Conto 5b

Page 1


LARPEIRADAS VS VERDURAS O AMENCER DA PAZ Esta historia comeza no ano: 2016. Galaxia: Vía Láctea. Planeta: Terra. Localidade: Redondela. Lugar: Colexio Público Santa Mariña.

Os nenos de quinto investigan o por que dun suceso incrible : a Terra, no seu movemento de rotación, quedou parada en lusco fusco, xusto no momento de agocharse o Sol entre as montañas, dando lugar a un solpor infinito.


As avelaíñas non sabían se saír ou quedarse agochadas. O grupo de Daniel, Jose, Elena, Aroa e Nico, que eran os maiores, decidiron buscar, entre os libros da biblioteca do cole, algunha historia que explicara este fermoso e inquietante suceso.

Julia e Hugo, que son moi espelidos, atoparon un conto que lles axudaría a resolver o misterio. Martín, que ten unha voz moi bonita, comezou a ler a historia que narraba o conto.


CAPÍTULO I A guerra dos alimentos. A historia dicía así: Érase unha vez, nunha granxa destruída polos descoidos dos humanos, as verduras, que crecían e bebían en terra e auga contaminadas, decidiron cobrar vida para dominar á Terra e a todos os planetas do Sistema Solar. Pero non lles ía a ser doado, pois as larpeiradas tiñan a mesma idea. No canto de organizarse para facilitar a convivencia, comezaron unha batalla. O bando das verduras estaba liderado por “Ceboliña”, unha cebola un pouco choromicas. O bando das larpeiradas, por ”Azucarín”, un regaliz moi liante.


CAPÍTULO II O día da guerra -Xa me imaxino como foi a batalla – dixo Carla – Foi así: Na loita, as larpeiradas enfrontáronse con bazucas piruleta, con arcos regaliz e con munición “lacasitos”; en cambio, as verduras loitaron con bombas granada, espadas cenoria e con escudos leituga. Mentres os dous bandos loitaban, os osiños “Haribó” atacaban por sorpresa con paraugas de chocolate dende o aire. As verduras tamén tiñan o seu ataque sorpresa, que era que os tomates “cherri” se tiraban en catapulta.

A loita provocou o enfado do planeta Terra, que se negou a continuar o seu movemento de rotación, provocando un solpor infinito.


– Como nos pasou a nós ! -interromperon a lectura Xoel e Antía a un mesmo tempo. – Continúa lendo – dixo David- a ver si atopamos a solución.


CAPÍTULO III Que bo nito é o amor  -Agora leo eu- dixo Alex, que ten unha boa voz. Ceboliña reuniuse con Azucariño, para intentar acadar unha boa solución. Falaron durante moitas horas, ao principio falaban de mala maneira pero logo fóronse calmando e entre eles xurdiu o amor. En realidade, gustábanse dende hai tempo, pero a guerra impediu a súa amizade. Pero como o amor todo o pode, decidiron unirse, cambiar berros por aloumiños e implantar a paz e a co nvive ncia. Si entre dous alimentos tan diferentes podía xurdir o amor, tamén podía xurdir a paz entre a diversidade de todos os alimentos.


 -Que bonito!- dixeron Sabela, Elisa e Mariluz á vez, que estaban emocionadas coa historia.

-Agora quero ler eu- dixo Vicente, que continuou coa historia.


CAPÍTULO IV Por fin a Paz A cebola e o regaliz lograron promover a paz e a convivencia en todos os planetas do Sistema Solar . A pesar da gran diversidade de alimentos déronse conta de que todos podían vivir en paz sen molestarse os uns aos outros . Así foi como os alimentos puxeron fin ás diferencias entre eles e viviron felices respectándose e colaborando uns cos outros. Leitugas, chicles, patacas, chícharos , chocolates, mazás , laranxas ... todos difere ntes e todos amigos .


A Terra , contenta pola situación, continuou a súa andaina arredor do sol e todo volveu á feliz normalidade. Jose Estévez e Alán aplaudiron contentos por este final bonito e alegre. O grupo de Lucas, Alejandro, Fátima, Juan e Lorena deuse conta enseguida da solución: “Para recuperar a normalidade no mundo ,temos que deixar a un lado as nosas diferencias e colaborar entre todos, con respecto e amor, para vivir en paz e felices”. E así foi como e nte ndero n que respectarse e dialogar para co nseguir a paz e máis importa nte e máis bo nito que estar discuti ndo e pelexa ndo. A terra, igual que no conto, continuou xirando alegremente arredor do sol .

Fin


Autoras e autores: (por orden de nacemento) Dani Crespo Jose Míguez Elena Santos Nico Pérez Aroa Martínez Hugo Fernández Martín López Xoel Parada Antía Varela Julia Alfaya Juan Couñago Alejandro Ron Lorena Rodríguez Lucas Vidal Fátima Moukhass Alex Migueles Carla Fernández Samuel Martínez David Lago Sabela Vidal Mariluz López Elisa Tomé Jose Estévez Vicente Fuentes Alan Sánchez


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.