A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA.
No Día Internacional da Muller Traballadora quixemos homenaxear as “mulleres traballadoras das nosas vidas”. Avoas, nais, amigas … , mulleres loitadoras que fixeron fronte a unha vida dura, que nos apoian e apoiaron sempre cun amor incondicional, mulleres que traballan na casa e fóra, mulleres que deixan unha pegada imborrable nas nosas vidas. O noso recoñecemento ás “brillantes activistas da vida cotiá” porque dende sempre as mulleres fomos, somos e seremos un piar fundamental da nosa sociedade.
CELIA GÓMEZ VÁZQUEZ Unha avoa extraordinaria Celia Gómez Vázquez, naceu o 13 de novembro de 1942 nunha aldea próxima a Melide, Barreiro, onde pasou a súa infancia. Era unha familia labrega moi humilde. O seu pai foi construíu a casa cos seus aforros na década dos corenta, onde tivo quince fillos, aínda que dous deles morreron ao nacer. Celia é a maior deles. Entre os irmáns levábanse entre un e dous anos. Aos máis cativos coidábanos os maiores, mentres os pais ían traballar. Aínda que só se adicaban a ser labradores, foron capaces de criar 13 fillos e darlles estudos a todos os que quixeron. O máis normal naqueles tempos era que os maiores quedasen na casa para axudar aos pais nas tarefas; pero neste caso, preferiron sacrificarse para que todos puidesen estudar. A Celia mandárona para Santiago internada nun colexio con 12 aniños, e só ía á casa nas vacacións de Nadal. Na casa de seus país tiña que coidar de seus irmáns máis pequenos e axudar a lavar a roupa no río, facer a comida…. Había na casa un enorme forno de leña e alí facíase pan e boroa para 15 días. Cando no mes de xaneiro se mataban 3 o 4 porcos, miña avoa e tres ou catro veciñas máis, tiñan que picar toda a carne e ir lavar ó río as tripas para facer os chourizos. Polas noites sempre facía un queixo para poñer no hórreo a curar cuns trapos e había que lavalos cada 15 días. Celia foi quen de aproveitar o sacrificio dos seus pais e acabou sacando o título de mestra, así que con 26 anos xa estaba traballando nun colexio. Sempre que podía, aproveitaba para ir as fins de semana á súa casa e axudar ós seus pais no que podía, pois naquela casa facían falla moitas mans. Hoxe en día aprovéitase a fin de semana para descansar ou facer o que a un lle apetece; pero a miña avoa non podía desfrutar dese tempo, sabendo que seus pais necesitaban a súa axuda para criar a seus irmáns. Por ese sacrificio desinteresado, eu nomeo á miña avoa, “muller traballadora da miña vida”. LUCÍA GENDE GARCÍA. 4º ESO B.
BELÉN LISTA LÓPEZ Naceu na Coruña o 22 de decembro de 1974 . A miña nai é a muller máis forte que coñezo. Miña nai traballou moitos anos ao mesmo tempo que facía de ama de casa, tendo que atender ao traballo, á casa e a min. Por moi mal que o estivese pasando ela, sempre antepuxo o meu benestar ao seu. Sempre me axuda en todo. Sei que necesite o que necesite, ela vai estar aí para min. Agradezólle ser a persoa que son hoxe. Por isto e moito máis, miña nai é a muller traballadora da miña vida.
FÁTIMA CAMBÓN LISTA. 4º ESO C.
MERCEDES GÓMEZ GÓMEZ Mercedes Gómez Gómez é miña tía avoa. Nada en San Martiño ( Mesía) en 1935 e alí viviu a dura Posguerra. Cando era pequena, realizaba os labores do campo para colaborar cos seus pais e foi entón cando viviu en primeira persoa a morte da súa irmá a mans do seu exnoivo. Estaban as dúas collendo verzas para os animais, cando este suxeito apareceu polas costas e pegoulle un tiro. A irmá maior caeu de xeonllos, sen vida, diante de Mercedes, a irmá pequena. Tras a morte da irmá, Mercedes dedicouse á recolleita do leite polas casas. Actualmente vive en Figueiroa (Abegondo) xunto co seu marido, os seus fillos e netos. O que máis me impactou da súa vida foi a anécdota que lle ocorreu estando coa irmá, e por riba sendo ela unha meniña de tan só 7 anos de idade. Por iso é a muller traballadora da miña vida.
SELENA VECINO GÓMEZ. 4º ESO A.
MARÍA VARELA REY Nacida en Cances Grande (Carballo) en 1941. Á miña avoa materna tocoulle vivir unha vida de estar máis pendente dos demais, ca dela mesma. Con tan só dez anos tivo que coidar máis
aos
seus
pequenos,
irmáns mentres
seus pais ían traballar; por iso tiña que ir á escola polas noites. Cando
xa
era
máis
moza, e como aínda non casara, tivo que quedar cunhas
sobriñas,
fillas
duns irmáns maiores que emigraran. Co paso dos anos casou e tivo que emigrar ela tamén.
Logo
tivo
que
coidar da súa nai e máis tarde tivo que quedar comigo, mentres miña nai ía traballar. Cando eu tiña dous anos, ao meu avó diagnosticáronlle alzhéimer e pasou sete anos difíciles. Foi unha muller moi traballadora, loitadora e moi boa. Sabe tirar sempre para diante; por iso é a muller traballadora da miña vida.
DIEGO VARELA CASAIS. 4º ESO A.
Nacida en Cances (Carballo) en 2005. Actualmente esta rapaza é a miña parella. É unha persoa moi traballadora
estudosa;
e
esfórzase
moito e a pesar de todo o que se lle veu encima, sempre seguiu adiante. Estou seguro que sempre conseguirá o que se propoña.
Por iso é A MULLER TRABALLADORA DA MIÑA VIDA.
ALBERTO GARCÍA AMARELLE. 4º ESO C.
TANIA MANTEIGA POMBO Nacida en Coristanco (Carballo) en 1983. Miña nai é traballadora e independente desde os 16 anos. Con esa idade empezou a traballar nun taller de costura e tamén coidaba aos seus sete irmáns. Cociñaba, facía as camas de todos, camiñaba horas para chegar ao río e lavar a roupa, tendía e planchabaa. Axudaba sempre na casa e nas dos demais, pois tamén traballou no coidado de nenos. É querida por toda a nosa familia e é unha muller moi forte. Por iso é a muller traballadora da miña vida
NEREA GARCÍA MANTEIGA. 4º ESO C.
CARMEN BELLO LOUREIRO A miña avoa chámase Carmen Bello Loureiro e naceu o 20 de novembro de 1944, polo que hoxe en día ten setenta e seis anos. Naceu en Sísamo, onde pasou toda a súa infancia. Vivía co seu avó, seus pais e súas tres irmás maiores. Nunha habitación durmían os pais e súa irmá Lola e noutra o avó, Maruja e Jesusa, as maiores das catro. Cada irmá lévase 2 ou 3 anos. Maruja é a maior, despois Jesusa, Lola e, finalmente, ela. O seu pai traballaba na mina, nunha xornada de oito horas e cobraba en pesetas (que non chegaban ás 600). Na casa plantaban para consumo propio patacas, millo, fabas, verzas e repolo e tiñan catro vacas para producir leite. A miña avoa traballaba no campo e despois tamén traballou na fábrica de Calvo. Miña avoa non ía aos bailes, pero súas irmás si; normalmente eran en vilas próximas como Oca, Cances, Bértoa….
A época de Franco recórdaa con medo, había homes que se tiñan que esconder para que non os matasen. Despois da guerra tiñan unha cartilla de racionamento e acórdase de que houbera moita fame.
A miña avoa é a muller traballadora da miña vida. LUCÍA GUNDÍN MARTÍNEZ. 4º ESO B.
RAQUEL MERINO HERRERO Miña avoa chámase Raquel e ten 64 anos. Naceu o 14 de outubro de 1956 en Valladolid. Na actualidade vive nunha casa en Bértoa (Carballo) co meu avó e miña bisavoa. Antes da pandemia tiña un moi bo trato con ela xa que nos viamos todos as fins de semana e aínda que agora desgraciadamente non se pode, sigo falando moito con ela por teléfono. Ela estudou nun instituto para nenas en Valladolid e despois fixo a carreira de maxisterio para traballar como profesora. Cando acabou a carreira, buscou traballo; pero desafortunadamente non o encontrou, así que traballou de administrativa dunha compañía, a pesar de que o que ela quería era traballar de profesora en educación primaria. Poucos anos despois de terminar a carreira coñeceu ao meu avó nunha viaxe a Galicia, e finalmente mudouse a Carballo
onde
vive
actualmente.
Cando veu namorouse de Galicia e do noso idioma; así que como non o coñecía, estudou para aprender a nosa lingua. Finalmente, despois de varios
anos,
conseguiu
traballar
como profesora de primaria nun colexio na Coruña. Para este traballo elixín a miña avoa xa que creo que é un gran exemplo das mulleres traballadoras. Ela, ao final, despois de moito esforzo,
conseguiu
o
que
se
propuxera anos atrás e formou unha gran familia en Galicia xunto ao meu avó. A miña avoa é a muller traballadora da miña vida.
ANDREA CANCELA RODRÍGUEZ. 4º ESO C.