Page 1

“ Aromas

puros, frescura e poesía“

Selección de poemas e recursos

Biblioteca e EDLG CPI de San Sadurniño


Este ano lembramos a Rosalía a través dos seus poemas e dalgúns cadros que, ao noso entender, os poderían ilustrar. O título desta pequena evocación literaria e pictórica é un anaquiño do prólogo de

Cantares gallegos.

Agardamos que esta “mestura” de arte e literatura vos agrade.


Ovidio Murguía (1 871 -1 900): Mariña

La mar se agitaba sordamente resolviéndose en su profundo lecho, las olas empezaban a estrellarse contra las rocas y salpicaban las camisetas azules de los marineros, a través de las cuales se descubrían aquellas pronunciadas y nerviosas musculaturas capaces de resistir la intemperie y crudeza de las estaciones, que en aquel desolado rincón del mundo, más que en parte alguna, suelen ser crueles y rigurosas. Rosalía de Castro, La hija del mar Para saber máis sobre a novela La hija del mar: La hija del mar na Biblioteca Virtual Cervantes: http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/1 259328644 01 41 51 3087846/index.htm MAYORAL DÍAZ, Marina: “La hija del mar. Biografía, confesión lírica y folletín” en Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: http://www.letrasgalegas.org/servlet/SirveObras/p285/1 2937283 1 1 70704241 98624/p0000001 .htm


ALBORADA I Vaite, noite,—vai fuxindo.—Vente aurora,—vente abrindo,—co teu rostro,—que, sorrindo,—¡¡¡a sombra espanta!!! ¡Canta, paxariño, canta—de ponliña en ponla,—que o sol se levanta—polo monte verde,—polo verde monte,—alegrando as herbas,—alegrando as fontes!... ¡Canta, paxariño alegre, canta! ¡Canta porque o millo medre, canta! Canta porque a luz te escoite, canta! Canta que fuxeu a noite. Noite escura logo ven e moito dura co seu manto de tristura. Con meigallos e temores, agoreira de dolores,

agarimo de pesares, cubridora en todo mal. ¡Sal...! Que a auroriña o ceu colora cuns arbores que namora, cun sembrante de ouro e prata teñidiño de escalrata. Cuns vestidos de diamante que lle borda o sol amante antre as ondas de cristal. ¡Sal...! señora en todo mal, que o sol xa brila nas cunchiñas do areal; que a luz do día viste a terra de alegría; que o sol derrete con amor a escarcha fría. Rosalía de Castro (1 980): Poesía en galego completa. Vigo: Edición Xerais de Galicia.


Para saber máis sobre o poema: Anxo Angueira explica a “Alborada” de Cantares Gallegos: https://www.youtube.com/watch?v=Zb0YWyW0dTA Para escoitar diversas versións: http://sondepoetas.blogspot.com.es/201 0/06/alborada-rosalia-decastro.html

Vincent Van Gogh (1 853-1 890): Campo de trigo 1 888


Caspar David Friederich (1 774-1 840): CamiĂąante sobre o mar de nĂŠboa


Campanas de Bastabales, Cando vos oyo tocar, Mórrome de soídades.                                 l.         Cando vos oyo tocar, Campaniñas, campaniñas, Sin querer torno á chorar.         Cando de lonxe vos oyo, Penso que por min chamades, E das entrañas me doyo.         Dóyome de dor ferida, Qu' antes tiña vida enteira, Y oxe teño media vida.         Solo media me deixaron Os que d' aló me trouxeron, Os que d' aló me roubaron.         Non me roubaran, traidores, ¡Ay! uns amores toliños, ¡Ay! uns toliños amores.         Qu' os amores xa fuxiron, As soidades viñeron... De pena me consumiron.                                       II.         Aló pó la mañanciña Subo enriba dos outeiros, Lixeiriña, lixeiriña.         Com' un-ha craba lixeira,

Para oir das campaniñas A batalada pirmeira. .       A pirmeira d' alborada Que me traen os airiños, Por me ver mais consolada.         Por me ver menos chorosa, Nas sus alas má traen Rebuldeira e queixumbrosa.         Queixumbrosa e retembrando Por antr' e verd' espesura, Por antr' o verde arborado.         E pó la verde pradeira, Por riba da veiga llana, Rebuldeira e rebuldeira.                                       III.         Paseniño, paseniño, Vou pó la tarde calada, De Bastabales camiño.         Camiño do meu contento; Y en tant' o sol non s' esconde, Nun-ha pedriña me sento.         E sentada estou mirando, Com' á lua vay sahindo, Com' ó sol se vay deitando.         Cál se deita, cál s' esconde Mentras tanto corre á lua Sin saberse para donde.


Para donde vay tan soya, Sin qu' á os tristes qu' á miramos Nin nos fale, nin nos oya

      Corre ó vento, ó rio pasa, Corren nubes, nubes corren Camiño da miña casa.

      Que si oira e nos falara, Moitas cousas lle dixera, Moitas cousas lle contara.

      Miña casa, meu abrigo, Vanse todos, eu me quedo, Sin compaña, nin amigo.

                                    IV.

      Eu me quedo contemprando As laradas d' ás casiñas Por quen vivo suspirando.

      Cada estrela, o seu diamante; Cada nube, branca pruma, Trist' á lua marcha diante.

.......................

      Diante marcha crarexando Veigas, prados, montes, rios, Dond' ó dia vay faltando.

        Ven á noite... morre ó dia, As campanas tocan lonxe O tocar d' Ave Maria.

      Falt' ó dia, e noit' escura Vaixa, vaixa, pouc' á pouco, Por montañas de verdura.

Elas tocan pra que rece, Eu non rezo, qu' os saloucos Afogandome parece Que por min tên que rezar; Campanas de Bastabales, Cando vos oyo tocar, Mórrome de soidades.

      De verdur' e de follaxe, Salpicada de fontiñas Vaixo á sombra do ramaxe.         Do ramaxe donde cantan Paxariños piadores, Que c' á aurora se levantan.         Que c' á noite s' adormecen Para que canten os grilos Que c' as sombras aparecen.                                       V.

Rosalía de Castro (1 863): Cantares gallegos. Vigo: Imp. de D. Juan Compañel


Para saber máis: María López Sande explica “Campanas de Bastavales”: https://www.youtube.com/watch?v=P7w4YeWdjP4 Para escoitar e ver: Vídeo de Amancio Prada cantando a versión do poema: https://www.youtube.com/watch?v=dIFI4yW_IWM

Edward Munch ( 1 863-1 944): O berro


John William Waterhouse (1 849-1 91 7):

A dama de Shalott


Cando penso que te fuches, negra sombra que m' asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino qu' es ida, no mesmo sol te m' amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras, nin m' abandonarás nunca, sombra que sempre m' asombras. Rosalía de Castro (1 993) Follas Novas (Vigo: Galaxia) Para saber máis sobre o poema: http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/lit/rosalia/negrasombra.html Para escoitar diversas versións: http://sondepoetas.blogspot.com.es/2007/09/cando-penso-que-te-fuchesnegra-sombra.html Najla Shami canta “Negra sombra”: https://www.youtube.com/watch?v=fIEF3gjiQEQ


Serra da Ga単idoira


Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentou, que eu día e noite sin cesar choraba cal chorou Madanela na pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Diosdaime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinqueino, mais…¿quen pensara…? Despois xa non sentin máis tormentos nin soupen que era delor; soupen só que non sei que me faltaba en donde o cravo faltou, e seica, seica tiven soidades daquela pena…¡ Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡ quen o entenderá, Señor…! Rosalía de Castro (1 993). Follas Novas. (Vigo: Galaxia) Vídeo-poemas: https://www.youtube.com/watch?v=T5KstRrcbqc https://www.youtube.com/watch?v=5s93e2aYIjU


Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas, ceos azues e serenos como os de Italia, horizontes nubrados e melancónicos anque sempre hermosos como os tan alabados da Suiza, ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos que aterran e adimiran pola súa xigantesca e xorda cólera.... mares imensos... ¿Que direi mais? Non hai pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. A terra cuberta en tódalas estacións de herbiñas e de frores, os montes cheios de pinos, de robres e salgueiros, os lixeiros ventos que pasan, as fontes i os torrentes derramándose fervedores e cristaíños, vran e inverno, xa polos risoños campos xa en profundas e sombrisas hondanadas... Galicia é sempre un xardín donde se respiran aromas puros, frescura e poesía... Rosalía de Castro: “Prólogo de Cantares Gallegos"

Dia de Rosalía 2016  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you