Page 1

R O T E I R O S

Roteiro literario De Padrón a Compostela Biblioteca e EDLG CPI de San Sadurniño


Por que este roteiro?

Este é un roteiro moi especial para nós, posto que xurdiu do interese do alumnado de 3º de ESO na obra de Rosalía de Castro. Pensamos que sería atraente deseñar unha actividade que permitise coñecer mellor a obra e as paisaxes vitais de Rosalía... E xa postos, tamén lembrar outros autores da nosa literatura dende a Idade Media á actualidade. Así pois, xurdiu este roteiro pensado para o noso alumnado de 3º e 4º de ESO.

Rosalía de Aurora Cascudo Román


En Padrón

Comezamos en Padrón visitando a Casa Museo de Rosalía de Castro. E antes de en lembramos os versos da poeta.

trar

Padrón!... Padrón! Santa María... Lestrove... ¡Adiós! ¡Adiós!

Agora na horta na que podemos atopar árbores senlleiras coma o carballo fillo do de Gernika, o ombú traído da Arxentina ou a camelia Rosalía de Castro,recitamos “Negra sombra” do poemario Follas novas: Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras.

Rosalía de Castro , Follas novas

Non nos podemos despedir de Padrón sen lembrar a outros dos seus coñecidos poetas en lingua galega: o trobador medieval Macías o Namorado. Pouco sabemos da vida deste infortunado poeta do século XIV que se pensa que naceu nestas terras. Cativo da miña tristura, ya todos prenden espanto e preguntan, que ventura fay que me tormenta tanto; mays non sey no mundo, amigo, que mays de meu quebranto diga de esto que vos digo.

Macías o Namorado, Cancioneiro de Baena

En Compostela, onde baila a lúa na Quintana dos Mortos E chegamos a Compostela e na praza do Obradoiro, antes de entrar na Catedral, lembramos a Fernando Esquío, o trobador de Neda que semella que coñecía ben esta cidade e a de Lugo: -”Que adubastes, amigo, alá en Lug’u andastes, ou qual é essa fremosa de que vós namorastes?” -”Direi-vo-lo-eu, senhora, pois m’en tan ben preguntastes: o amor que eu levei de Santiago a Lugo, esse me adug’ e es


Pois ben, imos deixar ao “amigo” contestando á “amiga” que o interroga sobre por que tardou tanto en vir nesta primeira estrofa1 e entramos xa na catedral da man de Rosalía: Cando antre as naves tristes e frías de alto mural, cal elas fría, cal elas triste, ó ser da tarde vou rezar, ¡qué pensamentos loucos e estraños á miña mente veñen e van! Rosalía de Castro, Follas novas


Antes de ir á Praza da Quintana, asomémos á Rúa das Hortas onde tivo a sede o soño editorial de Ánxel Casal e María Miramontes. Máis tarde trasladaríanse ao número 1 5 da Rúa do Villar. En Nos, a súa editorial, publicaron entre outros os famosos Seis poemas galegos de García Lorca... Pero non podemos recitalos aquí, senón na Quintana, onde seica baila a lúa... Danza da lúa en Santiago ¡Fita aquel branco galán, olla seu transido corpo! É a lúa que baila na Quintana dos mortos. Fita seu corpo transido, negro de somas e lobos. Nai: A lúa está bailando na Quintana dos mortos. ¿Quén fire potro de pedra na mesma porta do sono? ¡É a lúa! ¡É a lúa na Quintana dos mortos! ¿Quén fita meus grises vidros cheos de nubens seus ollos? É a lúa, é a lúa na Quintana dos mortos. Déixame morrer no leito soñando con froles d'ouro. Nai: A lúa está bailando na Quintana dos mortos. ¡Ai filla, co ár do céo vólvome branca de pronto! Non é o ar, é a triste lúa na Quintana dos mortos. ¿Quén brúa co-este xemido d'imenso boi melancónico? Nai: É a lúa, é a lúa na Quintana dos mortos. íSi, a lúa, a lúa coronada de toxos, que baila, e baila, e baila na Quintana dos mortos

Federico García Lorca

Imos andar un pouquiño para encamiñarnos ao Colexio de Fonseca que foi mandado construír polo arcebispo Alonso de Fonseca no soar da casa onde el nacera. Comezou a funcionar no ano 1 554 e nel terá sede a Universidade de Compostela que se creara a principios de século. Diante da súa fachada plateresca lembraremos a Domingo Fontán, un dos ilustres alumnos e profesores desta Universidade. Fontán, quen naceu en Porta do Conde (Portas) en 1 788 é o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia, a Carta Xeométrica de Galicia. Escollemos un anaquiño dun artigo que o escritor compostelán Suso de Toro publicou en 201 1 no xornal El País para lembralo: E do seu mestre recibiu a súa gran tarefa, levantar a carta de Galiza segundo un método científico, a triangulación xeodésica; o sistema de medición co que xa se deseñara o mapa de Francia había tempo e co que se estaban a deseñar os doutros reinos europeos. Sen outro respaldo que o da universidade e as achegas dalgúns amigos, o mapa é unha fazaña científica practicamente solitaria.

Suso de Toro, Domingo Fontán, matemático sublime” en Luces, El País (1 /04/201 1 )


Por certo, este artigo, igual que outros que o escritor compostelán publicou no amentado xornal foron recollidos con posterioridade no libro (201 3).

Domingo Fontán está enterrado no Panteón dos Galegos Ilustres na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval e antes de ir pasear polos fermosos xardíns da horta e do cemiterio conventuais imos lembrar a o xograr ou segrel Bernal de Bonaval que viviu no século XIII. A Bonaval quer’eu, mia sehor, ir e des quand’eu ora de vos partir os meus olhos non dormirán.

Pois... Polo momento isto é todo, porque aínda nos quedan moitos autores que naceron nesta cidade e/ou escribiron sobre ela... Pero iso será para outra ocasión. Así que toca despedirse cos versos dun poeta compostelá, Fermín Bouza Álvarez (1 946-201 6) , fillo do tamén poeta Fermín Bouza Brey: palabras coma neve caendo na brancura do papel agardando o signo do seu frío. Fermín Bouza Álvarez, Labirinto de inverno


Enlaces de interese Biblioteca Virtual Galega. http://bvg.udc.es/ Casa-Museo de Rosalía de Castro http://rosalia.gal/a-casa-museo/ Museo do Pobo Galego. http://www.museodopobo.gal/web/index.php Real Sociedad Económica de Amigos del Pais de Santiago de Compostela. http://www.economicadesantiago.org/institucion_rseap.aspx Universidade de Santiago de Compostela (USC). http://www.usc.es/ Web oficial de Turismo de Santiago de Compostela. http://www.santiagoturismo.com/ Web Concello de Padrón. http://padron.gal/

Para saber máis DE CASTRO, Rosalía (2008) Versos a Compostela (edición bilingüe ao coidado de Helena Villar Janeiro). Santiago de Compostela Alvarellos Editora. FRATESCHI VIEIRA, Yara MORÁN CABANAS, Isabel E SOUTO CABO, José Antonio (201 1 ): O amor que eu levei de Santiago. Roteiro da lírica medieval galego-portuguesa. Noia: Editorial Toxosoutos. Outros roteiros literarios en Compostela Roteiro literario por Compostela. Bibilioteca pública de Santiago Ánxel Casal. https://bibliotecas.xunta.gal/santiago/gl/recursos/locais/roteiro-literario-por-compostela

Créditos das imaxes de Rosalía Estas imaxes forman parte das catro “liberadas” pola Deputación da Coruña no 201 7: https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=587

Profile for Biblioteca Sansadurniño

Roteiro literario: De Padrón a Compostela  

Roteiro literario para 3º e 4º de secundaria.

Roteiro literario: De Padrón a Compostela  

Roteiro literario para 3º e 4º de secundaria.

Advertisement