crecemento nos galos alimentados con trigo Caaveiro; o seguinte lote foi o alimentado con Callobre, seguido do que comeu Tremesino e, finalmente, o que consumiu trigo Califa. Isto foi debido a varios factores que se explican a continuación.

Millo da variedade autóctona País Gordo

Por unha banda, debemos considerar as diferentes concentracións de proteína existentes en cada un dos trigos. O Caaveiro tivo un 16,57 % de proteína, un valor a ter moi en conta; o Callobre tivo un 14,32 %; o Tremesino, un 13,78 %, e o Califa, un 9,89 %.


GALIÑA DE MOS

43

Gráfica 1. Evolución do peso vivo expresado por tipo de trigo empregado Pesos vivos a partiren das kg 16 semanas 4

3,5

3

2,5

2

1,5

1

0,5

Millo da variedade autóctona Aranga

0

18

20

22

24 CAAVEIRO

Na bibliografía está suficientemente descrito que os desbalances nutricionais na dieta lle afectan á calidade dos produtos. A deficiencia de nutrientes non permite que os animais expresen todo o seu potencial produtivo; por iso, o coñecemento das esixencias nutricionais das aves permitiría a utilización de materias primas que facilitasen a redución dos custos de produción sen afectarlles aos resultados zootécnicos nin á calidade do produto. A proteína é un nutriente importante na alimentación das aves, considerando que o propósito da produción é unha eficiente conversión de proteína da dieta en proteína muscular.

Ademais, temos que ter en conta que no millo empregado no 50 % restante da ración, no caso dos lotes alimentados con Callobre e Caaveiro, a porcentaxe de proteína foi dun 11,21 %, un nivel importante para ser millo, xa que moitas das variedades industriais foráneas teñen entre un 7 e un 9 % de proteína. Así, podemos calcular unha porcentaxe media de proteína da mestura deses dous lotes, que foi arredor dun 13,8 %, resultado moi axeitado para a fase de engorde dos galos a partir dos catro meses, o que resultou nunha maior ganancia de peso, fronte á mestura empregada nos dous lotes restantes, cunha proteína inferior. Polo tanto, observamos que o crecemento nos galos foi maior nos alimentados con trigos autóctonos fronte á variedade industrial. Por outra banda, debemos ter en conta a palatabilidade, definida como a calidade dun alimento de ser grato ao padal. Se temos un alimento que non lles gusta ás nosas aves, non se van ver beneficiadas

TREMESINO

28

30

32

CALIFA

Gráfica 2. Consumo individual acumulado ata as 32 semanas dos catro lotes de galos, en función da alimentación cos catro tipos de trigo recollidos Consumo individual acumulado

25,00

20,00

15,00

10,00

5,00

0,00

2

4

6

8

10

12 CAAVEIRO

Así, observando os datos de proteína dos diferentes trigos, apreciamos como os maiores crecementos se tiveron cando alimentamos os galos con trigos de máis proteína.

26

CALLOBRE

14

16 CALLOBRE

pola súa achega nutritiva e terán unha alimentación peor balanceada. Na nosa proba apreciamos como os galos alimentados con trigo Tremesino apartaban o gran e o consumían peor, tendendo a buscar o millo. Isto tamén sucedeu, aínda que con menor intensidade, co trigo Califa, que tampouco lles gustou moito. Non ocorreu así coas outras dúas variedades autóctonas que, nese caso, si que lles resultaron moi apetecibles, consumíndoas sen problema. Este é un aspecto moi importante, xa que, se ás aves non lles gusta un determinado gran, debemos cambialo. Nun futuro deberíase facer unha proba cun maior número de aves, pero, neste traballo, a apetencia dos galos polos trigos Tremesino e Califa non foi a esperada, polo que xa sería, de por si, un motivo para retiralos da alimentación en gran enteiro (faltaría saber o resultado aplicando eses trigos en fariña).

18 CALIFA

20

22

24

26

28

30

32

TREMESINO

que as aves continuaron saíndo ao exterior. Cando sucede algo así, en ocasións as aves reducen o seu crecemento ou incluso perden, debido a que o alimento que consomen vai na súa totalidade para producir enerxía corporal. Neste caso non ocorreu así e non perderon peso; o nivel de enerxía da ración chegou para manter esa incidencia. Na gráfica 2 pódense ver as cantidades consumidas de cada ración e por galo, en función do tipo de trigo empregado. Vemos como houbo uns consumos maiores co trigo Caaveiro, seguido do Callobre, algo esperable, porque tamén foron coas racións que máis creceron os galos. Se comparamos estes datos cos de estudos anteriores realizados coa raza, con galos alimentados con penso comercial, apreciamos como os consumos totais son moi

Nos lotes alimentados cos trigos autóctonos Caaveiro e Callobre houbo unha incidencia destacada na fase final do engorde. Debido ás choivas torrenciais que houbo nunha quincena, os parques anegáronse, aínda Autóctonas Galegas Número 13


44

inferiores nos deste traballo. Nos estudos de galos alimentados con penso puidemos ver como o consumo total por galo se aproximaba aos trinta quilos, mentres que neste caso foi de 23 kg por ave con trigos autóctonos. Nos galos que se alimentaran con penso, os consumos diarios eran maiores, pero tamén a ganancia media diaria. Nos deste traballo, alimentados con millo e trigo recollidos na explotación, os crecementos son menores, pero tamén os consumos, polo que se debería indagar máis nos custos de produción. Canto ao índice de conversión a partir das 16 semanas de vida, o resultado máis alto foi o dos lotes alimentados con Califa e, despois, co trigo Tremesino (hai que ter en conta que canto máis alto é o índice de conversión peor, pois máis quilos de alimento necesitamos para obter un quilo de peso vivo). A explicación vén dada porque, ao ter inferiores nutrientes as mesturas realizadas con eses trigos, o animal necesita consumir máis para cubrir as súas necesidades de crecemento. Os lotes alimentados con Caaveiro e Callobre tiveron mellores índices de conversión.

3.ª FASE: ESTUDO DA VIDA ÚTIL NA CARNE DE CAPÓNS E GALOS DA RAZA GALIÑA DE MOS

O obxectivo fundamental foi determinar a vida útil da carne de galos e capóns da raza Galiña de Mos, realizando análises microbiolóxicas e fisicoquímicas, así como controlando a temperatura dos canais e a temperatura ambiente no transporte e o almacenamento cando se someten a diferentes lugares de sacrificio, distintos embalaxes, transporte e almacenamento, simulando as condicións reais nas que se transportan comercialmente os produtos da raza.

GALIÑA DE MOS O plan experimental do estudo de vida útil levouse a cabo da seguinte forma: primeiro o sacrificio, a toma de mostras e o traslado dos canais (capóns e galos) ás instalacións do Centro tecnolóxico da Carne (CTC), simulando diferentes condicións de conservación durante o transporte. Posteriormente fíxose a toma de mostras para as análises microbiolóxicas e fisicoquímicas na carne de capóns e galos. Sacrificio O sacrificio realizouse na explotación nos tres lotes de capóns, reproducíndose as condicións de sacrificio actuais do “Capón de Vilalba”. Dos catro lotes de galos, tres sacrificáronse nun matadoiro autorizado e o cuarto sacrificouse na explotación. Observouse como as aves sacrificadas en matadoiro tiñan unha peor preparación visual que as sacrificadas na explotación, maior cantidade de plumas, máis sucidade e máis queimaduras na pel, especialmente nos zancos. As aves sacrificadas na explotación presentaban un mellor aspecto xeral e unha maior hixiene. Toma de mostras, envasado e condicións de conservación durante todo o proceso de transporte No caso dos capóns, sacrificados na explotación, pesáronse, controlóuselles a temperatura do canal e fíxoselles a toma de mostra a tempo 0 (T0) para as análises microbiolóxicas xusto despois do sacrificio. Posteriormente sometéronse a frío (2-6 ºC) durante 24 h para conseguir temperaturas de refrixeración nos canais. Ás 24 horas (T1) fíxoselles un segundo control de temperatura e tomáronselles novamente mostras para as análises microbiolóxicas antes de introducir o canal na súa caixa correspondente para o simulado do transporte de 24 h. Os capóns dividíronse en tres lotes segundo as diferentes embalaxes e transporte, simu-

lando as condicións reais de conservación nas que se transportan este tipo de produtos, tal e como se especifica no cadro inferior. Para os galos da raza Galiña de Mos formáronse un total de catro lotes procedentes das dúas explotacións de avicultura artesanal colaboradoras. Os tres lotes sacrificados no matadoiro, transcorridas 24 h desde o sacrificio, transportáronse a unha sala de preparado e a tempo T1 fíxoselles un control de temperatura dos canais e unha toma de mostra para as análises microbiolóxicas antes de colocar cada un na súa caixa correspondente. Ao mesmo tempo introduciuse un dispositivo de control de temperatura ambiente dentro de cada caixa antes de pechala para o simulado de transporte de 24 ou 48 h e a observación posterior da evolución de temperatura ambiente dentro da caixa ao longo de todo o transporte e almacenamento. Tamén se utilizaron outros marcadores de control de temperatura (2-8 ºC) para indicar se, durante o transporte e conservación antes da entrada na cámara de frío do CTC, houbo ou non rotura de frío e por canto tempo. Os canais resultantes do lote de galos sacrificados na explotación foron sometidos a frío industrial nunha cámara a unha temperatura de refrixeración (2-8 ºC) controlada durante 24 h. Transcorrido ese período, nunha sala de preparado acondicionada anexa á explotación, fíxoselles control de temperatura e toma de mostra para as análises microbiolóxicas; ao mesmo tempo introduciuse un dispositivo de control de temperatura ambiente dentro de cada caixa antes de pechala para o simulado de transporte de 24 h e a observación posterior da evolución de temperatura ambiente dentro da caixa ao longo de todo o transporte e almacenamento.

Lotes de capóns de raza Galiña de Mos segundo tipo de embalaxe e condicións de conservación e almacenaxe durante o transporte • LOTE C1: caixa de madeira*/transporte sen refrixeración durante 24 h (antes da entrada na cámara de frío) • LOTE C2: caixa de poliestireno**/transporte sen refrixeración durante 24 h (antes da entrada na cámara de frío) • LOTE C3: caixa de poliestireno**/transporte con refrixeración*** durante 24 h (antes da entrada na cámara de frío) Nota: en cada caixa introdúcese un canal de capón da raza Galiña de Mos. Ademais, contrólase a temperatura ambiente interior mediante medidores USB multifunción programados para un rango de 2 a 8 ºC con lectura do dispositivo cada 15 minutos. O número de canais por lote foi de n=5.

Toma da temperatura no canal Autóctonas Galegas Número 13

*caixa de madeira utilizada en Capón de Vilalba. **caixa de poliestireno hermética (sen buratos) de espesor comercial para transporte de alimentos. ***refrixeración (2-8 ºC) mediante 3 acumuladores de frío (t.ª acumulador: -18 ºC. Peso: 1 kg/unidade).


GALIÑA DE MOS Os lotes de galos especifícanse no seguinte cadro: Lotes de galos de raza Galiña de Mos segundo lugar de sacrificio, tipo de embalaxe, condicións de conservación, almacenaxe e tempo de transporte antes da entrada na cámara de frío • • • •

LOTE G1A: sacrificio en matadoiro/transporte con refrixeración** durante 48 h LOTE G2A: sacrificio en matadoiro/transporte con refrixeración** durante 48 h LOTE G3A: sacrificio en explotación/transporte con refrixeración** durante 24 h LOTE G4A: sacrificio en matadoiro/transporte con refrixeración** durante 24 h

• • • •

LOTE G1B: sacrificio en matadoiro/transporte sen refrixeración durante 48 h LOTE G2B: sacrificio en matadoiro/transporte sen refrixeración durante 48 h LOTE G3B: sacrificio en explotación/transporte sen refrixeración durante 24 h LOTE G4B: sacrificio en matadoiro/transporte sen refrixeración durante 24 h

• • • •

LOTE G1C: sacrificio en matadoiro/transporte con refrixeración*** durante 48 h LOTE G2C: sacrificio en matadoiro/transporte con refrixeración*** durante 48 h LOTE G3C: sacrificio en explotación/transporte con refrixeración*** durante 24 h LOTE G4C: sacrificio en matadoiro/transporte con refrixeración*** durante 24 h

45

Transcorridos os tempos de crecemento para cada grupo microbiano, realizouse o reconto naquelas placas que contiñan un número de colonias comprendido entre 10 e 300. Os resultados expresáronse finalmente en termos de log ufc/g. Principais conclusións dos resultados obtidos no estudo de vida útil nos capóns da raza Galiña de Mos Nas seguintes gráficas móstranse os resultados atopados nos recontos dos principais grupos microbianos elixidos como indicadores de calidade para estimar a vida útil en carne de capóns (lotes C1, C2 e C3) de raza Galiña de Mos procedentes de canais enteiros. Gráfica 3. Microorganismos aerobios mesófilos

Nota: En cada caixa de poliestireno introdúcese un canal de galo da raza Galiña de Mos, controlando a temperatura ambiente interior con medidores programados nun rango de 2 a 8 ºC e lectura do dispositivo cada 15 minutos. O número de canais por sublote foi de n=4. As caixas son de poliestireno herméticas (sen buratos), de espesor comercial para transporte de alimentos. **refrixeración (2-8 ºC) mediante 2 acumuladores de frío (t.ª acumulador: -18 ºC. Peso: 1 kg/unidade). ***refrixeración (2-8 ºC) mediante empresa de transporte refrixerado.

Toma de mostras para análises microbiolóxicas e fisicoquímicas na carne de capóns e galos no CTC Rematadas as 24 horas de transporte e conservación en capóns e as 24 ou 48 horas de transporte e conservación segundo lotes en galos, tomóuselles novamente a temperatura aos canais e fíxoselles a toma de mostras para as análises microbiolóxicas e fisicoquímicas. A partir dese momento todos permaneceron en refrixeración (4 °C) en cámara fría coas tapas abertas para que puidesen manterse en temperaturas de refrixeración. Os puntos de toma de mostra establecidos nos canais de capóns foron: T0 (tempo 0), despois de sacrificio, na sala de preparado na explotación; T1 (24 h), antes de metelos na caixa para transporte; T2 (48 h), antes da entrada na cámara de frío; T3 (4 días), T4 (8 días), T5 (9 días) e T6 (10 días), nas instalacións do CTC. Os puntos de toma de mostra establecidos nos canais dos galos foron, para os lotes 1 e 2, con transporte simulado de 48 h: T0 (tempo 0), despois do sacrificio, cando chegan á sala de preparado; T1 (48 h), despois do transporte e antes da entrada na cámara de frío; T2 (5 días despois do sacrificio). Nestes dous primeiros

lotes non se puideron facer as mostraxes T3 e T4 porque, despois de cinco días, os canais non estaban en condicións hixiénico-sanitarias aceptables. Os puntos de toma de mostra establecidos nos canais dos galos foron, para os lotes 3 e 4, con transporte simulado de 24 h: a T0: (tempo 0), despois do sacrificio, cando chegan á sala de preparado; T1 (24h), despois do transporte; T2 (4 días), T3 (7 días) e T4 (8 días) despois do sacrificio.

Gráfica 4. Microorganismos aerobios psicrófilos

Gráfica 5. Bacterias ácido lácticas

Para o estudo de vida útil realizáronse análises fisicoquímicas, toma de pH, cor, TBARS (oxidación dos lípidos), capacidade de retención de auga e textura. Como indicadores de calidade microbiolóxica utilizáronse os recontos de microorganismos aerobios mesófilos (método AFNOR validado 3M 01/1-09/89), microorganismos aerobios psicrófilos (UNE-EN ISO 4833-2:2014), bacterias ácido lácticas (Norma ISO 15214:1998, Método horizontal para o reconto de bacterias ácido lácticas mesófilas) e pseudomonas spp (UNE-EN ISO 137202011), tendo en conta que se considera que “unha carne está microbioloxicamente alterada cando o número de aerobios totais é superior a 106 ufc/g” (ICMSF, 1999).

Gráfica 6. Pseudomonas spp

Autóctonas Galegas Número 13


GALIÑA DE MOS

46

Primeiras 48 pastillas de de frío Primeras 48hh con dúas dos pastillas

4:30:00

4:15:00

4:00:00

3:45:00

3:30:00

3:15:00

3:00:00

2:45:00

2:30:00

2:15:00

2:00:00

1:45:00

1:30:00

1:15:00

1:00:00

0:45:00

0:30:00

0:15:00

0:00:00

23:45:00

23:30:00

23:15:00

23:00:00

22:45:00

22:30:00

22:15:00

22:00:00

21:45:00

21:30:00

21:15:00

21:00:00

20:45:00

16,00 14,00 12,00 10,00 8,00 6,00 4,00 2,00 0,00

20:30:00

Gráfica 7. Representación dos canais durante un transporte simulado de 48 h en tres lotes de galos: en refrixeración con dous acumuladores de frío (cor verde), sen refrixeración (cor laranxa) e en transporte refrixerado (cor azul)

Primeiras 48h 48 h sin senpastillas pastillas de frío Primeras frío

Primeiras 48 transporte con frío Primeras 48hh transporte comambiente ambiente frío

Considéranse unhas boas condicións de hixiene nas aves recentemente evisceradas un número de microorganismos comprendido entre 102 e 103 ufc/cm2 ou g. Son considerados impropios para o consumo os canais que acaden o nivel de contaminación de 107 ufc/cm2 ou g, que é o límite inicial para a aparición de olores e limos característicos da deterioración. Como se pode observar, os principais microorganismos alterantes nos capóns foron dous grandes grupos: Pseudomonas e Lactobacillus. Segundo os resultados obtidos dos tres lotes para os catro microorganismos analizados nos diferentes puntos de mostraxe, o que presenta unha vida útil máis longa dentro dos límites microbiolóxicos é o lote C3 –envasado en caixas de poliestireno e transportado e conservado en refrixeración (4 acumuladores de frío 4-8 ºC)–, o cal, aos 10 días, estaría dentro dos límites aceptables para ser consumido e tería, por tanto, unha maior vida útil, o que pon de manifesto a importancia da conservación de temperaturas o máis baixas posibles. As caixas de madeira e as caixas de poliestireno sen refrixeración non son unha boa opción para estes produtos diferenciados, xa que esta forma de transporte sen refrixeración e embalaxe acurtan considerablemente a súa vida útil. O correcto sacrificio e faenado tamén son fases moi importantes, xa que das condicións hixiénico-sanitarias nas que se realicen dependerá a carga inicial microbiana da que parten os canais e que influirá no tempo de conservación do produto. Autóctonas Galegas Número 13

dispositivo de control de temperatura Principais conclusións dos resultados Tempinspect USB multifunción, colocado obtidos no estudo de vida útil para os no interior da tapa de cada caixa. galos da raza Galiña de Mos Segundo os resultados obtidos para os Como se pode observar na gráfica 9, a Sobre as condicións de transporte, tal e catro lotes de galos, non se atoparon difetemperatura ambiente dos canais durante como se pode ver na gráfica de control de renzas significativas salientables nos paráo transporte foi controlada mediante un temperaturas durante o transporte, tanto metros fisicoquímicos estudados. En canto dispositivo dede control de temperatura o transporte refrixerado como a refrixeaos catro tipos microorganismos analiTempinspect USB multifunción, colocado ración con acumuladores de frío foron zados nos diferentes puntos de mostraxe no interior tapa de caixa. os dous mellores sistemas de conserva(canto máisda baixos os cada valores, mellor), o lote unha útil máis Sobreque as presenta condicións de vida transporte, tal e ción. Cando se realiza o transporte e conlonga dosnalímites como sedentro pode ver gráfica microbiode control de servación de máis de 24 h nun vehículo non édoisotermo, antes da chegada á lóxicos é o lote 3, sacrificado na explotemperaturas durante o transporte, tanto o-queImaxe dispositivo de control de cámara de refrixeración, dous acumulatación, o cal, 7-8 días despois, está apto transporte refrixerado como a temperatura Tempinspect USB dores de frío (1 kg/unidade e t.ª de -18 ºC) para o consumo desde o punto de vista refrixeración con acumuladores de frío multifunción, colocado no interior da non proporcionan o frío suficiente como microbiolóxico, mentres que os lotes 1 e foron os dous mellores sistemas de tapa de cada caixa para conservar a temperatura ambiente 2, sacrificados en matadoiro, xa serían conservación. Cando se realiza o transporte (dentro da caixa) en condicións de refrixerainaceptables a partir dos 5 días desde e conservación de máis de 24 h nun vehículo que non é isotermo, antes da chegada á ción. Recoméndase incluír na caixa tres o sacrificio, influenciados polos elevados cámara de refrixeración, dous acumuladoresou decatro frío (1 kg/unidade e t.ª de -18 ᵒC) non acumuladores, tendo en conta o recontos de partida, cuxas condicións proporcionan o frío suficiente como para conservar a temperatura ambiente (dentro tamaño e o peso dos canais. hixiénico-sanitarias repercutiron nos da caixa) en condicións de refrixeración. Recoméndase incluír na caixa tres ou catro recontos microbiolóxicos de partida. acumuladores, tendo en conta o tamaño e o O peso dos canais. correcto sacrificio e faenado son fases moi importantes, Como se pode observar na gráfica a O correcto sacrificio e faenado son7,fases moi importantes, xa xaque quedas dascondicións condicións hixiénico-sanitarias que se realicen temperatura ambiente dos canais durante dependerá hixiénico-sanitarias nas que se realicen a carga inicialnas microbiana da que dependerá a carga inicial microbiana o transporte foi controlada mediante un parten os canais, a cal influirá no tempo de conservación do produto. da que parten os canais, a cal influirá no tempo de conservación produto. [Todas as táboas que figuran a continuación teñen que ir obrigatoriamente, pero ado idea de Diego é metelas ao tamaño máis pequeno que se poida, se é a unha columna, mellor. A ver que podes facer...]

Táboas de valores de aerobios mesófilos para os catro lotes de galos

LOTE 1 Táboas de valores de aerobios mesófilos para os catro lotes de galos DÍAS

SUBLOTE 1A

SUBLOTE 1B

SUBLOTE 1C

T0 - Día 0

6,89

6,96

7,2

T1 - Día 2

8,02

8,31

8,04

T2 - Día 5

8,67

9,5

8,19

DÍAS

SUBLOTE 2A

SUBLOTE 2B

SUBLOTE 2C

T0 - Día 0

6,77

6,97

6,43

T1 - Día 2

8,28

8,09

6,27

T2 - Día 5

7,32

9,39

7,13

LOTE 2

Imaxe do dispositivo de control de temperatura Tempinspect USB multifunción, colocado no interior da tapa de cada caixa

16


GALIÑA DE MOS LOTE 3

47

LOTE 2

DÍAS

SUBLOTE 3A

SUBLOTE 3B

SUBLOTE 3C

DÍAS

SUBLOTE 2A

SUBLOTE 2B

SUBLOTE 2C

T0 - Día 0

3,99

4

4,52

T0 - Día 0

5,24

5,76

5,38

T1 - Día 2

3,74

4,07

4,50

T1 - Día 2

6,87

6,89

5,13

T2 - Día 5

4,54

5,59

5,74

T2 - Día 5

5,96

7,88

6,56

T3 - Día 7

6,41

7,74

5,65

LOTE 3

T4 - Día 8

6,55

7,64

6,53

DÍAS

SUBLOTE 3A

SUBLOTE 3B

SUBLOTE 3C

T0 - Día 0

4,93

5,16

5,37

LOTE 4 DÍAS

SUBLOTE 4A

SUBLOTE 4B

SUBLOTE 4C

T1 - Día 2

4,96

4,46

4,54

T0 - Día 0

6,47

6,14

6,46

T2 - Día 5

4,89

6,34

6,21

T1 - Día 2

6,00

7,26

5,70

T3 - Día 7

6,19

6,81

5,37

T2 - Día 5

7,34

7,79

6,48

T4 - Día 8

5,04

5,94

4,63

T3 - Día 7

8,13

8,70

7,80

T4 - Día 8

8,28

9,04

8,90

Táboas de valores de aerobios psicrófilos para os catro lotes de galos LOTE 1

LOTE 4 DÍAS

SUBLOTE 4A

SUBLOTE 4B

SUBLOTE 4C

T0 - Día 0

6,49

6,17

5,87

T1 - Día 2

5,26

6,78

4,72

T2 - Día 5

5,48

6,16

5,16

DÍAS

SUBLOTE 1A

SUBLOTE 1B

SUBLOTE 1C

T3 - Día 7

6,00

6,64

5,91

T0 - Día 0

5,93

6,12

6,29

T4 - Día 8

6,66

7,55

6,62

T1 - Día 2

7,66

8,03

5,37

T2 - Día 5

8,56

9,37

7,93

DÍAS

SUBLOTE 2A

SUBLOTE 2B

SUBLOTE 2C

T0 - Día 0

5,32

5,34

5,5

DÍAS

SUBLOTE 1A

SUBLOTE 1B

SUBLOTE 1C

6,38

6,6

6,72

LOTE 2

Táboas de valores de Pseudomonas para os catro lotes de galos LOTE 1

T1 - Día 2

8,01

7,8

5

T0 - Día 0

T2 - Día 5

7,16

9,48

6,66

T1 - Día 2

6,26

6,8

5,98

T2 - Día 5

8,67

8,97

8,21

LOTE 3

LOTE 2

DÍAS

SUBLOTE 3A

SUBLOTE 3B

SUBLOTE 3C

T0 - Día 0

2,45

2,5

3,15

DÍAS

SUBLOTE 2A

SUBLOTE 2B

SUBLOTE 2C

T1 - Día 2

2,66

3,54

4,13

T0 - Día 0

6,36

6,42

6,29

T2 - Día 5

3,44

4,41

3,56

T1 - Día 2

6,44

5,96

5,83

T3 - Día 7

6,26

7,69

5,30

T2 - Día 5

7,26

9,48

7,28

T4 - Día 8

4,39

7,49

6,19

SUBLOTE 3A

SUBLOTE 3B

SUBLOTE 3C

LOTE 4

LOTE 3 DÍAS

DÍAS

SUBLOTE 4A

SUBLOTE 4B

SUBLOTE 4C

T0 - Día 0

2,1

1,93

3,59

T0 - Día 0

4,92

4,78

5,54

T1 - Día 2

2,26

3,55

4,46

T1 - Día 2

5,71

7,15

6,26

T2 - Día 5

4,05

5,30

2,44

T2 - Día 5

7,13

7,71

5,98

T3 - Día 7

6,48

7,10

5,19

T3 - Día 7

8,51

8,78

8,01

T4 - Día 8

6,64

7,56

6,39

T4 - Día 8

7,94

8,95

8,82

DÍAS

SUBLOTE 4A

SUBLOTE 4B

SUBLOTE 4C

T0 - Día 0

5,36

5,64

5,54

Táboas de valores de bacterias ácido lácticas para os catro lotes de galos LOTE 1

Compróbase que as aves sacrificadas na explotación teñen unha menor carga microbiana inicial en comparación coas sacrificadas en matadoiro industrial, do mesmo xeito que sucede coa presentación xeral do canal. Isto é algo que concorda coas experiencias achegadas polos avicultores artesanais, que indican desde hai anos que aqueles canais de aves grandes, como galos e capóns, teñen un peor faenado en matadoiros industriais, porque as liñas de sacrificio non están adaptadas.

LOTE 4

T1 - Día 2

5,82

6,88

5,56

T2 - Día 5

7,50

7,95

6,50

DÍAS

SUBLOTE 1A

SUBLOTE 1B

SUBLOTE 1C

T3 - Día 7

8,44

8,60

7,78

T0 - Día 0

5,85

5,6

5,61

T4 - Día 8

8,28

8,92

8,88

T1 - Día 2

7,7

7,98

5,24

T2 - Día 5

7,84

8,23

6,74

Á vista dos datos obtidos, o sacrificio en explotación, como se realiza na maioría dos países europeos, é un método de elección para este tipo de produto. Porén España, actualmente, é o único país europeo que non autoriza o sacrificio en explotación debido a que non existía esta demanda. En canto estas producións diferenciadas comecen a ser importantes nas rexións españolas, deberíase abordar a creación de regulacións adaptadas ao sector e publicar normativas que igualen estas producións de calidade ás dos outros países europeos. Galicia é líder nacional en produción de galos e capóns e vese prexudicada polo atraso na publicación destas normativas, que poden ser moi beneficiosas para o desenvolvemento do comercio local.

Autóctonas Galegas Número 13


ESTUDO

48

PODE O OVO DE GALIÑA PROTEXERNOS FRONTE Á COVID-19?

Este traballo fai unha revisión das calidades dos ovos das galiñas como melloradoras da resposta dos humanos fronte á enfermidade COVID-19 e outras, atendendo a diversos estudos científicos existentes e sinalados na bibliografía. DIEGO ROIS LOSADA

Doutor en Veterinaria. Director técnico da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós) Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga)

O MITO DO COLESTEROL E O OVO O ovo é un dos alimentos de maior valor nutritivo. A calidade da súa proteína é moi elevada, xa que é rica en aminoácidos esenciais, que son aqueles que debemos inxerir na dieta, xa que o noso organismo non os pode sintetizar. Debido a este factor das súas proteínas, o ovo ten o maior valor biolóxico de todos os alimentos, xunto co leite materno, cun valor entre 94 e 100 segundo diferentes autores (ver na bibliografía, referencias 1 e 2). Desta maneira, canta máis cantidade de aminoácidos esenciais teña o ovo e máis absorbibles sexan polo noso organismo, máis valor nutritivo terá. Pero, ademais, o ovo é moi rico en vitaminas, ácidos graxos esenciais e minerais. A calidade da súa graxa é moi boa, xa que a saturada é moi baixa (1). É un dos alimentos con maior densidade de nutrientes dos que consumimos. Autóctonas Galegas Número 13

A partir dos anos 60 xorden teorías que relacionan o consumo de graxas e colesterol con enfermidades crónicas e diversos organismos marcan limitacións no consumo dalgúns alimentos. Desgraciadamente, o ovo viuse moi prexudicado debido a estudos que se fixeron, dándolles a coellos ovos para comer (3) e tamén noutros colesterol puro (4), apreciándose nalgúns enfermidades cardiovasculares e un incremento de colesterol, pero non se tivo en conta que os coellos son herbívoros e a súa dixestión é distinta á dos omnívoros e carnívoros. O coello fai unha dobre dixestión, pero o sistema dixestivo do ser humano non funciona así (5). O ser humano non ten que predixerir os alimentos, excretalos e comer os excrementos para obter aminoácidos e ácidos graxos, como fan os coellos, senón que podemos extraelos directamente dos alimentos que inxerimos. O noso organismo axusta

a produción de colesterol á que inxerimos. Se inxerimos máis colesterol, producimos menos e, se inxerimos menos, producimos máis (5), algo que non poden facer os coellos, de aí que, loxicamente, o nivel de colesterol fose maior. Estes estudos sen contrastar demonizaron durante décadas un superalimento (6), un dos alimentos máis completos que existen (7). Actualmente, atopámonos cada día con máis artigos que recomendan o seu consumo (8, 9) polos seus beneficios, debido a que nos últimos anos se están a facer importantes estudos científicos que achegan datos máis precisos que os realizados en décadas pasadas. Francisco López-Jiménez, médico especialista en Cardioloxía da Clínica Mayo (10), indica que os ovos de galiña teñen un alto


ESTUDO contido en colesterol, pero o efecto do consumo de ovos no colesterol en sangue é mínimo. En 1991 publicouse un curioso estudo en The New England Journal of Medicine (11) sobre o caso dun home de 88 anos que estivo comendo 25 ovos diarios durante 15 anos. Este home tiña alzhéimer e non modificou a súa alimentación neses anos. Observouse que o seu colesterol en sangue era completamente normal. Noutro estudo sobre unha poboación de Framingham (Massachusetts, EE. UU.), de Dawber e colaboradores (12), dividiron a poboación en 3 grupos, segundo comeran de 0 a 2 ovos á semana, de 3 a 6 ou de 7 a 14 ovos á semana. Analizaron os niveis de colesterol dos tres grupos e observaron que eran idénticos. Incluso noutro estudo de Song e Kerver (13), no que estimaron o grao de asociación do colesterol en sangue co consumo de ovos na poboación estadounidense (estudo feito sobre 27.378 cidadáns), se apreciou que os cidadáns que consumían ovos regularmente inxerían unha maior cantidade de nutrientes beneficiosos, pero, en canto ao colesterol, aquelas persoas que comían máis de 4 ovos semanais, tiñan menos colesterol en sangue que os que consumían 1 por semana. Lin Xu e colaboradores (14), nun estudo feito entre 2003 e 2008 con 28.024 participantes, non apreciaron máis riscos de enfermidades cardiovasculares naqueles que consumiron máis de 7 ovos á semana respecto dos que consumiron 1 ovo á semana. Chenxi Qin e colaboradores (15), nun estudo sobre case medio millón de cidadáns chinos, tamén comprobaron que o consumo dun ovo diario non lle afectaba ao desenvolvemento de enfermidades cardiovasculares. Outros autores observaron resultados similares. Pero hai un estudo de Mashid e colaboradores (16), publicado en 2020, que está a ter un importante impacto. Versa sobre a asociación da inxestión de ovos con lípidos en sangue, enfermidades cardiovasculares e mortalidade en 177.000 persoas de 50 países. Estes observaron que o maior consumo de ovos (7 á semana ou máis) non tiña correlación cunha maior presenza de lípidos no sangue, mortalidade total ou risco cardiovascular importante. A doutora Juliet Gray, nutricionista do Reino Unido, indica que todos os principais organismos asesores de corazón e saúde no seu país coinciden agora en que o colesterol nos ovos non ten ningún efecto significativo sobre o risco de enfermidades cardíacas (17).

Actualmente, organismos como a Fundación Hipercolesterolemia Familiar indican que non se debe renunciar ao consumo de ovo sen unha causa xustificada, xa que constitúe unha perda nutricional e gastronómica (18). Os principais responsables dietéticos do aumento dos niveis de colesterol en sangue (e, en particular, do colesterol prexudicial, o c-LDL) son as graxas saturadas e as parcialmente hidroxenadas. Por iso, restrinxir o consumo deste tipo de graxas é máis beneficioso para o perfil lipídico do plasma sanguíneo que reducir o colesterol da dieta. Aínda que a maior parte dos alimentos ricos en colesterol adoitan ser tamén ricos en graxas saturadas, o ovo non o é. Un ovo de tamaño medio contén uns 200 mg de colesterol, pero ten máis graxas insaturadas, beneficiosas para a saúde, que saturadas e soamente 70 kcal. Ademais, debido ao seu contido en fosfolípidos, que interfiren na súa absorción, este colesterol ten pouco efecto sobre o colesterol en sangue (18), como se demostrou nos estudos de investigación. Estas evidencias científicas permítennos desterrar de forma definitiva o infundado mito de que a inxestión de ovos aumenta o risco de padecer enfermidades cardiovasculares, pero, pese a que o ovo ten moitos nutrientes beneficiosos, ímonos fixar nun moi concreto e que está en abundancia na xema do ovo, a vitamina D.

QUE É A VITAMINA D? A vitamina D é unha vitamina liposoluble, derivada do colesterol, que tanto os animais como as persoas poden obter de maneira natural cando están expostos ao sol, a partir dos ingredientes presentes na súa dieta ou ben mediante suplementos engadidos no alimento.

49

A vitamina D ten moitas actividades biolóxicas no organismo. Intervén na liberación e síntese de hormonas e, debido a que, grazas á exposición solar, a podemos sintetizar, considérase máis unha prohormona (19). Polo efecto dos raios do sol na pel, a molécula que se orixina é o colecalciferol ou vitamina D3. Polo sangue transpórtase ao fígado, onde se transforma en 25-hidroxivitamina D3, chamada calcidiol ou calcifediol, que, á súa vez, se metaboliza ao seu metabolito activo 1,25-dihidroxivitamina D3 (calcitriol), preferentemente no ril. (20). A vitamina D3 tamén pode ser proporcionada pola dieta, pero poucos alimentos a conteñen, principalmente pescados como o salmón, a xarda, as sardiñas e o atún en aceite, os bocartes, os lácteos e os ovos (21).

PEL 7-dehidrocolesterol

Vitamina D3 (endóxena)

FÍGADO Vitamina D3

RILES 25-hidroxivitamina D3

DIETA / Vitamina D3 (sintética) 25-hidroxivitamina D3

1,25-dihidroxivitamina D3

Autóctonas Galegas Número 13


50

CALES SON AS FUNCIÓNS DA VITAMINA D?

A función clásica da vitamina D é a de intervir na homeostase do calcio e do fósforo, provocando o seu déficit osteoporose, raquitismo e problemas dentais, pero, hoxe en día, sábese que a vitamina D intervén en moitos tecidos do corpo, onde desenvolve a súa actividade hormonal (19). Diferentes enfermidades crónicas téñense ligado directamente ao déficit de vitamina D, especialmente a diabetes mellitus tipo 1, a artrite reumatoide, a esclerose múltiple, a enfermidade de Crohn, a psoriase, o cáncer de próstata, de mama, de ovario e de colon etc. (21). Tamén parece que axuda a evitar a acumulación de graxa corporal, tendo en conta estudos feitos en Grecia (22), e afecta sobre as enfermidades cardiovasculares e a hipertensión (23). Así mesmo, coñécese o seu papel como modulador da resposta inmune, ao estar presente nos receptores das células inflamatorias, e a súa capacidade para inhibir a proliferación das células T. Polo tanto, pode desempeñar un papel na inmunidade innata e adquirida e ter importancia en procesos patolóxicos, como varias enfermidades infecciosas (19). No caso de alerxias como a asma, un estudo feito en Alemaña (24) observou como existe unha relación inversa entre a vitamina D e a gravidade da asma. Canta menos vitamina D, máis efectos, polo que, mellorando o estado de vitamina D, se axuda na prevención e o tratamento da asma (algo que algúns asmáticos xa temos observado ao longo da nosa vida; no verán, cando hai máis sol, melloran os síntomas, en comparación cos meses do outono e inverno, cando hai menos sol). O déficit de vitamina D maniféstase en moitas enfermidades. No caso de pacientes hospitalizados por tuberculose e outras sepses atopouse como máis do 95 % dos pacientes criticamente enfermos tiñan insuficiencia de vitamina D. É probable que os pacientes con enfermidades críticas presentasen insuficiencia de vitamina D antes da súa hospitalización (25). Outros estudos tamén documentaron unha alta incidencia de insuficiencia de vitamina D en pacientes hospitalizados (26). Martin Hewison (23) indica que os efectos antibacterianos innatos da vitamina D poden ser comúns a moitos tecidos Autóctonas Galegas Número 13

ESTUDO humanos (e dos animais) e, polo tanto, é probable que inflúan nunha ampla gama de escenarios de enfermidade. Bergman e colaboradores (27) indican que a vitamina D axuda a mellorar a protección contra enfermidades como a influenza (a gripe común), entre outras. Tamén, cando a pandemia da mal chamada gripe española chegou á costa leste dos Estados Unidos en 1918, a cidade de Boston foi especialmente afectada. Cando ía bo tempo, sacaban os enfermos das súas tendas de campaña e poñíanos ao sol. Os médicos descubriron que os pacientes con gripe grave atendidos no exterior se recuperaban mellor que os tratados no interior (28). Nesa cidade indícase que a vitamina D puido salvar vidas nesa pandemia (29). No artigo da referencia n.º 28 da bibliografía pódese ver unha imaxe moi representativa de como poñían os enfermos no exterior para que lles dera a luz solar.

EN QUE AXUDA A VITAMINA D A PREVIR A COVID-19?

Adams e colaboradores (30) demostraron que a suplementación in vivo de individuos con insuficiencia de vitamina D mellora a indución de monocitos e, polo tanto, pode axudar a protexer contra as infeccións. Pero, ademais, moitos estudos desde hai anos inciden en que a 1,25-dihidroxivitamina D3 pode suprimir a proliferación das células Th e modular a produción de citocinas (ou citoquinas) por estas células (31, 32, 33, 34). As citocinas son pequenas proteínas que son cruciais para controlar o crecemento e a actividade doutras células do sistema inmunitario e as células sanguíneas. Cando se liberan, envíanlle un sinal ao sistema inmunitario para que cumpra coa súa función (35). O que sucede é que se ten comprobado que a enfermidade mundial COVID-19, provocada polo coronavirus Sars-Cov-2, ten como principal causa de morte unha “tormenta de citoquinas” (36), é dicir, que o noso sistema inmunolóxico, que é a principal ferramenta que temos para defendernos, se converte entón no noso peor inimigo. É unha versión dunha resposta inmunitaria descontrolada que provoca una inflamación excesiva (37). Angela Rasmussen, viróloga da Universidade de Columbia (EE. UU.), indica que a “tormenta de citoquinas” alista un exército innecesario de soldados que poden acabar causando máis danos que o propio xerme. Sería como

enviar un batallón para someter a un só asasino, un contraataque desacertado que pode converter todo o corpo nunha zona de guerra. De aí que se vexan varios órganos afectados, non só os pulmóns. Tendo en conta isto, cada vez son máis os estudos que indican que niveis axeitados de vitamina D poderían previr a COVID-19 (38). Os niveis máis altos de vitamina D correlaciónanse con niveis máis baixos de interleucina 6 (unha citoquina) (39), que son un obxectivo importante para controlar a tormenta de citocinas na COVID-19, xa que é un bo marcador desta (40). Investigadores dun estudo da Universidade israelí de Bar Ilán sobre case 8.000 persoas (41) observaron que aquelas que foron hospitalizadas por COVID-19 tiñan deficiencia de vitamina D (por debaixo de 20 nanogramos por mililitro de sangue). Indican que non cren que a vitamina D lles impida ás persoas contraer o coronavirus, pero si cren que aumenta a capacidade do corpo para combatelo unha vez infectado. Outro estudo da Universidade de Chicago (EE. UU.) sobre 4.314 pacientes (38) incide en que o tratamento con vitamina D reduce a incidencia de infeccións virais do tracto respiratorio, especialmente en pacientes con deficiencia deste composto. Conclúen que o estado de vitamina D deficiente se asociou cun maior risco de COVID-19. Noutro estudo en Indonesia tamén observaron como case todos os pacientes que morreron por esta enfermidade tiñan deficiencia de vitamina D (42). Un ensaio do Hospital Universitario Reina Sofía de Córdoba (43) tratou 76 pacientes ingresados con pneumonía a causa de COVID-19 con doses altas de calcifediol. Neste estudo piloto demostrouse que a administración dunha dose alta de calcifediol ou 25-hidroxivitamina D reduciron significativamente a necesidade de ingreso en UCI dos pacientes que requirían hospitalización debido á COVID-19. Noutro estudo levado adiante pola Facultade de Medicina da Universidade de Boston (EE. UU.) en colaboración coa Universidade de Ciencias Médicas de Teherán (Irán) en 235 pacientes infectados con Sars-Cov-2 indicaron que mellorar o estado de vitamina D na poboación xeral e, en particular, nos pacientes hospitalizados, ten un beneficio potencial na redución da gravidade das morbilidades e a


ESTUDO

51

mortalidade asociadas coa COVID-19 (44). Holick e colaboradores observaron en 190.000 pacientes dos 50 estados dos Estados Unidos que canto máis alto era o nivel en sangue de 25-hidroxivitamina D, menor era o seu risco de infectarse co coronavirus. Os afroamericanos e os hispanos tiñan máis probabilidades de ter deficiencia de vitamina D e un maior risco de contraer a infección (45), algo que se observou tamén nas persoas de máis idade (46). Outro estudo español que tivo un grande impacto nos medios, feito no Hospital Universitario Marqués de Valdecilla (Santander) sobre 216 pacientes ingresados por COVID-19, observou que o 80 % dos pacientes tiñan deficiencia de vitamina D (47). Nesta liña, o doutor Anthony Fauci, epidemiólogo xefe e principal experto de enfermidades infecciosas dos Estados Unidos e director do Instituto Nacional de Alerxias e Enfermidades Infecciosas dese país, indica que, se se ten deficiencia de vitamina D, iso ten un impacto na susceptibilidade ás infeccións e que el mesmo toma suplementos desta vitamina para previr a COVID-19 (48). Debido a estes estudos mundiais, moitos medios de información recollen suxestións sobre o consumo de vitamina D. O Servizo Nacional de Saúde do Reino Unido (NHS), así como os gobernos escocés e galés e mais a Axencia de Saúde Pública de Irlanda do Norte, emitiron consellos durante o confinamento sobre o consumo de vitamina D (49). En España, a Sociedade Española de Médicos de Familia aconsella enriquecer a dieta polo déficit de vitamina D (50), especialmente nas épocas dos confinamentos e, sobre todo, en determinados colectivos con factores de risco asociados: persoas maiores, institucionalizados, nenos e adolescentes en crecemento, mulleres lactantes e embarazadas e pacientes con enfermidades crónicas, como enfermidades renais, hepáticas, intestinais, óseas ou inmunitarias (51).

DEFICIENCIA DE VITAMINA D

En 1981, R. Edgar Hope-Simpson propuxo que un “estímulo estacional” intimamente asociado coa radiación solar explicaría a notable estacionalidade da gripe epidémica. A radiación solar desencadea unha produción estacional robusta de vitamina D na pel, pero, en moitas partes do mundo, a deficiencia de vitamina D é común no inverno (52). En países mediterráneos con moitas horas de

sol, como España, está moi estendida esta deficiencia (53). En España a insuficiencia de vitamina D, ou incluso deficiencia, atópase xa en nenos ou en rapaces e persiste en adultos. Considérase que entre un 40 e un 60 % da poboación española sería deficiente en vitamina D, cifra que aumenta ata preto dun 80 % nos maiores e incluso ata o 100 % en anciáns con fracturas osteoporóticas (20). A Fundación Española da Nutrición (FEN) e a Fundación Iberoamericana de Nutrición (FINUT) consideran un problema de saúde pública a deficiencia de vitamina D e observan unha preocupante falta de vitamina D e outros micronutrientes nos nenos españois (54). Existen tres maneiras de obter a vitamina D diaria que o noso corpo necesita, aínda que a principal fonte é a exposición solar (55). As outras dúas maneiras son mediante a dieta ou pola inxestión de suplementos. A pel encárgase de producir vitamina D ao estar en contacto directo coa luz solar e, a nivel xeral, necesítanse entre 10 e 20 minutos de exposición no verán e dúas horas no inverno para sintetizar a cantidade necesaria para o corpo (55). Existen numerosos factores que interfiren coa síntese fisiolóxica da vitamina D3, a súa absorción ou o seu metabolismo (19). Entre eles podemos destacar algún como a desaxeitada exposición solar. As cremas con protección solar absorben as radiacións antes de que estas penetren na pel. Cremas protectoras cun factor superior a 8 reducen a capacidade da pel para producir vitamina D nun 95 % e cremas con factor de protección 15 reducen a súa capacidade en máis dun 98 % (21). Os medos existentes á exposición directa ao sol e ao cancro de pel provocan que anciáns españois teñan incluso niveis máis baixos nos meses de

verán, debido ás elevadas temperaturas que se rexistran en cidades do sur de España, como Murcia ou Córdoba, durante esa época (20), resgardándose no interior das casas e evitando expoñerse ao sol. O Grupo de Investigación en Radiación Solar da Universidade Politécnica de Valencia (56) analizou o tempo necesario de exposición para obter as doses recomendadas de vitamina D sen que iso dane a nosa saúde. Observaron como, en función dun tipo de pel III (o máis común en España) e da época do ano, o tempo medio sen protección solar para sintetizar a cantidade de vitamina D diaria necesaria, e sen producir risco de queimadura solar, sería de 10 minutos de abril a xullo, de 30 minutos en outubro e de 130 minutos en xaneiro. Tamén se observou que os maiores de 70 anos sintetizan peor a vitamina D que os máis novos, producindo un 25 % menos da vitamina D que un rapaz de 20 anos (21). Outro dos factores que inflúen na síntese de vitamina D é a cantidade de melanina. As persoas con maior contido de melanina (as máis morenas) requiren exposicións máis prolongadas ao sol para sintetizar a mesma cantidade de colecalciferol. Tamén inflúen a época do ano, a hora do día, diversas enfermidades, a obesidade, a baixa inxestión da vitamina e a toma de diversos medicamentos (19). Na inxestión desaxeitada de vitamina D, un factor importante son aquelas persoas vexetarianas estritas ou veganas, que non van poder prescindir dos suplementos. Os médicos informan que se lles explica que os produtos animais son necesarios porque achegan unha serie de vitaminas, minerais e uns aminoácidos ou bases de proteínas que non existen nos alimentos de orixe vexetal (57); de aí que teñan que tomar vitamina D sintética. Autóctonas Galegas Número 13


52

Por todos estes motivos, a vitamina D está tan de moda este ano, con todo o que estamos sufrindo e coa imposibilidade de acceder correctamente aos nosos anteriores hábitos de vida. O doutor en Medicina e Nutrición e presidente da Real Academia de Medicina do País Vasco, Javier Aranceta, recomenda tomar sol durante cada día e reforzar a inxección desta vitamina con alimentos ricos nela (58). Así e todo, varios médicos avisan de que estudos en pacientes con COVID-19 realizados sobre a vitamina D foron feitos en circunstancias moi concretas e que a poboación debe ter coidado coa automedicación e os suplementos. Deben ser administrados por prescrición facultativa e advirten sobre o risco de automedicación ou de inxestión incontrolada de vitamina D como suplemento alimenticio (59). Nos animais, as vantaxes da vitamina D foron amplamente estudadas e observadas polos veterinarios. Os nosos animais, se están ao aire libre, teñen moitas máis posibilidades de estar en contacto cos raios solares. Soamente temos que observar o seu comportamento e apreciar como, se os deixamos, pasan moitas horas do día no exterior, aproveitando a luz solar. Naqueles casos nos que os animais están en intensivo e no interior das vivendas (coma os cans e os gatos), todos os pensos se suplementan con varias vitaminas e minerais, entre as que se atopa a vitamina D. Observemos as etiquetas dos pensos que lles damos ás nosas aves e veremos que, entre os aditivos, se atopa a vitamina D, especialmente nos pensos dos poliños de primeira idade nados dunha incubadora, xa que, ao estar no interior coa calefacción, non teñen acceso ao exterior. Non sucede así cos polos que nacen coa galiña, que teñen acceso ao exterior moito antes e, por iso, adoitan ser máis fortes. Os animais tamén poden obter vitamina D, aínda que en menor medida, en forma de ergocalciferol (vitamina D2) a partir dos ingredientes de orixe vexetal. Nas galiñas, o correcto estado de vitamina D observouse tamén na calidade dos ovos para incubar. As galiñas que estaban alimentadas con cantidades axeitadas de vitamina D tiveron unha redución de case un 30 % na mortalidade embrionaria temperá (60) e, polo tanto, maiores nacementos. Noutros estudos tamén se apreciou como a vitamina D mellora a curva de posta e a integridade e resistencia da casca do ovo (61). Autóctonas Galegas Número 13

ESTUDO A VITAMINA D NO OVO E OUTROS NUTRIENTES O ovo ten moitas vitaminas na súa xema. Entre outras, ten unha cantidade moi alta de vitamina D; 100 gramos de parte comestible achegan un 36 % da cantidade diaria recomendada (1). Os ovos son uns dos poucos alimentos que teñen cantidades apreciables de vitamina D. Unha xema crúa contén 218 UI (unidades internacionais), cando as necesidades medias mínimas están en 600 UI diarias para adultos e nenos maiores dun ano. Se o ovo foi escalfado ou cocido baixa a 87 UI (62), aínda que se ten comprobado que, no ovo, o seu cociñado inflúe pouco no contido en vitamina D, unha perda entre un 6 e un 11 % (63). Desta maneira, cada vez son máis os artigos e as investigacións que recomendan incrementar o consumo de ovos entre outros alimentos, especialmente se saímos pouco ao exterior (64). Científicos do Reino Unido indican que, de outubro a marzo, a xente necesita confiar noutras fontes de vitamina D ao haber pouco sol, tales como algúns peixes, os ovos e os suplementos alimenticios (65). En nenos, investigadoras da Facultade de Farmacia da Universidade Complutense de Madrid (66), nun estudo con 564 escolares madrileños, observaron que aqueles que comían máis ovos tiñan mellores niveis de vitamina D en sangue, polo que recomendan fomentar o consumo de, polo menos, 0,5 ovos/día entre a poboación infantil, debido ao seu alto contido en vitamina D, o que podería evitar a aparición de problemas de saúde. A xema do ovo considérase unha das fontes máis importantes de vitamina D na dieta, xa que, ademais de achegar colecalciferol (vitamina D3), contén unha cantidade elevada do seu metabolito, a 25-hidroxivitamina D3 [25(OH)D3] (66), tamén chamado calcidiol ou calcifediol, sendo a actividade biolóxica deste metabolito maior que a da vitamina D nativa (67). Pero, a maiores, ademais das calidades da xema, a proteína que ten a clara posúe todos os aminoácidos esenciais, aqueles que temos que consumir na dieta. Durante moitos anos foi considerada a proteína de mellor calidade, coa que se comparaban o resto de alimentos. A calidade dunha proteína valórase mediante a puntuación de aminoácidos e a súa dixestibilidade. Neste sentido, o ovo ten unha puntuación do 100 % en canto

a aminoácidos e unha dixestibilidade do 97 %, superior á doutras proteínas de orixe animal e bastante superior á doutras proteínas de orixe vexetal (68). Tamén o investigador canadense J. Wu, da Universidade de Alberta, en Edmonton, e outros investigadores descubriron en diversos estudos (69) que outra proteína da clara do ovo, a ovotransferrina, posúe uns péptidos que axudan ao control da tensión arterial mediante a inhibición da enzima convertedora de angiotensina (ACE), tendo efectos antiinflamatorios. Desde o principio da pandemia da COVID-19 observouse como existe nos pacientes unha actividade anormalmente alta de ANG II (angiotensina II), que é unha proteína que nos incrementa a tensión arterial e a inflamación, danando varios órganos. Esta ANG II é impulsada pola ACE, así que, se inhibimos a ACE, inhibimos a ANG II (70). Polo tanto, vemos que, ademais da xema do ovo, tamén a clara ten compoñentes que nos poden axudar fronte a diversos efectos do Sars-Cov-2.

O OVO DE GALIÑA DE MOS

Hai que ter en conta que os ovos das galiñas posúen moitos dos mellores nutrientes existentes, porque a natureza non deseñou un alimento para os humanos, senón para o crecemento e posterior nacemento dun ser vivo. Do interior do ovo fértil da galiña, someténdoo a incubación, medra lentamente un embrión que se chega a converter nun polo 21 días despois. Polo tanto, ten que ter os mellores nutrientes para o seu desenvolvemento e, ao consumir os ovos, aproveitámonos deses compoñentes beneficiosos. No caso do ovo da Galiña de Mos, varios estudos demostraron que a xema dos seus ovos é considerablemente máis grande que a dos ovos de galiñas poñedoras comúns, preto dun 25 % máis e, polo tanto, posúen máis vitamina D, entre outras. Pero tamén, pese a que a clara dos ovos de Galiña de Mos é de menor tamaño, ten máis aminoácidos esenciais (71, 72, 73). En definitiva, o ovo é o alimento coa maior densidade de nutrientes dos que consumimos habitualmente. É rico en aminoácidos esenciais, ácidos graxos, minerais e vitaminas necesarias na nosa dieta. O ovo debe ser un alimento imprescindible na nosa dieta e, como vimos, se é de Galiña de Mos, mellor.


ESTUDO BIBLIOGRAFÍA

2. Hernández e Sastre. 1999. Tratado de nutrición. Ediciones Díaz de Santos, Madrid.

26. Leo Jeng, Alexandra V Yamshchikov, Suzanne E Judd, Henry M Blumberg, Gregory S Martin, Thomas R Ziegler & Vin Tangpricha. 2009. Alterations in vitamin D status and anti-microbial peptide levels in patients in the intensive care unit with sepsis. Journal of Translational Medicine volume 7, Article number: 28.

3. Valenzuela e Morgado. 2006. BREVE HISTORIA DE LA RELACIÓN ENTRE EL COLESTEROL Y LAS ENFERMEDADES CARDIOVASCULARES. Revista Chilena de Nutrición, Vol. 33, Nº2, pags: 130-134.

27. Peter Bergman; Lilian Walter-Jallow; Kristina Broliden; Birgitta Agerberth; Johan Soderlund. 2007. The Antimicrobial Peptide LL-37 Inhibits HIV-1 Replication. Current HIV Research, Volume 5, Number 4, pp. 410-415(6).

4. Adolfo D. Lozano. 2011. El mito del colesterol nació de un conejo. https://www.libertaddigital.com/opinion/ adolfo-d-lozano/el-mito-del-colesterol-nacio-de-un-conejo-60626/

28. https://medium.com/@ra.hobday/coronavirus-and-the-suna-lesson-from-the-1918-influenza-pandemic-509151dc8065

1. Ángeles Carbajal. 2006. Calidad nutricional de los huevos y relación con la salud. Revista de Nutrición Práctica;10:73-76.

5.Carlos Abehsera. 2014. La gran mentira de la nutrición. pp. 23-24. 6. https://avicultura.info/huevo-nuevo-superalimento/ 7. Matilde Santos, 2017. https://matildesantosleal.com/ superalimento-el-huevo/ 8. https://unisima.com/salud/huevo-razones-incluir-dieta/ 9. http://www.revistamujer.cl/2017/08/21/01/contenido/ el-huevo-tambien-es-un-superalimento.shtml/ 10. José Andrés Gómez. 2018. Adiós al mito de huevo igual a colesterol. https://www.elespanol.com/ciencia/ salud/20180509/adios-huevo-igual-colesterol-semana-no-malos/305970640_0.html 11. Fred Kern, Jr. 1991. Normal Plasma Cholesterol in an 88-Year-Old Man Who Eats 25 Eggs a Day — Mechanisms of Adaptation. The New England Journal of Medicine; 324:896-899. 12. T R Dawber, R J Nickerson, F N Brand, J Pool. 1982. Eggs, serum cholesterol, and coronary heart disease. The American Journal of Clinical Nutrition, Vol. 36, Issue 4, pp. 617–625. 13. Song, WO y Kerver, JM (2000). Nutritional Contribution of Eggs to American Diets. Journal of the American College of Nutrition, 19, 556S-562S. 14. Lin Xu, Tai Hing Lam, Chao Qiang Jiang, Wei Sen Zhang, Feng Zhu, Ya Li Jin, Jean Woo, Kar Keung Cheng, G Neil Thomas. 2019. Egg consumption and the risk of cardiovascular disease and all-cause mortality: Guangzhou Biobank Cohort Study and meta-analyses. European Journal of Nutrition. 58, pages785–796. 15. Chenxi Qin , Jun Lv, Yu Guo, Zheng Bian, Jiahui Si, Ling Yang, Yiping Chen, Yonglin Zhou, Hao Zhang, Jianjun Liu, Junshi Chen, Zhengming Chen, Canqing Yu, Liming Li. 2018. Associations of egg consumption with cardiovascular disease in a cohort study of 0.5 million Chinese adults. 16. Mashid, D. e colaboradores. 2020. Association of egg intake with blood lipids, cardiovascular disease, and mortality in 177,000 people in 50 countries. The American Journal of Clinical Nutrition, Volume 111, Issue 4, April 2020, Pages 795–803. 17. https://avicultura.com/un-nuevo-megaestudio-con-177-000-personas-confirma-que-el-consumo-de-huevos-no-esta-relacionado-con-el-riesgo-cardiaco/ 18. https://www.colesterolfamiliar.org/habitos-de-vida-saludables/dieta-y-nutricion/huevos/ 19. José Manuel Cucalón Arenal, María Guadalupe Blay Cortés, Jesús Zumeta Fustero, Vicente Blay Cortés. 2019. Actualización en el tratamiento con colecalciferol en la hipovitaminosis D desde atención primaria. Medicina General y de Familia. 2019; 8(2): 68-78. 20. Navarro Valverde C., Quesada Gómez J.M. 2014. Deficiencia de vitamina D en España. ¿Realidad o mito?. Revista de Osteoporosis y Metabolismo Mineral. vol.6 supl.1 Madrid. 21. M.A. Valero Zanuy e F. Hawkins Carranza. 2007. Metabolismo, fuentes endógenas y exógenas de vitamina d. REEMO; 18: 63-70. 22. https://www.cinconoticias.com/la-vitamina-d-evita-la-acumulacion-de-grasa-corporal/ 23. Martin Hewison. 2012. An update on vitamin D and human immunity. Clinical Endocrinology, 76, 315–325. 24. Stephanie Korn, Marisa Hübner, Matthias Jung, Maria Blettner and Roland Buhl. 2013. Severe and uncontrolled adult asthma is associated with vitamin D insufficiency and deficiency. Respiratory Research, 14:25. 25. Jeng, L., Yamshchikov, A.V., Judd, S.E. et al. 2009. Alterations in vitamin D status and anti-microbial peptide levels in patients in the intensive care unit with sepsis. Journal of Translational Medicine, 7, 28.

29. https://www.bostonherald.com/2020/09/17/vitamin-dmay-have-saved-lives-during-the-1918-pandemic-in-boston/ 30. Adams, J.S., Ren, S., Liu, P.T. et al. 2009. Regulación reostática dirigida por vitamina d de las respuestas antibacterianas monocitos. Revista de Inmunología, 182, 4289–4295. 31. Lemire, J.M., Adams, J.S., Sakai, R. et al. (1984) 1 alpha,25-dihydroxyvitamin D3 suppresses proliferation and immunoglobulin production by normal human peripheral blood mononuclear cells. Journal of Clinical Investigation, 74, 657–661. 32. Lemire, J.M., Adams, J.S., Kermani-Arab, V. et al. (1985) 1,25-Dihydroxyvitamin D3 suppresses human T helper/inducer lymphocyte activity in vitro. Journal of Immunology, 134, 3032–3035. 33. Abbas, A.K., Murphy, K.M. & Sher, A. (1996) Functional diversity of helper T lymphocytes. Nature, 383, 787–793. 34. Romagnani, S. (2006) Regulation of the T cell response. Clinical and Experimental Allergy, 36, 1357–1366. 35. https://www.cancer.org/es/tratamiento/tratamientos-y-efectos-secundarios/tipos-de-tratamiento/inmunoterapia/citocinas.html 36. https://www.muyinteresante.es/salud/articulo/quees-una-tormenta-de-citoquinas-y-por-que-es-la-principalcausa-de-muerte-en-pacientes-con-covid-19 37. https://www.nationalgeographic.es/ciencia/2020/05/acallartormentas-de-citoquinas-clave-para-tratar-casos-graves-covid-19 38. David O. Meltzer, MD, PhD; Thomas J. Best, PhD; Hui Zhang, PhD; Tamara Vokes, MD; Vineet Arora, MD, MPP; Julian Solway, MD. 2020. Association of Vitamin D Status and Other Clinical Characteristics With COVID-19 Test Results. JAMA Network Open. 2020;3(9):e2019722. doi:10.1001/ jamanetworkopen.2020.19722. 39. Daniel N. Roffe-Vazquez & col. 2019. Correlation of Vitamin D with Inflammatory Cytokines, Atherosclerotic Parameters, and Lifestyle Factors in the Setting of Heart Failure: A 12-Month Follow-Up Study. Int. J. Mol. Sci. 2019, 20(22), 5811. 40. https://www.vallhebron.com/es/noticias/vall-dhebronha-estudiado-la-proteina-il-6-clave-para-detectar-los-casos-mas-graves-de 41. https://amp.infosalus.com/salud-investigacion/noticia-vitamina-ayuda-organismo-combatir-covid-19-estudio-20200727123055.html 42. https://emerginnova.com/patterns-of-covid19-mortality-and-vitamin-d-an-indonesian-study/ 43. Marta Entrenas Castillo, Luis Manuel Entrenas Costa, José Manuel Vaquero, Juan Francisco Alcalá Díaz,José López Miranda, Rogerouillon, José Manuel Quesada Gomez. 2020. “Effect of calcifediol treatment and best available therapy versus best available therapy on intensive care unit admission and mortality among patients hospitalized for COVID-19: A pilot randomized clinical study”. The Journal of Steroid Biochemistry and Molecular Biology. Vol. 203. 44. Zhila Maghbooli,Mohammad Ali Sahraian ,Mehdi Ebrahimi,Marzieh Pazoki,Samira Kafan,Hedieh Moradi Tabriz,Azar Hadadi,Mahnaz Montazeri,Mehrad Nasiri,Arash Shirvani,Michael F. Holick. 2020. Vitamin D sufficiency, a serum 25-hydroxyvitamin D at least 30 ng/mL reduced risk for adverse clinical outcomes in patients with COVID-19 infection. PLOS ONE, Published: September 25, 2020. https:// doi.org/10.1371/journal.pone.0239799 45. https://journals.plos.org/plosone/article?id=10.1371/ journal.pone.0239252 46. https://clinowl.com/vitamin-d-in-prevention-and-treatment-of-covid-19-current-perspective-and-future-prospects/ 47. https://www.elmundo.es/ciencia-y-salud/ salud/2020/10/27/5f9805a7fdddff197e8b464c.html 48. https://www.mundosano.com/enfermedades/Reconocido-medico-revela-las-vitaminas-que-toma-para-reforzar-su-sistema-inmunologico-20200914-0014.html 49. Coronavirus: Should I start taking vitamin D?. https:// www.bbc.com/news/health-52371688

53

50. https://www.actasanitaria.com/semg-dieta-deficit-vitamina-confinamiento/ 51. https://www.redaccionmedica.com/secciones/medicina-familiar-y-comunitaria/coronavirus-la-vitamina-d-refuerza-las-defensas-durante-el-confinamiento-7781 52. J J Cannell, R Vieth, J C Umhau, M F Holick, W B Grant, S Madronich, C F Garland, E GiovannucciJ. 2006. Epidemic influenza and vitamin D. https://doi.org/10.1017/ S0950268806007175. Cambridge University Press: 07 September 2006. 53. https://blogs.alimente.elconfidencial.com/mas-anosmas-vida/2020-07-20/la-vitamina-maravilla-tambien-antienvejecimiento_2686723/ 54. https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/ sociedad/2020/10/27/advierten-preocupante-falta-calcio-fosforo-magnesio-vitamina-d-ninos-espanoles/00031603815020475227452.htm 55. https://www.20minutos.es/noticia/4400194/0/tres-formas-de-aumentar-la-vitamina-d-nuestro-cuerpo/ 56. María-Antonia Serrano, Javier Cañada, Juan Carlos Moreno, Gonzalo Gurrea. 2017. ‘Solar ultraviolet doses and vitamin D in a northern mid-latitude’. Science of the Total Environment 574 (2017) 744–750. 57. http://isanidad.com/172977/prof-gonzalez-gross-unvegetariano-estricto-o-un-vegano-no-va-a-poder-prescindir-de-los-suplementos/ 58. http://www.qcom.es/alimentacion/ periodico-digital-qcom.es-el-punto-de-encuentro-de-la-cadena-agroalimentaria/vitamina-d--nuestra-mejor-aliada-para-esta-cuarentena_40500_0_0_0_1_440755_14770498263521_in.html 59. https://elpais.com/ciencia/2020-11-04/ni-ingerir-vitamina-d-como-suplemento-ni-tomar-el-sol-son-eficacesfrente-al-coronavirus.html 60. J.L.Saunders-Blades, D.R.Korve. 2014. The effect of maternal vitamin D source on broiler hatching egg quality, hatchability, and progeny bone mineral density and performance. Journal of Applied Poultry Research. Volume 23, Issue 4, Pages 773-783. 61. https://avicultura.info/la-vitamina-d-y-sus-metabolitos/ 62. https://www.eldiario.es/consumoclaro/cuidarse/ fuentes-naturales-evitar-deficit-vitamina-d-frente-covid-19_1_6273211.html 63. Alexandra Schmid and Barbara Walther. 2013. Natural Vitamin D Content in Animal Products. Advances in nutrition. Jul; 4(4): 453–462. 64. https://www.diariosur.es/sociedad/salud/confinamiento-vitamina-pasa-20200325095545-ntrc.html 65. https://www.theguardian.com/world/2020/oct/31/ add-vitamin-d-bread-milk-help-fight-covid-urge-scientistsdeficiency-supplements 66. Elena Rodríguez & col. 2013. El consumo de huevos podría prevenir la aparición de deficiencia de vitamina D en escolares. Nutrición Hospitalaria. vol.28 n.3 Madrid may./jun. 67. Lars Ovesen, Christine Brot, Jette Jakobsen. 2003. Food contents and biological activity of 25-hydroxyvitamin D: a vitamin D metabolite to be reckoned with?. Annals of Nutrition and Metabolim. 47(3-4):107-13. 68. Ana M. López-Sobaler, Aránzazu Aparicio Vizuete y Rosa M. Ortega. 2017. Papel del huevo en la dieta de deportistas y personas físicamente activas. Nutrición Hospitalaria; 34(Supl. 4):31-35. 69. Jianping Wu and col. 2013. Structure and activity study of egg protein ovotransferrin derived peptides (IRW and IQW) on endothelial inflammatory response and oxidative stress. Journal of Agricultural and Food Chemistry. Mar 6;61(9):2120-9. 70. https://theconversation.com/what-is-the-ace2-receptor-how-is-it-connected-to-coronavirus-and-why-might-itbe-key-to-treating-covid-19-the-experts-explain-136928 71. Rois D., D. Franco, A. Arias, L. García, N Rosende, J.M. Lorenzo, S. Adán, L. Purriños, J. R. Justo y M. Fernández. 2016. Resultados del perfil de ácidos grasos y aminoácidos en los huevos de raza Galiña de Mos frente a los de la estirpe Isa Brown en un sistema de avicultura artesanal. X Congresso Ibérico sobre recursos genéticos animais. Castelo Branco (Portugal). 72. Rois D., D. Franco, A. Arias, L. García, N Rosende, J.M. Lorenzo, S. Adán, L. Purriños, J. R. Justo y M. Fernández. 2016. Efecto da produción e calidade do ovo da raza Galiña de Mos fronte á estirpe industrial. Autóctonas Galegas 9, 53-65. 73. Daniel Franco and col. 2020. Effect of Breed and Diet Type on the Freshness and Quality of the Eggs: A Comparison between Mos (Indigenous Galician Breed) and Isa Brown Hens. Foods, 9 (3), 342.

Autóctonas Galegas Número 13


porco celta

54

INVESTIGACIÓN E INNOVACIÓN NA RAZA PORCO CELTA

Co obxectivo global de aproveitar o potencial da raza Porco Celta e facer dela un motor económico nas zonas rurais de produción onde se asenta, Asoporcel colabora en dous proxectos piloto ao abeiro da resolución do 30 de decembro de 2019 da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal). Para conseguir esta finalidade, cómpre establecer unhas pautas de explotación e manexo que permitan obter produtos uniformes e de máxima calidade, capaces de satisfacer as expectativas dun consumidor cada día máis esixente. Asociación de Criadores de Raza Porcina Celta (Asoporcel)

INCORPORACIÓN DE MILLO ALTO OLEICO E MILLO CORVO NA PRODUCIÓN DE CARNE DE PORCO CELTA DE CALIDADE DIFERENCIADA (FEADER 2020/056A)

A consecución deste proxecto enmárcase nesta liña de actuación. Os factores asociados á calidade dos produtos do porco son variados. Así, as súas características finais son o resultado da combinación de factores ligados fundamentalmente á súa alimentación. A finalidade deste proxecto leva consigo a avaliación da influencia que a adición de millo alto oleico e millo corvo ten nas mesturas de cereais coas que se alimentan os animais da raza Porco Celta, tanto sobre a produtividade como sobre a calidade da carne e da graxa intramuscular. Autóctonas Galegas Número 13

O desenvolvemento deste proxecto leva consigo os seguintes puntos: 1. A mobilización de terras abandonadas para realizar as plantacións destes tipos de millo que se incluirán na formulación das racións de alimento para os porcos. 2. Unha análise bromatolóxica, especialmente do perfil de ácidos graxos destes tipos de millo para realizar a formulación das racións de alimento para os porcos. 3. O estudo do efecto da calidade e da cantidade de graxa incluída na dieta dos animais nos parámetros de crecemento e nas características de calidade do canal e da carne, avaliando a influencia da súa introdución durante a etapa de acabado e durante todo o ciclo de cría.

O principal interese é o de proporcionarlles aos gandeiros unha completa información sobre as condicións de alimentación e a redución dos seus custos de produción. En canto aos posibles beneficios máis directos para o sector despois da súa realización, apóstase por un sistema de produción economicamente rendible e adaptado a unha parte representativa do sector en Galicia, que busca o máximo aproveitamento e a revalorización da súa produción no sector cárnico, que constitúan elementos claves para o establecemento dun modelo moi demandado na actualidade. Este modelo baséase na promoción dunha oferta atractiva de novos produtos de calidade diferenciada e ligados ás peculiaridades de alimentación. É por iso que a súa execución é importante


porco celta para os intereses económicos e tecnolóxicos demandados na actualidade por unha parte do sector gandeiro e cunha significativa repercusión social no medio rural. Neste aspecto hai que considerar que o valor engadido alcanzado por este tipo de produtos pode repercutir nun número elevado de familias propietarias de explotacións da raza Porco Celta e noutras moitas implicadas no sector da produción de carne fresca ou elaborada.

En resumo, a execución deste proxecto permitirá: 1. Poñer no mercado produtos cárnicos diferenciais cun perfil de ácidos graxos máis saudable, ademais de compostos antioxidantes (antocianinas) que presentan múltiples propiedades beneficiosas para a saúde dos consumidores. 2. Reducir os custos de alimentación do gando porcino, aumentando a rendibilidade e a competitividade das explotacións de Porco Celta. 3. Poñer en valor terras abandonadas, así como especies autóctonas de Galicia, como é o caso da raza Porco Celta, que está en perigo de extinción, e o millo corvo. 4. Traballar sen materias primas de orixe animal na alimentación dos propios animais e sen aceite de palma, o que se poderá trasladar nun futuro á alimentación humana.

EMPREGO DE FRACCIÓNS DE GRAXA DE PORCO CELTA PARA A OBTENCIÓN DE PRODUTOS CÁRNICOS DIFERENCIAIS (FEADER 2020/004A)

Para lograr este obxectivo, é necesaria unha primeira fase de desenvolvemento do produto na que se proban os diferentes tipos de preparación e ingredientes (tipo e porcentaxe de cada clase de graxa a empregar). Nunha segunda fase, levarase a cabo a preparación de diferentes liñas, que se someterán a diferentes análises para definir o produto desde un punto de vista nutricional. Finalmente, realizarase un estudo da vida do produto envasado ao baleiro.

55

O PRINCIPAL INTERESE É O DE PROPORCIONARLLES AOS GANDEIROS UNHA COMPLETA INFORMACIÓN SOBRE AS CONDICIÓNS DE ALIMENTACIÓN E A REDUCIÓN DOS SEUS CUSTOS DE PRODUCIÓN

Con este proxecto espéranse introducir produtos cárnicos diferenciais ao poñer no mercado produtos cunhas características organolépticas diferentes, outorgadas pola graxa de Porco Celta. Cabe lembrar que actualmente a nosa sociedade consome máis de dúas terceiras partes dos alimentos como procesados; con todo, os produtos expostos neste estudo son de tipo artesanal e de consumo inmediato, polo que, ao introducir tecnoloxías sinxelas de conservación e avaliar a súa vida útil, se achegarán melloras na industria cárnica. Tamén se espera conseguir unha redución dos custos de produción ao empregar subprodutos que actualmente teñen un valor mínimo, así como melloras na xestión ambiental destes subprodutos ao non ser enviados a outros usos como a incineración. En definitiva, os resultados que se xeren neste proxecto: 1. Satisfarán as demandas e necesidades dos consumidores, relacionadas coa obtención e elaboración de produtos agroalimentarios de calidade. 2. Axudarán a potenciar a profesionalidade e a competitividade das empresas do sector cárnico en Galicia. 3. Contribuirán a formular recomendacións útiles en distintos sectores socio-económicos estratéxicos como son a industria cárnica, a cadea comercializadora e os consumidores finais.

O proxecto baséase fundamentalmente no feito de que ata a data o excedente da graxa desta raza non foi suficientemente aproveitado na industria cárnica. Debido a isto, o seu obxectivo técnico é o uso da graxa de Porco Celta obtida como excedente das salas de despezamento para a produción de produtos cárnicos elaborados, tales como roxóns, chourizo crioulo de Porco Celta, paté de Porco Celta e crema para base en produtos de panadería e repostería (empanada, biscoito etc.). Autóctonas Galegas Número 13


56

novas BOAGA

PROXECTO BIOHERITAGE

REUNIÓNS DE TRABALLO NO PARQUE NATURAL DAS SERRAS DE CAZORLA, SEGURA E LAS VILLAS Entre o 20 e o 22 de novembro de 2019 estivemos no concello de Santiago-Pontones, situado en pleno Parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas, na provincia de Xaén. Ata alí viaxamos para participar nunha reunión de traballo do proxecto europeo Interreg Sudoe Bioheritage “Protección e fomento dos espazos naturais mediante a posta en valor de razas gandeiras autóctonas como patrimonio de biodiversidade e activo turístico”, do que a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) forma parte xunto con outros sete socios de España, Francia e Portugal: a Deputación de Xaén, a IEDT-Deputación de Cádiz, o Parque Nacional de Doñana (Junta de Andalucía), o Parque Natural Rexional de Pyrénées Ariégeoises, a Cámara de Comercio e Industria de Gers, o Parque Natural Rexional Périgord Limousin e a Asociación Portuguesa de Criadores da Raza Bovina Minhota (Apacra). O obxectivo deste proxecto é a busca de estratexias integradas e sinerxías entre as razas autóctonas de España, Francia e Portugal e as actividades de promoción turística, promoción dos seus produtos alimentarios e a integración das razas nos espazos naturais protexidos, para a potenciación e a valorización das razas autóctonas no seu ambiente. A delegación de Boaga presentou os avances e as problemáticas das nosas razas galegas, así como o traballo que se está a realizar na promoción de marcas individuais, a comercialización dos produtos de raza autóctona e o desenvolvemento de iniciativas con razas autóctonas galegas en zonas naturais. A súa vez, puidemos apreciar como as problemáticas nos diferentes territorios son similares ás nosas. A viaxe transcorreu polo Parque Natural dende as fontes do Segura ata os Campos

Altiplano Campos de Hernán Perea

Autóctonas Galegas Número 13

Grupo de traballo Bioheritage

de Hernán Perea, un altiplano de máis de cinco mil hectáreas situado a unha altitude media de 1.600-1.700 metros, onde pastan ovellas transhumantes da raza Segureña e gando bravo. Tivemos a oportunidade de ver a superhomes e superanimais realizando transhumancias de 200 km en 12-13 días de duración cara aos pastos de inverno en Sierra Morena, touros de lidia da gandería Herederos de Antonio Fernández García, que realizan 200 km en 12-13 días, partindo dende as fincas de Santiago de la Espada, atravesando as serras de Segura e Cazorla para chegar ás campiñas de Baños de la Encina, preto de Sierra Morena. Posteriormente realizamos unha visita a unha explotación de ovino de raza Segureña, en La Tiná de las Riscas, preto da aldea El Cerezo, e, por último, estivemos nun negocio de venda de produtos de proximidade, La despensa del Berral (La Matea, Santiago-Pontones), un exemplo de éxito de produtos de calidade da zona que triunfa non só na provincia de Xaén, senón tamén entre os visitantes do Parque Natural, que lle mercan por Internet.

Reunión do grupo de traballo Bioheritage

Paso da transhumancia polas serras de Segura e Cazorla

Gandería transhumante de touro de Lidia

Exemplares de raza Segureña


novas BOAGA

57

PRESENTACIÓN DO LIBRO BESTIARIUM EN SEDE MINISTERIAL O 20 de novembro de 2019 foi presentado no lucernario do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA), en Madrid, o libro do fotógrafo José Barea BESTIARIUM, en cuxa edición participou a Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes) co financiamento do Ministerio. Nesta obra achégase outra visión de todas as nosas razas autóctonas españolas. Trátase dunha recompilación de fotos de estudo, de tempo, de selección de animais polos nosos gandeiros e de moito traballo para obter a instantánea desexada que mostrase o que José Barea tiña en mente: que o animal e a súa raza fosen os absolutos protagonistas. Con BESTIARIUM e con este libro acertouse plenamente por unha gran razón: Barea é un fotógrafo profesional especializado en patrimonio cultural e as nosas razas autóctonas son patrimonio cultural de España. Unha raza é a punta do iceberg, o que se ve dun vasto coñecemento de costumes, tradicións e modos de vida dentro de cada unha das 165 razas que aparecen no catálogo nacional de razas.

A presentación, organizada polo Ministerio, estivo encabezada polo ministro Luis Planas, que puxo de manifesto o seu empeño persoal en presentar este libro en sede ministerial. No acto, que gozou dunha grande acollida entre o público, tamén participaron o autor do libro, José Barea; o secretario xeral de Federapes e director de Boaga, José Ramón Justo; a directora xeral de Producións e Mercados Agrarios, Esperanza Orellana, e membros da xunta executiva de Federapes.

Así mesmo, na organización da presentación participaron o antigo director xeral de Producións e Mercados Agrarios e actual secretario xeral de Agricultura y Alimentación, Fernando Miranda; a Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios, con Esperanza Orellana á fronte, e a subdirectora xeral de Medios de Produción Gandeiros, Leonor Algarra.

Autóctonas Galegas Número 13


58

novas BOAGA

OS PRODUTOS DA GALIÑA DE MOS BRILLAN NUN CURSO DE COCIÑA O cociñeiro Jesús Villarino Gavín, membro da Asociación de Cociñeiros da Mariña, impartiu do 18 ao 22 de novembro de 2019 un curso no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias en Ribadeo, baseado no cociñado de produtos de calidade. Entre as numerosas receitas que preparou destacamos algunhas nas que os produtos da Galiña de Mos foron os protagonistas: tosta de allo negro, pan de trigo, peituga de Galo Mos ao curry e ovo de Galiña de Mos; zanco de Galo Mos sobre crema de castañas e redución de Pedro Ximénez

Zanco de Galo Mos sobre crema de castañas e redución de Pedro Ximénez

e fabas de Lourenzá en crema de ourizos de mar con tacos de Galo Mos con sésamo tostado e mazá seca.

NACEMENTO DE POLIÑOS MOS NO CEIP VIRXE DO MAR DE NARÓN No CEIP Plurilingüe Virxe do Mar de Narón naceron poliños da raza Galiña de Mos o 5 de decembro de 2019. Tras a incubación feita 21 días antes, os ovos e mais os poliños foron observados con emoción polos alumnos, que recibiron as nosas explicacións o día do nacemento coa asistencia ás súas aulas, ademais dun macho e unha femia de Galiña de Mos. A profesora Pilar Saavedra liderou a iniciativa, na que tamén participou Juan Carlos Puente, antigo criador da nosa raza e presidente do Club da Raza Can de Palleiro.

… E NO CEIP CRUCEIRO DE CANIDO DE FERROL No CEIP Cruceiro de Canido de Ferrol viviron outra experiencia de incubación de ovos da raza Galiña de Mos, que concluíu con éxito o 5 de decembro de 2019 co nacemento dos poliños. Ese día os alumnos recibiron as explicacións oportunas por parte do director técnico de Avimós, Diego Rois; ademais, tamén puideron gozar da presenza dun galo e unha galiña da nosa raza, que fixeron as delicias dos rapaces e as rapazas. A implicación das profesoras foi de agradecer.

Autóctonas Galegas Número 13

A GALIÑA DE MOS TRIUNFA NAS FEIRAS DO CAPÓN DE VILALBA E DO GALO DE CURRAL DE VILA DE CRUCES O 22 de decembro de 2019 a nosa raza estivo representada na Feira do Capón de Vilalba (Lugo) e mais na Feira de Nadal Galo de Curral de Vila de Cruces (Pontevedra) polos criadores Francisco Monasterio Solveira e María José Castro Abonjo, respectivamente. En ambas as dúas feiras tiveron lugar diversas degustacións de produtos de Galiña de Mos, nas que colaboraron outros criadores nosos. Na Feira do Capón de Vilalba houbo unha demostración de cociña e posterior cata de produtos de razas autóctonas organizada pola granxa Aeiroá, de Sandra López, que asistiu coa súa food truck. Para levala a cabo contou coa colaboración do cociñeiro Óliver Fernández, que explicou o proceso de cociñado e as súas características. En Vila de Cruces a degustación tamén foi moi concorrida. Neste caso correu a cargo do criador e cociñeiro da nosa raza Santiago Caramés.


novas BOAGA

A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA CÓANSE NA PRESENTACIÓN DA GUÍA … E PARA COMER, LUGO EN FITUR O 22 de xaneiro tivo lugar na Feira Internacional de Turismo de Madrid a presentación do novo volume da guía turística ... E para comer, Lugo, á que asistimos invitados pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl), editora desta publicación anual, en cuxas páxinas sempre gardan un oco para falar das bondades gastronómicas das razas Galiña de Mos e Ovella Galega. Nesta viaxe á capital tamén aproveitamos para visitar algúns hostaleiros galegos que desenvolven alí a súa actividade profesional, os cales elaboraron varias saborosas preparacións cos nosos produtos. Foi o caso da degustación con produtos de calidade galegos no restaurante O Pazo de Lugo, entre os que estaban os das razas Ovella Galega e Galiña de Mos.

O CONSELLEIRO DO MEDIO RURAL PARTICIPA NUNHA XORNADA FORMATIVA EN FONTEFIZ O Pazo de Fontefiz –sede da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga)– acolleu o pasado 8 de xaneiro unha xornada informativa organizada conxuntamente polas asociacións de criadores das diferentes razas autóctonas galegas

59

e mais Boaga, á que asistiron o máximo representante da Consellería do Medio Rural, José González; o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias, Silvestre José Balseiros, e o subdirector de Mobilidade de Terras da Agader, Alejandro Sánchez. A iniciativa, que gozou dunha gran concorrencia de gandeiros, versou sobre a lei de recuperación e posta en valor das terras agrarias de Galicia, o proxecto de aldeas modelo e polígonos agrarios que está promovendo o Goberno autonómico e tamén sobre as axudas da PAC e a lei de residuos gandeiros de Galicia.

EXPOSICIÓN DO PROXECTO BIOHERITAGE EN FITUR O stand do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) na Feira Internacional de Turismo–celebrada do 23 ao 27 de xaneiro en Madrid– acolleu diferentes relatorios sobre a promoción turística das razas autóctonas españolas. Neste contexto, Boaga tivo a oportunidade de presentar o proxecto europeo Interreg Sudoe Bioheritage xunto con outros socios, como a Deputación

Membros de Boaga, da Deputación de Cádiz, da Deputación de Xaén e representantes do MAPA

de Xaén e o IEDT da Deputación de Cádiz. Foi unha grande oportunidade para falar da potenciación e a valoración das nosas razas autóctonas galegas en espazos naturais e gastronómicos, así coma do seu papel fundamental como motor económico do medio rural. Outra actividade de promoción máis na capital de España das nosas razas autóctonas galegas!

Presentación do proxecto Bioheritage

Autóctonas Galegas Número 13


novas BOAGA

60

EMOCIÓN ENTRE O ALUMNADO DUN COLEXIO VIVEIRENSE ANTE O NACEMENTO DE POLIÑOS MOS

… E ENTRE O DUNHA ESCOLA INFANTIL DE VILALBA Tamén o 30 de xaneiro nacía un lote de poliños da raza Galiña de Mos na Escola de Educación Infantil de Vilalba, ata onde nos achegamos para explicarlles aos máis pequenos algunhas das características da nosa raza dun xeito ameno. Que ben o pasaron!

Os rapaces e as rapazas do CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, en Viveiro, recibiron uns visitantes moi especiais o pasado 30 de xaneiro. Tratouse dun galo e unha galiña da raza Mos, que acudiron ao centro o mesmo día en que naceu un lote de poliños despois de tres semanas de incubación. Un pracer atoparse con profesores e profesoras tan implicados cos seus alumnos!

RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DE BOAGA O mércores 5 de febreiro celebráronse en Ourense as asembleas xerais ordinaria e extraordinaria da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga). No transcurso desta última tivo lugar a renovación de membros da xunta directiva para o período 2020-2023, que queda constituída da seguinte maneira:

• •

Vogal: Dna. María Hortensia Rodríguez González (presidenta de Frieirega) Vogal: D. Francisco José Monasterio Solveira (presidente de Avimós).

Como director-xerente da Federación saíu ratificado José Ramón Justo Feijóo. Parabéns a todos!

• •

Presidente: D. José Blanco Blanco (presidente de Vianega) Vicepresidente: D. José Manuel González Lamelas (presidente de Caldega) Secretario-tesoureiro: D. Lisardo López Blanco (presidente de Asovega e Limiaga) Vogal: Dna. María Hortensia Alonso Alonso (presidenta de Cachega)

Autóctonas Galegas Número 13

AS RAZAS AUTÓCTONAS, PRESENTES EN FIPORCO 2020 O 8 de febreiro desprazámonos ata a vila lucense de Sarria para asistir á cuarta edición da Feira do Porco Celta, Fiporco, co fin de promover e representar as razas autóctonas galegas neste evento.


novas BOAGA

SABOR CON TRADICIÓN DA NOSA TERRA EN XANTAR A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) participou un ano máis no Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar, cuxa edición vixésimo primeira se celebrou na Cidade das Burgas entre o 5 e o 9 de febreiro. Por unha banda, asistiu cun stand que estivo atendido por persoal de Boaga e no que se proporcionou información das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos entre os concorrentes, facendo especial fincapé na marca de calidade 100% Raza Autóctona. Neste espazo común para todas, os produtores Ganadería Balín (raza Limiá), do concello de Verea; Gandeiría e Carnicería Lage (raza Caldelá), do concello de Maceda, e Cachenas de Pantón (razas Cachena, Ovella Galega e Galiña de Mos), do concello de Monforte de Lemos, tiveron a ocasión de achegar a súa expe-

61

Xantar 2020 riencia e darlles visibilidade aos seus produtos. Estamos a falar de alimentos de calidade, diferenciados e co selo 100% Raza Autóctona, o cal garante que realmente se trata dun produto de raza e que procede de animais criados en condicións naturais e de sostibilidade, co fin de que o consumidor final os coñeza, os identifique e os merque. Por outra banda, e por terceiro ano consecutivo, Boaga montou un restaurante propio que lles ofreceu aos visitantes unha oportunidade única de probar todas as razas xuntas nun único establecemento. O cociñeiro Antonio Díaz Calvo e o seu equipo foron os encargados de elaborar un menú autóctono composto

Autóctonas Galegas Número 13


62

novas BOAGA

por seis pratos con distintas técnicas culinarias, dirixido tanto a maiores como a pequenos, que fixeron recordar os sabores da carne de antes. Como non podía ser doutra maneira, o restaurante pendurou o cartel de “completo” todos os días do salón. Foron moitos os asistentes que se achegaron ao posto para informarse e tamén para degustar o exquisito menú. De entre todos eles destacamos a presenza de José González, conselleiro do Medio Rural; José Balseiros, director xeral de Gandería da Consellería do Medio Rural, e Rosa María Quintana, conselleira do Mar, que conversaron con criadores e con persoal da Federación. Non cabe dúbida de que Xantar se confirma, un ano máis, como un excelente lugar para establecer contactos con clientes potenciais e como plataforma de promoción para os produtos agrogandeiros debido á grande afluencia de público en xeral e de público profesional.

Autóctonas Galegas Número 13

Xantar 2020


novas BOAGA

Menú 100% Raza Autóctona

63

Xantar 2020

Empanada de raza Cachena con queixo San Simón

Croquetas de cordeiro asado de raza Ovella Galega e maionesa ao curry

Ensalada temperada de rosbif de raza Limiá con verduras asadas

Ovo de Galiña de Mos a baixa temperatura con guiso de carne enchilada de raza Frieiresa

Posta de raza Caldelá á grella con patacas fondant e allo porro confeitado

Crema de ovos de Galiña de Mos, tofe e crocante de galleta acaramelada

Autóctonas Galegas Número 13


novas BOAGA

64

Cociña en vivo e en directo!

Xantar 2020

Un ano máis o excelente produto e a boa preparación quedaron reflectidos nos talleres-showcooking organizados por Ganadería Balín, criador e operador primario autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Limiá. Os talleres “Limiá en estado puro”, liderado por Gabi Conde, do restaurante Portovello de Ourense, e “Balín ao natural”, liderado por Fran Sotelino, do restaurante Bluemoon-Gastro de Pontevedra, deixáronlles un bo sabor de boca a todos os asistentes. Ademais, Antonio Pérez “Tonecho”, da Ganadería Balín, falou durante o cociñado acerca da forma de produción na súa explotación e das calidades do seu produto.

Gran difusión nos medios de comunicación! As actividades que levou a cabo Boaga relacionadas coa promoción e a divulgación das razas autóctonas e os seus produtos no transcurso de Xantar convertéronse, moitas veces, en protagonistas dos medios de comunicación. Prensa escrita, televisión, radio e redes sociais fixéronse eco de tal acontecemento con numerosas entrevistas e publicacións ao respecto. Entrevista a José Ramón Justo no programa Herrera en Cope desde Galicia (emitido o 5 de febreiro).

Entrevista a José Ramón Justo no programa A tarde da Radio Galega (emitido o 5 de febreiro).

Entrevista a Antonio Díaz, cociñeiro do restaurante Federación Razas Autóctonas de Galicia, no programa Aquí Galicia da TVG (emitido o 8 de febreiro). Entrevista a Juan José Lama López, veterinario de Boaga, no programa Labranza da TVG (emitido o 16 de febreiro).

Vídeo resumo do paso das Razas Autóctonas en Perigo de Extinción por Xantar 2020. Enlace ao vídeo:

Autóctonas Galegas Número 13


novas BOAGA

65

RELATORIOS SOBRE OVELLA GALEGA, CABRA GALEGA E GALIÑA DE MOS NO CIFP A GRANXA O 13 de febreiro, a directora técnica de Asovega e de Capriga, Silvia Adán, impartiu no Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, en Ponteareas (Pontevedra), un relatorio sobre as razas Ovella Galega e Cabra Galega e o seu manexo, ao que lle seguiu unha aplicación práctica dos coñecementos teóricos expostos. Os destinatarios desta formación foron os alumnos do módulo de Produción Agroecolóxica.

ASISTIMOS Á PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO DE PINCHOS E TAPAS DE ESPAÑA

Ao día seguinte foi o director técnico de Avimós, Diego Rois, o encargado de falar sobre as estratexias que se están a levar cabo coa Galiña de Mos para a súa recuperación e posta en valor e sobre a avicultura artesá de Galicia.

O presidente de Avimós, Francisco Monasterio, asistiu o pasado 13 de febreiro á presentación en Lugo do primeiro Campionato Oficial de Pinchos e Tapas de España. No acto participaron representantes de diversas asociacións de hostaleiros de todo o país.

A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA, NO CONGRESO … E PARA COMER, LUGO NO CAMIÑO O 8 de febreiro celebrouse no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) o Congreso ... E para comer, Lugo no Camiño, centrado na cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. O evento constou de varias charlas relacionadas co mundo da hostalería e demostracións e elaboración de receitas en directo feitas cos nosos produtos de calidade. Nel falouse das razas Galiña de Mos e Ovella Galega!

Autóctonas Galegas Número 13


novas BOAGA

66

AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON NA FEIRA DO GRELO DAS PONTES Os días 22 e 23 de febreiro celebrouse no concello das Pontes de García Rodríguez (A Coruña) a XL Feira do Grelo. De xeito paralelo realizouse a IV Mostra de Razas Autóctonas, na que participaron con exemplares vivos os criadores locais de Galiña de Mos Michiel Meijer, Cynthia Arias e Iván Dobarro, así como Francisco Manuel Penabad Pita, de Ortigueira, con exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega. Xunto a eles tamén estiveron criadores das razas Porco Celta e Can de Palleiro. Así mesmo, Boaga acudiu ao evento cun posto informativo onde se deron a coñecer as nosas razas autóctonas entre os numerosos asistentes, á vez que se lles prestou asesoramento a todos aqueles que o solicitaron.

... E NA FESTA DO LACÓN CON GRELOS DO MESÓN DO VENTO Os días 7 e 8 de marzo celebrouse no Mesón do Vento (Ordes, A Coruña) a XXII Festa do Lacón con Grelos, onde participaron catro criadores das nosas razas autóctonas con exposición e venda de exemplares das súas ganderías. Os protagonistas, nesta ocasión, foron Jesús Pardal Castro (raza Limiá), Dánae Fernández Romay (raza Cachena), Mari Luz Gómez Fernández (razas Cachena e Galiña de Mos) e José Antonio Liñares Rey (raza Cabra Galega).

Autóctonas Galegas Número 13


novas BOAGA

67

NOVAS NACENZAS DE POLIÑOS, ESTA VEZ NO COLEXIO DO BARQUEIRO Os nenos e nenas do CEIP Francisco López Estrada do Barqueiro, no concello coruñés de Mañón, viviron unha experiencia moi especial o pasado 5 de marzo: o nacemento dun lote de poliños Mos despois de tres semanas de incubación, o cal lles permitiu aprender unha morea de cousas sobre o ciclo de incubación das aves e as peculiaridades da Galiña de Mos. Ese día tamén recibiron a visita de Miguel Pernas e Rebeca Yáñez, da Gandería Tras do Río, de Ortigueira, os cales lles contaron dun xeito moi ameno a súa experiencia coas razas autóctonas. E, por se todo o anterior non fose aínda

o suficientemente emocionante, a presenza dun galo e unha galiña da raza Mos púxolle o broche de ouro a esta xornada extraordinaria.

… E TAMÉN NO CEIP SEIXALBO DE OURENSE O 6 de marzo os alumnos e as alumnas do CEIP Seixalbo, en Ourense, tiveron a oportunidade de asistir ao nacemento dunha ducia de poliños da raza Mos na propia escola, tras a posta en marcha da incubadora 21 días antes. Ese día, un macho e unha femia de Galiña de Mos tamén visitaron as aulas. Dá gusto comprobar a implicación dos mestres neste tipo de iniciativas. Foi un pracer!

EMOCIÓN NO CEIP DE OCA ANTE A INCUBACIÓN DE OVOS DE GALIÑA DE MOS No CEIP Plurilingüe de Oca, na Estrada (Pontevedra), realizouse unha incubación de ovos de Galiña de Mos o pasado 11 de marzo para alumnos de primaria. A experiencia resultou inesquecible, como se pode ver na imaxe!

XORNADAS GASTRONÓMICAS DE GALIÑA DE MOS NA PULPERÍA AURORA O 9 de marzo daban comezo unhas novas xornadas gastronómicas na Pulpería Aurora, situada na capital lucense, nas que os pratos elaborados con carne da raza Galiña de Mos eran os protagonistas. Mágoa que só se puidesen celebrar unha semana –estaban previstas ata fin de mes–, pois, debido ao confinamento polo estalido da COVID-19, tivéronse que clausurar antes de tempo.

Autóctonas Galegas Número 13


68

novas BOAGA

AQUÍ LA TIERRA VISITA UNHA EXPLOTACIÓN DE OVELLA GALEGA O 12 de marzo os reporteiros do programa da TVE Aquí la Tierra desprazáronse ata Armariz, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, para entrevistar os responsables da gandería Finca A Tellada sobre a súa explotación de Ovella Galega e as características da raza, así como os produtos gastronómicos que se derivan da súa carne especial. O equipo de Aquí la Tierra tamén visitou Cárnicas O Xurés, na cidade das Burgas, onde presentaron a hamburguesa clásica de Ovella Galega e outras un pouco máis modernas como a que incorpora cabaza con curry ou a de cebola acaramelada con queixo de Ovella Galega. Os esforzos destes dous operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega deron lugar a dúas reportaxes fantásticas emitidas os días 13 e 29 de abril, que serviron para que o gran público coñeza un pouco máis a nosa raza ovina autóctona. As hamburguesas que elaboran en Cárnicas O Xurés ían presentarse nunha xornada de degustación na cervexería Casablanca o día 21 de marzo, a cal quedou cancelada debido ao estalido da pandemia. Queda pendente a celebración deste evento! Enlace ás reportaxes:

GANDEIROS DE RAZAS AUTÓCTONAS INTÉGRANSE EN MERCAPROXIMIDADE A Consellería do Medio Rural lanzaba no mes de abril a campaña Mercaproximidade, unha canle alternativa de comercialización impulsada pola Xunta de Galicia e concibida para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor do peche da hostalería e dos mercados municipais durante a emerxencia sanitaria.

VÍDEOS DIVULGATIVOS SOBRE A RAZA MOS Debido ao confinamento derivado do estado de alarma pola emerxencia sanitaria da COVID-19, vímonos na obriga de suspender varias incubacións de ovos de Galiña de Mos que estaban previstas en varios colexios para mediados do mes de abril. Porén, como non queriamos que eses nenos e nenas deixasen de vivir esta experiencia, o director técnico de Avimós, Diego Rois, puxo unha incubadora no Pazo de Fontefiz e iniciou o proceso, do cal se realizaron tres vídeos divulgativos: un sobre a propia posta en marcha da incubadora, outro sobre a observación da fertilidade e o último sobre o nacemento dos poliños. Estes vídeos tiveron moi boa acollida tanto na web como na páxina en Facebook do Concello de Valdoviño, así como tamén nas páxinas de Facebook da Escola Infantil Municipal A Rolada de San Sadurniño e do Punto de Atención Infantil de Valdoviño. Este material tamén está dispoñible na páxina web de Avimós.

Autóctonas Galegas Número 13

Enlace aos vídeos:

Vídeo 1

Vídeo 2

Vídeo 3


novas BOAGA

LUCIMENTO DA GALIÑA DE MOS NO PROGRAMA COME A COMARCA A Galiña de Mos converteuse nunha das protagonistas do programa de cociña Come a comarca (TVG) emitido o pasado 17 de xuño. Aproveitando que os concursantes visitaban a comarca da Terra Chá, os cociñeiros do restaurante Casa Gaibor de Guitiriz prepararon un suculento Galo de Mos estufado ao xeito tradicional. O programa tamén contou coa participación do criador e presidente de Avimós, Francisco Monasterio, que non só lles contou aos concursantes as principais características

O CORDEIRO DE OVELLA GALEGA VOLVE AO FORNO DE TOVAR O restaurante laurentino O Forno de Tovar dáballe inicio o pasado 4 de xullo a unha nova edición das súas Xornadas Gastronómicos de Cordeiro de Ovella Galega. Os cordeiros, procedentes da gandería Explotacións Gandeiras Soli de Alfoz, foron os protagonistas das distintas preparacións culinarias, que fixeron as delicias dos comensais.

69

O RÍO LEA SEGUE FIEL, UN ANO MÁIS, ÁS SÚAS XORNADAS DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA desta raza avícola autóctona de Galicia, senón que tamén se atreveu a sacarlle o máximo partido nos fogóns. Enlace ao programa:

O 26 de xuño daba comezo no restaurante Río Lea, na localidade lucense de Castro de Ribeiras de Lea, a oitava edición das Xornadas Gastronómicas de Cordeiro de Ovella Galega, organizadas en colaboración coa gandería Torre de Arcos SC, de Outeiro de Rei, da que procederon os cordeiros ecolóxicos cos que se elaboraron os pratos. Tanto o restaurante Río Lea como a gandería Torre de Arcos son operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega. Os clientes, coñecedores da calidade destas xornadas –que se estenderon ata finais de xullo–, non faltaron á cita e, un ano máis, concluíron cun grande éxito.

Esta gandería é operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega.

Autóctonas Galegas Número 13


70

novas BOAGA

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS, PROTAGONISTAS DUNHA REPORTAXE DE CRÓNICAS As nosas razas autóctonas protagonizaron a reportaxe “Los latidos del paisaje”, emitida o 3 de xuño no programa Crónicas de La 2 de RTVE e que fala do patrimonio cultural intanxible e de biodiversidade insubstituíble que supoñen as razas autóctonas españolas en perigo de extinción. Na elaboración deste programa participaron varios dos nosos criadores, ademais do director de Boaga

CAMPO GALEGO ENTREVISTA O PRESIDENTE DE AVIMÓS O diario dixital Campo Galego fíxolle unha interesante entrevista ao criador e presidente da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), Francisco Monasterio, na que se recollen moitos aspectos da cría e a comercialización da Galiña de Mos, así como as súas experiencias persoais. Enlace á entrevista:

A FOOD TRUCK AUTGA ACHEGOULLES OS SABORES AUTÓCTONOS AOS VECIÑOS DE CABANAS Veciños e visitantes de Cabanas (A Coruña) tiveron a ocasión de desfrutar este verán do sabor e da calidade das propostas gastronómicas elaboradas con carnes de razas autóctonas. Isto foi posible grazas á instalación a pé da praia da Food Truck AUTGA, propiedade do cociñeiro Antonio Díaz, onde se podían adquirir suculentas hamburguesas como a que se mostra na imaxe. Autóctonas Galegas Número 13

e secretario xeral de Federapes, José Ramón Justo, e o director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Cástor José Rivero. Queremos aproveitar a ocasión para agradecerlle ao equipo de Crónicas, con Juantxo Vidal á fronte, por contar coas federacións e asociacións de gandeiros, así como de criadores e técnicos para realizar esta fermosa e interesante reportaxe.

Podedes ver a reportaxe escaneando este código QR:

UN VÍDEO MOI DIDÁCTICO SOBRE A GALIÑA DE MOS Que fermoso o vídeo elaborado por Iris Branco sobre a nosa raza Galiña de Mos, ao que titulou 15 cousas sobre min. Galiña de Mos! Iris ten unha canle para cativos en YouTube con imaxes moi didácticas que, desde Boaga, vos animamos a ver escaneando este código QR:


novas BOAGA

A GALIÑA DE MOS CONQUISTA A ILLA DE ONS

A ADEGA ECOS DA PEDRA ACOLLEU UNHA DEGUSTACIÓN DE VIANESA

Ata a illa de Ons chegou a nosa Galiña de Mos! Así o atesta esta imaxe que nos enviaba no mes de agosto o noso amigo Iván Rodríguez, onde se observan varios exemplares da raza.

A adega Ecos da Pedra, localizada en Teimonde (Parada de Sil, Ourense), celebrou o 22 de agosto unha xornada de desgustación de carne de raza Vianesa. O produto empregado para a cata procedeu da Gandería Cimadevila, unha explotación ecolóxica situada no concello de Montederramo e dedicada á cría en liberdade de gando desta raza autóctona en perigo de extinción.

A OVELLA GALEGA, DE PROMOCIÓN EN ARTESANATO

RECENDO DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA NAS FRAGAS DO EUME E EN CABANAS

O criador de Ovella Galega e operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega Xoán González Alonso participou o pasado 5 de agosto en Artesanato, a I Feira de Artesanía da Mezquita, coa súa marca “Granxa ecolóxica rexenerativa A Ciruxana”.

O restaurante Andarubel, dirixido polo cociñeiro Antonio Díaz e situado en pleno parque natural Fragas do Eume, en Pontedeume (A Coruña), ofreceu na carta, durante o mes de agosto, un delicioso cuarto de cordeiro de Ovella Galega ao forno con patacas ao romeu. Paralelamente, a Food Truck AUTGA –tamén propiedade de Díaz–, instalada no paseo da praia da Madalena, no municipio limítrofe de Cabanas, deulles a oportunidade aos paseantes de desfrutar do timo de cordeiro mamote de Ovella Galega con salsa chimichurri de menta e crema de queixo San Simón en formato hamburguesa. A subministradora dos cordeiros cos que se elaboraron estas propostas foi a Granxa Feal de Lavandeira, pertencente

71

Xoán informou a todas aquelas persoas que se achegaron ata o seu posto sobre as principais características da raza e as particularidades da súa gandería. O público tamén tivo a posibilidade de adquirir produtos da súa explotación, outra forma de coñecer a Ovella Galega a través do padal.

ao concello de Cabanas. Cómpre destacar que, neste caso, tanto o produtor primario como os comercializadores –Granxa Feal, Andarubel e AUTGA, respectivamente– están dados de alta como operadores autorizados para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega. Sinerxías moi importantes! Autóctonas Galegas Número 13


72

novas BOAGA

SABOR DE CACHENA NO RESTAURANTE ZONA FRANCA O 29 de agosto daban comezo no restaurante Zona Franca de Vilar de Santos (Ourense) unhas Xornadas Gastronómicas de Cachena, cuxa materia prima para a elaboración das distintas propostas procedeu da explotación Montes de Boado, gandería autorizada para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Cachena.

XORNADAS DE RAZA LIMIÁ EN VILAR DE SANTOS

A finais de setembro, o restaurante Zona Franca volvía apostar pola calidade e o sabor das razas autóctonas, esta vez polos da raza Limiá, coa celebración dunhas novas xornadas gastronómicas. A carne coa que se elaboraron os pratos procedeu de animais criados na finca que Ganadería Balín SC ten no concello de Verea. Entre as variadas propostas destacaron algunhas tan apetecibles como a agulla ao allo, as hamburguesas ou o redondo de Limiá. Satifácenos comprobar como cada vez máis restaurantes apostan por un produto de calidade, sostible e de proximidade.

A HOSTALERÍA MANTÉN A SÚA APOSTA POLOS PRODUTOS DA GALIÑA DE MOS Malia as dificultades do sector hostaleiro neste ano marcado pola crise sanitaria da COVID-19, moitos establecementos seguen apostando polos produtos da raza Galiña de Mos. Exemplos desta positiva realidade son o restaurante Gaibor de Guitiriz; o Silabario de Vigo; La Lorenza e La Falda de Lavapiés, en Autóctonas Galegas Número 13

Madrid; o Bar Pampín de Santiago de Compostela e moitos máis. Na imaxe vemos unha proposta do restaurante Silabario –distinguido este ano cun Sol Repsol– que leva por nome “Galo de Mos estufado moi lento e espinacas á crema” e que forma parte do seu menú degustación Raíces.

AS AUTÓCTONAS, ESTRELAS TELEVISIVAS EN 2020 As nosas razas autóctonas e as explotacións onde se crían foron protagonistas este ano de diversas gravacións para programas televisivos, algúns xa emitidos e outros pendentes de emisión. Como exemplo mostrámosvos esta imaxe na que un equipo dunha produtora galaico-portuguesa entrevistaba os propietarios da gandería Cachenas do Xurés. A instantánea foi tomada o 25 de agosto en Olelas (Entrimo, Ourense).


novas BOAGA

73

AS NOSAS RAZAS PROTAGONIZAN UN CALENDARIO ESCOLAR No mes de setembro publicouse o calendario escolar de razas autóctonas españolas, editado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional dende a Embaixada de España en Polonia e no que colaboraron a Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes) e as súas asociacións. O calendario escolar é unha publicación recorrente da Consejería de Educación en Polonia que se emprega como material divulgativo e de difusión. Distribúese, principalmente, en centros educativos nos que se imparte español. A temática elixida para o calendario 2020-2021 foron as razas autóctonas españolas, unha excelente iniciativa para promover estas razas, os seus produtos e mais a xeografía española entre os escolares que aprenden a lingua e a cultura españolas nos países do leste. Moitas das razas autóctonas galegas forman parte deste precioso calendario escolar, que podedes descargar na web á que accederedes a través do escaneo deste código QR:

Autóctonas Galegas Número 13


74

novas BOAGA

PRODUTORES DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS PARTICIPAN NA INICIATIVA ‘COCIÑANDO A MARIÑA LUCENSE’

e un concurso de videorreceitas aberto a todo o mundo, onde un xurado seleccionará a máis orixinal, a cal, facendo uso de produtos agroalimentacios da comarca, mostre tradición e innovación, tanto na realización do vídeo como na elaboración da receita.

‘Cociñando A Mariña Lucense’ é un proxecto ecogastronómico co que se pretende darlles visibilidade aos produtores e mais á gran diversidade de produtos agroalimentarios da Mariña, fomentando os contactos entre os hostaleiros e os produtores da comarca, entre os que se atopan varios criadores das nosas razas autóctonas galegas.

Esta iniciativa inclúe unha guía de produtores da Mariña lucense, a cal podedes atopar na páxina web do proxecto: https://amarinalucense.gal/es/cocinando-a-marina-lucense. ‘Cociñando A Mariña Lucense’ tamén ten en marcha outras actividades, como videorreceitas propostas polos restaurantes da zona elaboradas con alimentos da Mariña

A presentación desta iniciativa tivo lugar o 23 de setembro no Centro de Interpretación da Mariña (Cenima), cuxa sede se atopa na vila de Foz. Está promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense en colaboración coa Federación de Comercio da Mariña (FCAM) e a Xunta de Galicia, e nela participan varios produtores de razas autóctonas galegas pertencentes a esta comarca.

A LA DE OVELLA GALEGA EXHIBE AS SÚAS POSIBILIDADES EN TOMIÑO O 27 de setembro, en Tomiño, a nosa operadora autorizada para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega Merino Coqueta amosou a variedade de produtos que está a elaborar coa la destes animais na Feira de Artesanía que celebrou ese día o municipio. Recomendámosvos seguila na súa páxina de Facebook Merino Coqueta, onde atoparedes boa artesanía e, por riba, autóctona.

Autóctonas Galegas Número 13

Amosámosvos o xabón de feltro que elabora, así como puchos tradicionais galegos e orixinais alfinetes de produtos autóctonos.


novas BOAGA

75

RECOÑECEMENTO Á NOSA CRIADORA MARI LUZ GÓMEZ POLO SEU TRABALLO A PROL DO RURAL A nosa criadora Mari Luz Gómez, propietaria de Granxa O Castiñeiro, foi recoñecida por Fademur Galicia e a Deputación da Coruña polo seu traballo no rural e a favor do rural. Xunto ao doutras tres mulleres, Julia, Iria e María, púxose en valor o seu labor con motivo do Día Internacional das Mulleres Rurais, celebrado o pasado 23 de outubro. Mari Luz Gómez Fernández é unha emprendedora. Estamos a falar dunha gandeira de primeira xeración que ten a súa gandería dividida entre os concellos de Ordes e Frades, na provincia da Coruña, e sempre tivo claro que quería criar animais de razas autóctonas. Ten o seu domicilio familiar no Piñeiro, no concello de Ordes, onde cría Galiña de Mos, actividade que leva desenvolvendo desde hai máis de doce anos, mantendo un curral con máis de setenta galiñas. A principal fonte de ingresos do seu traballo é a venda de ovos e de aves para consumo, e, a través da incubación de ovos na granxa, fai a súa propia recría e vende polos para novas granxas de

Galiña de Mos. A Mari Luz tamén lle gustaron desde sempre as vacas cachenas e, na actualidade, ten un rabaño na localidade de Brañas, en Frades, que oscila entre os trinta e os cincuenta exemplares. Ao igual que a maior parte das mulleres do rural galego, compaxina o traballo na explotación co coidado da súa nai e dos seus sogros. Foi un recoñecemento ao papel esencial que fan as mulleres no noso rural. Parabéns para Mari Luz e para todas elas!

Autóctonas Galegas Número 13


76

novas BOAGA

O SABOR E A CALIDADE DA GALIÑA DE MOS TRIUNFAN NO FORNO DE TOVAR No mes de marzo daban inicio unhas xornadas gastronómicas no restaurante O Forno de Tovar, situado no Pazo de Tovar, en Lourenzá (Lugo), pero a irrupción da pandemia da COVID-19 provocou a súa cancelación tan só unha semana despois da súa posta en marcha. Logo da fin do confinamento, durante o verán continuáronse desenvolvendo nas fins de semana e, xa no mes de outubro, foi a quenda dos produtos da Galiña de Mos, que estiveron presentes xunto a outro alimento típico da zona, a faba de Lourenzá. Concretamente, o cociñeiro Jorge López, Vilelo, presentou un prato de Galiña de Mos con ovo da raza e faba de Lourenzá. A pesar das circunstancias sanitarias que estamos a atravesar, as xornadas resultaron un grande éxito, cunha destacada afluencia de xente disposta a saborear e a desfrutar da calidade desta carne.

Os días 3 e 4 de outubro desenvolvéronse en Ourense, concretamente na cervexería Casablanca, unhas xornadas de boi de raza Vianesa. Jorge González, cociñeiro do restaurante Casa Elvira de Montederramo, fixo un menú composto por minihamburguesas, croca á prancha, costela ao forno con gornición e unha sobremesa consistente en bica de Montederramo ou queixo do Cebreiro con Mel. A materia prima procedeu de Gandeiría Cimadevila, criador da raza e tamén operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Vianesa.

Os produtos da raza foron proporcionados pola granxa Chousa do Lea, de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei, Lugo).

A RAZA VIANESA, PROTAGONISTA EN AQUÍ LA TIERRA A raza Vianesa protagonizou unha entrega do programa Aquí La Tierra de La 2 de Televisión Española. Nel participou José Blanco, presidente de Vianega e de Boaga, falando das bondades da raza e das súas características. Cómpre destacar que a súa explotación, Gandeiría Cimadevila, é operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Vianesa. O programa, que foi gravado en Montederramo (Ourense), emitiuse o 19 de Autóctonas Galegas Número 13

EXALTACIÓN DE BOI DE RAZA VIANESA NA CERVEXERÍA CASABLANCA

outubro. Porén, se non tivestes ocasión de velo na televisión no seu día, podedes velo a través do escaneo deste código QR:


novas asoporcel

EXPOSICIÓN DA RAZA CELTA NA TRADICIONAL FEIRA DE SANTOS DE MONTERROSO

O PORCO CELTA “VISTE” DE ETIQUETA NEGRA NA FEIRA DO GOURMET EN PONTEVEDRA

O 1 de novembro de 2019 o Concello de Monterroso celebrou un ano máis a súa tradicional Feira de Santos. Entre a multitude de actividades programadas para ese día, salientou a exposición de animais da raza Porco Celta, provenientes da gandería colaboradora DOD Celtas da Ulloa (Monterroso). A mostra foi admirada por numerosos asistentes que non quixeron perder a considerada “feira das feiras de Galicia”.

A provincia de Pontevedra acolleu unha nova edición da Feira Gourmet Etiqueta Negra (9-11 de novembro), un evento dedicado aos produtos gourmet e delicatessen. Trátase dun bo punto de encontro para dar a coñecer a nosa raza e os seus produtos a profesionais da alimentación, restauración ou os propios consumidores interesados nas súas calidades. Nesta nova edición, o público

77

puido degustar, entre outras razas autóctonas, a carne de Porco Celta, achegada polos criadores que forman a Soc. Coop. Galega Tres Fuciños e nos postos dos operadores Pata Celta e da Comecamiños Food Truck.

SABOR DE PORCO CELTA NA GASTRO-FEST DE LUGO O 27 de novembro tivo lugar no mercado municipal Quiroga Ballesteros da capital lucense a BioReDes Gastro-Fest, unha actividade gastronómica, científica e musical, que se enmarca no proxecto “Camiño con ciencia”, que promove a Agrupación Estratéxica do Campus Terra da USC BioReDes.

A este evento asistiu Asoporcel cunha mesa divulgativa na que os asistentes ao mercado puideron levar folletos informativos sobre a asociación, ao tempo que degustaron embutidos derivados da nosa raza autóctona.

MÁIS DUN CENTO DE ASISTENTES NA III XORNADA TÉCNICA DO PORCO CELTA EN GALICIA O 23 de novembro o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolleu a III Xornada Técnica Monográfica do Porco Celta en Galicia que organiza Asoporcel, con máis de cen asistentes interesados na cría e produción desta raza. Varios relatores expuxeron diversos temas de actualidade coa finalidade de fomentar a instalación deste tipo de ganderías, así como facelas máis sostibles e rendibles. A primeira sesión foi abordada por M.ª Cruz Castro Pumares (técnica veterinaria de Asoporcel) e nela tratou todo o relativo aos comezos dunha granxa da raza Porco Celta. O segundo relatorio correu a cargo de Fernando López López (xefe de Servizo Territorial do FOGGA, Consellería do Medio Rural), quen lle explicou ao público as diferentes liñas de axudas existentes para as explotacións de Porco Celta. A bioseguridade foi un dos temas máis destacados da xornada, tendo en conta o risco das ameazas sanitarias actuais exis-

tentes nas ganderías de porcino extensivo. Jordi Baliellas (veterinario coordinador da Área de Sanidade Animal de Interporc) foi o encargado de tratar este tema. A mañá continuou con intervención de M. Rafael Pérez Prados (xefe do Servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria da Xefatura Territorial en Lugo, Consellería do Medio Rural). Na súa charla falou das distintas axudas e condicións para transformar e comercializar os diversos produtos resultantes do Porco Celta. Para rematar a xornada, Daniel Franco Ruíz (xefe de Investigación Agroalimentaria do CTC) describiu as diferentes características e peculiaridades da carne e do canal desta raza autóctona galega.

Esta terceira edición deixou de manifesto o interese que está a espertar a raza Porco Celta coma unha alternativa a outros sistemas de produción, así como a valorización e diferenciación dos seus produtos. Autóctonas Galegas Número 13


78

novas Asoporcel

O PORCO CELTA, NO CAMIÑO FRANCÉS

”SOMOS AGRO’’ FAISE ECO DOS BENEFICIOS DA RAZA NOS NOSOS MONTES

Seguindo as diferentes actividades programadas no Itinerario Gastronómico do Camiño Francés, o día 6 de decembro de 2019 o municipio de Monterroso (Lugo) acolleu as 3.as Xornadas de Exaltación de Produtos Gastronómicos dos Concellos da Comunidade, nas que non podían faltar diversos produtos elaborados da raza Porco Celta, procedentes da gandería colaboradora DOD Celtas da Ulloa.

Baixo o título “El Porco Celta desbroza y favorece el crecimiento natural de la hierba”, o portal “Somos Agro” do xornal La Voz de Galicia publicou o día 29 de decembro do pasado ano unha interesante reportaxe asinada pola xornalista María Cedrón con base nun estudo da USC sobre a importancia do silvopastoreo con exemplares da raza Porco Celta e os seus efectos beneficiosos para o mantemento do monte e a prevención de lumes. Reportaxe dispoñible no QR:

O PORCO CELTA, POR PRIMEIRA VEZ NA FEIRA DO CAPÓN DE VILALBA A tradicional Feira do Capón de Vilalba (Lugo) celebrada o 22 de decembro tivo coma gran novidade a degustación entre todos os asistentes de diversos produtos derivados da raza Porco Celta por primeira vez na súa historia.

CAMPO GALEGO ENTREVISTA O CRIADOR ADRIÁN SIXTO, RESPONSABLE DE EMBUTIDOS HERMELINO O Porco Celta foi protagonista no xornal dixital agrario Campo Galego da man do noso criador Adrián Sixto (O Valadouro, Lugo), un dos primeiros en apostar pola raza Porco Celta. Nesta entrevista realizada por Camilo Friol, que viu a luz neste medio o día 20 de decembro, fai un percorrido polo seu proxecto empresarial e desvela algunhas das súas perspectivas de futuro, como ampliar a súa explotación con 15 nais reprodutoras. Entrevista completa no QR:

A FOOD TRUCK AUTGA, NO MERCADO DO NADAL DE CABANAS O mes de decembro de 2019 da man do operador Food Truck AUTGA Autóctonas a raza Porco Celta pechou a tempada de eventos no I Mercado de Nadal de Cabanas (A Coruña). Os asistentes puideron desfrutar de diversos elaborados a partir desta raza.

SABOR CELTA NO PAZO DE TOVAR O 17 de xaneiro o Porco Celta estivo presente, xunto a outros manxares da Mariña lucense, tales como a faba de Lourenzá, o bonito de Burela ou a pescada do pincho de Celeiro (Viveiro), na Xornada Gastronómica celebrada no Forno de Tovar (Lourenzá, Lugo), que fixo as delicias de todos os comensais.

Autóctonas Galegas Número 13


novas asoporcel

O CRIADOR XOSÉ FERNÁNDEZ AMOSA O SEU LABOR EN LA VOZ DE GALICIA Na entrevista publicada neste xornal o día 20 de xaneiro este produtor fonsagradino recolle a súa experiencia na cría e no manexo de Porco Celta. Fernández lembra que na súa casa criaban porcos desta raza destinados ao autoconsumo ata que decidiu profesionalizar o seu labor. O produtor tamén describe as características e as bondades que destacan nesta especie e nos seus produtos. Tedes o artigo completo no QR:

79

ASISTIMOS AO 40.º ANIVERSARIO DE FITUR Da man da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), a raza Porco Celta acudiu á Feira Internacional de Turismo (Fitur), organizada por IFEMA (Madrid), que tivo lugar entre o 22 e o 26 de xaneiro de 2020, un punto de referencia ineludible para os profesionais do turismo, que este ano celebraba ademais a súa 40.ª edición. A especie porcina estivo de promoción xunto coas razas autóctonas Galiña de Mos e Ovella Galega no expositor dedicado a Galicia e tivemos a ocasión de asistir á presentación da XI guía turística

... E para comer, Lugo, editada pola asociación lucense, na que se recollen os lugares máis emblemáticos e se promoven os produtos gastronómicos máis representativos da nosa terra, entre os que se encontran os derivados das nosas razas.

LA VOZ DE GALICIA ENTREVISTA A ISABEL COSTAS, PRESIDENTA DE TRES FUCIÑOS O 26 de xaneiro a sección “Mercados” do xornal La Voz de Galicia aparecía o nome de Isabel Costas (Carballedo, Lugo) no titular que daba pé á entrevista feita a esta emprendedora, outra das nosas gandeiras e, dende 2018, presidenta da cooperativa Tres Fuciños.

SARRIA HOMENAXEA A CARNE DO PORCO CELTA NA SÚA XII FESTA DO COCIDO O 8 de febreiro a comarca de Sarria celebraba a súa XII edición do Cocido do Porco Celta, superando un ano máis os oitocentos comensais, que se achegaron para degustar e desfrutar dos diferentes produtos derivados da raza. Conxuntamente, o campo da feira da localidade acolleu a IV Feira Internacional do Porco (Fiporco), con embutidos da zona e sabores do Camiño Francés, na que Asoporcel participou cun stand informativo para dar a coñecer a raza porcina autóctona entre o numeroso público asistente.

Na conversa que tivo coa xornalista Ana F. Cuba, Costas contou polo miúdo a súa experiencia empresarial como produtora da raza Porco Celta dende hai catro anos e salientou que no seu labor como presidenta da cooperativa a facturación se incrementou nun 40 %, uns beneficios que os está animando a ampliar mercados:

“Queremos internacionalizar as vendas”, manifestou no periódico coruñés. Entrevista completa no QR:

XORNADA EN IRIXOA SOBRE OS RISCOS SANITARIOS NAS EXPLOTACIÓNS DE PORCINO

O día 1 de febreiro tivo lugar no concello coruñés de Irixoa a Xornada Técnica sobre “Sanidade animal nas explotacións de porcino”. Organizada pola gandería Granxas de Lousada SC coa colaboración de Aso-

porcel, desenvolveuse durante todo o día na Escola dos Altos de Verís, onde se expuxeron diferentes aspectos relacionados coa cría e manexo da raza Porco Celta en sistemas extensivos da man de diversos expertos na materia. A xornada completouse cunha mesa redonda, cun debate dos relatores e asistentes e cunha visita á explotación extensiva ecolóxica de Porco Celta de Granxas de Lousada. Autóctonas Galegas Número 13


80

novas Asoporcel

ASOPORCEL RECIBE O XX PREMIO ARESA DE DESENVOLVEMENTO RURAL O 4 de decembro de 2019 o xurado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural anunciou que Asoporcel era a entidade galardoada nunha conferencia de prensa celebrada no vicerreitorado do Campus lucense. Segundo manifestaron os integrantes do xurado, a candidatura presentada pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) foi a escollida pola posta en valor desta raza autóctona galega e dos seus produtos.

UN GRANDE AGASALLO POLO 20.ª ANIVERSARIO DA ASOCIACIÓN Na súa intervención para agradecer este galardón, a directiva da Asociación subliñou que o premio “é de todos os que traballamos día a día na recuperación do Porco Celta“, dedicáronllelo a todas aquelas persoas que co seu labor fixeron posible este recoñecemento e engadiron que supoñía un excelente agasallo no 20.º aniversario da asociación. “Ao igual que o Premio Aresa, nós tamén cumprimos 20 anos, e que mellor forma de celebralo que con este incentivo?”, destacaron.

A GALA DE ENTREGA, UN EVENTO MOI EMOTIVO Un par de meses máis tarde, en concreto o día 28 de febreiro, o auditorio da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo acolleu o numeroso público que asistiu á gala de entrega do premio. O acto foi presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López Díaz, e o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, aos que acompañaron os membros

do xurado desta edición, a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto; o presidente do grupo Nogar e da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira García, e o catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, investigador e experto internacional en xenética, Ángel Carracedo Álvarez, quen ofreceu a conferencia maxistral “A coevolución dos humanos e dos animais”, a través da cal explicou as diferenzas xenéticas máis salientables entre ambos, como foron as súas evolucións e de que maneira se influíron ata a actualidade. Seguidamente á conferencia, proxectouse un vídeo conmemorativo do vinte aniversario do Premio Aresa no que se recordou como foi a posta en marcha deste galardón e no que todos os premiados ata o día de hoxe fixeron memoria do que supuxo recibir o Premio Aresa no seu día. A continuación tivo lugar a lectura da acta coa resolución do xurado por parte da súa secretaria, a vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, e a entrega do Premio a Asoporcel.

José Barreira, presidente de Asoporcel, recibe o premio de mans de Álvaro Rodríguez, presidente de Aresa

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela e o presidente de Aresa entregaron a placa conmemorativa e os 10.000 euros cos que está dotado o premio a José Barreira Alonso, presidente da Asociación.

Acto de entrega en vídeo no QR:

Autóctonas Galegas Número 13


novas asoporcel ASOPORCEL AGRADECEU O PREMIO MIRANDO CARA AO FUTURO

81

Premio Aresa 2019

Tras a entrega do galardón, José Barreira, presidente de Asoporcel, dirixiuse ao auditorio ateigado de xente e comezou agradecéndolles o premio ao grupo Aresa e aos membros do xurado “por confiar no noso labor e polo recoñecemento que isto implica”. O vixésimo Premio Aresa coincide xusto no ano no que Asoporcel tamén celebrou os seus vinte anos de percorrido “asentado na recuperación da raza Porco Celta. Dúas décadas nas que atravesamos boas etapas e non tan boas, pero nas que se conseguiron grandes logros, de feito a raza permanece e somos sabedores dela”, subliñou. Barreira asegurou que continuarán “traballando na recuperación e conservación da raza, fomentando o nacemento de novas granxas de Porco Celta, expoñendo os nosos animais nas feiras de gando, celebrando xornadas e festas que xiran arredor deste porco, poñendo os medios para que a calidade sexa a bandeira das súas carnes e soprando en favor dos ventos que fixeron ao Porco Celta aliado dos montes para non sucumbir aos lumes e aliado das aldeas para non perder a xente nova que busca un porvir”. Como obxectivos de futuro tamén adiantaron o proxecto dunha granxa de multiplicación e novos proxectos de investigación. Logo das palabras de agradecemento do premiado, Víctor Nogueira García, presidente do grupo Nogar e da Asociación Galega da Empresa Familiar, saíu ao estrado para agradecerlles a Aresa e a Universidade a invitación a ser membro do xurado nesta edición e salientou que “no rural hai futuro e Asoporcel é un exemplo disto, de combinación de innovación con defensa da tradición”.

E CHEGOU A FIN DE FESTA... Chegando ao remate da gala, Álvaro Rodríguez Eiras sinalou da gañadora “o importante labor que desenvolve na defensa e posta en valor da raza autóctona galega Porco Celta”, recordou a todos os premiados en edicións anteriores así como a todas as candidaturas que se levan presentado ao Premio e tivo palabras de agradecemento para todos aqueles que, dalgún xeito, lle axudaron a impulsar e continuar coa súa iniciativa, en especial á Universidade de Santiago de Compostela, a todos os reitores que por ela pasaron nestes anos e, sobre todo, a Darío Villanueva, quen lle axudou na posta en marcha do galardón. Pola súa parte, o reitor da USC, Antonio López Díaz, felicitou a Asoporcel e subliñou que “a Universidade debe seguir e seguirá polo camiño da combinación da docencia, da investigación, coa transferencia do coñecemento e a conexión coa realidade e coa sociedade a quen se debe”.

ASOPORCEL ADIANTOU NA GALA O PROXECTO DUNHA GRANXA DE MULTIPLICACIÓN

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, clausurou a gala agradecéndolle ao público a súa presenza, felicitando unha vez máis a Asoporcel como gañadora desta vixésima edición e salientando que “na próxima década o rural vai ser o protagonista contra o despoboamento do territorio e o cambio climático. O rural está vivo, hai moita vida intelixente e xente nova no rural e, precisamente, o rural é un dos puntos máis importantes que ten Galicia”.

O auditorio da Facultade de Veterinaria de Lugo encheuse de amigos da asociación que quixeron estar presentes no acto.

Autóctonas Galegas Número 13


82

SUSHI DE PORCO CELTA, UNHA INNOVADORA RECEITA NO CAMIÑO DE SANTIAGO A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) celebrou o 8 de febreiro o seu I Congreso Gastronómico Cultural... E para comer, Lugo no Camiño, que xirou ao redor da cultura gastronómica dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo. O encontro tivo lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e contou con diversas actividades como obradoiros de cata, degustación de cafés, mesa debate, demostracións e elaboracións de receitas do Camiño a oito mans a cargo de cociñeiros da provincia, ademais dun taller de cociña para os máis pequenos. Entre as demostracións e elaboracións de receitas, salientou a proposta do restaurador Manu Rodríguez, quen elaborou un orixinal prato que titulou “Sushi galego de Porco Celta”, o cal espertou unha grande expectación entre todos os asistentes.

novas Asoporcel

O SABOR CELTA FAISE UN OCO EN XANTAR

XORNADA DIVULGATIVA NO PAÍS VASCO SOBRE A RAZA Uns días máis tarde, concretamente o 13 de febreiro, viaxamos a Vitoria-Gasteiz para participar na xornada divulgativa titulada “El silvopastoralismo con cerdos. ¿Una práctica a impulsar?” que foi organizada polo Instituto Vasco de Investigación Agraria (NEIKER). O obxectivo desta iniciativa, que se desenvolveu na sala de reunións de Las Caballerizas da capital éuscara, foi mostrar os resultados máis relevantes na avaliación do impacto medioambiental en bosques con aproveitamento silvopastoral de porcos con distintas razas autóctonas, entre as que se atopaba

MANXARES DE PORCO CELTA, NA XXIII FEIRA DO BUTELO DA FONSAGRADA PRESENZA DE PORCO CELTA NOS 40 ANOS DA FEIRA DO GRELO DAS PONTES O tradicional evento tivo lugar os días 22 e 23 de febreiro e contou un ano máis cunha representación das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Ademais de animais vivos, da gandería colaboradora de Manuel Rouco (Vilaba, Lugo), os asistentes puideron recadar numeroso material divulgativo nun stand informativo habilitado para tal fin.

Autóctonas Galegas Número 13

Entre os días 5 e 9 de febreiro a raza Porco Celta estivo presente nunha nova edición de Xantar (Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense) da man do operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta Sociedade Cooperativa Galega Tres Fuciños, que instalou un expositor no que luciron produtos derivados da raza, así como material divulgativo dispoñible para o público asistente.

A fin de semana do 15-16 de febreiro o Porco Celta asistiu a unha nova edición da Feira do Butelo da Fonsagrada e desta volta estivo representado por dous operadores da comarca, Casa Castelao e Embutidos Buenavista, os cales dispuxeron de diversos produtos derivados da raza dos que puido desfrutar o numeroso público que animou a xornada.

PRODUTOS DA RAZA NA XV EXPOGRELO DE ABADÍN O concello lucense de Abadín celebrou o día 22 de febreiro a súa XV edición de Expogrelo, unha tradicional cita na que non podían faltar os produtos da nosa raza autóctona. Os asistentes puideron achegarse e mercar os diversos produtos derivados no posto de Embutidos Hermelino, á fronte do cal estivo o noso criador e operador Adrián Sixto (O Valadouro, Lugo).

o Porco Celta, así como cargas gandeiras en réxime extensivo. Sen dúbida, foi unha boa oportunidade para dar a coñecer a nosa raza e os seus diferentes aproveitamentos no rural galego entre o diverso público asistente.


novas asoporcel

MOSTRA DE ANIMAIS VIVOS NA FESTA DO LACÓN CON GRELOS DO MESÓN DO VENTO

A CRIADORA ISABEL COSTAS FALA NA CRTVG SOBRE COMO RESISTIR EN TEMPOS DE PANDEMIA

Durante a fin de semana do 7 e 8 de marzo a raza Porco Celta estivo presente na XXII edición da Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento (Ordes, A Coruña), cunha exposición de varios exemplares provenientes da explotación de Carmen Rey Mosquera (Oroso, A Coruña).

O 17 de abril a raza Porco Celta foi protagonista no programa da CRTVG, A Revista, da man da criadora e presidenta da Sociedade Cooperativa Galega Tres Fuciños –que xunta nove produtores de toda Galicia–, Isabel Costas (Carballedo, Lugo). A criadora explicoulles aos telespectadores como están a traballar na cooperativa dende que se decretara o estado de alarma no mes de marzo. Segundo confesou naquel momento, non están a sacrificar, ao estar a hostalería pechada, pois é o seu principal cliente, polo que están traballando para, dentro de pouco, vender a particulares e tentando chegar a máis xente.

“MÁIS PORCO E MÁIS CELTA QUE NUNCA”, EN EL PROGRESO Ese mesmo día vía a luz na sección de opinión do xornal lucense El Progreso o artigo titulado “Máis porco e máis celta que nunca”, firmado por Iván M. Rodríguez Paz, director técnico de Asoporcel, quen puxo o foco na importancia do sector agrogandeiro durante a crise da COVID-19 e, en concreto, na relevancia que está a tomar esta especie porcina grazas ao labor da asociación.

En Tres Fuciños (negocio que realiza todo o proceso, dende a cría dos animais ata a súa venda, enteiros e salgados; pasando pola elaboración de derivados -chourizo, salchichóns, patés etc.-), viron baixar as súas vendas malia ter que seguir alimentando os cochos, pero confían en que a situación se vaia normalizando pouco a pouco. Reportaxe íntegra escaneando o QR:

83

OS PORCOS FELICES DE CÉSAR E PABLO O 11 de maio o programa Cos pés na terra da televisión pública galega emitiu a historia de César Roo e o seu socio Pablo, criadores de Porco Celta, cuxas historia e relación con estes animais están unidas dende as raíces á parroquia de Cornazo (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra). Co habitual ton distendido deste programa, os dous operadores fixeron un percorrido pola súa granxa, ao tempo que contaron os seus inicios na cría desta raza, da que procuran que saian “porcos felices” para conseguir unha carne “máis saborosa”, explicaron polo miúdo a evolución da súa explotación, Delandra, e presentáronnos os seus animais, entre os que salientaron o porco semental Collóns e a porca Zapatita, a cal xa foi a varios concursos morfolóxicos. César e Pablo complementan o seu traballo de gandeiros co negocio que teñen en Vilagarcía de Arousa, Delandra Carnicería, sito na praza de abastos e especializado en carne de razas autóctonas, entre as que se inclúe a de Porco Celta, cuxa carne comercializan baixo diferentes fórmulas, que vai dende hamburguesas ata os chourizos ou as albóndegas. Reportaxe completa:

AQUÍ LA TIERRA SALIENTA AS BONDADES DO PORCO CELTA O 3 de maio o programa Aquí la Tierra, de RTVE, ofreceu unha reportaxe sobre o Porco Celta da man do noso criador David González, quen dende a súa gandería Finca A Tellada (Nogueira de Ramuín, Ourense) amosou as súas peculiaridades e o seu sistema de cría. David falou, entre outras cousas, da historia destes animais, das súas bondades e da súa recuperación, así como das súas perspectivas de futuro polo interese que están amosando cada

vez máis gandeiros pola súa recría. Non o perdades! Autóctonas Galegas Número 13


84

PORCINEWS SEGUE A PEGADA DO PORCO CELTA No mes de maio Porcinews entrevistou a través da súa canle de Youtube o director técnico da Asociación, quen destacou que estes animais se erixen como “exemplo da importancia da recuperación e preservación do patrimonio xenético autóctono”. Así mesmo, lembrou os grandes beneficios que achegan ao ecosistema do sotobosque galego, “xa que coa súa actividade de pastoreo axuda na prevención de incendios e ten un efecto mellorador da calidade do solo”. Entrevista completa:

novas Asoporcel

CAMPO GALEGO PUBLICA UN ARTIGO TÉCNICO SOBRE SILVOPASTOREO E PORCO CELTA O diario dixital Campo Galego publicou o día 28 de maio o artigo asinado por Iván Rodríguez, director técnico de Asoporcel, titulado “Os beneficios do silvopastoreo con Porco Celta“. Nesta ocasión Rodríguez céntrase nos beneficios do silvopastoreo con exemplares da raza Porco Celta e dá

conta dos resultados do proxecto de pastoreo con estes animais na MVMC de Carballo en Friol (Lugo). Artigo completo no QR superior.

A CASA DA RÚA, O SOÑO CUMPRIDO DA CRIADORA LAURA SÁNCHEZ Tras deixar atrás diversos traballos na cidade que non a satisfacían, esta gandeira decidiu poñer en marcha a súa propia explotación, A Casa da Rúa. Así o confesa a criadora Laura Sánchez (Sanmil, Oza dos Ríos) diante da cámara do programa especializado no sector agrario da CRTVG, Cos pés na terra, que saíu á luz o 1 de xuño. Tal e como dixo o condutor do programa, Laura está a traballar cada día “para alimentar un soño”, no que conviven os seus animais: vacas, galiñas poñedoras e porcos de raza Porco Celta. Na actualidade, ademais, está a ampliar o negocio co cultivo de pro-

dutos de horta, un labor que aínda compatibiliza cos seus traballos de substitución en granxa cando os gandeiros llo solicitan para cubrirlles vacacións, baixas por enfermidade etc. Sen dúbida, unha experiencia ben interesante que podedes ver no QR superior.

O PORCO CELTA, EN PLENA FORMA NA PAISAXE GALEGA Ademais, na nosa páxina web tedes á vosa disposición o artigo firmado por Iván Rodríguez, “Tras las huellas del Porco Celta“, publicado orixinalmente en Porcinews.

OS BENEFICIOS DO SILVOPASTOREO CON PORCO CELTA, EN PORCINEWS Os beneficios do silvopastoreo con exemplares da raza Porco Celta sobre o chan e o sotobosque volvéronse a poñer de manifesto nun artigo técnico publicado na revista especializada no sector porcino Porcinews, na edición que viu a luz o 23 de xuño. Reportaxe íntegra:

Autóctonas Galegas Número 13

“Los latidos del paisaje” foi o título da reportaxe especial sobre razas autóctonas españolas emitido no programa Crónicas da RTVE o día 3 de xuño, no que non faltou o Porco Celta entre outras razas galegas, como a Cachena e o Cabalo. No que atinxe á especie porcina, o documental centrouse na Fraga do Coto, unha explotación de Vilalba (Lugo), cuxo propietario, Saúl, foi o encargado de presentar a raza, da que lembrou os inicios da súa recuperación, as súas características físicas, a adaptación ao medio, o número de explotacións que existen na actualidade etc. Tal e como destacou, despois

de estar a piques de desaparecer, grazas aos programas de rescate e conservación das razas autóctonas, esta especie porcina está hoxe en día en plena forma nas fragas dos bosques galegos. Documental completo no QR superior.

LABRANZA CELEBRA O 20 ANIVERSARIO DE ASOPORCEL O espazo Labranza da CRTVG, conducido por Manuel Cruz, dedicou o día 6 de xuño unha reportaxe especial aos vinte anos de Asoporcel. O mítico programa da televisión galega repasou a traxectoria da asociación na recuperación da raza Porco Celta e apuntou que a aposta que a

Asociación leva realizando dende 1999 lle levou á concesión do Premio Aresa do ano 2019. Podedes ver o programa íntegro:


novas asoporcel

A EXPLOTACIÓN CELTA PORC, COS PÉS NA TERRA O Porco Celta volveu estar presente no programa Cos pés na terra o día 22 de xuño na televisión de Galicia. Desta volta tocoulle ao noso criador Fernando Calviño Mendoza (Vila de Cruces, Pontevedra) contar como é o seu día a día na granxa, CMF Celta Porc. Este gandeiro describiu como foi a orixe do seu negocio e convidounos a dar un paseo polos distintos espazos onde ten os animais que conforman a súa explotación. Segundo explicou, tanto a alimentación coma o bo trato que reciben os seus animais e a vida sen estrés son dous dos trazos definitorios

da calidade da carne desta raza. O destino final do seu rabaño son os restaurantes e a produción de embutidos. Podedes ver a reportaxe enteira no QR:

CIENPORCEL, UNHA GRANXA DE PORCO CELTA NA PRIMEIRA ALDEA MODELO DE OURENSE Da man de Martín Touceda arrinca Cienporcel, un proxecto inserido na primeira aldea modelo de Galicia con exemplares da raza Porco Celta. Así o recolle o periódico La Región do 15 de xullo na reportaxe que lle dedicou a esta iniciativa, que abrangue 12 ha situadas no núcleo de Osmo en Cenlle. O promotor dispón xa de 25 porcinos para cebar en extensivo e cando se fixo a visita estaba a punto de incorporar catro femias e un macho. Reportaxe completa no QR da dereita.

“LOURIDA, UNHA GRANXA PIONEIRA DE PORCO CELTA” O día 12 de agosto o xornal dixital agrario Campo Galego publicou a reportaxe dedicada ao noso criador Avelino da Cruz (A Cañiza, Pontevedra), quen arrincou a súa gandería de Porco Celta en 2003. O gandeiro describe polo miúdo as características da súa explotación e dá conta do manexo e da alimentación dos seus animais, ao tempo que fai fincapé nos beneficios da raza. Xunto con outras explotacións, este operador impulsou hai catro anos a cooperativa Tres Fuciños, que

unificou a comercialización da carne das granxas socias. Reportaxe íntegra:

85

CANAL COCINA ACHÉGASE Á FESTA DO COCIDO DO PORCO CELTA DE SARRIA O 29 de xuño a canle especializada en gastronomía Canal Cocina dedicou un programa especial á Festa do Cocido do Porco Celta da comarca de Sarria, onde deu a coñecer a única raza autóctona porcina galega. A caravana deste espazo gastronómico desprazouse ata a localidade sarriá para amosar o cocido do Porco Celta na XII edición deste evento, que reuniu máis de oitocentos comensais e, entre outras cousas, visitaron as cociñas de diversos restaurantes da zona onde se elaboraron pratos que tiñan como materia prima a carne de Porco Celta. Tomade nota das receitas!

TRES FUCIÑOS PROMOVE A RAZA NA II FEIRA DO MEL DE MOAÑA O día 23 de agosto a raza Porco Celta estivo presente na II Feira do Mel do Concello de Moaña (Pontevedra) da man dos criadores da Sociedade Cooperativa Galega Tres Fuciños cun posto con diversos produtos derivados da raza dos que puideron desfrutar os numerosos asistentes, así como material divulgativo para dar a coñecer a especie porcina.

PRESA DE PORCO CELTA CON CACHELOS... ESTACHE BO! O día 9 de outubro o chef Xoanqui Ameixeiras, do programa da televisión pública de Galicia Estache bo!, presentou unha deliciosa receita elaborada con carne de Porco Celta acompañada de cachelos. Para elixir a mellor carne de porco, o reporteiro do espazo, Rafa Durán, achegouse ata a parroquia coruñesa de Urdilde

(Rois) para coñecer a explotación que teñen Manuel Pérez e Ana María Tomé, onde crían os porcos autóctonos que despois cociñan no seu restaurante Fogar do Selmo. Autóctonas Galegas Número 13


86

AS NOVAS XERACIÓNS DE CRIADORES DE PORCO CELTA, EN “SOMOS AGRO” Unha vez máis o xornal La Voz de Galicia inclúe no seu especial “Somos Agro” (15 de agosto) unha reportaxe dedicada ao Porco Celta. Nesta ocasión, co título “El bum del Porco Celta, el bombero que limpia el monte y ayuda a repoblar el rural”, a xornalista María Cedrón presenta o labor deste grupo de gandeiros: “Tienen menos de 38 años. Sus historias son diferentes [...], pero hay algo que los une a todos: el Porco Celta”.

Ao longo desta reportaxe explicaron o porqué desta aposta laboral e vital e contaron os seus distintos proxectos para vivir no e do rural galego. Sen dúbida, paga a pena lela!

COCIÑANDO A MARIÑA LUCENSE, TAMÉN CON PORCO CELTA O 23 de setembro participamos, xunto con outras das razas autóctonas, na presentación da campaña “Cociñando A Mariña Lucense” que tivo lugar no Centro de Interpretación da Mariña (Cenima), no concello lugués de Foz. O proxecto pretende poñer en valor a riqueza gastronómica da zona, entre a que se atopa a raza Porco Celta e os seus produtos derivados. Esta nova iniciativa foi posta en marcha pola Mancomunidade da Mariña Lucense, en colaboración coa Federación de Comercio da Mariña e a Xunta de Galicia.

Autóctonas Galegas Número 13

novas Asoporcel

TRES FUCIÑOS, NAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DO SAN ROQUE EN VIGO No mes de setembro a Sociedade Cooperativa Galega Tres Fuciños desprazouse ata a cidade olívica para participar nunhas xornadas gastronómicas que se celebraron no parque de San Roque, onde montaron o seu expositor, que incluía diversos produtos derivados e material informativo para o público asistente a este evento.

O PORCO CELTA ILUSTRA XANEIRO NO CALENDARIO ESCOLAR DE EDUCACIÓN 2020/2021 O mes de setembro publicouse o novo calendario escolar de razas autóctonas españolas, editado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional dende a Embaixada de España en Polonia, na que colaboraron a Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes) e as súas asociacións. O calendario deste curso 2020/2021 ten como temática as razas autóctonas españolas, unha excelente iniciativa para promover estas especies, os seus produtos e a xeografía española, no que non podía faltar o Porco Celta.

ASEMBLEA ANUAL DE ASOPORCEL EN LUGO No mes de outubro Asoporcel celebrou a súa asemblea anual no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Ese mesmo día desenvolveuse tamén a asemblea extraordinaria, na que tiveron lugar as eleccións á xunta directiva para os vindeiros catro anos.

O PORCO CELTA, DELICIOSO ACOMPAÑAMENTO DAS FABAS DE LOURENZÁ Co gallo da celebración da tradicional Festa da Faba de Lourenzá durante a fin de semana do 2-3 de outubro, o venres 2 os nosos amigos do programa Fun polo aire da CRTVG desprazáronse ata esta vila lucense para amosar a elaboración de diversas receitas con estes legumes nos fogóns de Jorge López, Vilelo, que dirixe e cociña no restaurante Forno de Tovar. Entre todas as deliciosas propostas, o restaurador cociñou unha fabada acompañada de touciño entrefebrado de Porco Celta. Queredes velo?


novas asoporcel

87

O PORCO CELTA, PROTAGONISTA DUNHA TESE DOUTORAL NA FACULTADE DE VETERINARIA DE LUGO A Facultade de Veterinaria de Lugo acolleu o día 30 de outubro a presentación da tese doutoral Características produtivas da canal e da carne na raza autóctona porcina Celta de Iván Manuel Rodríguez Paz, director técnico da Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel). O tribunal, composto por Daniel Franco Ruíz, xefe de Investigación do CTC, como presidente; Gonzalo Fernández Rodríguez, profesor titular do Departamento de Patoloxía Animal da USC e decano da Facultade de Veterinaria, como secretario, e Inmaculada Orjales Galdo, profesional veterinaria clínica, como vogal, cualificou o traballo de sobresaínte cum laude. A tese, centrada nos traballos de investigación sobre a raza Porco Celta, desenvolveuse baixo a dirección do profesor do Departamento de Anatomía, Produción Animal e Ciencias Clínicas da USC Antonio Iglesias Becerra, do

profesor do Departamento de Patoloxía Animal da USC Víctor Pereira Lestayo e do profesor do Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo José Manuel Lorenzo Rodríguez. As conclusións do traballo de Iván Rodríguez fan un percorrido pola evolución da raza dende os inicios das tarefas de recuperación ata a actualidade, na que se constata un incremento desta actividade gandeira e na que tamén comeza a gozar de certo prestixio comercial. Entre estas conclusións, cita a caracterización comercial da raza, a cal vén dada polo asentamento, a partir do ano 2016, da marca de calidade 100% Raza Autóctona Porco Celta que ampara os produtos desta raza nos espazos comerciais, garantindo a orixe e a trazabilidade, ao tempo que ofrece unha imaxe recoñecible e inequívoca para o consumidor, cara ao que van dirixidas

numerosas accións de difusión e promoción coa intención de fomentar o coñecemento da raza e a demanda da súa carne. Ademais, segundo subliñou o autor, “o binomio Porco Celta-monte galego vén a achegar solucións socioeconómicas e medioambientais para o noso espazo, xa que é unha actividade económica viable nas zonas xeográficas máis desfavorecidas, nas que combate o despoboamento rural e crea emprego, mentres axuda ao mantemento da paisaxe característica e prevén dos incendios forestais”. Finalmente, Rodríguez Paz remarcou que “non son poucas as razóns para traballar no mantemento e crecemento desta raza autóctona”, motivo polo cal a súa intención é dar continuidade a esta tese coa edición posterior dun libro.

“COÑECES A RAZA PORCO CELTA?”, NOVA CAMPAÑA 100% NOSA A Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) vén de lanzar unha nova campaña de promoción con presenza na televisión autonómica e nas redes sociais para a difusión do logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta. “Coñeces a raza Porco Celta?” é a chamada de atención coa que Asoporcel quere atraer novos consumidores cara aos produtos derivados deste porco e reforzar así o logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta. A campaña de posicionamento iniciouse a principios da última semana de outubro co comezo da difusión na Televisión de Galicia do primeiro dos spots sobre as bondades da raza. Ata principios do ano que vén, o Porco Celta estará presente na televisión autonómica con este e outros clips de promoción que se irán liberando paulatinamente.

vidades complementarias, tales como receitas de cociña en vídeo, imaxes e infografías que porán en valor as múltiples bondades da raza e distintas testemuñas de operadores autorizados. POSTA EN VALOR DO LABOR DOS CRIADORES “A situación actual do país non é a mellor e cremos que agora, quizais máis que nunca, é un bo momento para poñer en valor o labor que fan os nosos gandeiros non só pola recuperación desta raza autóctona, senón tamén polo coidado e o mantemento do medio”, sinalan os voceiros da asociación.

Como resultado da sinerxia entre o potencial xenético da raza, o tipo de alimentación e o sistema de cría, a carne de Porco Celta resulta excepcional dende o punto de vista organoléptico, nutricional e da saúde e é ideal para a elaboración duns produtos cárnicos de calidade, sobre os cales se pon o foco nesta nova iniciativa. O PRIMEIRO VÍDEO, XA DISPOÑIBLE! O primeiro vídeo da campaña xa está dispoñible nas redes sociais de Asoporcel (Facebook, Instagram e Twitter) e pódese ver escaneando o seguinte código QR:

En paralelo a estas publicidades, a través das súas redes sociais a asociación reforzará o contido durante os próximos meses mediante a difusión doutras creati-

Autóctonas Galegas Número 13


ministerio de agricultura, pesca y alimentaciĂłn

Fondo Europeo AgrĂ­cola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.