A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA

Page 1

A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA.


No Día Internacional da Muller Traballadora quixemos homenaxear as “mulleres traballadoras das nosas vidas”. Avoas, nais, amigas … , mulleres loitadoras que fixeron fronte a unha vida dura, que nos apoian e apoiaron sempre cun amor incondicional, mulleres que traballan na casa e fóra, mulleres que deixan unha pegada imborrable nas nosas vidas. O noso recoñecemento ás “brillantes activistas da vida cotiá” porque dende sempre as mulleres fomos, somos e seremos un piar fundamental da nosa sociedade.


ADRIANA CARRACEDO PÉREZ Adriana foi nada o dez de maio de 1988 en Rus, unha aldea de Carballo, concretamente A Braña. Pasou unha infancia bastante difícil en Rus, nunha casa pequena, xunto cos seus tres irmáns, nai e a súa avoa. Estudaba no colexio de Rus, e aínda a día de hoxe conserva moitas amizades daquela época. Foi ao instituto IES Isidro Parga Pondal, mudouse a Carballo con dezasete anos e quedou embarazada de min con dezaoito anos. Miña nai ten trinta e tres anos, e dende que son pequena acórdome de vela traballando, coidando o meu irmán cativo Martín, cociñando, fregando, xogando con nós, axudando a outras persoas que o precisan… Eu quero darlle as grazas por dar os mellores consellos, levarnos de paseo, que nunca nos faltara nada, ensinarnos o importante que é axudarnos entre todos para ser unha familia unida, respectar para ser respectados, tratar de igual forma aos homes e mulleres, querernos, contar sempre con ela sabendo que nunca nos vai criticar só axudarnos para que non pase o mesmo a próxima vez, axudarme cos deberes, levarme á escola, que sexa o meu despertador, facernos de xantar, esforzarse día a día, sempre sacarnos un sorriso aínda que non queira e millóns de cousas máis. Por iso mamá, es a muller traballadora da miña vida. JUDITH AÑÓN CARRACEDO.3º ESO B


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA María Lourdes Mata Rivas naceu o 20 de decembro do 1972. Esta muller é a miña nai, para min un gran exemplo a seguir como muller independente e traballadora. Nada nunha aldea preto de Santa Comba, compartía domicilio xunto cos seus pais e a súa irmá. Cando tan só tiña 16 anos a súa nai falece. Dende antes desa idade ela xa traballaba para axudar aos seus pais nos gastos. Xa pasado un tempo foi vivir co meu pai; facía de ama de casa, coidaba a meus avós... Estivo traballando no Camping Baldaio durante 25 anos; alí sempre a coidaron como se fose unha filla máis. Dende que tivo fillas deixou de traballar tanto nese


oficio, indo só os sábados e domingos. Xa cando nós fomos crecendo volveu ingresar de cociñeira noutro restaurante. Pasou por un aborto no que case perde a vida. Foi moi duro para ela xa que non é sinxelo perder un fillo; pero aínda así continuou coas ganas de ser nai , tendo finalmente 3 fillas. Xa pasando a falar do seu presente, muller

segue máis

sendo forte

a que

coñezo. Sempre está máis pendente da súa familia que dela

mesma,

e

non

lle

importa quedar sen tempo para ela, con tal de que os demais esteamos ben.

PAULA VARELA MATA. 3º ESO D


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA A muller traballadora da miña vida é miña avoa materna. O seu nome é Esperanza Vilanova Vázquez. Naceu o 25 de decembro de 1935 na aldea de Xoane (Carballo). Tivo unha infancia feliz na súa casa, xunto os seus pais e seus tres irmáns. Tamén vivía cos seus avós paternos, que faleceron cando ela tiña nove anos. Casou co meu avó no ano 1955 con vinte anos. Dende ese ano, comezou a dar a luz aos seus nove fillos. O seu fillo maior naceu un ano despois do seu casamento, no 1956, e o seu fillo máis novo naceu no 1977. Ela, aínda que tiña fillos que coidar e que atender, ía lavar ao río todos os días, facíalles a roupa que vestían os seus cativos, ademais de ter que facer os labores do fogar. Meu avó traballaba en Carballo e non lle podía botar unha man durante o día. Aínda que non eran os tempos de hoxe en día, cando chegaba sempre estaba disposto a axudala cos nenos despois da súa xornada laboral. Hoxe en día vive na mesma casa na que pasou a súa infancia, xunto ao meu avó e a súa filla máis nova. Alí coidan dos seus animais, entre eles cans e galiñas. Miña avoa segue realizando a limpeza básica do fogar e a comida para eles. Por sacar adiante unha familia de once persoas, case soa, a miña avoa é a muller traballadora da miña vida. LUCÍA RODRÍGUEZ LAMAS. 3º ESO C


SOLEDAD SANDE MARTÍNEZ Naceu na Coruña o 23 de setembro de 1978. A miña nai é a muller dos meus ollos, a única muller que o dá todo por min mais polo meu irmán. A única que pase o que pase, sempre vai ter un sorriso no rostro, e iso fai que eu tamén o teña. Sempre fai o que pode por nós, loita canto pode e axúdanos en todo. Se non fose por ela, eu non sería a persoa que son hoxe en día. Desde que eu era pequeniña ensinoume de todo; axudábame sempre coas tarefas e con todo, a pesar de que ela tamén tiña que traballar. Eu era un traste e ela corría de aquí para alá detrás de min todos os dias. O día que tiven que quedar na casa dos meus avós, chorei por ela a máis non poder. Agora mesmo miña nai vive en Carballo e logrou con moito esforzo o que ela tanto desexaba: formar unha familia e traballar no que ela quería desde pequecha. Miña nai é unha muller moi forte e valente, por iso a admiro tanto e desexo ser coma ela nun futuro. Por isto e moitas máis cousas, é a muller traballadora da miña vida. JIMENA ALVARELLOS SANDE. 3º ESO A


MARISOL ARIJÓN FRAGA Marisol Arijón Fraga, naceu o 10 de xaneiro de 1978, nunha aldea cerca de Baldaio, Vilela, onde se criou e viviu gran parte da súa vida. A familia desta está composta polo seu pai Antonio Arijón Fabeiro, que era madeirista e ensináballes aos máis novos a cortar os piñeiros e a súa nai Xosefina Fraga Vila, que era ama de casa e ademais coidaba o gando e axudaba aos veciños co traballo das leiras. Eles tiveron cinco fillas traballadoras. A primeira e máis vella foi Mercedes, despois dun ano e medio tiveron a Maruxa, logo de seis anos naceu Carme, cinco anos despois Ana e a última e polo tanto a máis nova foi Marisol. Cando os seus pais ían traballar, á cativa coidábana Carme e Ana, xa que as outras dúas irmás máis vellas xa tiñan casa de seu, casaran e tiveran fillos. Aínda así, Mercedes a máis vella das cinco irmás víñaa ver moi a miúdo, xa que ademais de ser a súa irmá tamén era a súa madriña. A rapaciña cando rematou os estudos básicos, con catorce anos, decidiu pola súa propia vontade comezar a traballar, servindo nunha casa da Coruña que pertencía ao cirurxián Don Pedro de Llano, que era especialista no cancro de mama. Foi tratada con moito respecto polo home, a súa muller e os seus tres fillos durante os cinco anos que os estivo servindo. Xosefina, a miña avoa, quería que Marisol aprendese un oficio e polo tanto a moza con 19 anos comezou a traballar nun taller de confección que se situaba máis preto da casa dos pais, xa que ela seguía vivindo alí. Esta xa levaba cinco anos traballando no taller e fixera unha moi boa amiga chamada Mónica que tiña un mozo que a viña ver todos os


días, acompañado do seu mellor amigo Gustavo Castro Rodríguez. Gustavo, con tan só 19 anos acabou namorando de Marisol, que xa tiña 24 anos e polo tanto leváballe cinco anos. Aínda así comezaron a saír como mozos ata que catro anos despois, en 2005, decidiron formalizar a relación e casar. Dous anos despois de casar, o 14 de xaneiro de 2007 tiveron a súa primeira filla, Lorena Castro Arijón, que son eu e o14 de maio de 2015, Marisol e Gustavo tiveron a súa segunda filla Paula polas miñas infinitas peticións. Agora na actualidade, miña nai Marisol, como leva facendo toda a súa vida, segue traballando nunha panadería para darlles a mellor vida posible ás súas fillas. Miña nai traballou e loitou pola súa independencia económica dende nena e esa é a ensinanza que intenta deixarme cada día. Por todo isto, miña nai é a muller traballadora da miña vida.

LORENA CASTRO ARIJÓN. 3º ESO B


ANA BELÉN LAMAS IGLESIAS Miña nai chámase Ana Belén Lamas Iglesias, unha muller moi traballadora que naceu en Carballo, o 2 de outubro de 1975. Aínda que pasou toda a súa infancia en Carballo, actualmente vive en Razo, xunto co meu pai, meu irmán e mais eu. A súa infancia foi moi divertida, aínda que seu pai estaba traballando fóra. Estudou para perseguir o seu soño desde pequena, que era ser modista e aos dezaoito anos comezou a traballar nun taller de costura do que sempre lle gustou. Aos vinte e cinco anos coñeceu ao meu pai nunha discoteca cerca de Coristanco; logo casaron e tiveron dous fillos, meu irmán e mais eu. Por todo o que conseguiu e segue conseguindo é a miña muller traballadora da miña vida. NURIA VILANOVA LAMAS. 3º ESO A


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA Ela é Florentina Rodríguez Rodríguez. Naceu nun abril do ano 1960 en abril nunha familia con traballo nunha granxa de vacas. Dende moi pequena, ela axudoulles aos seus pais e traballaba na granxa con tan só 10 anos. Máis adiante, o seu pai vese obrigado a marchar para Asturias e traballar nunha mina, polo que ela tivo que axudarlle aínda máis a súa nai coa granxa. Máis tarde esta coñece ao seu actual marido, casa e comparten vivenda cos pais dela; daquela traballan na granxa, pero Florentina chegou a estar traballando en máis de catro oficios. A parte do traballo, á miña madriña tocoulle e tócalle vivir cunha grave enfermidade, así pasando por tres operacións moi graves nas que case se xoga a vida; aínda agora segue batallando con iso, despois de todas as intervencións. Aínda así, ela segue traballando e coidando dos seus pais, que ambos teñen moita idade e non se poden defender sós. Por todo iso e máis, para min é a muller máis traballadora; despois do que aguantou, segue aí loitando polas súas enfermidades e traballando ao mesmo tempo. É un exemplo a seguir. NEREA VARELA MATA. 3º ESO D


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA A muller traballadora da miña vida é Pepa Arán Paredes, a miña irmá. Naceu o día 15 de outubro do ano 1997 na Coruña. Dende moi pequena destacou en moitas das cousas das que facía, como nos estudos, co boa persoa que era, na música... Sempre estivo moi conectada con esta última, pois con 7 anos comezou a tocar o piano, con 13 a guitarra e probou o violonchelo durante un ano cando tiña 14, ademais de que sempre estaba cantando. Un amigo dos nosos pais traballaba nunha radio e propúxolle á miña irmá gravar un programa musical xuntos. O nome era ‘’On the rocks’’ e comezara cando tiña 9 anos e rematara cando tiña 11 aproximadamente. Durante a adolescencia cantou en coros, grupos que tiña con amigos, etc., e na actualidade segue tocando o piano e cantando cando ten a ocasión, sexa no coro ou por libre. No ámbito escolar era unha rapaza de sobresaliente, desde primaria ata secundaria. Grazas ás súas impresionantes cualificacións conseguiu unha bolsa de estudos para ir de intercambio a estudar ao estranxeiro en primeiro de bacharelato. Volveu cunha magnífica experiencia que lle abriría moitas portas no seu futuro, a pesar de que preferiu facer a carreira de Matemáticas na Universidade de Santiago de Compostela. Unha vez a rematou, decidiu buscar opcións para facer o máster noutros países,


decantándose finalmente pola ETH en Zurich, Suíza. Na actualidade segue residindo alí e non ten previsións de marchar. Escollín á miña irmá para facer este traballo porque é unha das mulleres da miña vida que máis admiro, ademais da miña avoa e a miña nai. Cando a xente me preguntaba que quen era o meu ídolo, dicía que era Pepa, xa que sempre foi o meu modelo a seguir en moitos aspectos, xa fose co boa persoa que é con todo o mundo, co estudosa que é, con como consigue todo o que se propón e nada a para, con como saca sempre tempo para a xente á que quere... Quéroa moito, e por esas e moitas outras cousas é a muller traballadora da miña vida.

XULIA ARÁN PAREDES. 3º ESO C


MIRELA ALIM Quen é a muller máis importante da miña vida? Fácil: miña nai; a miña heroína. Esta muller, da que estou moi orgullosa de poder chamar a miña nai naceu en Tulcea (Romanía) o 27 de xullo de 1977. É a terceira de catro irmáns e, por desgraza viviu parte da súa vida baixo a ditadura de Nicolae Ceaușescu, un ditador socialista que faleceu en 1989. Esta ditadura non lle trouxo boas consecuencias ao país da miña nai, e, por desgraza, o seu soño de ser enfermeira esfumouse xunto cunha infancia idílica que tristemente non puido vivir ao ter que madurar a unha temperá idade. Ademáis diso, a zona onde se criou era bastante conservadora, e de nena nunca puido disfrutar xogando libremente coa pelota porque “era algo de nenos”, e tivo que aprender a facer cousas como cociñar, limpar ou ter que quedar calada cando a menosprezaban soamente polo seu xénero. Á idade de 18 anos, mudou soa á gran cidade, tendo que traballar e aprender a manterse ela soa. Posteriormente, coñecería ao meu pai, pero non estamos aquí para falar de historias de amor, senón da historia de superación persoal da persoa máis importante da miña vida. Anos despois, meus pais decidiron que querían un mellor futuro do que o seu país lles podía ofrecer, e inmigraron aquí en busca dunha vida mellor e con máis oportunidades.


Unha vez ben asentados neste novo territorio, miña nai acordouse do seu soño de pequena, e decidiu que nunca sería tarde para cumprir o desexo que tiña por ser enfermeira, e volveu estudar o que sempre quixo. Actualmente miña nai traballa como enfermeira no CHUAC, incúlcame os mellores valores posibles e intenta non cometer comigo os erros que os seus pais cometeron con ela. Entón, para que falar da Muller Marabilla ou de María Pita, se teño outra verdadeira heroína vivindo baixo o mesmo teito ca min? Mirela Alim, miña nai, é o maior referente que teño sobre conseguir todas as metas que me propoña e dar o mellor de min mesma, e cada vez que me preguntan por ela, levanto a cabeza e falo sobre o incrible que é.

NURIA MIRIAM ALIM. 3º ESO B


A muller traballadora da miña vida Vanessa Núñez Domínguez, miña nai, naceu o 10 de decembro de 1980, en Porriño. É a persoa que me leva guiando desde que nacín e a miña inspiración. Ensinoume moitas cousas, empezando por camiñar ata o que sei agora.Tamén é a persoa que sempre esta aí para apoiarme, a que me aguanta todos os días, unha das cousas polas que me sinto tan afortunada é por tela a ela. Aínda que temos os nosos máis e os nosos menos, eu quéroa moito e ela a min tamén. É un amor de persoa, sempre cun sorriso na cara, tan amable, coa súa tenrura e a súa mirada que che transmite confianza. No Nadal sempre imos visitar a toda a familia (xa que parte dela vive en Vigo) e no coche imos cantando panxoliñas; o preferido da miña nai é “Bo Nadal”. No verán imos de vacacións cuns amigos, polo que teño moitas fotos con ela en diferentes sitios do mundo. Ademais ela cociña xenial, e iso fai que no outono cociñe unhas castañas boísimas para o magosto.


Algo que aprendín grazas a ela é que non se trata do tempo, senón do que fas con el e con quen o pasas. Ás veces penso que ela merece máis do que ten; traballa toda a mañá, limpa a casa, lévanos ás actividades, fainos a comida… Cando está meu pai é un pouco máis fácil xa que así pódelle axudar algo a miña nai; pero a maioría das veces el está de viaxe traballando, o que fai que miña nai se teña que ocupar de min e das miñas irmás ela soa. Aínda así, sempre fai o posible para saír adiante cun sorriso. Cando eu sexa maior quero ser coma ela. A verdade, estou agradecida de tela, porque grazas a ela todo é máis fácil e bonito. Grazas mamá.

ANTÍA FERNÁNDEZ NÚÑEZ. 3º ESO A


A muller traballadora da miña vida Miña nai chámase Conchy Pérez Suárez e naceu o 27 de Xullo do 1980 en Corme, unha vila situada no municipio de Ponteceso nunha familia numerosa. Dende pequena fai as camas, cociña e limpa. A moi temperá idade perdeu ao seu pai e ao seu irmán maior, tendo como responsabilidade traballar, axudar nas tarefas do fogar e estudar. Despois de traballar en varios tipos de oficios, chegou á conclusión de que o que lle gustaba de verdade era traballar coas flores e facer todo tipo de arranxos florais. Sempre estivo para min e para meu irmán, aínda que tiveramos os nosos problemas e sempre nos tratou moi ben. Agradézolle todo o que fai por nós, por traballar tan duro e tantas madrugadas para darnos de todo. Tamén lle agradezo que, aínda que o estivese a pasar moi mal, sempre antepuxera o noso benestar ao seu, Sei que sempre estará aí para o que necesite. Por iso é a muller traballadora da miña vida. LAURA MOURO PÉREZ. 3º ESO A


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA Miña avoa, María Dolores Rodríguez Taibo, é para min a muller máis traballadora da miña familia. Ela naceu no ano 1953 o día 25 xaneiro, en Rus, Carballo, pero foi criada en Cances. Ten sete irmáns e é a segunda máis pequena de todos eles; tamén ten catro fillos. A min paréceme a máis traballadora por todo o traballo que fai na casa coa idade que ten. Cando algún dos seus fillos, netos ou noras van á súa casa sempre fai ela a comida, e tamén cando imos toda a familia; aínda que nós a axudemos, quere facelo ela. Ao vivir soa, limpa e fai os traballos da casa por si mesma, vai á leira coller os cultivos e tamén coida dos animais. Sempre lle gustou facer as tarefas do fogar, e fainas con alegría, e iso non o fai calquera outra. Admíroa moito e paréceme a máis traballadora. ALBA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ. 3º ESO A


LUCRECIA VILLAMISAR PATIÑO Naceu na Laracha no ano 1940. Quedou orfa de pai aos tres anos e catro dos seus irmáns morreron de distintas enfermidades sendo nenos. Como era a única filla muller axudaba a súa nai na casa e tamén nos traballos de labranza, pero sempre despois da escola. Segundo foi crecendo as responsabilidades aumentaron e ía no autobús á feira de Paiosaco a vender os produtos do campo. Con 20 anos e previa autorización asinada pola súa nai, emigrou a Suíza, levando todo nunha maleta. Con 3000 pesetas no peto, marchou sen ningún contrato de traballo e un pouco á aventura, pois aquí no había traballo. Alí coñeceu a Jesús Lorenzo García de Sísamo (Carballo), co cal casou en Soandres (A Laracha) e tivo o seu primeiro fillo. De novo na casa de súa nai volveu a traballar no campo. Mentres o seu marido emigraba outra vez, ela botaba de menos o mundo que coñecera en Suíza, as amigas e a liberdade que tiña alí. Aos 16 meses tivo outra nena e decidiron poñer unha tenda para vender pensos, o negocio fracasou e volveron a emigrar a Suíza, traballando de novo de camareira e limpando as casas particulares, mentres os seus fillos quedaban en España. O seu marido emprendeu outro negocio na Ponte Rosende en Carballo, de novo fracasaron e volveron a emigrar e encontrou traballo no hospital de Berna, na lavandaría. Quedou de novo embarazada e o seu marido díxolle que se tiña unha nena, non as ía buscar ó hospital. Foi nena, pero finalmente foi recollelas.


Sobre o 1978 decidiron regresar definitivamente. Primeiro veu o seu home para acabar a casa e coidar dos tres fillos que estaban en España. Ela veu un ano despois, no ano 1979 aquí a Carballo. Durante dous anos foi ama de casa e no 1981 xunto co seu fillo abriu un supermercado na vila. No 1989 xunto co seu marido e o seu cuarto fillo sufriu un accidente de coche moi grave, pasando varios meses no hospital. Aínda que nunca se recuperou de todo das pernas , seguiu traballando na casa e no supermercado. No ano 2001, o cancro pasou pola súa vida e tras operarse e poñer quimioterapia, a sorte estivo do seu lado e curouse. Seguiu traballando ata os 67 anos no supermercado. Hoxe en día, vai á piscina, coida das netas e nas festas non se priva dun vaso de viño tinto, que din que é bo para as mulleres, segundo ela. Sufriu moito. Chorou e riu, como todas as mulleres; pero nunca se rendeu ante as adversidades e sempre as superou con valentía e bo humor. Por todo iso, miña avoa é a muller traballadora da miña vida. LUCÍA VIEITES LORENZO. 3º ESO B.


A muller traballadora da niña vida Para o día da muller traballadora vou falar da miña nai, Maricha López Becerra que naceu en Carballo no ano 1971. Un pobo no que viviu ata que con 18 anos marchou a Lugo para estudar a carreira. Despois de 5 anos volveu a Carballo e comezou a traballar na Coruña, na mesma empresa na que traballa agora. Cando ela casou co meu pai, construíron unha casa en Bértoa, onde vivimos os tres. Tamén Koko e Kora, os nosos cans. Decidín facelo da miña nai porque é a persoa coa que paso máis tempo e a que máis me coida porque a pesar de traballar moito no seu traballo, tamén traballa moito na casa coidando ao meu pai e a min. Gústalle facer comidas coa familia e os amigos, onde todos o pasamos moi ben, incluída ela, aínda que lle dea moito traballo, porque ela cociña a comida e as sobremesas. Ela é unha gran cociñeira. Dende moi pequeno, paréceme lembrar que dende que cursaba infantil, déixame levar amigos a durmir no Nadal, Semana Santa e nas vacacións de verán porque sabe que o pasamos moi ben. Aínda que agora non damos traballo, cando eramos pequenos si, a pesar de, como dixen antes, ter moito traballo.


A ela tamén lle gusta coidar o xardín e esa é unha das tarefas nas que máis me gusta axudala. Mentres ela arranxa as plantas, eu corto a herba. No inverno témolo un pouco abandonado,

pero

na

primavera

comezamos a dedicarlle máis tempo. Sen ela non podería vivir. Para min é un exemplo a seguir e por iso é “a muller traballadora da miña vida”.

MARCOS POSE LÓPEZ. 3º ESO B


DORINDA IGLESIAS FERNÁNDEZ Naceu en Razo (Carballo) no ano 1935. A súa infancia non foi fácil xa que tivo que traballar dende meniña, axudando na casa, levando as vacas a pastar… Dela coidaron os seus irmáns maiores, mentres os seus pais, labregos, ían traballar ás leiras ou a onde fixese falta para poder sacar cartos e poder darlles de comer aos seus fillos. De moza, comezou a traballar nunha mina, na que as mulleres lavaban o mineral que sacaban. Cobraba moi pouco, sobre unhas 100 pesetas. Cando puido deixar de traballar alí marchou, xa que traballaba moitas horas e cobraba unha miseria, e empezou a adicarse a plantar leiras e criar animais para logo vendelos. Na casa tiñan vacas e ademais plantaban leiras para consumo propio que tiñan que coidar entre todos os irmáns. Nesta época non tiñan unha alimentación moi boa: mantíñanse a base de caldo e broa; para eles comer pan branco era como se fose un día da festa.


Vivían nunha casiña en Razo que construíron seus pais. Logo, cando casou, o seu home e ela construíron a súa propia casa na que viviron durante uns anos cos seus catro fillos. Agora vive nunha casa, preto de onde vivía antes, cos seus fillos e algún dos seus netos. Por todo isto e por ser capaz de saír adiante a pesar das dificultades que tivo, eu nomeo a miña avoa como “a muller traballadora da miña vida”.

SARA GARCÍA VARELA. 3º ESO B


DORES SILVEIRA SANDE A miña nai naceu en Meirama, unha aldea pertencente a Cerceda. Viviu e estudou toda a súa infancia alí xunto cos meus avós, cos meus bisavós, coa súa bisavoa e o seu tío. Cando xa era moza, ía e volvía da casa á Coruña todos os días en tren, xa que non había ningún instituto máis preto no que puidese estudar. Ao acabar o instituto, estudou a carreira de filoloxía galega na Universidade da Coruña cando xa coñecía ao meu pai. Ela é a primeira universitaria da familia. Despois de estudar a carreira, adicouse a dar cursos de lingua galega a funcionarios, profesores e moitas máis persoas. Agora xa non dá cursos, xa que agora organízaos.


Cando ela tiña 38 anos tívome a min e foi capaz de coidarme mentres compaxinaba tamén o traballo. Dende

que

nacín,

a

moitos

levoume lugares do

mundo

ensinoume puntos

e

moitos de

vista

diferentes para que eu crease a miña propia opinión. Aínda que me esixa moito e ás veces nos enfademos, todo o que sei sobre a vida é grazas a ela, e por iso é a muller traballadora da miña vida.

XES REGUEIRA SILVEIRA. 3º ESO B


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA Hoxe vou falar da miña avoa materna, Carmen Fuentes Cerviño, sen lugar a dúbidas unha boa representación da muller traballadora. Naceu o 31 de decembro do ano 1934 na Brea, en Carballo. É unha das trece irmáns. Ten cinco fillos, todos nacidos na casa, coa axuda de veciños e o médico que viña á casa . Filla e neta de panadeiros, dende moi neniña comezou a traballar. Dime que como non lle gustaba moito a escola, prefería quedar na casa e axudar nas tarefas da casa e da terra. Cando xa era mociña, tiña que ir cos cabalos vender no pan. Conta que os cartos eran poucos e a comida era escasa, e o sei pai díxolle que se tiña que poñer a traballar; entón marchou servir primeiro nunha casa en Carballo e máis tarde en Santiago . Con vinte e dous anos coñeceu a meu avó, e cando ela tiña vinte e cinco anos, casaron e decidiron montar a súa propia panadería en Vivente-Ardaña. Dime que os principios foron moi duros, que non tiñan cartos para comprar farina e que foron tirando do que lles deixaban seus pais. Amasaban o pan a man e o forno quentábano con leña que ían recoller ao monte. Tamén tiñan vacas, e destas vendían o seu leite a veciños dos arredores. Os porcos criábanos para despois matalos e comelos. As terras traballábanas para plantar patacas, fabas para o consumo propio e o millo para darlles de comer aos animais. Gústalle moito contarnos historias de como foi a súa vida.


Como por exemplo, non tiñan moito que comer e cando súa nai facía o café, xuntábanse todos arredor dela para poder mollar o pan no café. Ela opina que agora temos moita sorte que temos con que comer, vestir... Que agora non é traballo, que as máquinas axudan moito. Tamén di que non lle desexa a ninguén os traballos que ela pasou. Para min miña avoa é un exemplo dunha muller traballadora porque fixo moitos sacrificios para sacar a súa familia adiante e así que tivesen algo que levarse á boca. Aínda a día de hoxe con oitenta e sete anos segue facendo todo o que pode coidando dos seus fillos, netos e bisnetos e facendo todos os días a comida para todos. CAYETANA PARDIÑO ANDRADE. 3º ESO D


VANESSA COUSILLAS LÓPEZ Ela é miña nai. Naceu en Suíza o 22 de xullo de 1981 e é a segunda de tres irmáns. Empezou os seus estudos en Suíza, pero cando tiña 7 anos seus pais decidiron que o mellor para ela e seus irmás era que viñesen para Galicia para continuar coa súa ensinanza. Criouse coa avoa materna e cunha tía, e as vacacións do verán e do Nadal ía pasalas con seus pais. Sempre di que o pasaba moi mal cando se tiña que despedir deles porque ía pasar meses sen poder velos, aínda que falaban por teléfono todas as semanas. Súa avoa materna morreu cando eu tiña uns meses e pasouno moi mal, porque para ela era como súa nai, xa que foi quen a criou. Empezou a traballar con 20 anos, cando rematou os estudos. O seu primeiro traballo foi nunha imprenta nas vacacións de verán axudando na fábrica a empaquetar os pedidos. Cando nacemos eu e meu irmán, decidiu que o mellor era reducir a xornada laboral para poder pasar máis tempo con nós e poder axudarnos en todo o que necesitásemos.


As súas afeccións son ir ao cine, ler, pasar tempo en familia e desfrutar das vacacións. Podes pedirlle calquera cousa, que sempre está disposta a axudarlle a todo o mundo. Por

todo

isto,

niña

nai

é

a

MULLER

TRABALLADORA DA MIÑA VIDA.

DANIEL VÁZQUEZ COUSILLAS. 3º ESO B


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA A miña nai chámase Ana Martínez Bolón e naceu o 3 de Decembro de 1978 no Hospital da Coruña; pero a súa infancia pasouna na Laracha ata os 14 anos, cando se mudou a Carballo. Cando rematou o oitavo curso, aos quince anos, miña nai deixou os estudos obrigatorios e comezou un programa de perruquería. Dende moi pequena comezou a traballar nas tarefas do fogar, axudando á súa irmá a coidar ao seu irmán, debido a que os meus avós ían traballar e apenas estaban na casa. Aos 25 anos, miña nai casou co meu pai e tívome aos 27. Sempre me deu os coidados que necesitei e sei que podo confiarlle calquera cousa sen problemas. Por iso é a muller traballadora da miña vida. ICÍA VEIGA MARTÍNEZ. 3º ESO A


LAURA POSE VILLAR Laura, naceu o 22 de setembro do ano 1996 en San Paio,unha pequena aldea de Coristanco. Ao ano de nacer marchou a vivir xunto co seu irmán maior e seus país a Suíza, onde pasou sete longos anos da súa vida. Pouco tempo despois de cumprir os oito anos volveu a vivir a Galicia xunto coa súa familia a unha gran casa que construíran recentemente en San Paio. Comezou a estudar no Artai e despois finalizou os seus últimos anos de bacharelato no IES Isidro Parga Pondal. Despois de acabar bacharelato coa nota que adquiríu foi estudar ADE (Administración de Empresas) á Univesidade de Santiago de Compostela durante 5 anos, acabando así a carreira universitaria e sacando o graduado universitario. Está é miña prima Laura. Ela é unha persoa moi persistente e gústalle loitar polo que quere e non para ata conseguilo. É moi boa dando consellos e nos meus peores momentos deume moi, pero que moi bos consellos e soubo empatizar dunha forma comigo que pouca xente soubo facer.


Cando o meu avó estaba ingresado e eu fun para a súa casa, a pesar de que estaba cos ánimos baixos e non os manifestaba porque tiña que mostrarme forte ante a miña familia para darlle ánimos, ela facía “tonterías” ou de súpeto comezábame a falar de cousas sen sentido e sacábame un sorriso a pesar de estar nun mal momento; ela non é das que perde a esperanza.

Por iso isto vai dedicado a ela xa que É A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA.

PAULA VARELA POSE. 3º ESO B


MARÍA TASENDE SÁNCHEZ María é a miña avoa. Naceu o 20 de xuño do 1946 en Caxín, unha aldea da parroquia de Rus, onde segue vivindo. Dende moi pequena traballou moi duro. Con trece anos xa traballaba nunha mina de volframio que había daquela, na parroquia de Rus. Con dezaoito anos marchou soa para Alemaña en busca dun futuro mellor. Subiu nun tren cara a un país descoñecido cun traballo incerto e sen saber falar nin unha palabra do idioma daquel lugar. Máis tarde viaxou a Suiza con meu avó e alí estivo durante moitos anos, deixando atrás o que máis quería, a súa primeira filla. Tivo máis tarde outros tres fillos. Miña avoa é desas mulleres capaces de sacrificar as súas comodidades para facilitar que o resto vivamos máis comodamente. A mina deixoulle unha columna que parece unha montaña rusa chea de curvas, pero iso non fixo que deixase de traballar en ningún momento. É unha muller sobrevivente ás penurias que viviron despois da Guerra Civil Española. Aprendeu a ler, a escribir e as regras básicas (como ela di), nas noites de inverno e na hora da sesta dos veráns. A pesar diso soubo buscar oportunidades e futuro, por iso a miña avoa é a muller traballadora da miña vida. UXÍA MARROZOS LOUREIRO. 3ºESO B


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA A muller traballadora da miña vida é miña nai porque sempre me axuda cando máis o necesito e está nos momentos máis duros da miña vida. Ela naceu o 24 de decembro de 1969 en Bértoa (vila ao lado de Carballo), filla de Plácido Ríos e Carmen Cotelo e ten unha irmá tres anos menor. Foi ao colexio Francisco Franco (actualmente é o Fogar). Dende pequena déronselle mal as matemáticas e ben as letras. Cando foi para a universidade fixo a carreira de inglés. Foi profesora de inglés de particulares ata que nacimos eu e mais meu irmán e pasou a cuidarnos e “só traballaba” meu pai. Miña nai coñeceu a meu pai a través dunha amiga que tiñan en común, pero coa que non teñen contacto a día de hoxe. Agora hai tres anos empezou volver dar clases particulares na casa polas tardes, de luns a venres, durante unha hora e media cada clase e divídeas por cursos. Esta é a muller traballadora da miña vida e sen ela eu non sería igual, así que doulle sempre os meus agradecementos por todo o que fai por min cada dia, facéndome a comida e axudándome con todo o inglés e todo o relacionado coa escola. ALEJANDRO REGUEIRA RÍOS. 3º ESO A


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA Lucía Poveda Rodríguez naceu na Coruña o 3 de outubro de 2007. Esta nena é a miña mellor amiga. É unha persoa moi importante na miña vida polo bo exemplo a seguir que é para min, xa que é estudosa e aplicada e ademais boa persoa e atenta. Sempre está pendente do benestar da xente que lle importa e a rodea. Coñecina neste instituto hai dous anos, e desde ese momento deime conta da boa persoa que era con todo o mundo, a gran rapaza na que se está convertendo ao meu lado e a gran muller na que se vai converter. Nela vexo un moi bo futuro, no que vai lograr grandes cousas e todos os seus soños e seguir sendo tan xenial como sempre o foi. Estou moi orgullosa dela por todo isto e moito máis indescribible. LUCÍA LAMAS AMARELLE. 3º ESO D


A muller traballadora da miña vida Dolores Mallo Bolón é a miña avoa materna. Naceu no 1939 en Sofán, nunha pequena aldea chamada O Vilar. Criouse nunha humilde familia de dez irmáns, tres mulleres e sete homes, na que traballaban as terras e mantiñan os animais; ademais ela tamén se ocupaba das tarefas da casa. Cando xa era máis moza coñeceu ao meu avó e como só tiñan teléfono as familias de ben tiñan que escribirse cartas, desprazarse en bicicleta ou quedar nas festas do pobo para poder pasar un bo anaco xuntos. Cando xa levaban varios anos de mozos, o meu avó ía á súa casa visitala. Casaron no 1965, nun dezaseis de xaneiro. Como non tiñan recursos para manter a familia que querían formar, decidiron viaxar a Suíza, o que me parece moi valente pola súa parte, tendo en conta que practicamente non saíran da provincia , non coñecían o idioma e tiveron que buscar traballo dende que chegaron alí. O meu avó conseguiu un traballo de albanel e a miña avoa traballaba nun hotel pasando o ferro á roupa, limpando e facendo as camas.


Despois de anos de traballo retornaron a Galicia e construíron unha casa cos seus aforros. No 1980 montaron unha ferretería da que se ocupaba na maior parte a miña avoa, ademais de coidar da casa; mentres o meu avó traballaba no sector da construción. Para lograr conseguir cartos para construír a súa casa tiveron que deixar aos seus fillos coa familia e perder a súa infancia, o que foi moi duro para eles. Aínda que os meus avós estaban tranquilos porque sabían que a miña bisavoa coidaba ben da miña nai e do seu irmán. Xubilouse no ano 2000 cando venderon a mercancía da ferretería e conseguiron alugala. Actualmente vive en Carballo xunto co meu avó.

RUBÉN PORTEIRO MUÍÑO. 3º ESO A


A muller traballadora da miña vida. Nome e apelidos: Alejandra K. Varela Pardo. Lugar e data de nacemento: Irapuato (México), 6 de marzo de 2000. Alejandra, a miña irmá maior, é, sen dúbida, unha das persoas máis importantes na miña vida. Ela é extraordinaria e especial. Quizais porque naceu nun ano rodeado dun certo aire máxico, o 2000, cando o mundo se preparaba para o cambio de século e ata de milenio. Quizais porque foi en marzo, o mes que anuncia o paso do frío inverno á florecente primavera. E seguramente tamén polo soleado e marabilloso país no que veu ao mundo, México. Aquí pasou os doce primeiros anos da súa vida, xunto a min, apoiándome e coidándome desde sempre, converténdose na miña principal valedora. No 2012, veu a Galicia comigo, coma sempre, pois nese ano fomos adoptadas pola nosa nai. Aquí, agradecida pola sorte que non todo o mundo ten de ser de dous sitios á vez, superou todos os obstáculos, dando sempre o mellor dela mesma e alentándome a min a facer o mesmo.


Superou con éxito os seus estudos da ESO e do Bacharelato no Instituto Parga Pondal de Carballo (o mesmo no que agora estudo eu) e está traballando duro na Universidade para conseguir o seu título de Óptica-Optometrista. E o máis importante de todo, nunca se dá por vencida. Sempre discreta e humilde, a miúdo di que non sabe como chegou ata aquí; pero todos os que a coñecemos, sabemos do potencial, da firmeza e do espírito de loita e superación que atesoura no seu interior. Pola súa valentía e xenerosidade; por saber aproveitar o mellor de ser galega e mexicana a un tempo; por ser a miña mellor amiga e o meu modelo a seguir; por facerme sentir que xuntas somos un gran equipo; porque cando ela está ao meu carón todo me resulta máis doado e moitísimo máis divertido; polo seu apoio constante e incondicional. Por todo iso, e porque non imaxino unha irmá maior mellor cá miña, Alejandra é, sen ningunha dúbida, a muller traballadora da miña vida. ANGÉLICA J. VARELA PARDO. 3º ESO B


VANESSA BRANDÓN CAMBRE Unha nai extraordinaria Naceu o 29.11.1980 en Ginebra, (Suíza). Filla de emigrantes, fixo todos os seus estudos en Suíza. Sacou o título de administrativa en finanzas e traballou en varias empresas do sector financeiro. No seu tempo libre estivo estudando varios idiomas e aproveitou tamén en estudar perruquería. No ano 2004, decidiu regresar a Galicia e empezar unha nova etapa da súa vida. Aquí en Galicia estivo traballando en varias cousas. Estivo en fábricas como operaria, de vixiante en centros comerciais, de teleoperadora, pero sempre compaxinando coa perruquería a tempos libres. Desde hai 10 anos esta traballando nun comedor escolar de primaria atendendo os nenos, o cal lle apaixona. E isto todo sempre coidando de min e do meu irmán pequeno. Miña nai sempre saca tempo para nós, para axudarnos, para escoitarnos, para levarnos aos sitios, para desfrutar con nós; en definitiva, para coidarnos. Saca tempo para nós e para a demais xente que nos rodea día a día. Por todo iso, miña nai é a a muller traballadora da miña vida. DIEGO PENSADO BRANDÓN. 3º ESO C


SANDRA FERNÁNDEZ MARTíN Sandra Fernández Martín é miña nai e naceu na Coruña o día 26 de maio de 1981. Viviu toda a súa vida de nena na Coruña onde se criou cunha irmá e cos seis pais. Estudou tamén toda a súa vida na Coruña e á idade de 22 anos comezou a traballar nunha tenda de Pull&Bear de Catro Camiños onde traballaba co meu pai; alí coñecéronse. Cando estaba embarazada de min, miña nai e meu pai foron de vacacións a Mallorca un mes. Antes do meu nacemento na Coruña atoparon un piso en Carballo onde foron vivir e levan vivindo dende que nacin eu e meu irmán pequeno. Actualmente miña nai é teletraballadora e tamén ama de casa, edúcanos e ensínanos tanto a min coma a meu irmán; por iso é a muller que máis quero e tamén é a muller traballadora da miña vida. HUGO REY FERNÁNDEZ. 3º ESO B


MÓNICA SANDE REGUEIRO Esta muller é miña nai. Mónica Sande Regueiro naceu en Soandres, o 17 de novembro de 1979. É a mediana dos seus 3 irmáns. Cando ela era pequena, sempre axudaba no campo, ademais de ir ao colexio. Miña nai sempre fai todo o posible para que eu estea ben. Sempre que veño do colexio pregúntame como me foi o día. Para

min,

miña

nai

é

a

muller

traballadora da miña vida.

LUCÍA FELÍPEZ SANDE. 3° ESO D


A MULLER TRABALLADORA NA MIÑA VIDA Miña nai aceu en Madrid en 1974. Cando apenas tiña un ano mudouse a Estremadura, onde naceron os seus dous irmáns. Ela mais a súa irmá eran as que sempre axudaban aos meus avós na clínica, xa que eran os dous médicos. Pasou toda a súa adolescencia alí, axudando e colaborando coas tarefas da casa, ata que con 18 anos marchou a comezar a súa carreira de psicoloxía na Universidade de Salamanca. Despois con 26 anos veu a vivir a Carballo e foi cando nacemos meu irmán mais eu. Traballaba, facía de ama da casa e coidaba de nós. É unha muller moi forte e moi taballadora, por iso é a muller da miña vida. LUCÍA POVEDA RODRÍGUEZ. 3º ESO D


A muller traballadora da miña vida. Fátima Gómez Taboada. Nacida en Beldoña, Abegondo o 05/07/1979. A muller traballadora da miña vida é a miña nai. É a muller traballadora da miña vida porque é unha persoa moi traballadora e sempre se esforza por sacarnos a diante a miña irmá e a min a pesar de todo o que se lle veña enriba. Ela comezou a traballar desde moi moza, aos 17 anos de idade, nun restaurante da súa localidade. Traballou ata os 27/28 anos de idade en diversos oficios cando nos tivo a miña irmá mais a min. Aínda que xa non traballa nun restaurante ou oficina, si que o fai na casa e tamén “aguantándonos” a miña irmá mais a min, que é moito. Por iso a miña nai é a muller traballadora da miña vida. NOA ÁLVAREZ GÓMEZ. 3º ESO A


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA Para min, a muller traballadora da miña vida é, sen dúbida, a miña nai. Naceu en Sarria (Lugo), o 16 de maio de 1970. Ela é unha muller moi forte que, a pesar dos contratempos, segue adiante cun sorriso. Traballa todos os días polas mañás, incluso en festivos e vacacións; pero tamén cociña e encárgase de axudarnos a meu irmán e a min cos estudos, se temos algunha dúbida. Despois, pola tarde, encárgase de facer uns pedidos para os clientes, xa que miña nai e unha amiga súa crearon unha empresa para gañar un pouco de diñeiro extra. Sempre antepón os nosos problemas aos seus e sei que podo contar con ela en todo o que sexa necesario. De pequena, ademais de ter que coidar da súa irmá pequena e axudar aos seus pais na casa, tamén aprendeu a tocar o piano e o violín e estivo nunha orquestra. Sabe falar francés e é moi boa en matemáticas. Traballou e estudou moito para darnos todo o que temos agora e que non nos falta nada. Aínda que algo lle fose complicado, sempre nos dicía que non ía pasar nada e que todo iría ben. E por todo isto, a miña nai é a muller traballadora da miña vida. UXÍA TURNES BAAMONDE. 3º ESO C


ESTRELLA DEL MAR PARDINES VARELA Estrella naceu o 13 de xullo de 1980, en Malpica de Bergantiños. Era a mediana de tres irmáns nunha familia humilde e feliz pero, cando ela tiña tan só once anos, seu pai faceleu. Isto deixou moi desolada a rapaza xa que o quería moito. Ademais, detectáronlle escolerose, así que pasou a súa infancia pegada a un corsé, cousa que é moi desagradable, sobre todo para unha nena. Sacou os seus estudos e, cando tivo a idade, empezou a traballar en diversas tendas. No 2006 casou e un ano despois tivo a súa primeira filla. Estrella coidaba a rapaza na casa, mentres que a súa parella estaba

traballando

no

estranxeiro

para

sustentalos

economicamente, debido a que ela tivera que deixar o seu traballo. No 2014 mudouse coa súa primeira filla a Carballo mentres que esperaba a segunda, que naceu pouco despois de mudarse, no propio cuarto de baño da casa, xa que o parto se adiantou varias semanas. Isto foi un suceso sorprendente tanto para Estrella coma para a súa filla maior, xa que estaban as dúas soas na casa; pero, afortunadamente, todo saíu xenial. No 2017, tivo a súa terceira e última filla, e pasaron a ser familia numerosa. Actualmente vive feliz coas súas fillas e por ser unha gran nai e o meu exemplo a seguir é a muller traballadora da miña vida. KYARA CANDAMIO PARDINES. 3º ESO D


LUCÍA GONZÁLEZ LÓPEZ Naceu o 13 de decembro do 1915 en Vimianzo. Ela era a miña bisavoa. Pouco tempo pasei con ela, pero foi o suficiente para darme conta de que era unha muller digna de admiración. Ela faleceu cando eu tan só tiña cinco anos, polo que a maioría das cousas que sei dela veñen a raíz do que me contaban miña nai e miña avoa cando eu era ben cativa. Cando rematou a Guerra Civil española quedou viúva ao coidado de tres rapaces, unha deles miña avoa Carmen. Ao longo da súa vida tivo que pasar por moitas penas: falta de diñeiro, frío, fame…, pero nunca se rendeu. Traballando para os veciños, facendo algunhas das tarefas labregas, conseguiu reunir uns cartos cos que poder pagar os alimentos e a educación dos seus fillos. Anos despois, os dous irmáns da miña avoa emigraron para o estranxeiro; alí traballaban para reunir máis cartos e así axudarlle. Lucía tamén lle axudou aos meus avós coa crianza dos seus fillos, mentres que eles traballaban en Suíza para gañar cartos. Ela fixose cargo de cinco rapaces, criándoos como se fosen os seus fillos e dándolles todo o agarimo que podía ofrecer. Cando avellentou, púxose moi enferma e aí foi cando miña nai e miña avoa coidaron dela, devolvéndolle todo o amor que ela amosou a todo o mundo. A miña bisavoa Lucía sempre me pareceu un gran exemplo a seguir, xa que a pesar das dificultades que lle mostrou a vida soubo como seguir adiante e loitar polo que ela máis quería, a súa familia. Por todo o que fixo na súa vida merece ser lembraba como a muller traballadora da miña vida. PAULA PÉREZ LAVANDEIRA. 3º ESO A


A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA A muller traballadora da miña vida é miña nai, que se chama Marta San Miguel Suárez e naceu en Suiza o 14 de marzo de 1975. É a persoa máis importante para min neste mundo. É unha persoa moi traballadora. Sempre me axuda moito con todo e fai o mellor por min e por toda a familia. No ámbito laboral estivo 5 anos estudando para ser hixienista e mentres sacaba a carreira, traballaba cuidando un neno. É unha loitadora porque a pesar de todo conseguiu sacar a carreira, combinándoa co seu traballo. Conseguiu acadar o seu soño e agora tócame acadalo a min para facela feliz a ela, como ela me fai a min todos os días da miña vida. No seu tempo libre ela fala comigo e axúdame en todo o que pode. A min faime sentir moi ben tela ao meu lado. O que fai miña nai ten e tivo moito mérito. É moi valente, atrévese a todo e dálle igual a opinión dos demais ( se é mala claro). Traballar combinando os ámbitos non é tan fácil, oxalá puidera ir ao pasado e axudarlle con todo e facerlle todo máis levadeiro. Realmente todo isto dise rápido pero o que tivo que facer e loitar miña nai non se ve. Pase o que pase miña nai sempre vai estar ao meu lado e vouna apoiar en todo, como ela me apoia a min. A muller traballadora da miña vida chámase Marta e quéroa moítisimo. AROA VARELA SAN MIGUEL. 3º ESO A


FLORA POMBO ÁLVAREZ Flora Pombo Álvarez naceu o 7 de outubro de 1951 nunha aldea cerca de Carballo, en Ramil. Naceu na casa de seus avós mentres seus pais acababan a súa casa e aos 4 anos foi para a casa xa acabada. Era a maior de 3 irmáns polo que tiña que coidalos. Aos 6 anos empezou o colexio; na súa clase ían moitos rapaces e gustáballe moito ir. Desde pequena tiña que ir ao colexio, coidar aos seus irmáns, axudar no bar, facer as tarefas da casa, ir lavar a roupa ao río e ir coas vacas para que comesen. Aos 13 anos tivo que deixar o colexio porque súa nai caeu enferma despois de nacer seu irmán e tíñase que ocupar del, xa que súa nai non podía. Cando todos os anos en xaneiro mataban o porco na casa, tiña que facer os chourizos e picar a carne. Con tan só 20 anos casou con meu avó e mentres o meu avó facía a casa, quedaron a vivir na casa dos seu pais e cando acabou, xa viñeron para a casa. Con 21 anos naceu meu pai e un ano despois tivo outro fillo. Tiña que facer os traballos da casa e atender os seus dous fillos e tamén seguirlles axudando a seus pais na casa e no bar, polo que non tiña tempo a traballar fóra da casa.


Cando seus fillos xa eran maiores empezou a traballar nunha panadería da familia como repartidora, a parte de facer os traballos da casa. Pero aos 47 anos tivo un accidente traballando e polas secuelas que lle quedaron non lle permitiu volver a traballar nunca máis fóra da casa. Por todo os sacrificios e o traballo que tivo que facer en toda a súa vida e aínda agora, é a muller da miña vida.

LUCÍA REY VÁZQUEZ. 3º ESO A


A muller traballadora da miña vida A muller traballadora da miña vida é a miña nai, xa que a parte de ser a que me trouxo ao mundo é a que xunto co meu pai, fan que teña un lugar onde durmir e un prato de comida na mesa todos os dias, ademais de poder levarme aos partidos e adestramentos de fútbol e virme a ver todos os sábados e domingos. Ela chámase Sandra María Pose Martinez e naceu o 20 de setembro de 1977, na Coruña. É a muller traballadora da miña vida por todo o que loitou cando era xove, xa que ela e os meus avós tivéranse que mudar a Suíza a vivir debido a un traballo que lle saira a miña avoa. Ao pouco tempo e cando miña nai só tiña oito anos, morreu o seu pai. Miña nai sempre me di que teño un gran parecido con el, e a verdade e que si, aínda que a xente diga que me parezo a miña avoa paterna. Aos poucos anos de vir para Galicia, ela coñeceu a un mozo alto e guapo e co paso dos anos casou con el e tivo dous fillos. Doce anos máis tarde vivimos meus avós, meus pais e meu irmán na mesma casa. A miña nai é a muller que máis quero neste planeta por todo o que fai por min e por todo o que me axuda cando teño problemas, nos estudos ou noutros ámbitos. ISMAEL PENA POSE. 3º ESO B



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.