Issuu on Google+


Sumario 1. A OBRA DE PICASSO (1º) PÁX.1 2. VISITA DOS CONTACONTOS (1º) PÁX.2

Editorial

3. A CASA GRANXA DE ALDÁN (1º) PÁX. 3

Un novo número da revista escolar Murmurio está nas vosas mans, grazas, sobre todo ao esforzo do alumnado, protagonista fundamental desta interesante aventura informativa.

4. OS vermes DE SEDA (1º) PÁX. 4 5. ENCONTRO CON YOLANDA (1º) PÁX. 5 6. UN BAÑO NO RÍO (2º) Páx. 6 7. Viaxe a lourizán (3º) Páx. 12 8. Adiviñas e conto (3ºa) páx. 13 9. Pareados, conto e chistes (3ºb) Páx. 15 10. Acrósticos (3ºc) páx. 17 11. Os leonardos (4ºA) páx. 19 12. Xogando a facer poesía (4ºA) páx. 20 13. Os pintores (4ºB) páx. 22 14. Día internacional da infancia (4ºc) páx. 24 15. Valentín paz andrade (4ºd) páx. 26 16. Oficios artesanais (5º) páx. 29 17. Festival internacional de títeres (5º) páx. 30 18. Wangari maathai (6º) páx. 31 19. As saídas de 5º e 6º (páx. 32) 20. Despedímonos do cole (páx. 40)

Este curso está a rematar e, quizais sexa o momento de lembrar e valorar todo o traballado. Este ano continuamos mellorando a calidade do ensino no noso centro mediante proxectos como as aulas bilingües, o Plan Proa, Proxecto Abalar, Proxecto de Mellora da Biblioteca… Por outra banda, xa está a vosa disposición a páxina web do centro: www.edu.xunta.es/centros/cepsantamarina

Ademais como é sabido retomamos a celebración das festas tradicionais ao longo do curso como O Samaín, O Entroido, O Magosto, O Festival das Letras Galegas… Como vedes este curso foi moi intenso, enriquecedor e engaiolante. Todos estes acontecementos, actividades e experiencias contribúen a aumentar a bagaxe formativa, cultural e social da nosa Comunidade Educativa. Por último, queremos recordar que esta revista pretende contribuír á normalización do uso do galego entre o noso alumnado, maioritariamente castelán falante, pero que, como vedes, pode expresarse na nosa lingua perfectamente. Animáde@s a facelo máis a miúdo.


2012

COÑECEMOS A OBRA DE PICASSO E DIVERTÍMONOS INVENTANDO E COPIANDO (1º):

1 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

TIVEMOS AS VISITAS DE VARIOS CONTACONTOS QUE BEN O PASAMOS ! (1ยบ)

2 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร‘A


2012

O ALUMNADO DE 1º VISITOU A CASA-GRANXA DE ALXÁN

ESTE ERA CHANI, O PORCO CELTA

AS OVELLAS E AS CHIVAS

QUE BO DÍA!

A GALIÑA TIÑA PITIÑOS

OCAS, PERDICES, COELLOS, BECERRO …

E UN GRAN ALMORZO!

3 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

EN 1º ESTAMOS A OBSERVAR OS vermes DE SEDA. OLLADE COMO EVOLUCIONARON:

PRIMEIRO ERAN ASÍ DE PEQUERRECHOS

AXIÑA COMEZARON A MEDRAR

COMÍAN E COMÍAN

ATA QUE SE FARTARON

FIXERON CAPULLOS DE VARIAS CORES

AGORA ESPERAMOS IMPACIENTES!

4 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

ENCONTRO CON YOLANDA CASTAÑO E VISITA Á BIBLIOTECA DO ALUMNADO DE 1º

5 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012 Con tanto silencio xa me está entrando o sono. Ai, que ben o imos pasar...

En canto cheguemos penso meterme no río.

Temos que escoitar ó río? ...Pois imos aló.

Pois eu non escoito nada.

Eu viña aquí a pescar, non a estudar.

6 REV

Eu quero mollar os pés. XA!

Parecemos a coral de Candeán.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012 Que ganas teño de meterme no río. Por aí, por aí vai unha troita de pé.

Esta non a tiña!!!

La,la,la,la,la,la……. Hai que ir quentando a voz .

Esta sipi, esta sipi…. esta…..nopi

…e ademais quero una hamburguesa con patacas e un refresquiño. Corre que te corre quen a puidese coller…

Que ganas teño de meterme no río.

7 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

Con esta gorra case non te vexo. Como que viches una troita xigante!!!

Esperade, esperade que eu tamén quero ver a troita.

A ver ese “do” de peito, Sabela.

Que ganas teño de meterme no río.

Coidadooo!! Que lanzooo!!!

Lo, lo,lo,lo,lo….

A ver se lle das á troita.

Non sei eu se haberá troitas neste río.

Se vedes algo que se move, intentade péscalo.

E se é moi grande?

Que ganas teño de meterme no río.

8 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


Mira, mira… aí móvese algo.

Ti ves troitas en tódolos lados.

2012

Xa nos podemos meter no río?

Hai algo movéndose no río…

Aquí non se escapa ninguén.

Que bárbaro!! Mide polo menos 3 metros.

Unha troita!! Que ganas teño de meterme no río.

…o que? A troita xigante?

Eu non pesco nada… alguén quere probar?

Alá vou troita xigante. Prepárate

Non, a roda dun camión. Pois eu non perdo a esperanza, algo caerá… 9 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012 Nós xa atopamos todas as follas. Xa nos podemos meter no río?

Pero había ou non un monstro no río… un tal Nesi?

¡¡SOCORRO!!! Quero volver ao río.

Ti tamén crelo todo. Só era unha troita. Cando conte ata 3,todos á auga.

Que molladura vou levar.

Troita?? Era una troita e din que ía de pé.

O outro grupo colleu un bicho grande e chámanlle Nesi.

Que ganas teño de meterme no río.

10 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

Xa nos podemos meter no río?

CEP SANTA MARIÑA


2012 Eu quero meterme no río.

Que esgotamento!! Canto traballamos!!

Creo que collín algo!!!

De meternos no río nada.

Mira que deixar escapar á troita

Os nen@s de 2º curso queremos que se coide a natureza pois necesitámola para ter un futuro. Grazas por ensinarnos a coñecela e disfrutala.

SAÍDA AO RÍO PEXEGUEIRO. 24 e 25 DE MAIO 2012. C.E.P. SANTA MARIÑA E TRESPÉS. REDONDELA. 11 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

A viaxe a lourizán (3º) O xoves 12 de abril, os do 3º nivel do colexio fixemos unha excursión cos nosos mestres a Lourizán (lugar que está entre Pontevedra e Marín). Saímos sobre as nove e cuarto e fomos nun autobús que tiña dous pisos, así puidemos ir todos os de terceiro xuntos. Polo camiño fomos cantando e contándonos cousas os uns aos outros. Ao chegar á finca de Lourizán, recibiunos un home que nos serviu de guía que se chamaba Alberto. O guía foinos explicando que alí fai moitos anos, no pazo tan bonito que había, vivira un home galego moi importante chamado Montero Ríos, que había chegado a ser Presidente do Goberno español. Hoxe o pazo está sen restaurar, pero segue tendo a súa beleza. O propietario desta finca hoxe é a Deputación Provincial de Pontevedra, a cal tamén está dedicada a unha Escola sobre a Natureza e o Medio Ambiente. O guía foinos contando cousas sobre as diferentes árbores que había: nomes, procedencia, os anos que tiñan algunhas delas, os anos que podían chegar a ter… Así fomos vendo distintos carballos, castiñeiros, piñeiros, sequoias, camelias de diferentes cores, fentos xigantes, magnolios e unha herba traída do Xapón que non fai falla cortala, xa que sempre está alta (por iso non se debe pisar). Vimos tamén unha mesa de granito dunha soa peza que medía 6 metros de longa, que trouxeran dende a illa de Tambo e na cal ao parecer Montero Ríos, cando era o presidente de España, firmou nesa mesa a pérdida de Cuba. Leváronos tamén a unha cova chamada “a cova dos espellos”, xa que na cova había uns espellos. Aínda que a cova era artificial, estaba feita con rocha volcánica natural, o que a facía parecer natural. Tamén nos levaron por unha cova que entramos por un lado e saímos polo outro (aquí tivemos que ir de un en un e con moito coidado, xa que era un pouco perigosa por estar escura e ser esbaradiza). Logo de ir por diferentes camiños vendo árbores, plantas, riachuelos, fontes… pasamos por un antigo muíño (agora en ruínas), pero segundo nos contaron fora a central hidroeléctrica que tiña o pazo para que tivese luz eléctrica. Xa terminando o percorrido, vimos un hórreo enorme de pedra con dezaseis columnas, onde secaban o millo e outras colleitas. Dende alí víase moi ben a Ría de Pontevedra e a illa de Tambo. Por detrás do pazo había un invernadoiro antigo pero moi ben conservado, tendo dentro diferentes plantas e

12 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

algunha moi grande que non era de aquí O último que vimos foi unha estación meteorolóxica, con diferentes aparatos que o guía nos foi explicando, como: un pluviómetro, un anemómetro, un termómetro, un fotómetro, un pararraios … Terminado o percorrido, o guía despediuse de nós e os profesores nos deixaron tomar o bocadillo e tamén xogar ali nos xardíns diante do pazo. Collemos o autobús de volta e chegamos ao colexio antes das dúas. Foi unha viaxe fenomenal que nunca esqueceremos. Recomendamos á xente que vaia a visitar esta fermosa finca de Lourizán.

ALUMNOS DE 3º

ADIVIÑAS (3ºA)

13 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

OSCURO CASO DE FORNELOS (3ยบA)

14 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร‘A


2012

PAREADOS DE FROITAS (3ยบB)

15 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร‘A


2012

O XABARIL E OS NENOS (3ยบB)

CHISTES (3ยบB)

16 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร‘A


2012

ACRÓSTICOS DAS ESTACIÓNS DO ANO (3ºc)

17 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

18 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

Os LeOnardOs de 4ºa” (a nosa Gioconda)

Os nenos de 4º A tiñamos moito interese en coñecer un pouco máis a ese gran xenio que foi Leonardo da Vinci e descubrimos que ademais de ser un dos máis grandes pintores de tódolos tempos, tamén foi unha persoa con moitísimos talentos noutras disciplinas, pois era : anatomista, arquitecto, artista, botánico, científico, escritor, escultor, filósofo, inxenieiro, inventor, músico, urbanista e mesmo poeta. Leonardo naceu en Vinci, Florencia (Italia) o 15 de Abril de 1452 e morreu en Amboise o 2 de Maio de 1519, aos 67 anos. Viviu na época do Renacemento Italiano e a súa obra máis famosa é "A Gioconda" tamén coñecida por "A Mona Lisa". A nós, como nos gusta moito debuxar, pintar e escribir, intentamos imitar a Leonardo debuxando a súa obra máis importante e lanzándonos tamén a escribir poesías. E ben, non saíu tan mal, verdade? 19 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

“XOgandO a facer POesía” 4ºa

20 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

21 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

Os pintores DE 4º B Durante este curso os alumnos de 4ºB dedicamos as clases de plástica a coñecer a algúns dos pintores máis importantes: Pablo Picasso, Vincent Van Gogh, Velázquez... Investigamos sobre eles, onde vivían, onde estudaron, quen eran os seus pais, que afeccións tiñan, as súas obras máis importantes... Grazas a estes pintores descubrimos a arte de debuxar, de aprender a mirar, de sentir, de investigar, de descubrir... Aquí deixámosvos parte do noso traballo, esperamos que vos guste!!

22 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

Aproveitamos a semana dos monicreques de Redondela para seguir traballando con Diego Velázquez, o pintor ao que nos dedicamos no 3º trimestre. Grazas á nosa dedicación e á colaboración das familias podemos dicir que fixemos un bo traballo. Podedes xulgalo vós mesmos!!

23 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

20 Novembro Día Internacional da Infancia (4ºc) O día 20 de novembro quedou institucionalizado como o Día Internacional dos Dereitos do Neno, ou o Día Universal da Infancia, en definitiva, como unha xornada de reflexión en torno aos problemas da nosa infancia e da infancia doutros lugares do mundo, sempre dirixido a fomentar un interese maior da cidadanía e dos propios menores na educación, a formación de valores, a protección, e a promoción dos dereitos de nenos e nenas.

Con sorte desigual este día vense celebrando en España de modo oficial dende 1.995, e se ben cada ano que pasa percibimos un maior interese informativo e institucional coa expresión de actos diversos, reportaxes e declaracións, queda moito camiño por percorrer para que alcance unha dimensión axeitada na sociedade, moi lonxe aínda doutras celebracións como o Día da Muller (8 de marzo), aínda que todo se andará. É precisamente este motivo o que animou os nenos de cuarto a celebrar este día xa que hai que darlle a importancia que se merece e queremos que cada vez sexan máis e máis persoas as que celebren este data. O 20 de novembro na nosa clase celebrámolo facendo un debate sobre os dereitos básicos dos nenos. Chegamos a conclusión de que os catro máis importantes eran a saúde, o xogo, a igualdade e a educación. No tocante a saúde falamos sobre alimentos saudables, as horas de sono, sobre o beneficioso que é o deporte. Tamén do importante que é cos nenos teñan revisións médicas regulares. Estas visitas son unha oportunidade para revisar o desenvolvemento dos nenos. Tamén é un bo momento para detectar ou previr problemas. Sobre o xogo algúns suxeriron que estaba moi relacionado coa saúde porque para xogar hai que estar san. A través del, os nenos aprenden a relacionarse co mundo, desenvolven a súa imaxinación, implícanse emocionalmente, imitan outros nenos, aos seus pais, moven os seus músculos e

24 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012 articulacións. O xogo é o mellor entretemento para a intelixencia, a capacitación de habilidades, as emocións e a actividade física. Houbo nenos que se queixaron de que lles gustaría xogar máis cos seus pais pero que por motivos, xeralmente de traballo, non teñen tempo de xogar con eles. En educación falamos da importancia que ten vir a escola, de esforzarse por aprender. De que somos uns privilexiados xa que hai moitos nenos que non poden ir ó colexio porque teñen que traballar. Case todos dixemos o que queríamos ser de maiores. O importante que eran as normas para que as cousas funcionasen mellor tanto na aula coma no centro. Do importante que era respectar ós compañeiros, de solucionar os problemas falando e non insultando ou pegando. Que debemos compartir o que temos, non só cousas materias se non tamén compartir as ideas. Quedou bastante claro que compartir non é o mesmo que dar o que nos sobra.

E por último falamos de igualdade. Lemos algúns principios da Declaración Universal dos dereitos do neno e todos anotamos nos nosos cadernos os que consideramos máis importantes. Os máis escollidos foron os seguintes: Dereito á igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade. Dereito a unha alimentación, vivenda e atención médica axeitadas. Dereito a unha educación gratuíta. Dereito a divertirse e xogar. Para rematar gustaríanos dicir que para animar a outros colexios galegos, ingleses, franceses e alemáns a celebrar este día, decidimos facer uns cartaces utilizando estas catro linguas coa intención de envialos proximamente por medio dun correo electrónico.

ALUMNOS DE 4ºC

25 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

Valentín paz Andrade (4ºD) Estas son as caricaturas que fixeron os nenos de 4º D dos mellores amigos de Valentín Paz-Andrade… a ver se es capaz de recoñecelos?

(Eduardo Pondal, Álvarez Blázquez,Blanco Amor, Vicente Risco,Otero Pedrayo, Castelao) Agora podes ler unhas estrofas de interpretación libre compostas pola mesma clase de 4º D a partires da primeira estrofa composta polo homenaxeado este ano 2012

Romance de dona Linda O reloxio do pazo Só unha agulla tiña. Erean resombra as horas Na pizarra sombriza Que da agulla parada Até o solpor caían.

26 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

27 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

28 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

SEMANA DOS OFICIOS ARTESANAIS (5º) A ANPA organizou en abril unhas xornadas de oficios tradicionais. Este ano viñeron os apicultores e os cereiros. Os apicultores contáronnos moitas cousas sobre as abellas: -

Como crían as abellas e as coidan.

-

Os aparellos que empregan: fumeiro, pinzas...

-

Os tipos de abellas que había.

-

Os tipos de colmeas que había.

Tamén nos ensinaron unha colonia de abellas nun panal de cristal onde se podía ver e buscar a abella raíña. Logo tamén nos falaron dos tipos de mel e das súas propiedades curativas. Ao día seguinte viñeron os cereiros que se encargaron de facer obxectos con cera. Os cereiros sacan a cera do panal ( antigamente facíase cun coitelo) e fúndena ata que queda líquida. Despois, a cera úntase nuns cordeis atados a unha roda que pendura do teito. Ao cabo dun tempo, a cera vaise secando e convértese nunha vela, despois cúrtana e póñenlle o selo do fabricante. Ao final todos fixemos unha vela que levamos para casa.

Sabiades que os apicultores empregan o fume para que as abellas pensen que hai lume, así entran na colmea e enchen a boca de mel; isto fai que non poidan picar o apicultor.

29 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA

No noso pobo celébrase o Festival Internacional de Títeres e este é o 13º ano que se celebra. No festival participan compañías de diversos lugares: Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca...

Polas rúas e prazas de Redondela fanse distintas actuacións e na Xunqueira había un labirinto. A vila tamén era amenizada por unha orquestra e cabezudos que tiñan un traxe escuro e gafas de sol. O autobús da comedia ía polas rúas e facíanos rir moito. Ademais dos monicreques había postos de artesanía e de camisetas de recordo. Nos notamos que cada ano vén máis xente. Desta vez no Multiusos expuxéronse algúns monicreques feitos nas escolas de toda Redondela, chamada “ Os monicreques da escola”. Nós expuxemos os cabalos do Entroido que fixemos coa axuda das nosas familias.

30 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

Wangari Maathai (Nyeri, Kenia, 1 de abril de 1940 - setembro de 2011) En setembro morreu Wangari Maathai. O alumnado de 6º escribímoslle unha carta de despedida.

Estimada Wangari: Entristeceunos moito a túa morte. Todo os compañeiros e compañeiras fixemos un traballo sobre ti e sabemos moitas cousas da túa vida. Sabemos que conseguiches o Premio Nobel da Paz en 2004, licenciácheste en bioloxía en EE.UU, promoviches a plantación de millóns de árbores, evitaches a construción dun complexo urbanístico no Parque Uhuru de Nairobi, estiveches no cárcere por defender os dereitos humanos, ... Sentimos unha gran admiración por ti. A túa vida non foi normal, non paraches ata conseguir o que querías, porque as mulleres en Kenia están marxinadas e lograr unha beca para estudar en EE.UU, non debeu ser nada fácil, tampouco debeu selo estar no cárcere. En España as mulleres non están marxinadas como en Kenia, aínda así, aquí hai machismo. Fuches unha muller especial, unha loitadora, unha valente. Ensináchesnos a ver o mundo doutra maneira. Déixasnos un mundo máis verde e limpo. A terra, se puidera daríache, unha aperta xigantesca. Queremos felicitarte polo teu traballo en Kenia. É bo saber que hai persoas no mundo coma ti, que fan cousas polos demais, demostrando que se poden plantar 30 millóns de árbores. Limpaches o aire e coidaches a atmosfera, estamos moi orgullosos de ti. Animaches a moitas persoas a coidar o medio ambiente, fundando o movemento "Cinturón Verde" e nunca perdiches a esperanza. Desafortunadamente estámonos quedando sen árbores, sen elas a vida na Terra non é posíbel. Agora ti xa non podes loitar, pero hai persoas que seguirán o teu exemplo. Tócanos a nós seguir os teus pasos para facer un mundo mellor. Tranquila: "A Terra queda en boas mans". Formas parte da lista de xente nobre e marabillosa. Dedicado a ti, que vestiches a terra de verde e fixeches o imposible. Un bico "muller árbore". Ata sempre heroína verde, amiga do planeta. Descansa en Paz, Wangari Maathai.

31 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

As saídas de 5º e 6º Algunhas das moitas fotos que temos das diferentes e enriquecedoras saídas e actividades que realizamos ó longo do curso. 14 novembro 2011

32 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

SAÍDA A CAMPO LAMEIRO (5º-6º) O día 29 de febreiro @s nen@s de 5º e 6º fomos ó Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro en Pontevedra. Cando chegamos separáronnos en grupos e comezamos a visita. Ao longo do día visitamos diferentes espazos:  O poboado da Idade de Bronce: no poboado ensináronnos as casas e como as facían, as peles de animais e para que se empregaban, como facían o lume, teares, como moían...

 Petróglifos: os petróglifos son gravados na pedra de cervos, persoas, frechas ou figuras xeométricas; Tamén nos explicaron o que se cre que significan.

33 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

Pero o máis interesante é que había un labirinto con forma de petróglifo de 500m.

 MUSEO: No museo vimos películas, exposicións de armas, utensilios... e unha representación do home desa época.

 TALLER DE XOIARÍA: No taller de xoiaría fixemos unha pulseira de latón que imita ao ouro, puxémoslle o noso nome e diferentes gravados.

34 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

35 REV

TEMPO LIBRE: En Campo Lameiro tivemos moito tempo libre ás horas da merenda, do xantar... en fin, foi fantástico.

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

O 12 de xaneiro visitamos as instalacións de Faro de Vigo, que se atopan no noso Concello.

36 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

Os Xogos Olímpicos 2012 marcaron un Entroido cheo de valores.

37 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

VISITA AOS MUSEOS DA CORUÑA O pasado dezaseis de maio fomos á Coruña 5º e 6º. No autobús fomos e viñemos falando, contando chistes... O traxecto ata a A Coruña fíxoseme curtísimo. O primeiro que visitamos foi o Planetario que era unha sala que tiña unha cúpula semiesférica na que nos puxeron unha proxección que durou aproximadamente trinta minutos, nos que nos contaron cousas das estrelas e a súa interpretación. Cando acabou a proxección, baixamos e vimos moitas exposicións divididas en tres salas. A que máis me gustou foi a das boliñas nun triángulo, no que o movemento circular facía que volveran caer sempre no mesmo sitio. Tamén me gustou a cámara de relieve e cando tivemos que cambiar a orientación do baile dunha bailarina. Despois do planetario fomos á Domus, que me gustou moito sobre todo as actividades de ver canto pesabas e che dicía canta cantidade de minerais tiñas no corpo. Alí tamén fomos ver a disección dun corazón de porco que nos deixaron tocar, deume un pouco de noxo pero logo xa o superei. Comemos alí. Canto me prestou a miña comida! A continuación tocounos ir ao Acuario. Na primeira sala vimos un peixe pallaso, ollomoles e un peixe que tiña un nome moi raro. Logo fomos á sala Nautilus que se chama así na honra do submarino de “Vinte mil leguas de viaxe submarina”. Alí dentro había linguados, ollomoles e tamén unha quenlla que unha vez cando miraba ós peixes preto do cristal, apareceu e levei un bo susto. A sala pola parte Sur tiña coma un despacho cunha mesa e unha cadeira. Despois fomos ver as focas que eran moi bonitas. Déronme pena porque vivían alí tendo tan preto a súa casa, o mar. Despois fomos a sala “Farmacuáticos”na que me sorprendeu a substancia curativa que desenvolvían as medusas. Cando acabamos fomos á Torre de Hércules na que tomamos a merenda. Logo de estar na Torre e facer unhas fotos, collemos o autobús rumbo a Redondela.

38 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

E para rematar un día cansado pero marabilloso, unha foto de despedida… 39 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

DESPEDÍMONOS DO COLE (6º)

Querido cole: Xa rematou o curso. Iso é algo que podemos dicir moitas veces, pero poucas coa mesma sensación. E, se digo isto é, porque para nós, o alumnado de 6º, primaria rematou definitivamente. Vale, pode que non para todos, porque é posible que algúns amigos nosos queden atrás, pero ese non é motivo para pensar que son uns fracasados ou, para chorar un río de bágoas. Si que hai motivos para estar nerviosos, porque, seguramente de cando en vez moitos nenos e nenas que se atopan na mesma situación ca eu, pregúntanse como será o instituto, como serán os profes, como serán... tantas cousas. Tamén hai motivos para estar un pouco tristes, porque levamos xa seis anos neste cole, e pouco a pouco, lle fomos collendo cariño, moito cariño. Agora somos os maiores e dentro de pouco, volveremos ser os pequenos. Lembro a primeira vez que vin a este cole. Estaba nerviosa, porque non me imaxinaba fácil ese cambio, pero vexo que, ao igual que todos os meus amigos, saímos adiante. Estar neste cole gustoume, e a maioría dos profes caéronme moi ben. Agora, todo vai ser distinto, e nós, tamén o imos ser. Vou botar moito de menos estar aquí. Cando chegamos por primeira vez, os profes recibíronnos co mellor dos sorrisos, cando nos vaiamos, será con bágoas nos ollos. Que rápido pasou o tempo! Deixamos bastantes cousas, como amigos doutros cursos, ou xogos que nos inventabamos nos recreos, e dos que cavilabamos na clase, ignorando sen querer, a advertencia dalgunha profe que nos dicía o xa moi escoitado: “atende”! Por un lado, estou moi inqueda por comezar en Secundaria, e por outro, non quero irme deste cole. Supoño que será difícil despedirse, pero hai que facelo, e tamén hai que esforzarse e prometer que imos seguir estudando e traballando, para alcanzar os nosos soños. Tamén imos gozar da adolescencia cos pés no chan, e imos facer novos amigos e tamén imos medrar máis e máis, o cal fai que esteamos moi nerviosos. Quédanos toda a vida por diante. Gustoume facer amigos, cos que nos enfadamos ás veces, ( máis das que poida contar ), pero cos que logo nos reconciliamos. Gustoume tamén conservar aos 40 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

vellos amigos, e espero conservalos, porque formamos un vínculo moi grande, aínda que sexamos iguais ou diferentes. Imos comezar unha nova etapa da nosa vida, nun novo colexio, pero sempre levaremos aí, agochadiño nun caixón as lembranzas do bonito que foi o paso pola escola Primaria. Sabedes onde está gardado ese caixón? Nun lugar do corazón... Un bico de ouro, de prata e de xoias.... Sabela en nome de todo 6º

DESPEDÍMONOS DO COLE II Rematar este ciclo é como ler un libro dos tantos que lin estes anos. Da mesma maneira que nun conto hai personaxes, neste cole, queiramos ou non, todos eramos personaxes, dende o primeiro ata o último; participabamos todos. Secretario, conserxe, directora, mestres, alumnos, membros da Anpa... Se isto foi un conto, no que nós mesmos podiamos adiviñar o final, para o conto que vén , que será a Eso, gustaríame atopar novos personaxes dos que aprender como aprendín aquí. Non será doado, xa que todos os comezos son moi difíciles sabendo que a min é o que máis me custa... A lección que eu tomei máis importante de ti é que dá igual cantos ordenadores portátiles, pantallas táctiles e proxectores haxa nun cole. O que de verdade importa é manter a ilusión coa que chegamos o primeiro día e ir medrando felices. Isto conseguíchelo ti: As túas paredes, o teu patio e sobre todo os teus profes. Creo que vou recordar esta etapa como a máis bonita da miña vida... Deséxote que sigas así: que te manteñas actualizado, limpo, seguro, cheo de boa xente, de ilusións e de cousas para ensinar aos nenos e nenas. Deséxote que mellores, e que consigas o patio cuberto ao que tanto dereito tes... Deséxote felicidade: que sempre esteas cheo de nenos, de risas, de choros, de libros, de aprobados, de festivais, de leccións, de bos profes, de música, de ordenadores, de actividades, de bocatas, de pelotas, de paraugas, de mochilas, de chaquetas... de nós. Se é que no cole hai de todo, hai alegría, hai tristeza, hai emoción e ata hai amor... No primeiro curso se alguén che gusta non o tomas en serio. En segundo e terceiro, vale...

41 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2012

algo máis hai. En cuarto xa che gusta de verdade. E en quinto e sexto xa estamos parvos. É que é un clásico: esa nena ou neno que te pon os pelos de punta e a pel de galiña, que te fai sentir un “formiguiño” na barriga, que te deixa pampo a súa mirada, iso si que é amor... A partires de agora, levaremos as lembranzas no corazón. Recordaremos as festas e as súas respectivas risas, xogos... a música, e sobre todo, recordaremos que medramos contigo e descubrimos novas amizades, que sen ti non medrarían. E tamén ... os recreos cheos de gritos, risas e algún que outro pranto, pero sempre alegres. Botaremos moito de menos os teus timbres, a túa biblioteca, a sala de usos múltiples, o ximnasio... pero o que máis botaremos de menos van ser os recreos, os recreos que tanto queremos, onde tivemos as nosas pelexas e reconciliacións que tanto nos gustaban... Nesta carta quéroche agradecer todo o que me ensinaches: sumar, restar, os verbos e miles de cousas máis, pero o máis importante foi querer, respectar, e o compañeirismo. Ensináchesme valores para crecer... Síntome incómoda, nerviosa, insegura, son moitos sentimentos os que teño.Estes anos en Primaria foron marabillosos, especiais nalgúns momentos, malos noutros, pero sinceros, inesquecibles. Nuns meses ireime... a outro cole, outros amigos novos, outros profesores, teño tanto, tanto medo, que cada vez que penso en irme de aquí dáme un calafrío e póñome a chorar... O primeiro día que te vin, déchesme medo, porque eras ante os meus olliños, dun tamaño colosal. Téñoche tanto que agradecer que non sei por onde empezar... Non te preocupes porque detrás de min veñen outros nenos e nenas que te visitarán todos os días coma eu... Por último direi que tamén espero que o meu futuro sexa tan feliz coma o meu presente...

Nenos e nenas de 6º

42 REV

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA



Revista 2012