Nós tamé... lemos no verán

Page 1

Nós tamén... lemos no verán Suxestións de lecturas para ESO

Biblioteca. CPI de San Sadurniño 2014-2015


BRINCA O sol... na campĂ­a noiva... coma un corazĂłn... L. Amado Carballo

Ei ven o tempo de sachar o ceo ei ven o tempo do ceo sachar, segar a ferrĂĄn das nubens serodias para as estrelas do vran sementar. L. Amado Carballo


A partir de 12 anos CORTIZAS, Antón, Tastarabás, Xerais. Unha enciclopedia moi especial, unha enciclopedia de brinquedos e enredos, unha enciclopedia dos nosos xoguetes tradicionais... DAHL, Roald, Boy. Relatos da infancia, Sushi Edicións. A infancia, a adolescencia e os primeiros anos da xuventude de Roald Dahl narrados como só Roald Dahl o podía facer. FARIÑA, Anxo, Os Megatoxos e o dragón de xade, Xerais. Os Megatoxos emprenden unha nova aventura, neste caso no Xapón, que seguramente che resultará tan entretida coma as outras. GALLARDO, Miguel, María e mais eu, El Patito Editorial. Un tenro cómic de Miguel Gallardo que nos permite coñecelos mellor a el e á súa filla, María. KINNEY, Jeff, Diario de Greg 9. Carretera y manta, Molino. Greg e a súa familia van de vacacións e seguro que as gargalladas non nos han de faltar lendo as súas aventuras. MACEIRAS, Andrea, O segredo do lagarto arnal, Baía. David tentará resolver que aconteceu co seu curmán Marcos, quen lle puxera o alcume “Arnal”. OLIVARES, Tina, Au revoir, Marie, Anaya. Hugo e Migue quedan durmidos na clase de historia e de repente... Que aconteceu? Aquilo semella a Francia do século XVIII... QINO, Todo Mafalda, Lumen Se aínda non liches a Mafalda xa é hora de que coñezas á mociña máis preguntona do mundo. RODRÍGUEZ SERRANO, Esteban, Cajal el travieso, El Rompecabezas. O mociño Santiago Ramón y Cajal, quen cos anos sería o primeiro científico español que acadou o Premio Nobel, era moi traste de pequeno... SIERRA I FABRA, Jordi, El extraño, Anaya. Danie e súa nai vivían sós nun piso, pero a delicada situación económica de súa nai obriga a esta a realugar unha habitación.


A partir de 15 anos CISNEROS, Sandra, A casa de Mango Street, Sushi Books. Esperanza é unha mociña que vive nun humilde barrio de Chicago, en Mango Street, nunha casa que non ten nada que ver coa dos seus soños. FRAGA, Xesús, Reo, Galaxia. Reo é o rei dos graffiteiros da cidade, porén un día é retado por un rival nos muros da súa cidade. FERNÁNDEZ PAZ, Agustín, A viaxe de Gagarin, Xerais. O ano 1961 Iuri Gagarin converteuse no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Para o noso protagonista este foi un ano especial... FORMAN, Gayle, Si decido quedarme, Salamandra. Un terrible accidente vai significar un antes e un despois na vida da protagonista, unha prometedora violonchelista. GAARDER, Jostein, El castillo de los Pirineos, Siruela. Vinte e cinco anos despois os protagonistas da novela tentan lembrar aqueles misteriosos acontecementos que marcaron un antes e un despois na súa relación. JACOBSEN, Siid & COLON, Ernie, Ana Frank. La biografía gráfica, Norma. Unha moi documentada biografía gráfica sobre Ana Frank que permite coñecer acontecementos previos e posteriores aos contados no diario. LLAMAZARES, Julio, Distintas formas de mirar el auga, Alfaguara. O avó decidiu que as súas cinzas repousaran debaixo da auga, no pantano en cuxo fondo xacía a vila na que pasara gran parte da súa existencia... MUÑOZ, TIRSO e MONTES, A mansión dos murmurios, El Patito Editorial. Este é, sen lugar a dúbidas, un dos vosos cómics favoritos. Así que tiña que estar nesta lista. MUÑOZ PUELLES, Vicente, A la velocidad de la luz (El joven Einstein), Anaya. En 1955 Albert Einstein atopa un caderno escrito dez anos antes no que conta coma se iniciou a súa vocación científica... NEGRO, Carlos, Penúltimas tendencias, Xerais. En palabras de Antonio García Teijeiro: “ un poemario que volve rachar esquemas poéticos, directo e cru”. ALEIXANDRE, Marilar, A ovella descarriada, Xerais. Ramón Nicolas alcumou este poemario tan especial de “compendio de seres que queren ser libres”.


E máis libros para o verán... ALEXANDER, Caroline, Atrapados en el hielo, Planeta. Agosto de 1914, xusto un día antes do comezo da Primeira Guerra Mundial o famoso explorador Ernest Shacketon parte para realizar a primeira viaxe a pé pola Antártida. BOSCH, Gerald, Expedición Microscopio, Siruela. Unha grande aventura agárdate. Si, só tes que coller un microscopio e atopar que o mundo que te rodea é moito máis sorprendente do que pensas. GENER, Ramón, Si Beethoven pudiera escucharme, Now Books. Un libro para achegarse ao mundo da ópera a través de Ramón Gener, o presentador do programa This is opera. (+ 14) GOMBRICH, Ernst, Breve historia del mundo, Debate. Unha epístola-diálogo, escrita dunha forma sinxela e amena, para coñecer mellor a historia deste noso mundo. KESPERT, Deborah, Genios, Siruela. Leonardo da Vinci, Johannes Gutenberg, James Watt, os irmáns Wright... Un libro sobre algúns dos máis grandes inventores de todos os tempos. KLOZCKO, Édouard, O mundo máxico de Tolkien, Baía. A Terra do Medio, o fantástico mundo imaxinado por Tolkien no que o arrepiante Gollum asexa... NEIRA VILAS, Xosé, Lar. Nai. Pan, Xerais. Libro + CD que recompila tres libros do noso querido Neira Vilas dos anos 1973, 1980 e 1986. QUEIZÁN, Mª Xosé, Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros, Xerais. Lía todo o que caía nas súas mans, tiña un enorme afán de saber, unha curiosidade nunca saciada... Así era Emilia Pardo Bazán de pequeniña.

E no verán tamén música... Guadi Gallego: Lúas de outubro e agosto Ses: Tronzar os valos


Están los jarales bajos constelados de sus grandes flores vagas, rosas de humo, de gasa, de papel de seda, con las cuatro lágrimas de carmín; y una calina que asfixia, enyesa los pinos chatos. Un pájaro nunca visto, amarillo con lunares negros, se eterniza, mudo, en una rama. Juan Ramón Jiménez, Platero y yo Bibliosansa http://bibliosansa.blogspot.com.es/ Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.