REVISTA 2016-2017

Page 1


SUMARIO

EDITORIAL Un novo número da revista escolar

1. ESTE É O NOSO PRIMEIRO ANO NESTE COLE E FIXEMOS MOITAS COUSAS.

Murmurio está nas vosas mans, grazas,

PÁX. 2

sobre todo ao esforzo do alumnado,

2. PROXECTO REDONDELA (ALUMNADO DE 2º) . PÁX. 8 3.

protagonista

5. O NOSO PASO POR CUARTO. PÁX. 20 6. ILUSTRACIÓNS VÍCTOR RIVAS. PÁX. 22

desta

interesante aventura informativa.

O ENTROIDO NO 3º NIVEL. PÁX. 14

4. FOMOS AO ZOO . PÁX. 17

fundamental

Este

curso

está

a

rematar

e,

quizais sexa o momento de lembrar e valorar

todo

o

traballado.

Este

ano

continuamos mellorando a calidade do ensino no noso centro mediante proxectos

7. IMOS Á PRAIA. PÁX. 23

como as aulas bilingües, o Plan Proa,

8. ENTROIDO. PÁX. 24

Proxecto Abalar, Proxecto de Mellora da

9. OS DE 5º VISITAMOS SANTIAGO DE

Biblioteca…

COMPOSTELA. PÁX. 26

Ademais como é sabido seguimos

10. O ENTROIDO. PÁX. 27 11. ANDAINA, SISSI FREIRE E A RESILIENCIA. PÁX.28 12. ALFAPOEMA “O MAR”. PÁX. 30 13. ESTE CURSO VISITOUNOS FINA

coa celebración das festas tradicionais ao longo do curso como O Samaín, O Entroido, O Magosto, O Festival das Letras Galegas…

CASALDERREY. PÁX. 31 14. 6º CURSO. BREVE BIOGRAFÍA DE CARLOS CASARES. PÁX. 32 15. DESPEDIDA DAS NENAS E NENOS DE 6º. PÁX. 37 16. LECTURA NA RÚA. PÁX. 38

Como vedes este curso foi moi intenso,

enriquecedor

e

engaiolante.

Todos estes acontecementos, actividades e experiencias contribúen a aumentar a bagaxe formativa, cultural e social da nosa Comunidade Educativa. Por último, queremos recordar que esta

revista

pretende

contribuír

á

normalización do uso do galego entre o noso

alumnado,

maioritariamente

castelán falante, pero que, como vedes, pode

expresarse

na

nosa

lingua

perfectamente. Animáde@s a facelo máis a miúdo.


2017

Se me deixa un instrumento. ides ver!

Contáronnos contos Que empece xa!

A saia da Carolina, ….

2 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Montamos en bicicleta ensináronnos

circular.

Eu de maior quero ser policía!

Que medo damos!!!

Quero montar na bicicleta …

3 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Visitamos biblioteca de Redondela

Pataca!

Cantos libros!

Lemos moi concentrados e logo tivemos un espectรกculo de maxia.

4 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2017

Traballamos

batalla de Rande fomos ao Museo Meirande A que estamos guapos cos gorros?

Recorto amodiño…

Vimos galeóns, canóns, cadros que falaban, a bodega dun galeón, un traxe de submarinista,…

5 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

E despois de tanto pasear fomos de compras ao Super. Ola !

Que boa pinta ten iso!

Ensináronnos nomes de peixes, froitas que nunca probáramos e déronnos agasallos.

6 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

como non... LENDO NA RÚA

E PASÁMOLO TAN BEN QUE O ANO QUE VÉN REPETIMOS!!

7 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

PROXECTO REDONDELA

Este ano fixemos un proxecto sobre a nosa vila, Redondela, vendo e facendo

Fixemos

cousas pouco habituais.

unha parte do Camiño de Santiago. Fomos peregrinos por un día!

8 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


Tamén visitamos o aeroporto.

2017

Ensináronnos todas as súas instalacións e como movernos dentro del.

E sentímonos como auténticos viaxeiros! 9 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Tamén lle fixemos unha visita ós bombeiros. Contáronnos moitas cousas sobre o seu traballo.

Puidemos ver o seu camión, déronnos unha lección de traballo en equipo e forza coa mangueira … Ata nos prestaron os seus cascos!!! E coñecemos o falcón, encargado de manter as pistas limpas de animais intrusos.

10 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Adentrámonos na nosa historia visitando o Museo Meirande

Fascinados pola batalla de Rande quixemos vivila en directo.

As representacións eran espectaculares! Semellaba que podiamos disparar a interminable liña de canóns en calquera momento.

11 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Aprendemos que Redondela tamén tivo a súa Revolución Industrial coa máquina de vapor.

Impresionáronnos as maquetas de galeóns e as recreacións da adega, do camarote e dos traxes.

E que dicides dos cadros interactivos que narran a historia? Merece a pena pararse a escoitalos.

12 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Para rematar relaxรกmonos merendando coas mellores vistas do escenario da batalla.

Cal serรก a nosa prรณxima aventura?

13 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2017

ENTROIDO NO 3ยบ NIVEL

3ยบ A

14 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2017

3ยบ B

15 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2017

3ยบ C

16 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2017

FOMOS AO ZOO. 3ยบ NIVEL

3ยบ A

17 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2017

3ยบ B

18 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2017

3ยบ C

19 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIร A


2017

20 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

21 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

22 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

23 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

24 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

25 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017 Como somos uns rapaces e rapazas ben listos/as, quixemos coñecer de cerca como é o funcionamento político na nosa Comunidade polo que visitamos o Parlamento Galego e aproveitamos para facer os nosos propios discursos.

Despois fomos coñecer un dos monumentos declarados Patrimonio da Humanidade que é a Catedral de Santiago, dende as cubertas ata o seu interior.

Tamén visitamos o Museo do Pobo Galego no que fixemos un xogo de pistas, para coñecer a nosa cultura. Que ben o pasamos!!!

26 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Este ano os rapaces/as de 5º curso, co proxecto do Mar decidimos ir d@s activistas de Greenpeace para reivindicar o coidado dos nosos mares, océanos, especies que habitan nel... en definitiva do planeta.

27 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

ANDAINA, SISSI FREIRE E A RESILIENCIA

O día 27 de abril fomos ver ao Multiusos, en colaboración coa “Asociación Andaina” e con “Redondela en Curto”, unhas curtametraxes que nos contaban as dificultades coas que se atopan as persoas discapacitadas, a capacidade que teñen para superalas e como afrontan o día a día. Tentaban concienciarnos de como se poden sentir esas persoas. Despois de ver esas curtas de animación, presentáronnos a Sissi Freire. Ela contounos a súa experiencia: foi unha historia estremecedora. Explicounos que ela era unha persoa de éxito: traballaba como directora dunha axencia hoteleira, viaxaba moito, era feliz pero... Un día, fai sete anos, mentres se duchaba, entroulle unha bacteria nun ollo, perforoulle a córnea e... quedou cega. Así de súpeto, sen posibilidade de mellora, de tratamento, operación ou o que fose para recuperar a visión. A súa vida cambiou totalmente. Ao principio colleu unha depresión, non quería vivir, pasaba horas nun recuncho da súa casa, sen saber sequera onde estaba. Foron momentos moi difíciles. Para obrigala a saír da casa, uns veciños regaláronlle un canciño pequeno. Así tería que sacalo a pasear, pero ela non melloraba moito. Entón un amigo seu convidouna a viaxar á República Dominicana cunha ONG. Non estaba demasiado segura pero decidiuse; púxose as vacinas necesarias e alá foi. Que valente! Nada máis chegar ao aeroporto, dixéronlle, ao decatarse de que era cega, de que dese a volta para España, pero ela insistiu e quedou coa condición de que ninguén soubese que era cega. Ela mais o se canciño, Golfillo. Para ela o seu primeiro agasallo na vida foi ese can. Quedeime moi mal por ela, porque debe ser moi duro quedar cega, así de repente e para sempre. Pero contounos que ela miraba cos ollos do corazón, e iso pareceume moi, pero que moi bonito.

28 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Alí, na República Dominicana entrou en contacto coa miseria máis miserable; nenos e nenas que apenas tiñan que comer, que vivían na rúa e que non tiñan moita esperanza de saír adiante. Montou unha escola e algunha biblioteca para eles. Emocioneime bastante, sentín calafríos, chorei, púxenme na pel deses nenos e nenas... Ao escoitala, parecía que che daba máis forza para vivir e que tocaba cunha variña máxica os nosos corazóns. Sissi díxonos cousas moi importantes como: “Que sexa difícil, non significa que sexa imposible, que sexa imposible non significa que me vaia render”. A isto se lle chama Resiliencia: Capacidade que ten unha persoa para superar circunstancias traumáticas como a morte dun ser querido, un accidente, etc. "A resiliencia potencia a felicidade". Volveu a España, vendeu o que tiña, mercou roupa, libros, menciñas... e volveu alá. E mentres falaba, seguía pensando: Que valente! Eu creo, que o que nos quixo contar coa súa historia foi que, por moitas cousas malas que che pasen na vida, hai que seguir adiante e loitar por ser feliz. “A vida é curta e sempre hai que vivila como se fose o último día”. Foi un orgullo para todos nós que unha persoa así viñese contarnos a súa historia; ela é un exemplo de valentía e satisfacción para todos e todas nós. Non lle chegou con iso, se non que ademais adoptou a unha nena, Sofía, que ten un 99% de discapacidade. Hoxe vive con ela en Pontevedra e di que é moi feliz por ter a Sofía. Conta que ela foi o segundo regalo que lle deu a vida. Todo isto fíxome reflexionar que nós, que temos máis do que necesitamos, debemos pensar en cantas persoas temos ao noso redor e nos afastamos delas sen motivo. Alumnado de 5º

29 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Ando polo mar baixo as estrelas Buscando cunchas para facer un colar Cando me mergullo nas túas augas paréceme un soño Durmir quero co son das ondas Espectacular é a caída do sol sobre ti Fantásticos son os días que paso ao teu carón Grazas polos amigos feitos nas túas praias Historias tristes e alegres nas túas ondas Imaxino brillando sobre ti a lúa chea Lendas incribles tes nas túas augas Moitas illas aínda por descubrir Nadar sen parar nas calorosas tardes de verán estraÑaríate se desapareceses Ouvidos só teño para ti Princesas e sereas xogan nas túas augas Quero viaxar por todos os teus lindos currunchos Risas cando rozas os meus pés Sons do vento escoitamos cando nos bañamos Ti es o mellor para min Unha tarde enteira ó teu carón é inesquecible Ver os golfiños gozar nas túas ondas Xogar na area é o mellor agasallo Zarandean as ondas os nosos soños… Alumnado 5º 30 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Este curso visitounos Fina

Casalderrey

O 7 de marzo tivemos a visita da escritora Fina Casalderrey, autora do libro “Historia da bicicleta dun home lagarto”, que limos este curso. Contounos que foi mestra durante corenta anos e que ata a un colexio puxéranlle o seu nome. Tamén moitas anécdotas que fixeron a charla moi entretida. Amosounos como unha mesma historia, segundo se conte, pode ser divertida ou triste. Colleu como exemplo á profe Loli: Imaxinádevos que a profe Loli mentres vos rifa cáenlle os pantalóns e se lle ve que as bragas teñan dous buracos… -e todos botámonos a rir- logo contóunolo doutra maneira: resulta que a profe Loli tiña unha amiga con cancro que ía ir visitar, anos atrás esa amiga regaláralle esas bragas e pensou que si as levaba faría feliz á súa amiga … Fina díxonos que para escribir fai falta imaxinación, paciencia, amor e sobre todo sensibilidade; e que para ser escritora só fai falta que a xente lea os teus libros. Tamén que o seu libro favorito de todos os que escribiu é “O Estanque dos parrulos pobres”, porque o escribiu cando o seu pai estaba a piques de morrer. Escribiu tamén un libro resumido en once frases que se titula “Ah, es ti”, que fala da bisavoa dunha nena que padece alzhéimer e non se acorda de nada, pero cando a neta lle daba un bico dicía: “Ah es ti”, e parecía que volvía recordar. Outra das historias que contou foi a de dous irmáns que estaban enfadados, o irmán maior quixo facer un muro e contratou a un home, pero este non construíu un muro, senón unha ponte e o irmán pequeno viu a ponte e pensou: “que bo é o meu irmán”, entón, cruzou e deulle unha aperta enorme e perdoáronse. Ao final da charla Fina asinounos o libro. Esperamos que veña máis veces,

encantounos a visita!

Alumnado de 5º

31 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

32 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

33 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

34 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

35 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

36 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

37 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

LECTURA NA RÚA 2017 Lectura na rúa é unha actividade para o fomento da lectura que se levou a cabo o 4 de Maio de 2017 en Redondela. Foi unha iniciativa do CEP Santa Mariña que contou coa participación do EEI A Marisma e co apoio incondicional dos pais e nais da ANPA Ernestina Otero e da Biblioteca Municipal. Esta experiencia implicou a 431 nenos e nenas de ámbolos dous centros e desenvolveuse no Paseo da Xunqueira de Redondela decorado para a ocasión cunha gran pancarta, unha alfombra enorme para que se puideran sentar os nen@s e un espazo central de lectura que incluía un expositor con libros de Carlos Casares e Gloria Fuertes entre outros). Tamén contamos coa presenza da Coca Simona, personaxe que puxo o punto de colorido e diversión.

Realizouse en dúas etapas. A primeira foi de lectura silenciosa e compartida ao aire libre e con música ambiental na que, ademais, se intercambiaron marcapáxinas e

38 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

durante a que o alumnado de sexto convidaba a tódolos transeúntes a que se uniran a nós lendo na rúa (con esa finalidade se dispuxo o espazo central de lectura co expositor de libros para adultos). Durante a segunda etapa, os nenos e nenas eran conducidos ao interior do auditorio para gozar dun recital de Paco Barreiro así como das actuacións musicais nas que tomaron parte nenos e nenas dos centros de Primaria e Infantil. A actividade desenvolveuse en dúas quendas de máis de 200 alumnos e alumnas cada un e levouse a cabo de 10:00 a 11:30 e dende ás 12:00 ás 13:30 h. Para a ocasión elaboráronse diversos materiais tales como a pancarta, carteis para delimitar as zonas nas que se tiñan que situar os diferentes grupos, marcapáxinas e unha chapa conmemorativa do evento.

39 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA


2017

Cómpre dicir, xa para rematar, que foi unha iniciativa cunha gran difusión nos medios de comunicación locais, que tamén recibiu unha valoración moi positiva de toda a comunidade educativa,en xeral e terá continuidade o vindeiro ano.

Recomendamos ver o noso blog: “O Mundo de Nana” para poder ver tódalas interesantes actividades levadas a cabo ao longo deste curso 2016 – 2017. http://bibliotecasantamarina.blogspot.com.es/

40 REVIS

REVISTA ESCOLAR MURMURIO

CEP SANTA MARIÑA



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.