revista escolar 2016

Page 1


protagonista

Sumario 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8.

Unha visita ao Museo do Mar 1 . Páx. 1 Aprendendo Educación Vial 1 . Páx. 4 Lembranzas de 2 . Páx.6 Madalenas da Paz 3 A. Páx 13 Unhas pinceladiñas de 3 B. Páx. 14 Outro curso que se vai 3 C. Páx.15 Este ano deu para moito 3 . Páx. 16 Relatos de 4 . Páx. 17     

9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16.

FRUTILANDIA O LIBRO MÁXICO PEGADAS NO BOSQUE A SEREA ALIMENTOS EN ACCIÓN

Biografía de Manuel María 5 . Páx. 23 Cartas contra o maltrato escolar 6 A. Páx.29 Alumnado de 6 A no entroido. Páx.30 Compoñendo coplas 6 B. Páx.31 O último ano no Santa Mariña 6 B. Páx.32 Un curso cheo de experiencias 6 C. Páx.33 Despedímonos do cole 6 . Páx.35 Actividades da ANPA. Páx.36

fundamental

desta

interesante aventura informativa. Este

curso

está

a

rematar

e,

quizais sexa o momento de lembrar e valorar

todo

o

traballado.

Este

ano

continuamos mellorando a calidade do ensino no noso centro mediante proxectos como as aulas bilingües, o Plan Proa, Proxecto Abalar, Proxecto de Mellora da Biblioteca… Ademais como é sabido retomamos a celebración das festas tradicionais ao longo do curso como O Samaín, O Entroido, O Magosto, O Festival das Letras Galegas… Como vedes este curso foi moi intenso,

enriquecedor

e

engaiolante.

Todos estes acontecementos, actividades e experiencias contribúen a aumentar a bagaxe formativa, cultural e social da nosa Comunidade Educativa. Por último, queremos recordar que esta

revista

pretende

contribuír

á

normalización do uso do galego entre o noso

alumnado,

maioritariamente

castelán falante, pero que, como vedes, pode

expresarse

na

nosa

lingua

perfectamente. Animáde@s a facelo máis a miúdo.

Editorial Un novo número da revista escolar Murmurio está nas vosas mans, grazas, sobre todo ao esforzo do alumnado,



2016

1 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

2 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

3 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

4 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

5 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

6 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

7 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

8 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

9 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

10 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

11 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

12 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

MADALENAS DA PAZ Entre todas as actividades feitas este curso polos nenos e nenas de 3º A, querémosvos amosar a receita que elaboramos para festexar o día da Paz. Probade a facela, é moi doado!

Ingredientes  3 vasos de Amor  2 culleradas de Axuda  1 chisca de Comprensión  4 culleradas de Igualdade  5 vasos de Diálogo  2 feixes de Amizade e moitas chiscas de querer  Moreas de ledicia

Pasos a seguir 1) Mesturar o Amor coa Axuda ata conseguir unha masa brandiña. 2) Engadir á masa a Comprensión e bater ledamente. 3) Pon a Igualdade coa Ledicia e o Diálogo e remexe cunha culler. 4) Botar a mestura nun molde en forma de corazón e meter ao forno durante 15 instantes de tenrura e 20 aloumiños. 5) Desmoldar e espallar Amizade, as chiscas de querer e moi bo ambiente (opcional) 6) Comelas con moitas ganas!!!!!

13 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Que ben o pasamos!

Somos moi

Había unha vez…

formaliños.

Están riquíiiiiiiiisimas!!! Tócame?

Ufff !! Como pesa !!!

14 REVIS

Saíulle o pelo!

Xa non podía máis...

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Outro curso que se vai…

Pero con moitas novidades para nós, os formiguillos de 3ºC: Despedimos á profe Paz para dar a benvida a Silvia e tamén a Adriana, una nova compañeira; rimos e choramos de ledicia, nervios, rabia… Cantas emocións! Aínda que todas nos serviron para crecer e estar moito máis unidos. Hai uns meses eramos moi cativos, mirade que cariñas de inocentes tiñamos!

Ollade agora, uns meses despois, gozando da semana das mascotas, na que a clase se transformou nun pequeno zoolóxico: os periquitos de Lúa, Bruno, o coello de Isma, as tartarugas de Manu e Cloe, a cadeliña de Adri. Que maiores estamos! Ademais, as nosas caras de ledicia dino todo. Cantas risas nos botamos. O chiste do ano: o do “tsunami de Caldo” Preguntade cando queirades. Contámosvolo encantados.

…Que os lazos que se crean na infancia non se rompan nunca!!

15 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

ESTE ANO DEU PARA MOITO. As nenas e nenos de 3ºpasámolo pipa!! Aí vos van algunhas das cousas que máis nos gustaron:

Unha visita hiperrealista O martes 29 de setembro de 2015, os nenos e nenas de terceiro, fomos ao Multiusos de Redondela a ver unha exposición de debuxos do artista Marcos Míguez Puingher. Marcos, é un pintor hiperrealista da nosa Vila, que utiliza o boli “bic” para realizar os seus traballos. Qué difícil, verdade? Pero.... se o boli “bic” non é borrable....Ufff! Todos queríamos facerlle moitíiiiiiisimas preguntas! E Marcos, explicaba todiño. Ao chegar ao cole probamos a debuxar co boli “bic” e démonos conta do difícil que é facelo sen poder borrar. Nós, quixemos facerlle un agasallo. Debuxámolo e enviámoslle todas as caricaturas. Gustáronlle moito, e el, enviounos estas fotos con todas elas sobre unha mesa.

Marcos demostrounos que ademais de ser un gran artista, é tamén, unha gran persoa.

Gracias Marcos!!!

16 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Érase unha vez unha cidade chamada Frutilandia, que está nunha horta de Redondela. É unha cidade tranquila, soleada e grande como calquera vila da nosa Comunidade. Os seus habitantes, son pequenos e regordetes. Viven en edificios que teñen forma de froitas. Pero, o que hai de diferente nesta vila, é que todos os seus habitantes son froitas, e viven xuntos en harmonía, compartindo comida, xogos, tarefas, … Un día, chegou un estranxeiro, chamado Bananín, pero…, sorpresa, os nenos recoñecérono rapidamente coma un xogador famoso de frutibol. - Oes, ti es Bananín? - Si, pero, estou escapando dos fans, e de tanto bulicio. - Pois, estás no mellor lugar. A nosa vila é tranquila e amigable. - Credes que me deixaran vivir aquí? - Por suposto. Así cos nenos acompañaron a Bananín na busca dunha casa en Frutilandia. De repente, Bananín viu a casa dos seus soños. Era unha casa pequena e afastada que pertencía aos xemelgos Cere e Eixa,. Aproximáronse a casa, chamaron ó timbre é..... Escoitouse unha voz que dicía: - Quen é a estas horas? A porta abriuse moi amodo, e apareceron dúas vellas cereixas, cos pelos de punta e cunha desgastada bata branca, por detrás delas saía fume e ulía a ovos podres. - Bos días, son Bananín e gústame moito a vosa casa.

17 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Os nenos preguntan escondidos detrás de Bananín. - Que estades a facer? Contéstalle Cere. - Nada que vos importe.(E cérranlle a porta nos narices) Bananín petou na porta dicindo – Abride por favor, quero falar con vós. Son novo no pobo e so quero facer amigos e atopar unha casa tan bonita coma a vosa. As cereixas non fixeron caso así que Bananín tramou un plan para conseguir aquela casa. Disfrazouse de mazá e facéndose pasar por un vendedor, conseguiu que lle firmaran un contrato onde lle deixaban a casa. As pobres cereixas ao darse conta do que pasara choraban desconsoladas. Bananín ao ver as cereixas chorar, arrepentiuse e rompeu o contrato. As cereixas estaban tan contentas que decidiron que Bananín vivirá con elas para sempre.

18 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Contan que fai moitos anos había un libro posuído polo espectro do lector Si Hachu Situ. Moitas persoas intentaron roubalo pero non puideron. Isto acontecía en París fai 500 anos. Tres xoves estudantes que sentían paixón pola lectura decidiron ir buscalo. Os tres, Pedro, Xoán e Miguel puxéronse mans á obra. Entraron na catacumba e axiña percibiron unha estraña sensación que decidiron ignorar. Quedaron abraiados polas probas que tiñan que pasar para poder chegar ata o libro: - Usar a imaxinación para cruzar un foso cheo de crocodilos. - Buscar a solución para evitar ser tragados por un pantano de lectura. - Sentirse inspirado para que o instinto te leve ata o libro. Isto foi o que fixeron: Imaxinaron que o mundo se quedara parado. E así foi, os crocodilos quedaron paralizados e cruzaron a nado o foso. O seguinte que fixeron foi imaxinar ter ás para pasar por enriba do pantano. Finalmente, sentíronse inspirados polos libros que lían a diario. Así foi como tres xoves, Pedro, Xoán e Miguel conseguiron o enigmático libro do chinés Si Hachu Situ e liberalo do seu espectro.

19 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Hai uns anos descubrín un bosque preto da miña casa, nunca me achegara tanto como o outro día, xa que me daba moito medo. Tal foi a miña sorpresa, que ao entrar nel, vin unhas estrañas pegadas no chan. Mañá irei ver a quen pertencen estas pegadas. Ao espertar pola mañá, dixen: - Hoxe é o día!. Hoxe irei descubrir a quen pertencen as misteriosas pegadas, pero antes buscarei provisións para a viaxe. Estou encamiñándome cara o bosque mentres vou cavilando en que criatura ou criaturas puideron facer estas pegadas. Por fin comezo a entrar no bosque; canto máis ando menos visibilidade teño. Que é iso? Dixen eu ao ver unha sombra na penumbra do bosque. Ao principio pensei que era a miña imaxinación polo medo que levaba, pero seguín camiñando. De alí a un pouco, vin outra sombra; esta vez estaba seguro. En pouco tempo un montón de fociños infantís me rodearon totalmente. Un deles díxome: - Desculpa por terte asustado. Ou! Pero se aínda non nos presentamos. Nós somos a A.D.E. D. (Asociación de Elfos Divertidos). Estes elfos eran moi graciosos e divertidos. Pasei un día incrible con eles pois invitáronme a comer, a xogar e a descubrir os encantos do seu bosque. Con moita pena tiven que despedirme deles, pois tiña que volver á miña casa, xamais esquecerei aquela fantástica aventura.

20 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Fai moitos anos, existía unha serea prateada que saía tódalas noites de lúa chea a dar voltas pola illa de San Simón. Todo o mundo coñecía esa historia da serea Sabela, que era como se chamaba. Coñecíana todos menos o mariñeiro Pepe que foi quen a viu. Unha noite de lúa chea, en Cesantes, estaba Pepe apañando ameixas cando, de súpeto, viu unha fermosa muller loira que nadaba nas augas dunha noite de treboada. Pepe lanzouse á auga para intentar salvala pero ela desapareceu. De regreso á vila, contáronlle a historia da serea. Quedou moi pensativo e abraiado. Á noite seguinte volveu á praia e viuna. - Esta vez si! Pensou e lanzouse ao mar para alcanzala. Cando ía nadando cansou e afundiu. Sabela, ao ver iso, levouno a terra firme. Esperou a que espertara e meteuse no mar, pero antes de que desaparecera, Pepe díxolle: - Volve encantadora serea!. Caera na conta de que era a serea da que falaba todo o mundo. Sabela volveu e cando lle deu a man, Pepe converteuse nun tritón. Casaron e viviron felices para sempre. Todos os do pobo pensaron que Pepe morrera afogado porque atoparon a súa barca baleira. Cando estaban celebrando a festa de San Xoán viron dous reflexos prateados nadando arredor da illa de San Simón. RELATO FINALISTA RELATO CURTO

21 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Había unha vez unha horta moi grande. Era unha horta moi especial porque os alimentos tiñan vida propia, non paraban de xogar. Había tres grupos: verduras, froitas e legumes. Un día o xefe dos legumes mandou aos seus súbditos a falar co xefe das verduras sobre a cadea alimenticia sa para os nenos, entón decidiron que sería mellor falar tamén coas froitas. Cando chegaron contáronllo ao xefe das froitas, e decidiron reunilas. Pero, cunha condición, que a horta estivese sempre tan coidada que nunca lles faltase auga nin sales minerais. Elas soas non poderían coidar a horta, polo que decidiron chamar aos donos da horta para que as axudaran. Un día, viñeron os netos e pasaron o día comendo lambetadas, entón, os legumes, verduras e froitas falaron cos avós para facer una comida con verduras, legumes e de sobremesa froitas para que así os nenos probaron diferentes alimentos. Cando foron a comer a maioría dos nenos do pobo non querían comer, porque dicían que non lles gustaban pero pouco a pouco foron atrevéndose a probar as verduras, os legumes e tamén as froitas e gustáronlle moito. Finalmente e gracias a eles comezaron a comer os nenos moita variedade de alimentos.

22 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

23 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

24 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

25 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

26 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

27 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

28 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

CARTAS CONTRA O MALTRATO ESCOLAR Eu sei que non hai cousa máis dura que o “bulling” ou o acoso escolar: rapaces e rapazas marxinados por culpa dos seus propios compañeiros e compañeiras. Os que desprezan a alguén, pensan que os seus insultos, as ameazas... non lle fan dano ás persoas, pero o certo é que si o fan. Para elas é un terror ir ao colexio. A verdade é que sería moi aburrido se todos e todas fósemos iguais, xa que cada un é como é; todos somos iguais pero diferentes ao mesmo tempo. Ninguén é igual a ninguén, cada un é único e especial tal e como é. Temos gustos e personalidades diferentes; por iso o mundo é tan especial, porque cada persoa que o compón é única.. Hai persoas que pensan que “os outros” non están ao seu nivel e por iso se divirten maltratando aos demais, aos que teñen gustos e personalidades diferentes. Ao principio son bromas, pero logo a tristeza vaise acumulando ata chorar, ata non relacionarse e incluso algo peor. Eu sentiríame moi triste, porque saber que te empurran , te insultan, te agreden...só para a súa diversión...é moi, moi triste. Sentiríame moi mal na pel dun neno/a maltratado, na pel de alguén ao que non aceptan por ser diferente ao que se supón

de que debe ser. Se cho fan un día e tes

seguridade en ti mesmo, non importa. Pero cando se fai diariamente, empezas a crer que ti es o “bicho raro”, que non es normal, que es un idiota. E, ao crelo, vas empeorando en todo e cada vez será peor porque é como a pescada que se morde a cola. Como consecuencia, irás mal nos estudos e na túa vida persoal. Todo isto xera que, si os teus pais non coñecen a situación, eles se enfaden contigo polo teu difícil comportamento; e xa non verás a túa casa como un lugar ao cal escapar fuxindo dese cárcere chamado colexio. Penso que todos somos diferentes no exterior pero iguais no interior. Non sei porque o fan, porque maltratan pero creo que o fan porque teñen medo de dicir o que senten, porque posiblemente, a súa vida sexa penosa, porque se senten sos e queren liberarse facendo dano aos demais. En realidade creo que o fan porque precisan amor e cariño. NENOS E NENAS DE 6º A

29 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

ALUMNADO 6º A No Entroido

30 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Compoñendo coplas Alumn@s 6ºB Maldita reválida

As coplas do maio temos que cantar, caládevos todos

que imos comezar. Entro con gañas de aprender,

pero cando soa o timbre saio a correr.

Comeza a reválida,

Somos galegos,

non somos ingleses,

queremos a nosa lingua, pese o que pese.

que nos fixo estudar

pois nós o que queríamos era xogar e gozar.

Que malo é o profe

Fartos de deberes

fainos moito traballar

queremos a tarde libre

sempre vaguear.

estamos a quedar,

para poder ir xogar.

os nosos soños son

En sexto de primaria

non hai forma de aprobala

Malditos políticos,

hai deberes cada xornada

poderemos superala.

pois coa LOMCE

exames a patadas

pero coas nosas gañas,

Queremos ir a Fieitás

só saben falar,

quérennos enganar.

como en secundaria hai

Aquí rematamos,

pero moito hai que andar

hannos de aplaudir,

moito hai que pagar.

podemos repetir.

porque para o bus

31 REVIS

e se lles gustou

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Mentres tanto, durante o último ano no Santa

Mariña, alumnas e alumnos de 6º B …

Gozamos de grandes actuacións

Visitamos Monte Penide

O entroido é o noso

Elaboramos contos para os máis cativos

E bailamos pola integración!!! 32 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Un curso cheo de experiencias …6ºC

No Magosto hai que manchar a cara.

Visitamos a Catedral de Santiago, que non deixa de sorprendernos …

Os nosos desexos para o 2016.

Coñecemos mulleres que fixeron historia.

Traballamos os ingredientes para a Paz.

33 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Aprendemos Educación Viaria. Gozamos cos “Cars”.

Coñecemos a Prehistoria en Monte Penide. Visitamos o Domus na Coruña.

Un cole onde incluíd@s.

34 REVIS

tod@s

estamos

Unha sesión Movemento.

de

Ciencia

en

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Os nenos e nenas de 6º despedímonos do cole de primaria adaptando a poesía musicada de Manuel María “O Carro”

Xa nos temos que marchar a primaria xa remata, témonos que despedir e a pena nos atenaza.

Fixemos moitos amigos vivimos grandes fazañas … aprendemos de seguido mentres os cursos pasaban

Agora xa toca irmos queremos darvos as grazas a todos os que fixestes máis feliz a nosa infancia

Eramos moi pequeniños cando empezamos no cole agora somos uns mozos con un corazón moi nobre.

35 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Durante o curso 2015‐2016 a ANPA Ernestina Otero colaborou en moitas actividades... Aquí tendes algunhas. Veu o Apalpador cargado de agasallos para as clases e cun calendario.

Tamén decoramos as árbores cos nosos mellores desexos 36 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

Houbo un concurso de filloas, orellas... felicidades ás gañadoras

37 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA


2016

38 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO CEP SANTA MARIÑA



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.