Roald Dahl: o home que cría na maxía

Page 1

Roald Dahl: o home que cría na maxia Biblioteca CPI de San Sadurniño Curso 2016‐2017


“Those who don't believe in magic will never find it.” Roald Dahl “These books gave Matilda a hopeful and comforting message: You are not alone." Roald Dahl, Matilda.


Cando o neno Roald naceu, un 16 de setembro de 1916, os seus pais (de ascendencia norueguesa aínda que residentes no Reino Unido) decidiron chamarlle Roald en honra do famoso explorador Roald Admunsen, quen liderou a expedición que chegou por primeira vez ao Polo Sur en decembro de 1911. O neno Roald asistiu a numerosos internados, dos que non gardaba moi boa lembranza, e soñaba con inventar unha barra de chocolate... Pero, esa historia sóame? Ah, si... Inspirouno para escribir unha novela: Charlie e a fábrica de chocolate. Benvidos ao fascinante mundo de Roald Dahl e ao marabilloso mundo dos libros!


Bibliografía DAHL, Roald: Boy (Relatos de infancia), Sushi Books. (+12 anos) A Roald non lle gustaba escribir autobiografías e xa nolo aclara na introdución deste libro que vén sendo un conxunto de historias da súa infancia e xuventude. DAHL, Roald: Voando só, (+14 anos), Sushi Books. E Roald contounos máis historias da súa xuventude. Neste libro narra coma foi a África a traballar e acabou pilotando un avión durante a II Guerra Mundial. DAHL, Roald: Las brujas, Loqueleo. (+12 anos) Pobre Bruno... Tivo a mala sorte de estar no lugar máis inoportuno o día da celebración do l Congreso Anual de Bruxas de Inglaterra... DAHL, Roald: Charlie e a fábrica de chocolate, Xerais. (+11 anos) A Willy Wonka acábase de se lle ocorrer unha brillante idea: agochar cinco billetes dourados nos envoltorios das barras de chocolate que fabrica... DAHL, Roald: Charlie e o grande ascensor de cristal, Xerais (+11 anos) Aquel ascensor de cristal era todo un descubrimento e facilitaba chegar rápido á fábrica de lambetadas. Pero un día algo parece ir mal...


DAHL, Roald: A marabillosa medicina de George, Xerais. (+9 anos) A avoa de George cre que que as eirugas e as lesmas son deliciosas. Ata lle gustan os escaravellos... DAHL, Roald: Danny, o campión do mundo, Xerais. (+11 anos) Danny vive moi feliz co seu pai nun vello carromato detrás dunha gasolineira. Pero, o seu pai garda un segredo que ten que ver con faisáns... DAHL, Roald: Matilda, Alfagura Obradoiro. (+12 anos). Matilda é unha nena moi especial que atesoura moitos coñecementos, ama os libros e ten sorprendentes poderes... DAHL, Roald: Los Mimpins, Altea. (+9 anos) Os Mimpins son uns seres diminutos que vivían aterrados por un terrible monstro ata que Billy saíu pola porta do xardín... DAHL, Roald: Poemas y canciones. (+9 anos) Os poemas e as cancións están moi presentes na obra de Dahl. Neste libro atoparás unha selección dalgúns e fermosas ilustracións... DAHL, Roald: ¡Qué asco de bichos! El cocodrilo enorme, Alfaguara. (+9 anos) Dez historia de bechos: ras, porcos, leóns, escorpións, o oso formigueiro... E un enorme crocodilo...


DAHL, Roald: Relatos escalofriantes, Alfaguara (+14 anos). Unha antoloxía de contos nos que atoparemos intriga, misterio, crítica social, humor...

Ou sexa, as características da obra narrativa de Roald.

DAHL, Roald: El Superzorro, Alfaguara. (+9 anos) “Había una vez un valle... y en el valle tres granjas, y en las granjas, tres granjeros. Tres granjeros bastante...” DAHL, Roald: El vicario que hablaba al revés, SM. (+9 anos) Dahl cedeu os dereitos desta obra, sobre o vicario Robert Ozire, ao Instituto Londinense para a Dislexia.


Lecturas graduadas DAHL, Roald, Matilda, Penguin Readers (Level 3) DAHL, Roald, Pearson, Penguin Readers (Level 6). DAHL, Roald, The swan and the Hitch‐Hicker, Burlington Books. (3º ESO).

As películas Charlie y la fábrica de chocolate (dirixida por Tim Burton). James y el melocotón gigante (dirixida por Henry Selick). Mi amigo el gigante (dirixida por Steven Spielberg). La maldición de las brujas (dirixida por Nicolas Roeg) Matilda (dirixida por Danny de Vito). + 7 anos.


Enlaces de interese Web oficial http://www.roalddahl.com/ Universo Roald Dahl http://universoroaldahl.usal.es/ “5 libros de Roald Dahl que todo niño debe leer” en El Mundo (11/09/2016) http://www.elmundo.es/sapos‐y‐ princesas/2016/09/11/57d548e8e5fdea3f038b45eb.html “8 películas para descubrir a Roald Dahl” en Fotogramas (05/07/2016). http://www.fotogramas.es/peliculas‐para‐ninos‐cine‐infantil/8‐peliculas‐para‐ descubrir‐a‐Roald‐Dahl Web de Quentin Blake https://www.quentinblake.com/ Roald Dahl na revista Babar (13/09/2016). http://revistababar.com/wp/tag/roald‐dahl/ Roald Dahl na revista El árbol rojo http://www.revistaelarbolrojo.net/roald‐dahl‐y‐la‐fabrica‐de‐cuentos‐2/ “Para saber máis: Roald Dahl do A ao Z” en BlogFesquío http://blogfesquio.blogspot.com.es/2016/10/boletin‐concurso‐no‐dia‐das‐ bibliotecas.html


Algunhas son divertidas. Outras son magoantes. Outra, desagradables. SupoĂąo que a iso se debe que sempre as evocase tan vivamente. Roald Dahl, Boy (Relatos de infancia).


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.